Sección formada polos 22 traballos máis valorados, que serán os que compitan polos premios. Cada día contará con tres pases diarios dunha mesma sección – ás 16.00, 20.00 e 22.00 -, así como un pase ás 18.00 dunha sección alternativa. Podedes comprobar os horarios en cada páxina de sección, no cronograma e no catálogo.

 

Martes 15 ás 16:00, 20:00 e ás 22:00. Mércoles 16 ás 18:00
DIA DE FESTA DÍA DE FESTA SOFIA BOST 2019 / PORTUGAL / 18 MIN - Rita Martins, Melissa Matos, Teresa Madruga, Sandra Celas, Mariana Silva, Sara Gonçalves, Fernanda Neves.

Mena vive sola coa súa filla Clara. Hoxe é o seu sétimo aniversario. A pesar da súa limitada situación financeira, Mena fai unha festa. Pero despois dunha chamada telefónica a súa nai está distraída e ansiosa.

ALL THE FIRES THE FIRE TODOS OS FOGOS O FOGO EFTHIMIS KOSEMUND SANIDIS 2019 / GRECIA / 25 MIN - Nikos Georgakis, Dimitris Xanthopoulos, Thanasis B Ratos, Vaggelis Tsimpogiannis

Uns homes liberan paxaros nas montañas. Dous irmáns distantes e en loito entrenan a súa puntería cos seus fillos. É tempada de caza. Pode o corazón dun paxaro deterse no aire sen balas atravesando o seu corpo?

SHE RUNS ELA CORRE QIU YANG 2019 / CHINA-FRANCIA / 20 MIN - Xue Jiayi, Shuxian Li, Frank Sun

Nun inverno chino coma calquera outro, Yu, unha estudante de secundaria dunha cidade pequena, tentará deixar o seu equipo de aerobic.

NÅGOTT ATT MINNAS ALGO PARA LEMBRAR NIKI LINDROTH VON BAHR 2019 / SUECIA / 5 MIN - Ava Lauga, Theodor Jensen, Linnea Wikblad, Staffan Westerberg, Arja Saijonmaa, Karin Af Klintberg, Maria Af Klintberg, Daniel Rudholm

Unha nana antes dun gran desastre. Dúas pom- bas visitan un zoolóxico sen animais, un caracol toma a tensión sanguínea no médico, no labora- torio do CERN algo saiu terriblemente mal. Seis momentos da nosa era, como seis recordos do mundo que deixamos atrás.

ATKURIMAS BONECO LAURYNAS BAREISA 2020 / LITUANIA / 13 MIN - Paulius Markevičius, Indrė Patkauskaitė, Kęstutis Jakštas, Dmitrij Denisiuk, Giedrius Kiela, Artūras Lepiochinas, Karolis Maiskis

Usando unha boneca sen rosto un criminal re- crea un crime brutal. Pero sorprendentemente non é a el a quen están xulgando. Parece que hai alguén estraño no grupo de investigación.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba