Sección formada polos 22 traballos máis valorados, que serán os que compitan polos premios.

Directores, produtores, actores e artistas das curtametraxes da Sección Internacional estarán presentes no FICBUEU. A partir do luns 10 estarán no Centro Social do Mar para presentar o seu traballo antes das proxeccións das 19:45 e das 22:00.
De luns a venres, ás 21:15, estes invitados tamén estarán presentes no Punto de Encontro, onde participarán en coloquios cos asistentes. Estas conversas serán moderadas por Severiano Casalderrey e contarán con tradutores para facilitar a participación do público.

 

Luns 9 ás 19:45 e ás 22:00
IKKI ILLA MEINT SEN MALAS INTENCIÓNS ANDRIAS HØGENNI 2018 / DINAMARCA - ILLAS FEROE / 21 MIN - Mariann Hansen, Sissal Drews Hjaltalin, Niels Dampe, Jóhan Herlon Jacobsen.

Elinborg encóntrase accidentalmente coa súa amiga Marita no supermercado. A conversación é civilizada mais un pouco incómoda, xa que Elinborg olvidouse do aniversario de Marita. Non obstante, hai algo máis que molesta a Marita, que decide acurralar á súa amiga e preguntarlle se Elinborg a bloqueou en Facebook.

JUSTE MOI ET TOI SÓS EU E MÁIS TI SANDRINE BRODEUR-DESROSIERS 2019 / CANADÁ - MÉXICO / 20 MIN - Florin Peltea, Eva Binzari, Luiza Cocora.

Eva (8 anos) e o seu pai están facendo unha viaxe Montreal-México pola calzada nun gran camión de 18 rodas.

DESPUÉS TAMBIÉN DESPOIS TAMÉN CARLA SIMÓN 2019 / ESPAÑA / 26 MIN - Berner Maynés, Cristina Colom, Lluís Marqués, Núria Prims, Enric Auquer.

Un rapaz de 28 anos chamado Alex chega a un bar do pobo buscando a alguén. Hai unha canción soando e un grupo bailando. Un deles, Edu, o noso protagonista, está bailando coma un tolo. Os dous teñen unha conversación que non podemos escoitar porque a música está moi alta, pero podemos ver que Alex está moi afectado. Pola contra, Edu non reacciona e segue bailando para esquecer.

FAUVE FERA JÉRÉMY COMTE 2018 / CANADÁ / 17 MIN - Félix Grenier, Alexandre Perreault, Louise Bombardier.

Nunha mina a ceo aberto, dous nenos afúndense nun xogo de poder aparentemente inocente coa nai natureza como única observadora.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba