Escolma de traballos feitos en España, ou por directores españois, no último ano.

Estas curtametraxes optarán ao Premio Fundación Novas á Mellor Curtametraxe Española asi coma ao Premio do Público.

 

Domingo 9 ás 20:00h
LA INÚTIL A INÚTIL Belén Funes 2017 / ESPAÑA / 17 min. - Nausicaa Bonnín, María Rodríguez, Borja Espinosa.

Merche é demasiado orgullosa para explicar como se sente. E a verdade é que se sente mal, como unha completa inútil.

EL VESTIT O VESTIDO David González 2017 / ESPAÑA / 15 min. - Marta Aguilar, Sergi Torrecilla.

A nena non quere o biberón. A nai aínda non sabe que vestido poñerse. O pai esperta e parece que hoxe atópase mellor.

LOS DESHEREDADOS OS DESHERDADOS Laura Ferrés 2017 / ESPAÑA / 18 min. - Pere Ferrés, Mari Álvarez, Pedro Olivares, Ignasi Martínez.

É un retrato do pai da directora enfrontándose ao fin do negocio familiar. Pere Ferrés ten 53 anos e está ao cargo dunha empresa de autocares. A escaseza de ingresos obrígao a realizar despedidas de solteiro onde os clientes soen destruír o vehículo, pero non está disposto a perder a súa dignidade.

MADRE NAI Rodrigo Sorogoyen 2017 / ESPAÑA / 18 min. - Marta Nieto, Blanca Apilanez, Álvaro Balas.

Unha conversación cotián entre Marta e a súa nai convertese nunha tráxica carreira contra o reloxo cando Marta recibe unha chamada telefónica do seu fillo.

EL ESCARABAJO AL FINAL DE LA CALLE O ESCARAVELLO AO FINAL DA RÚA Joan Vives Lozano 2017 / ESPAÑA / 19 min. - Joan Gadea, Carme Juan, Alexandra Lacaita.

Amadeo é una boa persoa. Dende que a súa muller falecera, coida do seu sogro discapacitado, Agustín. Debido a isto non participa da vida social do pobo. Un día dinlle que lle quedan sete días de vida. Este feito desencadeará unha serie de acontecementos que cambiarán a súa vida por completo.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba