O Festival Internacional de Cinema de Bueu programa no MARCO de Vigo un foco sobre o colectivo (LA)HORDE

O xoves 22 de xuño o FICBUEU proxectará de balde unha sesión no MARCO de Vigo, centrada no colectivo francés (LA)HORDE. Entrada libre ata completar o espazo.

Bueu, 7 de xuño de 2023 — O FICBUEU realizará este mes de xuño unha actividade na que propoñen unha sesión de proxección única en colaboración co MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. A iniciativa contribúe á difusión das curtametraxes de (LA)HORDE, colectivo artístico fundado en 2013 por Marine Brutti, Jonathan Debrouwer e Arthur Harel. 

Ao fronte do Ballet National de Marseille dende setembro de 2019, este colectivo crea obras coreográficas, filmes, videoinstalacións e performances, sendo o corpo en movemento como eixo central do seu traballo. A partir da interacción e a xustaposición de diferentes medios, desenvolven escenarios e accións que retoman temas e cuestións radicalmente contemporáneas.

A sesión, cunha duración aproximada de 45 minutos, comezará ás 19:00h no Salón de Actos do MARCO de Vigo, cunha presentación previa a cargo do equipo do FICBUEU na que se fará unha introdución á traxectoria e obras do colectivo.

GHOSTS: curtametraxe de (LA) HORDE co Ballet National de Marseille con banda sonora de Rone e guión de Spike Jonze, rodada no Palacio Longchamp de Marsella. Cando o Museo de Belas Artes pecha, as figuras se apoderan do lugar deserto, se abrazan e se esgazan, coma se quixesen recuperar o seu corpo… ata que se topan co garda nocturno.

A ROOM WITH A VIEW: neste vídeo musical, (LA)HORDE segue explorando maneiras de protestar e rebelarse a través da danza. O vídeo e a captura de movemento permiten representar o inimaxinable, para cuestionar con máis violencia e estrañeza as relacións físicas co grupo a través dos posibles colapsos.

CULTES: este filme captura un momento concreto da manifestación dunha adoración que se traduce nas prácticas ritualizadas, os comportamentos, o éxtase colectivo e o consumo de masas. É o corpo, a súa excitación e a celebración, o baluarte para este consumo masivo? Pode este estado transcender o espazo acrítico no que se desenvolve? 

NOVACÈRIES: combinación de cine, actuación e vídeo caseiro que transcende os filmes de danza e presenta un retrato coreografado e metafísico do mundo post-industrial reinterpretando a danza post-internet.

A elección de (LA)HORDE como protagonista para o FOCO FICBUEU débese tanto á calidade do seu traballo coma á habitual presenza das súas curtametraxes na Sección Descubertas nas últimas edicións do certame. Neste setembro de 2023, o FICBUEU celebrará a súa 16ª edición do 9 ao 23 de setembro, achegando novamente á contorna toda unha serie de proxeccións e actividades relacionadas co cinema internacional.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.