Sección conformada polos traballos máis innovadores e formalmente rompedores da actual escena cinematográfica.

EXPERIMENTAL 1 - SÁBADO 7 E DOMINGO 8 ÁS 16:30 HORAS
LAST YEAR WHEN THE TRAIN PASSED BY O ANO PASADO CANDO PASABA O TREN PANG-CHUAN HUANG 2018 / FRANCIA-TAIWÁN / 18 MIN -

A miña experiencia de viaxar en tren é a orixe deste proxecto. Sempre sinto curiosidade polas casiñas que vexo pola ventá ao pasar. A fotografía permíteme volver a estes lugares e descubrir as historias destes pobos un ano despois.

BAVURE BAVURE DONATO SANSONE 2018 / FRANCIA / 5 MIN -

Ao comezo era a Mancha. Un pincel revela un ser de augada, ábreo, transfórmao, tórceo, complétao. Desta evolución acelerada xorde un ser conquistador...

VALTAKUNNAT OS REINOS PATRIK SÖDERLUND 2018 / FINLANDIA / 20 MIN -

Unha viaxe a través do tempo, a evolución e os reinos da vida cara á destrución natural que a especie humana causou no planeta.

4 ESTADOS DA MATÉRIA 4 ESTADOS DA MATERIA MIGUEL PIRES DE MATOS 2018 / PORTUGAL / 13 MIN -

Unha abstracción a través dos 4 estados principais da materia; sólidos, líquidos, gasosos e plasmáticos, onde a ciencia, a arte e a relixión se funden en 4 universos gráficos e sonoros distintos.

BLUE AZUL APICHATPONG WEERASETHAKUL 2018 / TAILANDIA-FRANCIA / 12 MIN - Jenjira Pongpas Widner

Unha muller atópase esperta pola noite. Cerca, un conxunto de panos de fondo de teatro ábrese camiño, revelando dúas paisaxes alternativas. Sobre a saba azul da muller, un escintileo de luz reflicte e ilumina o seu reino de insomnio.

ACADIANA ACADIANA GUILLAUME OURNIER, SAMUEL MATTEAU, YANNICK NOLIN 2019 / CANADÁ-EEUU / 10 MIN -

Maio de 2017. A cidade de Breaux Bridge, Louisiana, é o teatro do mítico Festival da Lagosta. É tan só outro día en América.

KIDS NENOS MICHAEL FREI 2019 / SUÍZA / 9 MIN -

Un corto animado explorando dinámicas de grupo. Como nos definimos cando todos somos iguais?


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba