O cinema chega ás escolas de Galicia con obradoiros e proxeccións a través do programa da Consellería de Educación

Corenta centros educativos de toda a xeografía galega beneficiaranse das proxeccións e obradoiros de creación curtametraxe no programa “Cinema con perspectiva” da Consellería de Educación da Xunta de Galicia

Bueu, 11 de abril de 2023 — O Festival de Cinema de Bueu amplía o seu alcance cunha iniciativa da Consellería de Educación para levar obradoiros de creación e proxeccións ás escolas de toda Galiza. Durante os próximos meses, o estudantado de 40 centros educativos diferentes poderán desfrutar dunha experiencia que lles permitirá achegarse ao mundo do cinema.

Nenas e nenos nun obradoiro do FICBUEU

Baixo o nome “Cinema con perspectiva”, o programa ten como obxectivo fomentar a igualdade, o interese polo cinema e a educación audiovisual entre as e os mozos galegos a través de dous tipos de actividades. 

De cara a traballar e reflexionar sobre a igualdade de xénero e social, realizaranse sesións de proxección de curtametraxes cun posterior coloquio e análise dos filmes, ofrecendo as ferramentas para que as e os estudantes identifiquen valores e comprendan as mensaxes enviadas a través dos filmes, comparando opinións e debatendo sobre o papel da muller na sociedade e as problemáticas existentes neste eido.

Durante os obradoiros, as e os estudantes terán a oportunidade de aprender diferentes aspectos do cinema, como a dirección, a interpretación, a produción ou a edición de películas realizando unha pequena curta para poñer en práctica as ferramentas e conceptos sobre linguaxe cinematográfica que o equipo do FICBUEU achegará. 

A partir da semana que vén a organización dará comezo ao programa que se estenderá ata finais de curso nos centros educativos seleccionados:

Sesións de proxección:

  • IES As Barxas 
  • IES Plurilingüe a Paralaia
  • CEIP de Seara
  • IES Illa de Ons
  • IES Monte Carrasco
  • IES A Guía
  • CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo
  • CEIP Plurilingüe A Doblada
  • CEIP Serra-Vincios
  • IES Plurilingüe Terra de Turonio
  • CEIP Doutor Suárez
  • IES de Cotobade
  • IES Faro das Lúas
  • IES A Basella
  • IES do Barral
  • CPI Plurilingüe Dr. López Suárez
  • IES Ánxel Fole
  • IES Enrique Muruais
  • CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio
  • IES Xermán Ancochea Quevedo
  • IES Canido
  • CEIP Couceiro Freijomil 
  • CEIP Plurilingüe de Centieiras
  • CEIP Plurilingüe de Outes
  • CEIP A Maía
  • IES Eduardo Pondal
  • CEIP Eduardo Pondal 
  • CEIP Francisco Vales Villamarín
  • IES Francisco Aguiar
  • CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane

Obradoiros de creación:

  • IES Monte Castelo
  • CPI de Zas
  • IES de Beade
  • CEIP Nosa Señora de Lourdes
  • IES Illa de San Simón
  • CPI Plurilingüe José García García
  • CEE O Pedroso
  • CEIP Virxe do Rocío
  • CEIP Fermín Bouza Brey
  • IES de Meaño 

O FICBUEU agradece a colaboración e participación de todas as escolas asío como á Consellería de Educación da Xunta de Galicia, no seu compromiso coa educación audiovisual e o fomento da igualdade.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.