Sección conformada polos traballos máis innovadores e formalmente rompedores da actual escena cinematográfica.

Experimental 2 - SÁBADO 7 E DOMINGO 8 ÁS 19:30 HORAS
EXCESS WILL SAVE US O EXCESO SALVARANOS MORGANE DZIURLA-PETIT 2018 / SUECIA-FRANCIA / 14 MIN -

Nun pequeno pobo do norte de Francia, desencadeouse unha alerta de ataque debido á combinación de dous acontecementos: o comezo da tempada de caza e unha liorta entre traballadores polacos ebrios.

EREBETA EREBETA FRANÇOIS VOGEL 2018 / FRANCIA / 4 MIN -

Erebeta lévanos nun salto vertical sobre a cidade. Rebotamos na beirarrúa, damos voltas arredor dos edificios e pasamos polas rúas. Este punto de vista sobre o Xapón moderno está acompañado pola música tradicional de Kuroda Bushi.

ICH ARMER MENSCH EU, HOME MISERABLE BASTIAN WILPLINGER 2019 / AUSTRIA / 19 MIN - August Schram, Georg Barkas.

Un home, atoado nun círculo vicioso de autoacusación e autocompaixón, trata de atopar alivio rendéndose a unha entidade superior.

UN PASEO POR NEW YORK HARBOR UN PASEO POR NEW YORK HARBOR CAROLINA ASTUDILLO 2019 / ESPAÑA / 5 MIN -

A aparente calma dun domingo de sol cega aos transeúntes. Non oen as cancións pola paz, os gritos contra a guerra e a axitación producida nas rúas polos movementos para os dereitos civís?

TELEFONUL A CHAMADA ANCA DAMIAN 2018 / RUMANÍA / 10 MIN - Vlad Ivanov, Rodica Negrea.

Unha muller de idade avanzada estase a bañar. Ao entrar na auga revélaselle un novo mundo. O teléfono, nunha cadeira, conéctaa co seu fillo e é o único vínculo co mundo real.

PRISONER OF SOCIETY PRISIONEIRO DA SOCIEDADE RATI TSITELADZE 2018 / XEORXIA / 16 MIN -

Que significa ser un estraño no teu propio fogar e país? Prisioneiro da Sociedade é unha viaxe íntima ao mundo e á mente dunha moza transexual, que estivo encerrada aparte do mundo exterior durante a última década.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba