Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • O FICBUEU e o Banco de Alimentos de Vigo-Pontevedra organizan unha recollida de alimentos durante o festival •
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Novas do festival

← Volver

O FICBUEU e o Banco de Alimentos de Vigo-Pontevedra organizan unha recollida de alimentos durante o festival

FICBUEU

Poderase doar durante as dúas semanas do evento.

O Festival Internacional de Cinema de Bueu e o Banco de Alimentos de Vigo-Pontevedra anuncian unha nova colaboración para realizar unha recollida de alimentos de cara á 15ª edición, que terá lugar do 11 ao 24 de setembro. 

Poderanse doar diferentes produtos non perecedoiros durante as dúas semanas do festival no Centro Social do Mar, sede principal do evento, no mesmo horario das actividades programadas.

Os artigos que máis se precisan adoitan ser leite, cacao, galletas, aceite e todo tipo de conservas, aínda que toda doazón será ben recibida. Outra clase de alimentos moi útiles neste tipo de iniciativas son os de almacenamento sinxelo, os de alta densidade nutricional ou os que se poden consumir sen elaboración previa, sempre e cando sexan saudables.

Deste xeito, e ao igual que en pasadas edicións, o FICBUEU tratará de colaborar na loita por diminuír as desigualdades sociais, en consonancia cos valores e as ideas que identifican á organización, continuando e mesmo ampliando a labor realizada en anos anteriores.

Cartel informativo extraído da web midietacojea.com

En 2021, ano de comezo desta colaboración, a campaña realizouse únicamente durante as proxeccións da Sección Panorama. Nesta ocasión, a organización amplia as datas de recollida, incluíndo ás visitas dos colexios durante a semana do MiniFIC, coa intención de mellorar e de aumentar o número de alimentos recollidos.

O Banco de Alimentos de Vigo-Pontevedra é un das 54 organizacións que pertencen á Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), unha entidade con máis de 20 anos de percorrido que ten por obxectivo loitar contra a fame, a pobreza e o desperdicio de alimentos mediante o seu correcto aproveitamento e reparto, contribuíndo tamén a mellorar o medio ambiente. Grazas ao seu traballo, repártense produtos entre máis de 7.000 entidades benéficas e a máis dun millón de persoas.

  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu celebra o día máis curto do ano con proxeccións de curtametraxes

    O mércores 21 de decembro, o FICBUEU programará de balde dúas sesións no Centro Social do Mar de Bueu, unha para público familiar e outra para o adulto O mércores 21, solsticio de inverno e día con menos luminosidade, era a data máis sinalada da chamada Saturnalia, unha festividade romana na que se celebraba o […]

    07/12/2022
  • Ábrese o prazo para presentar obras ao 16º Festival Internacional de Cinema de Bueu

    A recepción prolongarase ata o 15 de marzo ás 14:00h e os traballos seleccionados proxectaranse no FICBUEU 2023 do 9 ao 23 de setembro Bueu, 15 de decembro de 2022. O FICBUEU vén de abrir o prazo para a presentación de obras á 16º edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu (Pontevedra), que se […]

    05/12/2022
  • O FICBUEU achega as prácticas da EOC e o IIEC a Oporto

    Severiano Casalderrey, autor del Cuaderno FICBUEU#3, presentará su contenido al público luso El pasado 16 de noviembre comenzó el Porto/Post/Doc, festival que tiene lugar en Oporto (Portugal) y que dedica su programación al mundo del documental. Con origen en 2014, el certamen ofrece en esta nueva edición una programación de hasta 11 días en la […]

    21/11/2022