Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility Convocatorias • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

BASES PARA A PARTICIPACIÓN NO OBRADOIRO DE PLANIFICACIÓN DA RODAXE CON CREA

O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, organizado pola Asociación Cultural FICBUEU, celebrarase do 10 ao 19 de setembro de 2021 na localidade de Bueu. O evento ten como obxectivo a promoción das mellores curtametraxes realizadas no último ano no ámbito internacional, fomentando os novos valores e prestando especial atención aos futuros cineastas galegos. 

Con esta finalidade, promovendo o desenvolvemento dos proxectos dos autores e autoras galegas e poñéndoas en contacto cos profesionais da industria para un fortalecemento dos mesmos, o FICBUEU crea a actividade “Obradoiro de planificación da rodaxe con CREA”. Destinada a obras de curtametraxe, a través desta acción, algúns membros da Asociación de Profesionais da Dirección e Realización Galicia valorarán, estudarán e titorizarán proxectos seleccionados previamente polo persoal da Asociación FICBUEU. 

Esta actividade estará aberta aos novos creadores e creadoras audiovisuais, terá como obxectivo a realización dun análise dos proxectos e un posterior asesoramento que poida favorecer a mellora e fortalecemento do plantexamento de cara á rodaxe do filme.

Estas titorías cos catro proxectos seleccionados realizaranse de forma presencial na sede da Asociación FICBUEU en horario de tarde o sábado 11 de setembro de 2021.

PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS TÉCNICAS

  • A participación está aberta a todos os proxectos de curtametraxe con guión rematado e que aínda non teñan sido filmados, estando estes en fase de desenvolvemento.
  • Os guións presentados deberán ser enviados en PDF e co formato profesional empregado na escritura de guións audiovisuais. 
  • Poderán concorrer todas as persoas de orixe galego ou que estean estudando ou asentadas na nosa comunidade autónoma. Tamén serán aceptados aqueles guións que estean ambientados en Galicia ou que teñan unha temática fundamentalmente galega. 
  • A temática das obras será libre e cada participante poderá presentar tantos guións como desexe. 
  • Ao centrarse na curtametraxe os proxectos deberán corresponderse con produtos audiovisuais cun máximo de 30 minutos.

INSCRICIÓN E DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE 

O proceso de inscrición das curtametraxes debe facerse enviando un email con toda a información e documentación precisa ao seguinte email: producion1@ficbueu.com.

Haberá tamén que axuntar no formulario a seguinte documentación (en PDF)

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Guión da curtametraxe finalizado.
  • Dossier do proxecto que conste, como mínimo, dos seguintes apartados.
    • Sinopse
    • Ficha técnica
    • Intencións do director/a / Currículo director/a
    • Descrición de personaxes
    • Cásting 
    • Equipo técnico
    • Estratexia de desenvolvemento, cronograma

A inscrición no certame poderá realizarse entre o 26 de abril de 2021 ás 00:00 e o 30 de xuño de 2021 ás 23:59h hora local.

O material enviado terá consideración de material privado e só será accesible pola organización do festival e os seus colaboradores, neste caso as persoas encargadas da titorización.

De entre todos os proxectos recibidos serán seleccionados catro que serán anunciados aos seus autores ou autoras o 1 de agosto de 2021.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do equipo seleccionador de proxectos, que será inapelable.

Para calquera dúbida ou información: 653 46 77 30 ou producion1@ficbueu.com

PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, a “LOPD”), infórmase ao PRESENTANTE de que os datos facilitados con motivo da inscrición da curtametraxe no FESTIVAL e calquera outros que en diante achega en conexión coa participación da devandito curtametraxe no FESTIVAL, serán incorporados para o seu tratamento a un ficheiro titularidade da Asociación FICBUEU, debidamente inscrito ante a Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestionar e publicitar a participación da curtametraxe no FESTIVAL. A entrega de información requirida sobre datos persoais terá o carácter de obrigatoria e a súa falta de subministración ou a subministración de datos incorrectos imposibilitarán que poida xestionarse a participación da curtametraxe no FESTIVAL. Calquera modificación que poida producirse nos datos de carácter persoal facilitados deberá ser posta en coñecemento do responsable do ficheiro por parte do titular dos mesmos, que responderá en todo caso da veracidade e exactitude dos datos fornecidos en cada momento. No caso de que se fornezan datos de terceiros, o PRESENTANTE declara contar co consentimento dos titulares dos mesmos para a citada comunicación de datos. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, o PRESENTANTE e/ou calquera outro interesado pode dirixirse por escrito e nos termos e condicións previstos na LOPD á seguinte dirección postal:

FICBUEU – Avda. Montero Ríos 191 Baixo – 36930 – Bueu (Pontevedra)

BASES PARA O DESENVOLVEMENTO DE GUIÓN CON AGAG

O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, organizado pola Asociación FICBUEU, celebrarase do 10 ao 19 de setembro de 2021 na localidade de Bueu. O evento ten como obxectivo a promoción das mellores curtametraxes realizadas no último ano no ámbito internacional, fomentando os novos valores e prestando especial atención aos futuros cineastas galegos. 

Con esta finalidade, promovendo o desenvolvemento dos proxectos de autores e autoras galegas e poñéndoas en contacto cos profesionais da industria para un fortalecemento dos mesmos, o FICBUEU crea a actividade “Desenvolvemento de guión con AGAG”. Destinada a obras de curtametraxe, a través desta acción, algúns membros da Asociación de Guionistas de Galicia valorarán, estudarán e titorizarán proxectos seleccionados previamente polo persoal da Asociación FICBUEU. 

A actividade que estará aberta aos novos creadores e creadoras audiovisuais, terá como obxectivo a realización dun análise do guión literario de curtametraxe e un posterior asesoramento que poida favorecer a mellora e fortalecemento do proxecto antes de comezar a súa produción.

Estas titorías cos catro proxectos seleccionados realizaranse de forma presencial na sede da Asociación FICBUEU en horario de tarde o domingo 12 de setembro de 2021.

PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS TÉCNICAS

  • A participación está aberta a todos os guións de curtametraxe, que aínda non teñan sido filmados, podendo estar o proceso de preprodución en calquera das súas fases. 
  • Os guións presentados deberán ser enviados en PDF e co formato profesional empregado na escritura de guións audiovisuais. 
  • Poderán concorrer a esta convocatoria todas as persoas de orixe galego ou que estean estudando ou asentadas na nosa comunidade autónoma. Tamén serán aceptados aqueles guións que estean ambientados en Galicia ou que teñan unha temática fundamentalmente galega. 
  • A temática das obras será libre e cada participante poderá presentar tantos guións como desexe. 
  • Ao centrarse na curtametraxe os guións deberán corresponderse con produtos audiovisuais cun máximo de 30 minutos.

INSCRICIÓN E DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE 

O proceso de inscrición das curtametraxes debe facerse enviando un correo electrónico ao enderezo producion1@ficbueu.com coa seguinte información e documentación:

Asunto: Inscrición Desenvolvemento de guión con AGAG.

Adxunto: 

  • Guión da curtametraxe en PDF e en formato profesional.
  • Dossier do proxecto cos seguintes apartados:
    • Nome completo da persoa inscrita.
    • Número de teléfono.
    • Título da obra.
    • Sinopse da obra.
    • Número de versión de guión.
    • Fase na que se atopa o proxecto.
    • Intencións do/a director/a ou guionista.
    • Motivacións.
    • Fichas dos personaxes.

A inscrición no certame poderá realizarse entre o 24 de maio de 2021 ás 00:00 e o 31 de xullo de 2021 ás 23:59h hora local.

O material enviado terá consideración de material privado e só será accesible pola organización do festival e os seus colaboradores, neste caso as persoas encargadas da titorización de AGAG.

De entre todos os guións recibidos seleccionaranse catro proxectos que serán anunciados na páxina web www.ficbueu.com así coma mediante correo electrónico aos seleccionados o 15 de agosto de 2021.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do equipo seleccionador de proxectos, que será inapelable.

Para calquera dúbida ou información: 653 46 77 30 ou producion1@ficbueu.com

PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, a “LOPD”), infórmase ao PRESENTANTE de que os datos facilitados con motivo da inscrición da curtametraxe no FESTIVAL e calquera outros que en diante achega en conexión coa participación da devandito curtametraxe no FESTIVAL, serán incorporados para o seu tratamento a un ficheiro titularidade da Asociación FICBUEU, debidamente inscrito ante a Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestionar e publicitar a participación da curtametraxe no FESTIVAL. A entrega de información requirida sobre datos persoais terá o carácter de obrigatoria e a súa falta de subministración ou a subministración de datos incorrectos imposibilitarán que poida xestionarse a participación da curtametraxe no FESTIVAL. Calquera modificación que poida producirse nos datos de carácter persoal facilitados deberá ser posta en coñecemento do responsable do ficheiro por parte do titular dos mesmos, que responderá en todo caso da veracidade e exactitude dos datos fornecidos en cada momento. No caso de que se fornezan datos de terceiros, o PRESENTANTE declara contar co consentimento dos titulares dos mesmos para a citada comunicación de datos. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, o PRESENTANTE e/ou calquera outro interesado pode dirixirse por escrito e nos termos e condicións previstos na LOPD á seguinte dirección postal:

FICBUEU – Montero Ríos 191 Baixo – 36930 – Bueu (Pontevedra)

O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Skip to content