O FICBUEU pon o foco mañá no impacto do contexto político na historia do cine

Encontros con profesionais do sector audiovisual achegarán ao público do Festival o papel das películas como ferramenta de propaganda ou reflexo da sociedade de cada época

O FICBUEU recuperará unha das películas menos coñecidas do realizador Francis Ford Coppola, The Conversation, para pechar o programa das «III Xornadas Cinematográficas». Estreado en 1974, e con Gene Hackman no papel protagonista, o filme é un thriller sobre escóitalas como método de espionaxe, reflexo do clima social e político de EE.UU. nos anos 70 e do escándalo do Watergate. A proxección terá lugar no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu a partir das 21.00 horas.

06.09.24. BUEU. As películas son fillas do seu tempo. Este é o punto de partida das «III Xornadas Cinematográficas», un espazo de reflexión e pensamento sobre cinema creado polo FICBUEU que se celebrará mañá sábado. Este ano o tema vira ao redor da relación bidireccional entre política e cinema e o impacto e influencia do contexto histórico e o seu reflexo na sétima arte. Para analizalo, cineastas, ensaístas e profesionais de diferentes oficios do sector audiovisual participarán durante todo o día en diversos encontros co público do Festival Internacional de Cinema de Bueu. 

As xornadas arrincarán ás 11.00 horas con Se realista: fai ou imposible!, clase maxistral de Camil Ungureanu, profesor de Filosofía política da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, quen toma prestado para o seu título uno das lemas do movemento estudantil dos anos 60 do século pasado e acuñado polo filósofo Ernst Bloch. Ungureanu profundará nas ondas contestatarias e de profunda transformación social, política e artística da época para mostrar como o cinema se converteu nunha das máximas expresións de liberdade. O filme Easy Rider, de Dennis Hopper, é un claro exemplo.

A continuación (12.30 horas), as críticas Daniela Urzola e Belit Lago manterán un diálogo que denominaron Trauma y Reconstrucción para abordar o Holocausto e a Segunda Guerra Mundial, o acontecemento histórico e político máis representado na gran pantalla. Farano a través dun percorrido por diferentes cinematografías e grandes filmes marcados pola memoria, a desolación e o esforzo da reconstrución posterior ao horror.

Mesa redonda online e encontro con Jaime Rosales

Ese mesmo sábado, xa pola tarde (17.00 horas), haberá unha mesa redonda virtual na que Jesús CallejoGuillermo Díaz e Pepa Llausás, membros do equipo do pódcast «La escóbula de la brújula» (un dos máis relevantes do país sobre historia e cultura), falarán sobre o período de entreguerras e o papel do cinema como ferramenta de propaganda e dominación, así como de crítica e liberdade creativa. Examinarán o cinema soviético e a Revolución Rusa, o expresionismo alemán e o totalitarismo nazi e como a Gran Depresión (1929-1939) reflectiuse no cinema global.

Despois, a partir das 19.00 horas, será a quenda dun dos grandes realizadores que participan este ano no FICBUEU. Jaime Rosales manterá un conversatorio co crítico de cinema Xavier Montoriol. O director de, entre outras películas, Petra y Girasoles silvestres analizará a maneira na que cuestións como o triunfo da distopía, os efectos da tecnoloxía ou a emerxencia climática han deixado o seu sinal no cinema dos últimos 25 anos. 

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.