Infantil 2 - Domingo 13 ás 11:00
MUEDRA MUEDRA CÉSAR DÍAZ MELÉNDEZ 2019 / ESPAÑA / 9 MIN. -

A vida pode xurdir en calquera parte, a natureza pode actuar de forma estraña e os días poden durar minutos. Aínda que todo nos resulte familiar, nada é o que parece neste lugar. O ciclo da vida visto desde unha perspectiva diferente.

JEŽ BODLJIKAVKO SPIKINEY O PORCOSPIÑO TIHONI BRCIC 2020 / CROACIA / 7 MIN. -

Spikiney é un traballador e altruista porcoespiño que ten unha tenda de sopa para os membros máis necesitados da comunidade. Unha noite de inverno desaparece toda a súa comida. Os amigos de Spikiney - o mono ancián co bastón, o esquío orfo, o paxaro perdido e o castor coa cola de goma - embárcanse nunha viaxe para recuperar a comida roubada.

ATTENTION AU LOUP! COIDADO CO LOBO! NICOLAS BIANCO-LEVRIN, JULIE REMBAUVILLE 2019 / FRANCIA / 1 MIN. -

De novo, Carapuchiña Vermella ten que levarlle unha torta, un bote de marmelada e manteiga á súa avoa. Pero esta vez, o lobo non está no punto de encontro.

LE TIGRE SANS RAYURES O TIGRE SEN RAIAS RAÚL ROBIN ALEJANDRO MORALES REYES 2020 / FRANCIA-SUIZA / 7 MIN. -

Un pequeno tigre decide emprender unha longa viaxe na procura das súas raias.

BROTAR BROTAR MONTSE PIÑEIRO, RUBÉN ABAD 2019 / ESPAÑA / 3 MIN. -

Brotar é unha homenaxe ao traballo artesanal, feito dende as mans e o corazón. A través da súa protagonista, Mirta, paseamos por escenarios teatrais que se constrúen partindo de técnicas analóxicas, conseguindo así acabados orixinais e sinxelos.

HEATWAVE OLA DE CALOR FOKION XENOS 2019 / REINO UNIDO / 7 MIN. -

No verán unha multitude ruidosa invade unha praia grega. O sol vai quentándose e a xente perdéndose nos seus problemas persoais. A pesar diso, unha nena e un neno atreveranse a ensinarlle a todo o mundo como divertirse.

BABA YAGA Y MALYSHKA BABA YAGA E MALYSHKA EVGENIA GOLUBEVA 2020 / RUSIA / 5 MIN. -

Unha bruxa vella precisa dun bebé para un feitizo que a faga moza de novo. Pero cando trae a casa a unha princesa as cousas non van saír como o planeado.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba