Escolma de traballos feitos en Galicia, ou por galegos, nos últimos dous anos.

Sábado 8 as 20:00
AYSHA AYSHA Fon Cortizo 2017 / ESPAÑA / 20 min -

Aysha é unha voz nova e enerxética, que emerxe con forza en Oriente Medio. A poesía e a creatividade son as súas armas para cambiar unha sociedade expectante tras a Primavera Árabe.

A MULLER INVISIBLE A MULLER INVISIBLE Noemí Chantada 2017 / ESPAÑA / 15 min -

Ela parecería calquera outra rapaza da súa idade se non fose pola tristeza no seu rostro. Porque cando chega a tarde, cambia a súa pel: cambia a roupa, cambia o seu nome para poder enfrontar unha noite máis.

THE NEVERENDING WALL O MURO ETERNO Silvia Carpizo 2017 / ESPAÑA / 12 min -

Unha clara defensa contra a construción de muros que dividen e coartan liberdades a través da animación de 102 graffitis de artistas de todo o mundo, pintados sobre o maior tramo do muro de Berlín.

PLUS ULTRA PLUS ULTRA Helena Girón 2017 / ESPAÑA / 13 min - David Pantaleón, Rubén Rodríguez, María Isabel Díaz.

Plus Ultra é o lema do estado español. Con el animábase os navegantes a conquistar novas terras esquecendo a advertencia da mitoloxía grega: "Non Terrae Plus Ultra" (Non existe terra máis alá).

MATRIA MATRIA Álvaro Gago 2017 / ESPAÑA / 20 min - Francisca Iglesias Bouzón.

Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba