As usuarias e usuarios do ITA BERDUCIDO realizan unha curta documental co apoio do equipo do FICBUEU

O grupo leva traballando no filme dende marzo a través dos obradoiros de cinema da Área Social FICBUEU.

En 2016 o certame bueuense leva a cabo a creación da Área Social FICBUEU, a través da cal dirixe o seu traballo cara colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión, empregando o cinema como ferramenta terapéutica, educativa, visibilizadora e integradora. Unha liña que leva xa oito anos en funcionamento, grazas á cal foron desenvolvidos obradoiros e sesións de proxección con numerosas institucións como Centro Príncipe Felipe, Fundación secretariado xitano de Vigo, ADICAM (Asociación de diagnosticadas e diagnosticados de Cáncer de Mama de Cangas), Xuntos Asociación Síndrome de Down de Pontevedra ou a Asociación Con Eles de Vilagarcía.

O ano pasado foron os colectivos de Érguete Vigo e do centro Juan XXIII de Cangas os beneficiarios da actividade, resultando por unha banda na curtametraxe titulada “Sabía que vendrías”, da que formaron parte as actrices Arantxa Treus e Rocío Romero; e por outra unha peza de ciencia ficción e comedia chamada “A fin da osíxeno”, na que participaron as actrices Mónica Caamaño, Anabel Budiño e Sé Rial, o actor Lois Soaxe e Peter Punk Paiaso como personaxe principal.

Este 2023 o equipo do FICBUEU desenvolveu durante dous meses un novo obradoiro de creación de curtametraxe en colaboración co ITA Berducido e grazas á financiación de Obra Social La Caixa e Simei Global Consulting. Nesta ocasión, as e os participantes escolleron realizar un filme de corte documental sobre Nieves Loperena, veciña de Gaxate (A Lama) e coñecida popularmente coma “Tía Ni”. 

Nieves creou en 2008 o Mercado da Tía Ni, unha librería e tenda de antigüidades que funciona tamén coma un espazo cultural e punto de encontro no que organiza diferentes actividades entre as que atopamos charlas, concertos ou rastros. A localización do Mercado da Tía Ni trátase dunha antiga escola unitaria, construída no Castro de Gaxate e rodeada dun espazo de bosque autóctono que, nos meses de verán, conta con hamacas e lugares para ler ao aire libre e facer proxeccións nocturnas.

Ita Verducido Área Social FICBUEU

Preto desta localización atópase o ITA Berducido, onde residen as e os participantes neste obradoiro de curtametraxe, un centro que ofrece un programa residencial terapéutico para adolescentes con problemáticas condutuais diversas. Durante estes meses, seis usuarias e usuarios do centro aprenderon a través das diferentes sesións do obradoiro todo o relacionado co proceso de creación dunha peza audiovisual, partindo da idea inicial e do guión, pasando pola preparación e preprodución, e finalizando na rodaxe e posterior montaxe do filme. Todo este traballo detrás das cámaras foi elaborado polas e polos integrantes do grupo, contando co apoio do persoal do ITA Berducido e de tres profesionais do equipo do FICBUEU.

O resultado final, aínda en proceso de montaxe e posprodución, estrearase durante a xornada inaugural da 16ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu, que terá lugar o 9 de setembro. Un acto no que estarán presentes tanto as creadoras e creadores do documental como a protagonista e o equipo docente.

Posteriormente, a obra poderá verse na canle de YouTube do FICBUEU, onde se atopan as pezas realizadas nos obradoiros dos últimos anos así coma outros materiais relacionados co certame e as súas actividades.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.