Sección formada polos 22 traballos máis valorados, que serán os que compitan polos premios.

Directores, produtores, actores e artistas das curtametraxes da Sección Internacional estarán presentes no FICBUEU. A partir do luns 14 estarán no Centro Social do Mar para presentar o seu traballo antes das proxeccións das 19:45 e das 22:00.
De luns a venres, ás 21:15, estes invitados tamén estarán presentes no Punto de Encontro, onde participarán en coloquios cos asistentes. Estas conversas serán moderadas por Severiano Casalderrey e contarán con tradutores para facilitar a participación do público.

 

Vernes 18 ás 16:00, 20:00 e ás 22:00 LUNS 14 ás 18:00.
ANNA ANNA DEKEL BERENSON 2019 / UCRAÍNA-REINO UNIDO-ISRAEL / 15 MIN - Svetlana Barandich, Anastasia Vyazovskaya, Eric R. Gilliatt, Alina Chornogub, Liana Khobelia, Istan Rozumny, Pavel Levitsky

Nunha Ucraína devastada pola guerra, Anna é unha nai solteira desesperada por un cambio na súa vida. Un día, seducida por un anuncio que escoita na radio, vai de festa cun grupo de americanos que se atopan viaxando polo país, na busca do amor.

TÍO TOMÁS, A CONTABILIDADE DOS DIAS TÍO TOMÁS, A CONTABILIDADE DOS DÍAS REGINA PESSOA 2019 / PORTUGAL-CANADÁ-FRANCIA / 13 MIN - Abi Feijó, Regina Pessoa

Seguindo os seus recordos personais, Regina rende tributo ao seu tío Tomás, un home sinxelo cunha vida simple e anónima. Testemuña de que un non debe ser exitoso para ser excepcional e importante nas vidas dos teus seres queridos.

MASSACRE MASACRE MAITÉ SONNET 2019 / FRANCIA / 27 MIN - Lila Gueneau Lefas, Mahogany-Elfie Elis, Vincent Magnoni

Dúas irmás, de 10 e 12 anos, van a deixar atrás a súa querida illa, na que os seus pais xa non se poden permitir vivir. A súa tristeza vaise convertendo en rabia cara quen lles obriga a marchar: os turistas. O último verán vai ser oscuro, perigoso e tóxico.

IL MURO BIANCO O MURO BRANCO ANDREA BRUSA, MARCO SCOTUZZI 2020 / ITALIA / 13 MIN - Laura Tombini, Anna Coppola, Sebastiano Filocamo

Un profesor e o director dun instituto maquinan un plan en segredo para protexer aos seus estudantes dun depredador invisible que amenaza a escola desde dentro. Baseado en feitos reais.

I VÄNTAN PÅ DÖDEN AGARDANDO Á MORTE LARS VEGA, ISABELLE BJÖRKLUND 2019 / SUECIA / 12 MIN - Mattias Fransson, Sten Ljunggren, Ann-Petrén, Lasse Pettersson

Un fillo chega ao hospital para ver ao seu pai no seu leito de morte. Mentras que o fillo quere ter un último bo momento entre eles o pai prefire falar de que facer con dúas latas de mostaza sen abrir.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba