Sesión reservada ás escolas infantís.

O FICBUEU 2018 contará cunha sesión de proxección destinada aos máis pequenos, froito da irmandade tecida con El Meu Primer Festival de Cinema, un festival internacional audiovisual para nenos e nenas de entre 2 e 12 anos, celebrado principalmente na cidade de Barcelona e que procura ser una xanela para a exhibición de obras inéditas ou dificilmente visibles en pantallas comerciais, contribuíndo á difusión dun cinema plural e creativo. Impulsado pola Asociación Cultural MODIband, o principal obxectivo do festival é entreter, educar, estimular a imaxinación e espertar o espírito crítico, creando un espazo de participación e diálogo onde os máis pequenos sexan os protagonistas.

Mércores 12
ELEPHANTS ELEFANTES David Cowles 2015 / EE.UU / 3 min. -

Non son os mamíferos máis grandes, pero non están mal! Imaxinádesvos convivir con eles? Pois máis vale que nos preparemos porque os elefantes chegan á cidade, e mesmo á nosa casa!

AUTUMN OUTONO Helene Letourneur, Yann Austin, Marie Briand, Cécile Fauchie, Louise Flatz, Marina Saunier 2015 / FRANCIA / 4 min. -

No taller máxico das Catro Estacións, o personaxe do Outono está terminando os cambios da súa estación sobre o planeta Terra.

CROCODILE CROCODILO Julia Ocker 2015 / ALEMAÑA / 4 min. -

O crocodilo séntase no sofá para gozar dunha velada tranquila fronte á televisión, pero rapidamente descobre que elixiu un aperitivo pouco axeitado.

FISKETUR UN DÍA DE PESCA Uzi Geffenblad 2017 / SUECIA / 9 min. -

Un gato moi pequeno sae a pescar. Todo está cheo de cachifallos e o gato imaxina o que pode facer con todo o que se atopa mentres navega. A xornada de pesca servirá para que un montón de obxectos insólitos se convertan nun novo amigo.

KOYAA: PLESOCE NOGABICE KOYAA E OS CALCETÍNS BAILARÍNS Kolja Saksida 2017 / ESLOVENIA / 3 min. -

Pola mañá, Koyaa esperta co son do reloxo de cuco, frega os ollos e abre un caixón para sacar un par de calcetíns. Non é posible! Os calcetíns móvense, corren e saltan! Como logrará atrapalos?

CO SE STALO V ZOO A HISTORIA DO ZOO Veronika Zacharová 2015 / REPÚBLICA CHECA / 4 min. -

Esta é a historia dunha nena que vai ao zoo coa súa nai. Nun descoido da proxenitora, absorta en chamadas telefónicas da súa empresa, intercámbiase con outro neno e cóase na gaiola do gorila.

BELCHONOK I SANKI O ZORRA Olesya Shchukina 2016 / RUSIA / 4 min. -

Un día de inverno, mentres súa nai está fora, un esquío inquedo e curioso fará un descubrimento do máis emocionante.

MR NIGHT HAS A DAY OFF O SEÑOR NOITE TEN UN DÍA LIBRE Ignas Meilunas 2015 / LITUANIA / 2 min. -

O Señor Noite é o ceo nocturno. Unha mañá decide baixar de visita á cidade e comezar a transformar o que atopa nunha cor negra como a noite.

EL AGUJERO O BURACO Maribel Suárez 2016 / MÉXICO / 4 min. -

Unha nena sae a xogar ao xardín e atopa un buraco moi especial, do que coidará e co que xogará; mais deberá entender que as cousas non sempre saen como nos gustaría.

JUDITH AND ERNEST JUDITH E ERNEST Robert S. Hanson, Andy McNeil, Henning M. Lederer 2016 / ALEMAÑA / 2 min. -

Judith é unha tartaruga moi simpática que se esforza para chegar a unha meta bastante orixinal. Ernest é un simpático león que non sabe onde poñer a súa melena a remollo.

KOZLY CABRAS Yekaterina Filippova 2016 / RUSIA / 2 min. -

Pódese tomar o aperitivo sacando a cabeza pola xanela dun tren en marcha? Un grupo de cabras imprudentes intentarano.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba