Familiar 1 - Sábado 12 ás 12:30
ONDERHUIDS BAIXO A PEL EMMA BRANDERHORST 2019 / HOLANDA / 19 MIN. - Isis Braam, Yentl Meijer, Nisrine Aghrab Miou

A amizade entre tres rapazas que fan natación sincronizada vese ameazada por tensións e envexas. O desexo de encaixar destrúeo todo.

COCODRILO CROCODILO JORGE YÚDICE 2019 / ESPAÑA / 5 MIN. - Marta Bayarri, Alejandro Bordanove

Como cada tarde, Alicia prepárase un té e ve a súa canle de youtube preferida: VictorGaming. Unha canle dedicada aos videoxogos de rol de acción. Victor, o youtuber, retransmite hoxe un directo onde os fans poden facerlle preguntas. Alicia ten algo moi importante que dicirlle.

NEBÁT SE NIČEHO NON SEXAS COBARDE JAKUB JIRÁSEK 2019 / REPÚBLICA CHECA / 20 MIN. - Barbora Suchá, Tereza Hladíková, Adéla Gerlická

Bailar e o parkour xa non están de moda. A educación primaria ofrece agora clases de youtuber. Pero por qué os nenos só teñen como subscritores aos seus pais e compañeiros de clase? Dúas mellores amigas, Kate e Rachel, deciden facer un vídeo que o cambie todo. Como din os seus profesores: os seguidores non crecen nas árbores, se queres ser famoso non sexas cobarde.

KINGDOM REINO BETTINA OBERLI 2019 / SUIZA / 11 MIN. - Emily Beecham, Anatole Taubman, Elodie Frei

Un deserto inmenso e rochoso. Unha muller solitaria loita por protexer o derradeiro pedazo do derradeiro glaciar cun complexo manto que vai tecendo cos restos que atopa nos vales abandonados. Un traballo digno de Sísifo. Só pola noite, cando a abafante influencia do sol desaparece, outras criaturas fan acto de presenza. Lobos e cabras beben da derradeira fonte de auga. E a muller xa non está soa.

AU LARGE Ó LONGO MATHILDE PEPINSTER 2019 / BÉLXICA / 6 MIN. -

Un témpano de xeo, un home grande, un peixe e unha realidade que non é como as demais.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba