Sección formada polos 22 traballos máis valorados, que serán os que compitan polos premios.

Directores, produtores, actores e artistas das curtametraxes da Sección Internacional estarán presentes no FICBUEU. A partir do luns 10 estarán no Centro Social do Mar para presentar o seu traballo antes das proxeccións das 19:45 e das 22:00.
De luns a venres, ás 21:15, estes invitados tamén estarán presentes no Punto de Encontro, onde participarán en coloquios cos asistentes. Estas conversas serán moderadas por Severiano Casalderrey e contarán con tradutores para facilitar a participación do público.

 

Xoves 12 ás 19:45h e ás 22:00h
LAKE OF HAPPINESS LAGO DE FELICIDADE ALIKSEI PALUYAN 2019 / BIELORRUSIA-ALEMAÑA / 30 MIN - Svetlana Anikey, Aliaksandr Malcanau, Anastasiya Plyats, Igor Sigov, Dzianis Tarasenka.

Nunha pequena aldea bielorrusa onde o tempo asemella deterse, Jasja, unha nena de nove anos de idade, ten que facer fronte á morte da súa nai. O seu pai decide mandala a un orfanato. Pero ela está decidida a escapar e volver a casa.

LEOFOROS PATISION AVENIDA PATISION THANASIS NEOFOTISTOS 2018 / GRECIA / 13 MIN - Marina Symeou, Konstantina Koutsonasiou.

A nai de Yanni vai de camiño á audición para o papel da Viola de Shakespeare, cando descobre que se deixou ao seu fillo pequeno só na casa. A través dunha serie de chamadas telefónicas, loita por lograr un equilibrio entre os papeis máis importantes da súa vida, mentres camiña pola zona máis controvertida do centro de Atenas, a avenida Patision.

AGOURO AGOURO VASCO SÁ, DAVID DOUTEL 2018 / PORTUGAL-FRANCIA / 15 MIN -

Un inverno duro conxela a superficie dun río, cerca dunha casa onde viven dous curmáns. Inmersos no vento frío que se levanta ese día, a rudeza da súa relación crece, chegando ao seu límite.

NURSERY RHYMES NANAS TOM NOAKES 2018 / AUSTRALIA / 5 MIN - Toby Wallace, Sara West.

Ao lado dunha calzada rural, un estraño encontro cun Metalhead dá un xiro profundo.

SKIN PEL GUY NATTIV 2018 / EEUU / 20 MIN - Jonathan Tucker, Jackson Robert Scott, Johnse Allende Jr., Ashley Thomas, Zeus Campbell, Lonnie Chavis, Jared Day, Sam Dillon, Shelley Francisco, Ronnie Tyrone Lee, Danielle Macdonald, David Maloney, Jahdai Pickett, Katie Ryan, Michael Villar

Nun pequeno supermercado dun pobo de obreiros, un home negro sorrille a un neno branco de 10 anos ao outro lado do corredor da caixa. Este momento inocuo empurra a dúas bandas a unha guerra desapiadada que remata cunha chocante repercusión.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba