ARQUIVO FICBUEU
CURTAMETRAXES PROXECTADASNesta sección poderás atopar todas as curtametraxes que pasaron polo FICBUEU dende os seus inicios.
Se estás buscando un título ou un nome en concreto, aconsellámosche usar a ferramenta de busca do teu navegador premendo Ctrl+F.
Podes filtrar as curtas que se amosan seleccionando unha ou varias das seguintes categorías.
GILLES CUVELIER - 2017 / FRANCIA
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés


(FOOL TIME) JOB / TRABALLO EN TEMPO DE NECIOS
GILLES CUVELIER - 2017 / FRANCIA
Pedro acaba de conseguir un traballo. Non é un traballo convencional pero estamos en crise e non será moi esixente. É unha verdadeira oportunidade e de todas formas Pedro nunca foi moi friorento...
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés
OH SEO-RO - 2017 / COREA DO SUR
.FIC2018ParalelasXuvenil


(OO)
OH SEO-RO - 2017 / COREA DO SUR
As cousas que pasan no noso nariz.
.FIC2018ParalelasXuvenil
JUAN LESTA - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasGalicia


1,34943x10e4
JUAN LESTA - 2020 / ESPAÑA
1,34943x10e4 é o número de fotografías tomadas para realizar esta película. Feitas durante o confinamento da Covid-19 dende o meu piso na Coruña, son o froito dunha mirada detida e repetida cara a unha paisaxe cotiá, que nos descobre unha realidade na que antes non reparáramos. 1,34943x10e4 é, tamén, outra maneira de representar, neste caso, o número 134.943.
.FIC2021CompetitivasGalicia
ÁLVARO GAGO - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasGalicia


16 DE DECEMBRO
ÁLVARO GAGO - 2019 / ESPAÑA
Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado ao outro. Os corpos procuran introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vintecinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai a buscar ao seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cree coñecer.
.FIC2019CompetitivasGalicia
DAVID MARTÍN DE LOS SANTOS - 2016 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasEspaña


23 DE MAYO / 23 DE MAIO
DAVID MARTÍN DE LOS SANTOS - 2016 / ESPAÑA
As voces de dúas mulleres tornan os vestixios dunha casa e rescatan a memoria dos que viviron alí.
.FIC2017CompetitivasEspaña
JUAN GALIÑANES - 2013 / ESPAÑA
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés


3-1=0
JUAN GALIÑANES - 2013 / ESPAÑA
Facer o amor en cada canto da casa dos teus sonos antes de comprala. Vivir por primeira vez a experiencia de ser pai. Tocar ao teu bebé e notalo frío. O silencio tras a morte e a morte tras o silencio. Carlos quere desfacerse do seu pasado, ao igual que da casa que algún día foi o seu fogar. E quizais apareza un comprador para a casa, pero os recordos non se venden.
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés
ADRIANO VALERIO - 2013 / FRANCIA
.FIC2014CompetitivasInternacional


37.4° S
ADRIANO VALERIO - 2013 / FRANCIA
Hoxe en día, en Tristan dá Cunha, unha pequena illa no medio do Océano Atlántico, viven 270 persoas. Nick e Anne, dous adolescentes, coñécense dende o seu nacemento, e son noivos dende a infancia. Pero Anne tomou unha decisión: vai ir a estudar a Inglaterra, a 6.152 millas de Tristan.
.FIC2014CompetitivasInternacional
MIGUEL PIRES DE MATOS - 2018 / PORTUGAL
.FIC2019CompetitivasExperimental


4 ESTADOS DA MATÉRIA / 4 ESTADOS DA MATERIA
MIGUEL PIRES DE MATOS - 2018 / PORTUGAL
Unha abstracción a través dos 4 estados principais da materia; sólido, líquido, gasoso e plasmático, onde a ciencia, a arte e a relixión se funden en 4 universos gráficos e sonoros distintos.
.FIC2019CompetitivasExperimental
UNIVERSIDADE DE VIGO-UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


42º 47´ 38.9”N - 8º 30´ 15.8”O
UNIVERSIDADE DE VIGO-UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. - 2022 / ESPAÑA
Un rapaz agarda impaciente a chegada duns extraterrestres.
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
FRAN ARAUJO, MANUEL BURQUE - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


5 DÍAS DE SEPTIEMBRE / 5 DÍAS DE SETEMBRO
FRAN ARAUJO, MANUEL BURQUE - 2008 / ESPAÑA
Un encontro accidental entre unha persoa que espera e outra que fuxe.
.FIC2008CompetitivasInternacional
MADDI BARBER - 2018 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEspañaPalmarés


592 METROZ GOITI / 592 METROS
MADDI BARBER - 2018 / ESPAÑA
Nas ladeiras do Pirineo navarro a construción da presa de Itoiz na década de 1990 inundou sete pobos e tres reservas naturais. Unha franxa de terra espida á altura da cota 592 traza hoxe unha liña divisoria na paisaxe do val. Por debaixo desta cota, a auga; por riba, a vida continúa.
.FIC2019CompetitivasEspañaPalmarés
NICOLAS BIANCO-LEVRIN - 2021 / FRANCIA
.FIC2022miniFICParalelasXuvenil


6 PATTES SOUS TERRE / 6 PATAS BAIXO TERRA
NICOLAS BIANCO-LEVRIN - 2021 / FRANCIA
Para o gato, a vida no cemiterio é un paraíso. Está tranquilo e só ten que estirar a pata para atrapar un rato. Pero desta vez, a pantasma do rato vai vir perseguir ao gato.
.FIC2022miniFICParalelasXuvenil
SERGEI RYABOV - 2018 / RUSIA
.FIC2019InfantilParalelas


6:1
SERGEI RYABOV - 2018 / RUSIA
Unha rapaza e un gato que son inseparables están xogando ás damas. O gato perde unha e outra vez....
.FIC2019InfantilParalelas
DETSKY GRAFFAM - 2015 / ALEMAÑA
.FIC2017ComediaParalelas


90 GRAD NORD / 90 GRAOS NORTE
DETSKY GRAFFAM - 2015 / ALEMAÑA
Un bo alemán sempre agarda nun semáforo en vermello, pero... e se o boneco verde simplemente non dá aparecido? Nesta comedia negra titulada 90 Graos Norte, Karl, un home de negocios que leva unha vida de estrés, vese atrapado nunha endemoniada illeta. Aproxímase entón unha amarga loita pola supervivencia.
.FIC2017ComediaParalelas
BEN BRAND - 2013 / PAÍSES BAIXOS
.FIC2015CompetitivasInternacional


97%
BEN BRAND - 2013 / PAÍSES BAIXOS
Tiqui-tiqui-ding-dong-zas! Coincidencia do 97%. Unha aplicación do seu teléfono comunica a Bert que a rapaza dos seus sonos está nas inmediacións.
.FIC2015CompetitivasInternacional
CEIP DO CARBALLAL (MARÍN) - 2018 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas


A BRUXA DAS ANTENAS
CEIP DO CARBALLAL (MARÍN) - 2018 / ESPAÑA
Videoclip realizado a partir dun conto de medo escrito por unha alumna de 1º de Primaria: Unha bruxa fende o sinal dos receptores de radio e TV coa súa variña e a rapazada debe planear unha emboscada para resolver o seu problema.
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas
MARIO PIREDDA - 2016 / ITALIA
.FIC2017Paralelas


A CASA MIA / NA MIÑA CASA
MARIO PIREDDA - 2016 / ITALIA
Lucia e Peppino, dous anciáns, son os derradeiros habitantes dunha pequena vila mariñeira. Ámbolos dous pasan os días desexando que o inverno non remate.
.FIC2017Paralelas
CEIP TORRE-ILLA - 2017 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


A CHAVE PARA 6.000 PRESOS
CEIP TORRE-ILLA - 2017 / ESPAÑA
Curta documental realizada polos alumnos do CEIP Torre-Illa (Illa de Arousa) que revisa a importancia que tivo a construción da ponte da Illa de Arousa na vida da localidade polo 30º aniversario da súa inauguración.
.FIC2017CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
YASH SAWANT - 2018 / INDIA
.FIC2019CompetitivasInternacional


A COLD SUMMER NIGHT / UNHA FRÍA NOITE DE VERÁN
YASH SAWANT - 2018 / INDIA
Unha noite ordinaria comeza a ser moi dramática para Ketan, un emigrante maharashtriano, cando un ataque anónimo ao seu coche congrega unha atención excesiva na veciñanza da conformista Goan e el se queda atascado coa súa amante na súa pequena habitación alugada mentres que a súa muller embarazada se encontra lonxe da casa de seus pais.
.FIC2019CompetitivasInternacional
CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN - 2018 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas


A CONTRALUZ
CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN - 2018 / ESPAÑA
Videoclip baseado na canción de LP “Lost on You”. O vídeo chama a que todo o mundo debe unirse na loita feminista. Que non é só cousa das mulleres. Os homes deben implicarse para que a loita sexa real e efectiva.
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas
CEIP PLURILINGÜE SAN MARCOS - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


A COROA DA RAÍÑA
CEIP PLURILINGÜE SAN MARCOS - 2022 / ESPAÑA
Tres rapazas viaxan no tempo ata a idade media. Alí axudarán a raíña nunha misión.
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
ALY MURITIBA - 2011 / BRASIL
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés


A FÁBRICA
ALY MURITIBA - 2011 / BRASIL
Un preso convence a súa nai para arriscar a súa propia seguridade e introducir un teléfono móbil no interior da prisión.
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés
GLADYS MARIOTTO - 2015 / BRASIL
.FIC2017Paralelas


A FELICIDADE MORA AQUÍ
GLADYS MARIOTTO - 2015 / BRASIL
Como unha clase de filosofía sobre a felicidade segundo Aristóteles pode ser entendida en tres escolas diferentes? E se as escolas estivesen en tres continentes distintos? A resposta está nas palabras das nenas e nenos portugueses, brasileiros e africanos.
.FIC2017Paralelas
PABLO SANT’ANA - 2016 / PORTUGAL
.FIC2017Paralelas


A FESTA DO NOSSO MENINO SÃO GONÇALINHO / A FESTA DO SAN GONÇALINHO
PABLO SANT’ANA - 2016 / PORTUGAL
Francisco van der Poel (2013) fala de “festa”, do latín festa e dies festus, cuxa orixe é a palabra latina feriae (“vacacións”). Conceição Lopes (2015) fala de días de cambio, interrupción na lóxica das actividades e do traballo, de días para o culto e a celebración da vida, así como de espazos de comunicación privilexiada. Este documental amosa o concepto claro do San Gonçalinho, venerado en Aveiro (Portugal), especificando as diversas fases vividas durante as festividades.
.FIC2017Paralelas
CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL VILAGARCÍA DE AROUSA - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas


A GALIÑA AZUL
CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL VILAGARCÍA DE AROUSA - 2017 / ESPAÑA
Unha galiña azul foi vista polos alumnos do CEE Vilagarcía de Arousa. O alcalde pide á policía que a atope pero os veciños da vila únense para defender á galiña: que ten de malo ser azul?, que ten de malo non ser tan común?
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas
ZARA DWINGER - 2020 / PAÍSES BAIXOS, PORTUGAL
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


A HOLIDAY FROM MOURNING / UNHAS VACACIÓNS DE LOITO
ZARA DWINGER - 2020 / PAÍSES BAIXOS, PORTUGAL
Unha adolescente intenta fuxir da dor que sente dende a morte da súa nai, indo de viaxe a unha cidade de festa portuguesa. Pero canto máis rápido corre, máis a atrapa o sentimento do que está a fuxir.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
JAVIER MARCO - 2020 / ESPAÑA
.FIC2020CompetitivasEspaña


A LA CARA / Á CARA
JAVIER MARCO - 2020 / ESPAÑA
A Lina non lle importa que a insulten. Pero se o fan, que sexa á cara.
.FIC2020CompetitivasEspaña
NOEMÍ CHANTADA - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasGalicia


A MULLER INVISIBLE
NOEMÍ CHANTADA - 2017 / ESPAÑA
Ela parecería calquera outra rapaza da súa idade se non fose pola tristeza no seu rostro. Porque cando chega a tarde, cambia a súa pel: cambia a roupa, cambia o seu nome para poder enfrontar unha noite máis.
.FIC2018CompetitivasGalicia
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas


A NINGUNA PARTE / A NINGUNHA PARTE
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2019 / ESPAÑA
Carla sae unha noite de festa. De volta a casa atópase a unha rapaza atordada á que intenta axudar. Enfrontándose a unha situación inesperada na que sae a flote unha parte da súa personalidade que estaba durmida.
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas
ARTHUR LIPSETT - 1965 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


A TRIP DOWN MEMORY LANE / UNHA VIAXE POLO CARRIL DA MEMORIA
ARTHUR LIPSETT - 1965 / CANADÁ
Outra mordaz curtametraxe do director Arthur Lipsett que analiza o poderío humano, a maxestuosidade e o caos. Recompilada a partir dalgúns noticiarios dos últimos 50 anos, o cineasta cualifícaa como unha cápsula do tempo, aínda que a disposición das imaxes faina case explosiva. Hai centos de artigos, que no seu momento foron portada, pero que resultan ironicamente grotescos cando se ven nesta remodelación do pasado.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
DYLAN WERKMAN - 2020 / PAÍSES BAIXOS
.FIC2021ExperimentalParalelas


A VIEW FROM ABOVE / UNHA OLLADA DENDE ENRIBA
DYLAN WERKMAN - 2020 / PAÍSES BAIXOS
Unha ollada dende enriba trata a íntima viaxe dun astronauta que ascende ao espazo guiado por metáforas da vida na Terra. O filme revela a complexidade emocional da viaxe do astronauta e xera cuestións sobre o noso fogar común e a nosa conciencia colectiva máis ampla.
.FIC2021ExperimentalParalelas
MICHAEL RITTMANNSBERGER - 2012 / AUSTRIA
.FIC2013CompetitivasInternacional


ABGESTEMPELT / SINALADO
MICHAEL RITTMANNSBERGER - 2012 / AUSTRIA
Ahmed e o seu fillo esperan o tranvía, cando son retidos pola policía, que lles pide os seus papeis e examina a súa carteira. Unha vez no transporte, un impulsivo xesto de bondade cun estraño en problemas terá consecuencias inesperadas para ambos os dous.
.FIC2013CompetitivasInternacional
CEP LOIS TOBÍO - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas


ABRETUMENTE
CEP LOIS TOBÍO - 2019 / ESPAÑA
Inclusión, respecto, solidaridade, violencia cero, tolerancia... valores polos que debemos loitar!
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas
SYLVIA LE FANU - 2017 / DINAMARCA
.FIC2018PanoramaParalelas


ABU ADNAN / PAI DE ADNAN
SYLVIA LE FANU - 2017 / DINAMARCA
Sayid, un médico refuxiado de Siria, acaba de recibir un permiso de residencia danés. Ao mesmo tempo que ten que aprender un novo idioma, enfróntase ao desafío de manter o respecto do seu fillo, nunha situación na que a asimilación de Adnan parece ir máis rápido que a súa.
.FIC2018PanoramaParalelas
GUILLAUME FOURNIER, SAMUEL MATTEAU, YANNICK NOLIN - 2019 / CANADÁ - EE.UU.
.FIC2019CompetitivasExperimental


ACADIANA
GUILLAUME FOURNIER, SAMUEL MATTEAU, YANNICK NOLIN - 2019 / CANADÁ - EE.UU.
Maio de 2017. A cidade de Breaux Bridge, Louisiana, é o teatro do mítico Festival da Lagosta. É tan só outro día en América.
.FIC2019CompetitivasExperimental
JOANNA QUINN, LES MILLS - 2021 / CANADÁ-REINO UNIDO
.FIC2022CompetitivasInternacional


AFFAIRS OF THE ART / ASUNTOS DA ARTE
JOANNA QUINN, LES MILLS - 2021 / CANADÁ-REINO UNIDO
Cantas obsesións pode ter unha familia? En Affairs of the Art, de Joanna Quinn e Les Mills, volvemos conectar con Beryl, a heroína de clase traballadora que non só revela a súa propia obsesión polo debuxo, senón que expón as adiccións da súa excéntrica familia, que inclúen o encurtido, os parafusos e a taxidermia de mascotas.
.FIC2022CompetitivasInternacional
IVÁN ZULUETA - 1966 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


ÁGATA
IVÁN ZULUETA - 1966 / ESPAÑA
A abusiva relación profesional entre Luis, un pintor, e Ágata, a súa traumatizada modelo, dá un xiro inesperado cando ela atopa un misterioso autorretrato del.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
VASCO SÁ, DAVID DOUTEL - 2018 / PORTUGAL - FRANCIA
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés


AGOURO
VASCO SÁ, DAVID DOUTEL - 2018 / PORTUGAL - FRANCIA
Un inverno duro conxela a superficie dun río, cerca dunha casa onde viven dous curmáns.
Inmersos no vento frío que se levanta ese día, a rudeza da súa relación crece, chegando ao seu límite.
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés
CLÈMENT THEHIN-LALANNE - 2014 / FRANCIA
.FIC2015CompetitivasInternacional


AISSA
CLÈMENT THEHIN-LALANNE - 2014 / FRANCIA
Aïssa é congolesa e actualmente reside ilegalmente en territorio francés. Ela asegura ser menor de idade, pero as autoridades cren que ten máis de 18 anos. Para determinar se pode ou non quedar no país, un médico debe facerlle un exame físico.
.FIC2015CompetitivasInternacional
GABRIEL HERRERA - 2021 / MÉXICO
.FIC2021ExperimentalPalmarésParalelas


AL MOTOCICLISTA NO LE CABE LA FELICIDAD EN EL TRAJE /AO MOTOCICLISTA NON LLE CABE A FELICIDADE NO TRAXE
GABRIEL HERRERA - 2021 / MÉXICO
Alí senta orgulloso da súa fermosa moto, que nunca lle prestaría a ninguén. Está seguro de que só el pode explorar a selva. Unha recreación lúdica con papeis invertidos que apunta á arrogancia dos conquistadores coloniais.
.FIC2021ExperimentalPalmarésParalelas
IGNASI TARRUELLA - 2019 / ESPAÑA
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas


AL SOL / AO SOL
IGNASI TARRUELLA - 2019 / ESPAÑA
Unha parella de ovos van á praia a pasar o día. Un deles ponse crema solar e colócase baixo o parasol para non queimarse. O outro pasa de cremas e decide non tomar ningunha protección. Será esta unha boa decisión?
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas
YULIA GONTARUK - 2013 /UCRANIA
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés


ALCOHOLIC / ALCOHÓLICA
YULIA GONTARUK - 2013 /UCRANIA
A nai de Alina abandonouna e agora vese obrigada a vivir coa súa tía. Alina está convencida de que a súa tía non a quere, e o único que ela ten é o seu boneco. Casualmente Alina ve un anuncio sobre un curso de danza para nenos, vendo nel unha oportunidade para fuxir do seu miserable mundo.
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés
IES AUDIOVISUAL DE VIGO - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


ALGAS NEGRAS
IES AUDIOVISUAL DE VIGO - 2022 / ESPAÑA
O mariño mercante Miguel Font Rosell, testemuña directa da traxedia do petroleiro noruegués Polycommander, relata os feitos daquel 5 de maio de 1970, enchendo os baleiros e confeccionando de xeito detallado a tráxica historia do vertido de 15.000 toneladas de cru na ría de Vigo.
.FIC2022CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
CORINA SHWINGRUBER ILIÉ - 2018 / SUÍZA
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés


ALL INCLUSIVE / TODO INCLUÍDO
CORINA SHWINGRUBER ILIÉ - 2018 / SUÍZA
All Inclusive mergúllanos nun feitizo de entretemento de masas en alta mar.
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés
TEEMU NIKKI - 2019 / FINLANDIA
.FIC2019CompetitivasInternacional


ALL INCLUSIVE / TODO INCLUÍDO
TEEMU NIKKI - 2019 / FINLANDIA
Kalervo sentiuse desprotexido toda a súa vida, incapaz de defenderse, ata que Annukka, unha muller que o ama, dálle a Kalervo un agasallo que altera a súa vida. Se puideras corrixir os erros da túa vida, faríalo e deteríaste aí?
.FIC2019CompetitivasInternacional
EFTHIMIS KOSEMUND SANIDIS - 2019 / GRECIA
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés


ALL THE FIRES THE FIRE / TODOS OS FOGOS O FOGO
EFTHIMIS KOSEMUND SANIDIS - 2019 / GRECIA
Uns homes liberan paxaros nas montañas. Dous irmáns aflixidos e distanciados entrenan a súa puntería cos seus fillos. É tempada de caza. Pode o corazón dun paxaro deterse no aire sen balas atravesando o seu corpo?
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés
CHARLES WILLIAMS - 2018 / AUSTRALIA
.FIC2019PanoramaParalelas


ALL THESE CREATURES / TODAS ESAS CRIATURAS
CHARLES WILLIAMS - 2018 / AUSTRALIA
Un adolescente intenta desentrañar os seus recordos dunha misteriosa praga, o desenmascaramento do seu pai e das pequenas criaturas que hai dentro de todos nós.
.FIC2019PanoramaParalelas
PATRICK VOLLRATH - 2015 / AUSTRIA - ALEMAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés


ALLES WIRD GUT / TODO IRÁ BEN
PATRICK VOLLRATH - 2015 / AUSTRIA - ALEMAÑA
Como todos os segundos fins de semana, o pai de Lea pasa algunhas horas coa súa filla. El quérea moito, igual que ela a el. Pero pouco a pouco Lea ten a sensación de que nesta ocasión algo non vai ben.
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés
SALVADOR SUNYER - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEspañaPalmarés


ALOPÈCIA ANDROGÈNICA / ALOPÈCIA ANDROXÈNICA
SALVADOR SUNYER - 2022 / ESPAÑA
Salvador Sunyer (fillo) foi o creador dos spots do Festival Temporada Alta ao longo dos últimos dez anos. Coincidindo co trinta aniversario do festival, Salvador ten unha filla e xa non se sente con forzas de seguir sendo a mesma persoa que cría ser.
.FIC2022CompetitivasEspañaPalmarés
JÚLIA DE PAZ - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEspaña


AMA / NAI
JÚLIA DE PAZ - 2019 / ESPAÑA
A Pepa e a súa filla Leila bótanas do seu fogar, véndose arrastradas a atopar un lugar no que durmir antes de que anoiteza nun feliz día de carnaval.
.FIC2019CompetitivasEspaña
THOMAS WANGSMO - 2009 / NORUEGA
.FIC2012CompetitivasInternacional


AMOR
THOMAS WANGSMO - 2009 / NORUEGA
Nunha cidade onde os mozos acomodados gastarían o que fixera falta para obter os seus desexos, Thomas ofrécelles un servizo que ninguén lles propoñería.
.FIC2012CompetitivasInternacional
PAULO FURTADO - 2019 / PORTUGAL
.FIC2020CompetitivasExperimental


AMOR QU NTICO / AMOR CUÁNTICO
PAULO FURTADO - 2019 / PORTUGAL
Amor Quântico é un filme con tres narrativas sobre a mesma muller que discorren en paralelo e sen unha orde cronolóxica clara.
.FIC2020CompetitivasExperimental
LACHLAN PENDRAGON - 2021 / AUSTRALIA
.FIC2022CompetitivasEscolas Internacionais


AN OSTRICH TOLD ME THE WORLD IS FAKE AND I THINK I BELIEVE IT / UNHA AVESTRUZ DÍXOME QUE O MUNDO É FALSO E PENSO QUE O CREO
LACHLAN PENDRAGON - 2021 / AUSTRALIA
Cando un mozo teleoperador enfróntase a unha misteriosa avestruz parlante, decátase de que o universo é unha animación en stop motion. Debe deixar de lado as súas minguantes vendas de tostadoras e centrarse en convencer aos seus colegas do seu aterrecedor descubrimento.
.FIC2022CompetitivasEscolas Internacionais
XACIO BAÑO - 2012 / ESPAÑA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


ANACOS
XACIO BAÑO - 2012 / ESPAÑA
A vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela como a súa receita de biscoito.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
YULIA RUDITSKAYA - 2017 / ALEMAÑA
.FIC2017ParalelasXuvenil


AND THE MOON STANDS STILL / E A LÚA MANTENSE QUEDA
YULIA RUDITSKAYA - 2017 / ALEMAÑA
O luar afecta a todo aquilo que estea ao seu alcance. Este fi lme, baseado no conto Vidmak (“O meigo”) de Alekséi Tolstói, explora o ciclo da lúa e as enerxías que invoca a súa luz.
.FIC2017ParalelasXuvenil
TORNIKE GOGRICHIANI - 2017 / XEORXIA
.FIC2018PanoramaParalelas


ANDRO
TORNIKE GOGRICHIANI - 2017 / XEORXIA
Un arquitecto desempregado, Andro, vai a Turquía co seu fillo Dato para vender bens de segunda man. Na estrada recollen a un autostopista turco, Taner. Este encontro converte esta viaxe inofensiva nunha serie de eventos desafortunados.
.FIC2018PanoramaParalelas
LOTFI ACHOUR - 2021 / FRANCIA-TUNISIA
.FIC2022CompetitivasExperimental


ANGLE MORT / PUNTO CEGO
LOTFI ACHOUR - 2021 / FRANCIA-TUNISIA
Baixo a ditadura de Ben Ali, un home é secuestrado, torturado e asasinado, e logo desaparece. Trinta anos máis tarde, volve falar connosco e fainos a mesma pregunta que a súa nai: "Onde abandonaron o corpo do meu fillo?"
.FIC2022CompetitivasExperimental
JULIA OCKER - 2018 / ALEMAÑA
.FIC2019InfantilParalelas


ANGLERFISCH / PEIXE SAPO
JULIA OCKER - 2018 / ALEMAÑA
O pequeno peixe sapo ten que irse á cama. Pero as augas profundas están cheas de criaturas ameazadoras.
.FIC2019InfantilParalelas
IES MARÍA SOLIÑO - 2020 / 2º Bacharelato e 4º ESO
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC


ANIMACIÓNS DE CORENTENA
IES MARÍA SOLIÑO - 2020 / 2º Bacharelato e 4º ESO
Unha animación do alumnado de Debuxo Artístico e Educación Plástica de 4º ESO feito en pleno confinamento con música de Xulio Abal . Profesora coordinadora: Luz Beloso.
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC
SUSHMA KHADEPAUN - 2020 / INDIA, ESTADOS UNIDOS
.FIC2021PanoramaParalelas


ANITA
SUSHMA KHADEPAUN - 2020 / INDIA, ESTADOS UNIDOS
Anita, unha moza india que vive nos Estados Unidos, volve á India para a voda da súa irmá. Contando co apoio do seu propio marido anuncia unha gran noticia.
.FIC2021PanoramaParalelas
DEKEL BERENSON - 2019 / UCRAÍNA-REINO UNIDO-ISRAEL
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés


ANNA / ANNA
DEKEL BERENSON - 2019 / UCRAÍNA-REINO UNIDO-ISRAEL
Nunha Ucraína devastada pola guerra, Anna é unha nai solteira desesperada por un cambio na súa vida. Un día, seducida por un anuncio que escoita na radio, vai de festa cun grupo de americanos que se atopan viaxando polo país, na busca do amor.
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés
JULIA OCKER - 2018 / ALEMAÑA
.FIC2019O meu primer festivalParalelas


ANT / FORMIGA
JULIA OCKER - 2018 / ALEMAÑA
Quen di que o traballo non pode ser divertido? Unha formiga amósanos que, con creatividade, todo pode mellorar.
.FIC2019O meu primer festivalParalelas
FRANÇOIS TRUFFAUT - 1962 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


ANTOINE ET COLETTE / ANTOINE E COLETTE
FRANÇOIS TRUFFAUT - 1962 / FRANCIA
Antoine ten case 20 anos, reside nun hotel e traballa para a Phillips empaquetando discos; adora a música. Durante un concerto, coñece a unha rapaza da súa idade, Colette, e namórase por primeira vez.
Episodio inicial do filme L'amour à vingt ans, o que supón o segundo filme en torno á personaxe de Antoine Doinel tras Les 400 coups.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
YORIKO MIZUSHIRI - 2021 / FRANCIA-XAPÓN
.FIC2022CompetitivasExperimentalPalmarés


ANXIOUS BODY / CORPO ANSIOSO
YORIKO MIZUSHIRI - 2021 / FRANCIA-XAPÓN
Seres vivos, obxectos inanimados, formas xeométricas e liñas. Do contacto destas diferentes entidades nace unha nova dirección.
.FIC2022CompetitivasExperimentalPalmarés
MYRSINI ARISTIDOU - 2017 / CHIPRE - GRECIA - FRANCIA
.FIC2018PanoramaParalelas


APIA / ARIA
MYRSINI ARISTIDOU - 2017 / CHIPRE - GRECIA - FRANCIA
Aria está a esperar polo seu pai para unha clase de conducir. Pero cando por fin chega non é para a clase. Desde ese momento, Aria debe coidar dun inmigrante chino que non fala grego nin inglés.
.FIC2018PanoramaParalelas
IES POLITÉCNICO DE VIGO - 2018 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas


ÁPICES
IES POLITÉCNICO DE VIGO - 2018 / ESPAÑA
Unha adolescente vese sometida a unha presión constante. Será capaz de saír adiante ou acabará derrubándose?
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas
VALÉRIAN DESTERNE, REBECCA BLACK, CÉLINE COLLIN, JUAN OLARTE, JUAN PABLO DE LA ROSA ZALAMEA, CARLOS OSMAR SALAZAR TORNERO, LUCILE PALOMINO - 2018 / FRANCIA
.FIC2019InfantilParalelasXuvenil


APRÈS LA PLUIE / DESPOIS DA CHOIVA
VALÉRIAN DESTERNE, REBECCA BLACK, CÉLINE COLLIN, JUAN OLARTE, JUAN PABLO DE LA ROSA ZALAMEA, CARLOS OSMAR SALAZAR TORNERO, LUCILE PALOMINO - 2018 / FRANCIA
Un can vive feliz nun val xunto co seu amo, un pastor pouco común. Este pastor non só corta a la das súas ovellas, senón que crea nubes a partir desta para facer choiva, preservando así o ciclo da vida. Pero se o pastor non fose eterno, que pasaría co val? O xove can tería que ser creativo e persistente para evitar o peor.
.FIC2019InfantilParalelasXuvenil
PATRICIO GUZMÁN - 1968 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


APUNTES SOBRE LA TORTURA Y OTRAS FORMAS DE DIÁLOGO / APUNTES SOBRE A TORTURA E OUTRAS FORMAS DE DIÁLOGO
PATRICIO GUZMÁN - 1968 / ESPAÑA
Apuntes sobre la tortura y otras formas de diálogo, mostra torturas realizadas a un prisioneiro por parte dun grupo de militares latinoamericanos, así como a resposta da intelectualidade a esas torturas e outras imaxes satíricas e absurdas.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
ESTEBAN CRESPO - 2012 / ESPAÑA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


AQUEL NO ERA YO / AQUEL NON ERA EU
ESTEBAN CRESPO - 2012 / ESPAÑA
Ser un soldado non é difícil: ou te afás ou te matan. O máis duro é conseguir vivir cos teus recordos e volver ser ti mesmo despois de facer as cousas que fixeches.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
JORGE DAYAS - 2015 / ESPAÑA
.FIC2016Paralelas


ARAAN
JORGE DAYAS - 2015 / ESPAÑA
Unha nena agarda en casa a chegada do seu pai que está a loitar na fronte. Lonxe de alí, nun bosque nevado un pelotón de paracaidistas enfróntase a un inimigo que lles sorprende con fogo de metralladora e artillaría. Todos caen na emboscada excepto un deles, que resistiu o ataque parapetado entre as árbores.
.FIC2016Paralelas
MICHAËL GUERRAZ - 2013 / FRANCIA
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés


ARGILE / ARXILA
MICHAËL GUERRAZ - 2013 / FRANCIA
Alex posa como modelo. Unha señora maior esculpe. Unha situación normal, se non fose porque a señora é cega e só pode "ver" coas súas mans. Alex vai experimentar unha sesión como modelo fóra do común.
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés
ADRIAN SITARU - 2014 / ROMANÍA
.FIC2015CompetitivasInternacional


ARTA / ARTE
ADRIAN SITARU - 2014 / ROMANÍA
Dous directores de cine están a tratar de convencer unha nai remisa a deixar á súa filla interpretar o papel dunha menor abusada sexualmente.
.FIC2015CompetitivasInternacional
FRANK YCHOU - 2017 / FRANCIA
.FIC2018ParalelasXuvenil


ARTEM SILENDI
FRANK YCHOU - 2017 / FRANCIA
As irmás son pecadoras como calquera fillo de veciño.
.FIC2018ParalelasXuvenil
SARA TRABA - 2016 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasGalicia


AS VACAS DE WISCONSIN
SARA TRABA - 2016 / ESPAÑA
Señora e Vaca son amigas. Vaca xa non dá leite porque é moi vella, coma Señora. Señora descobre que en Wisconsin as vacas que escoitan música sinfónica dan máis leite. Por que non vai acontecer o mesmo coa súa amiga?
.FIC2017CompetitivasGalicia
ÁNGEL SANTOS - 2021 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasGalicia


ASÍ VENDRÁ LA NOCHE / ASÍ VIRÁ A NOITE
ÁNGEL SANTOS - 2021 / ESPAÑA
Pablo é escultor, retirouse a unha apartada zona rural da costa galega. Andrea vive en Canadá, onde traballa como lectora de literatura nunha universidade. De paso por España, acompañando á súa parella durante unha residencia de escritura, Andrea decide enviar unha longa mensaxe a Pablo, ao que non ve hai meses, a modo de carta longa ou de noveliña do século XXI.
.FIC2022CompetitivasGalicia
JORGE FERNÁNDEZ - 2017 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


ASTRAL
JORGE FERNÁNDEZ - 2017 / ESPAÑA
Unha parella conecta máis aló do tempo e o espazo. Curta realizada polo alumno da Universidade de Vigo, Jorge Fernández.
.FIC2017CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
LAURYNAS BAREISA - 2020 / LITUANIA
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés


ATKURIMAS / BONECO
LAURYNAS BAREISA - 2020 / LITUANIA
Usando unha boneca sen rosto, un criminal recrea un crime brutal. Pero sorprendentemente non é a el a quen están xulgando. Parece que hai alguen estraño no grupo de investigación.
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés
NICOLAS BIANCO-LEVRIN, JULIE REMBAUVILLE - 2019 / FRANCIA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


ATTENTION AU LOUP! / COIDADO CO LOBO!
NICOLAS BIANCO-LEVRIN, JULIE REMBAUVILLE - 2019 / FRANCIA
De novo, Carapuchiña Vermella ten que levarlle unha tarta, un bote de marmelada e manteiga á súa avoa. Pero, esta vez, o lobo non está no punto de encontro.
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
MATHILDE PEPINSTER - 2019 / BÉLXICA
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC


AU LARGE / AO LONGO
MATHILDE PEPINSTER - 2019 / BÉLXICA
Un témpano de xeo, un home grande, un peixe e unha realidade que non é como as demais.
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC
RAFAEL SOMMERHALDER - 2016 / SUÍZA
.FIC2017Curtas en familiaParalelas


AU REVOIR BALTHAZAR / ADEUS BALTHAZAR
RAFAEL SOMMERHALDER - 2016 / SUÍZA
Un espantallo, unha tormenta, unha perna rota e o son resoante dunha buguina. Mirar atrás, marchar para sempre.
.FIC2017Curtas en familiaParalelas
ALEXIS MICHALIK - 2014 / FRANCIA
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés


AU SOL / EN TERRA
ALEXIS MICHALIK - 2014 / FRANCIA
Évelyne ten que ir a Londres ao enterro da súa nai. Cando chega ao aeroporto, resúltalle imposible atopar os papeis da súa filla recén nacida, polo que non pode embarcar.
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés
XACIO BAÑO - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasGalicia


AUGAS ABISAIS
XACIO BAÑO - 2020 / ESPAÑA
Unha luz acéndese. Son esvaradíos e difíciles de ver. Habitan onde nada é. Alí. No fondo.
.FIC2021CompetitivasGalicia
HELENE LETOURNEUR, YANN AUSTIN, MARIE BRIAND, CÉCILE FAUCHIE, LOUISE FLATZ, MARINA SAUNIER. - 2015 / FRANCE
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


AUTUMN / OUTONO
HELENE LETOURNEUR, YANN AUSTIN, MARIE BRIAND, CÉCILE FAUCHIE, LOUISE FLATZ, MARINA SAUNIER. - 2015 / FRANCE
No taller máxico das Catro Estacións, o personaxe do Outono está terminando os cambios da súa estación sobre o planeta Terra.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
CHLOÉ TERRE - 2019 / FRANCIA
.FIC2020CompetitivasEscolas InternacionaisPalmarés


AVANT NOTRE HEURE / ANTES DO NOSO TEMPO
CHLOÉ TERRE - 2019 / FRANCIA
Raphaël coida do piso da súa avoa mentres ela se encontra nunha residencia. Cóntalle que pasa cos veciños, o que ve a través da xanela. Pero cando comeza a constuírse unha nova urbanización e as torres comezan a quedar vacías, Raphaël, que non se atreve a contar a verdade, comeza a mentir.
.FIC2020CompetitivasEscolas InternacionaisPalmarés
BASIL KHALIL - 2015 / PALESTINA - FRANCIA - ALEMAÑA
.FIC2016ComediaParalelas


AVE MARÍA
BASIL KHALIL - 2015 / PALESTINA - FRANCIA - ALEMAÑA
Cinco monxas en Cisxordania (Palestina) ven alterada a súa rutina cotiá cando unha familia xudía chama á súa porta.
.FIC2016ComediaParalelas
FON CORTIZO - 2017 / ESPAÑA - XORDANIA
.FIC2018CompetitivasGalicia


AYSHA
FON CORTIZO - 2017 / ESPAÑA - XORDANIA
Aysha é unha voz nova e enerxética, que emerxe con forza en Oriente Medio. A poesía e a creatividade son as súas armas para cambiar unha sociedade expectante tras a Primavera Árabe.
.FIC2018CompetitivasGalicia
SOUDADE KAADAN - 2019 / LIBIA - SIRIA
.FIC2019CompetitivasInternacional


AZIZA
SOUDADE KAADAN - 2019 / LIBIA - SIRIA
Ayman, refuxiado sirio no Líbano, ensina á súa muller a conducir o seu coche, o único que lle queda do seu país. A lección toma un mal xiro e convértese en loucura e nostalxia.
.FIC2019CompetitivasInternacional
EVGENIA GOLUBEVA - 2020 / RUSIA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


BABA YAGA Y MALYSHKA / BABA YAGA E MALYSHKA
EVGENIA GOLUBEVA - 2020 / RUSIA
Unha bruxa vella precisa dun bebé para un feitizo que a faga moza de novo. Pero cando trae a casa a unha princesa, as cousas non van saír como o tiña planeado.
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
TOBY FELL-HOLDEN - 2015 / REINO UNIDO
.FIC2017CompetitivasInternacional


BALCONY / BALCÓN
TOBY FELL-HOLDEN - 2015 / REINO UNIDO
Nun barrio cheo de tensión racial, unha rapaza séntese fascinada por unha inmigrante recén chegada, vítima dos prexuízos dominantes da zona.
.FIC2017CompetitivasInternacional
MORTEZA SABZEQABA - 2012 / IRÁN
.FIC2012CompetitivasInternacional


BARAYE OW / POR EL
MORTEZA SABZEQABA - 2012 / IRÁN
Un ancián sae de caza preto do río e ve un obxecto estraño…
.FIC2012CompetitivasInternacional
JEAN JULIEN COLLETE - 2006 / BÉLXICA
.FIC2008CompetitivasInternacional


BARBARA BROADCAST
JEAN JULIEN COLLETE - 2006 / BÉLXICA
Dous amigos que se contan historias encóntranse encerrados nun faiado. Unha estraña enfermidade da vontade alcánzalles pouco a pouco, sen que consigan saber por que.
.FIC2008CompetitivasInternacional
AMIR HOSSEIN - 2012 / IRÁN
.FIC2014CompetitivasInternacional


BASHE BARAYE BAD / QUIZAIS NOUTRA OCASIÓN
AMIR HOSSEIN - 2012 / IRÁN
Un neno afgán de 13 anos acode a Irán coa esperanza de atopar un traballo, e así axudar á súa familia.
.FIC2014CompetitivasInternacional
EIMI IMANISHI - 2016 / EE.UU. - ARXELIA - SÁHARA OCCIDENTAL
.FIC2017Curtas en familiaParalelas


BATTALION TO MY BEAT / BATALLÓN POLA LIBERDADE
EIMI IMANISHI - 2016 / EE.UU. - ARXELIA - SÁHARA OCCIDENTAL
Unha moza incansable e rebelde séntese atrapada polas restricións da vida diaria nun campo de refuxiados saharauí. Decide fuxir para entrar no exército e, así, poder liberar ó seu pobo e tamén liberarse ela mesma.
.FIC2017Curtas en familiaParalelas
DONATO SANSONE - 2018 / FRANCIA
.FIC2019CompetitivasExperimental


BAVURE
DONATO SANSONE - 2018 / FRANCIA
Ao comezo era a Mancha. Un pincel revela un ser de augada, ábreo, transfórmao, tórceo, complétao. Desta evolución acelerada xorde un ser conquistador...
.FIC2019CompetitivasExperimental
MAXIME ROY - 2018 / FRANCIA
.FIC2019PanoramaParalelas


BEAUTIFUL LOSER / BONITO PERDEDOR
MAXIME ROY - 2018 / FRANCIA
Michel é un ex-punk que pasa a metade da súa vida no seu garaxe e a outra metade no seu piso, un soto convertido. Con Leo, o seu fillo adolescente, fan todo tipo de diabruras á vez que tratan de coidar do bebé que Michel acaba de ter con Hélène, a súa ex muller. Non fai falla dicir que os seus anos de drogas e alcohol non o deixaron indemne.
.FIC2019PanoramaParalelas
OLESYA SHCHUKINA - 2016 / RUSIA
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


BELCHONOK I SANKI / O TRINEO
OLESYA SHCHUKINA - 2016 / RUSIA
Un día de inverno, mentres súa nai está fora, un esquío inquedo e curioso fará un descubrimento do máis emocionante.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
THELYIA PETRAKI - 2020 / GRECIA
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


BELLA
THELYIA PETRAKI - 2020 / GRECIA
Grecia 1986-1987, un pouco antes da caída do estado socialista e xusto ao final da Guerra Fría. Fronte Aos ollos de Atenas o país está mudando, o mundo está mudando e con el Christos parece estar mudando tamén.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
JEREMY COLLINS & KELLY DILLON - 2018 / SUDÁFRICA
.FIC2019InfantilParalelas


BELLY FLOP / PLANCHAZO
JEREMY COLLINS & KELLY DILLON - 2018 / SUDÁFRICA
A persistencia paga a pena cando unha rapaza xove e descarada que está aprendendo a mergullarse non é intimidada por un mergullador talentoso que rouba o foco de atención.
.FIC2019InfantilParalelas
HUGO COVARRUBIAS - 2021 / CHILE
.FIC2022CompetitivasInternacional


BESTIA / BESTA
HUGO COVARRUBIAS - 2021 / CHILE
Inspirada en feitos reais, Besta introdúcese na vida dunha axente da policía secreta na ditadura militar en Chile. A relación co seu can, o seu corpo, os seus medos e frustracións, revelan unha macabra fractura na súa mente e nun país.
.FIC2022CompetitivasInternacional
DAVID RODRÍGUEZ MUÑIZ - 2019 / ESPAÑA
.FIC2020CompetitivasGalicia


BEYOND THE GLACIER / MÁIS ALÓ DO GLACIAR
DAVID RODRÍGUEZ MUÑIZ - 2019 / ESPAÑA
Beyond the Glacier reflexiona sobre as relacións humanas co medio natural e analiza o futuro da especie dentro dun contexto de caos xeográfico.
.FIC2020CompetitivasGalicia
PAUL PLOBERGER - 2017 / AUSTRIA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


BIER & CALIPPO / CERVEXA E CALIPPO
PAUL PLOBERGER - 2017 / AUSTRIA
Por fin, vacacións! Jojo quere ir de xira co seu mozo Toni e a súa aloucada banda todo o verán. Aínda que o realmente absurdo é que Jojo está embarazada. O seu pai descóbreo xusto cando Toni acaba de bicarse con Milli, a batería do seu grupo.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
MARAT NARIMANOV - 2016 / RUSIA
.FIC2017InfantilParalelasXuvenil


BIG BOOOM
MARAT NARIMANOV - 2016 / RUSIA
A historia da humanidade e do noso planeta en catro minutos. Unha mensaxe de respecto polo medio ambiente que o ten todo: humor, acción e drama.
.FIC2017InfantilParalelasXuvenil
NURIA TORREÑO - 2021 / ESPAÑA
.FIC2022InfantilminiFICParalelas


BIG BOX / CAIXA GRANDE
NURIA TORREÑO - 2021 / ESPAÑA
E se puideses enviar os teus sentimentos? Nun mundo onde é posible enviar os sentimentos a través de mensaxería, un novo carteiro chamado Hermy atópase coa ardua tarefa de entregar o paquete máis grande que xamais viu a súa empresa. Pero isto non deterá ao noso xovial mensaxeiro, que utilizará todos os medios ao seu alcance para facer chegar o envío e cumprir a súa misión.
.FIC2022InfantilminiFICParalelas
KATHERINE PROPPER - 2021 / EE.UU.
.FIC2022CompetitivasInternacional


BIRDS / PAXAROS
KATHERINE PROPPER - 2021 / EE.UU.
Momentos na vida dos adolescentes de Austin durante a calor dun verán de Texas.
.FIC2022CompetitivasInternacional
SIL VAN DER WOERD & JORIK DOZY - 2018 / INDONESIA - PAÍSES BAIXOS
.FIC2019ParalelasXuvenil


BIRTHPLACE
SIL VAN DER WOERD & JORIK DOZY - 2018 / INDONESIA - PAÍSES BAIXOS
A simbólica historia dun home que chega a unha Terra perfecta e encontra a súa Némese en forma de contaminación oceánica
.FIC2019ParalelasXuvenil
SERHAT KARAASLAN - 2010 / TURQUÍA
.FIC2011CompetitivasInternacional


BISQILET / BICICLETA
SERHAT KARAASLAN - 2010 / TURQUÍA
Firat, que vive de recoller lixo co seu pai, ten o soño de ter unha bicicleta. Un día atopa unha bicicleta, pero fáltalle unha roda.
.FIC2011CompetitivasInternacional
BILL MANSON - 1969 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


BLAKE
BILL MANSON - 1969 / CANADÁ
Na súa interminable busca de liberdade, Blake pilota o seu propio avión. Este filme representa a visión que Mason ten do seu amigo como un vagabundo dos ceos, pero tamén é unha aventura que convida ao espectador a acompañalo.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
APICHATPONG WEERASETHAKUL - 2018 / TAILANDIA-FRANCIA
.FIC2019CompetitivasExperimentalPalmarés


BLUE / AZUL
APICHATPONG WEERASETHAKUL - 2018 / TAILANDIA-FRANCIA
Unha muller atópase esperta pola noite. Cerca, un conxunto de panos de fondo de teatro ábrese camiño, revelando dúas paisaxes alternativas. Sobre a saba azul da muller, un escintileo de luz reflicte e ilumina o seu reino de insomnio.
.FIC2019CompetitivasExperimentalPalmarés
KOSUKE OKAHARA - 2020 / XAPÓN
.FIC2021ExperimentalParalelas


BLUE AFFAIR / AFFAIRE AZUL
KOSUKE OKAHARA - 2020 / XAPÓN
Os recordos recorrentes da súa estancia na vila comezan a infiltrarse nos soños dun fotógrafo, empurrándoo a volver ao soño e abandonar a realidade.
.FIC2021ExperimentalParalelas
JACQUES ROZIER - 1958 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


BLUE JEANS / VAQUEIROS
JACQUES ROZIER - 1958 / FRANCIA
Narra os intentos de flirteo de dous raparigos coas súas scooters na costa de Cannes.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
MARC ROESSLER - 2015 / ALEMAÑA
.FIC2016ComediaParalelas


BOB
MARC ROESSLER - 2015 / ALEMAÑA
Bob é un artista con moita demanda. Porén, acotío síntese pouco comprendido, pois sempre semella estar rodeado de pesimismo cada vez que presenta a súa nova obra e unha procesión funeraria parece perseguilo decote.
.FIC2016ComediaParalelas
ALE EDDINE BEN HAMZA, JAMEL SASSI, BOULE - 2013 / TUNISIA
.FIC2013CompetitivasInternacional


BOBBY
ALE EDDINE BEN HAMZA, JAMEL SASSI, BOULE - 2013 / TUNISIA
É o día de regreso ao colexio e a Fares permíteselle ir só por primeira vez. No seu camiño crúzase un can vagabundo, ao que chama Bobby... É o comezo dunha verdadeira amizade.
.FIC2013CompetitivasInternacional
NATALIA GROFPEL - 2020 / RUSIA
.FIC2022O meu primer festivalParalelas


BOLSHOY Y MAKENKY / GRANDE E PEQUENO
NATALIA GROFPEL - 2020 / RUSIA
No peto da chaqueta dun neno poden ocorrer acontecementos sorprendentes.
.FIC2022O meu primer festivalParalelas
MARC WILKINS - 2016 / SUÍZA - TURQUÍA
.FIC2017CompetitivasInternacional


BON VOYAGE / BOA VIAXE
MARC WILKINS - 2016 / SUÍZA - TURQUÍA
A compaixón dunha parella ponse a proba cando se atopan cun barco afundido de refuxiados mentres estaban nunha viaxe pracenteira polo Mediterráneo.
.FIC2017CompetitivasInternacional
ZOEL AESCHBACHER - 2017 / SUÍZA
.FIC2018CompetitivasInternacional


BONOBO
ZOEL AESCHBACHER - 2017 / SUÍZA
Cando o ascensor nun bloque de vivenda social se avaría, os destinos de tres dos seus inquilinos entrelázanse empurrándoos cara un fi nal explosivo.
.FIC2018CompetitivasInternacional
MONTSE PIÑEIRO, RUBÉN ABAD - 2019 / ESPAÑA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


BROTAR
MONTSE PIÑEIRO, RUBÉN ABAD - 2019 / ESPAÑA
Brotar é unha homenaxe ao traballo artesanal, feito dende as mans e o corazón. A través da súa protagonista, Mirta, paseamos por escenarios teatrais que se constrúen partindo de técnicas analóxicas, conseguindo así acabados orixinais e sinxelos. Montse Piñeiro toma como referencia ás súas avoas, exemplos da forza e sabedoría da experiencia, para revelar un universo máxico que nos transporta á nosa infancia. A música orixinal de Rubén Abad danza coas imaxes e nos leva aos comezos do século XX, atravesando tintes impresionistas que se mesturan coas luces e cores que acompañan toda a peza.
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
MERYAM JOOBEUR - 2018 / CANADÁ - QATAR - TUNISIA - SUECIA
.FIC2019CompetitivasInternacional


BROTHERHOOD / IRMANDADE
MERYAM JOOBEUR - 2018 / CANADÁ - QATAR - TUNISIA - SUECIA
Mohamed síntese profundamente conmovido cando o seu fillo maior, Malik, regresa a casa despois dunha longa viaxe cunha misteriosa nova muller.
.FIC2019CompetitivasInternacional
MANOLIS MAVRIS - 2021 / BÉLXICA-GRECIA
.FIC2022CompetitivasInternacional


BRUTALIA, ERGASIMES MERES / BRUTALIA, DÍAS DE TRABALLO
MANOLIS MAVRIS - 2021 / BÉLXICA-GRECIA
Unha familia matriarcal. Unha sociedade oligárquica... que pasaría se substituímos as abellas por humanos? Anna, unha abella obreira entre as abellas obreiras perfectamente idénticas, todas vestidas con uniformes militares, todas traballando día e noite, esfórzase por entender as regras da colmea.
.FIC2022CompetitivasInternacional
JORGE YÚDICE - 2016 / ESPAÑA
.FIC2017ParalelasXuvenil


BUS STORY / UNHA HISTORIA DE AUTOBÚS
JORGE YÚDICE - 2016 / ESPAÑA
Como cada mañá, el atopa a rapaza descoñecida totalmente durmida no bus. Nunca falou con ela, pero sabe onde se baixa. O problema é que hoxe non da espertado e vaise pasar a súa parada. Debería achegarse e acordala?
.FIC2017ParalelasXuvenil
LAIA FOGUET - 2019 / ESPAÑA
.FIC2020CompetitivasEspañaPalmarés


CA NOSTRA / NA CASA
LAIA FOGUET - 2019 / ESPAÑA
A avoa de Lluís e Jesús faleceu fai pouco. Aínda que non son capaces de xestionar esa situación, o recordo que conservan dela vailles guiar.
.FIC2020CompetitivasEspañaPalmarés
IES AS BARXAS - 2016 / ESPAÑA
.FIC2016CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


CABELOS DE BATALLA
IES AS BARXAS - 2016 / ESPAÑA
Un poema de Miguel Angel e a animación dos alumnos de 4º ESO do IES As Barxas, para os que loitan nunha batalla moi dura, a do cancro.
.FIC2016CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
BOGDAN MURESANU - 2018 / ROMANÍA
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés


CADOUL DE CRACIUN / O REGALO DE NADAL
BOGDAN MURESANU - 2018 / ROMANÍA
O 20 de decembro de 1989, poucos días despois da sanguenta represión de Ceausescu en Timisoara, a tranquila noite dun pai tórnase nunha dura proba ao descubrir que o seu fillo pequeno enviou unha carta a Papá Noel. Coma o neno entendeu, o desexo do seu pai era ver a Ceausescu morto.
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés
MARC RIBA, ANNA SOLANAS - 2020 / ESPAÑA
.FIC2020CompetitivasEspaña


CANDELA
MARC RIBA, ANNA SOLANAS - 2020 / ESPAÑA
A señora Candela pasa os seus derradeiros días na decadente periferia dunha gran cidade.
.FIC2020CompetitivasEspaña
ARANCHA BRANDÓN - 2018 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasGalicia


CANDO MAMÁ PECHOU AS CAIXAS
ARANCHA BRANDÓN - 2018 / ESPAÑA
O peche do negocio familiar e a despedida dunha etapa. Un reto de superación entre o pó e as crises que teñen lugar cando a nai da directora debe cambiar de vida e seguir adiante con máis de 50 anos. Un documental sobre a familia, o traballo en familia e a importancia de atoparse a si mesmos.
.FIC2019CompetitivasGalicia
MARC RIBA E ANNA SOLANAS - 2013 / ESPAÑA
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés


CANIS / CANS
MARC RIBA E ANNA SOLANAS - 2013 / ESPAÑA
Teo sobrevive illado nunha casa constantemente asediada por unha manda de cans salvaxes.
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés
MANUEL CALVO - 2010 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés


CANNON BEACH. LA PLAYA DE BERLÍN / A PRAIA DE BERLÍN
MANUEL CALVO - 2010 / ESPAÑA
Inverno. Tinka viaxa nun autocar rumbo a unha praia. Garrett, sentado ó seu lado, úneselle nun intento de ambos por conseguir que a vida, que avanza rápido, non lles pase de largo.
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés
CAMILA KATER - 2019 / ESPAÑA
.FIC2020CompetitivasGaliciaPalmarés


CARNE
CAMILA KATER - 2019 / ESPAÑA
Crúa, pouco feita, ao punto e moi feita. A través de relatos íntimos e persoais, cinco mulleres comparten as súas experiencias en relación ao corpo, desde a infancia ata a terceira idade.
.FIC2020CompetitivasGaliciaPalmarés
CEIP DO HÍO - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


CAROLINA E O CORVO DE ÁS BRANCAS
CEIP DO HÍO - 2022 / ESPAÑA
Carolina e os seus catro irmáns vense envoltos nunha perigosa aventura despois de romper o vidro da xanela da casa do conserxe. Coa axuda dos seus irmáns, convertidos en corvos por influencia do anel, e dos morcegos do colexio, Carolina atopará a solución.
.FIC2022CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
ELIOTT CHABANIS - 2019 / FRANCIA
.FIC2020CompetitivasExperimental


CARRIÈRE DE PISSY / A CARREIRA DE PISSY
ELIOTT CHABANIS - 2019 / FRANCIA
No corazón da cidade de Ouagadougou, un enorme cráter de granito encarcera a homes que fan todo o que poden para saír de alí. Ao final, só a súa imaxe conseguirá escapar.
.FIC2020CompetitivasExperimental
JAMILLE VAN WIJNNGAARDEN - 2017 / PAÍSES BAIXOS
.FIC2018InfantilParalelas


CATASTROPHE / CATÁSTROFE
JAMILLE VAN WIJNNGAARDEN - 2017 / PAÍSES BAIXOS
Un gato chamado Rodney está avisado pola súa dona de non facerlle dano ao seu paxariño. Así que cando o paxariño morre de súpeto, entra en pánico. Comeza a facer todo o posible por devolverlle a vida ao paxariño.
.FIC2018InfantilParalelas
VLADIMIR KANIC - 2013 / CROACIA - CANADÁ
.FIC2014CompetitivasInternacional


CATCHING A LION / ATRAPANDO UN LEÓN
VLADIMIR KANIC - 2013 / CROACIA - CANADÁ
Pai e fillo teñen que atrapar un león para salvarse da guerra que se achega. Baseada en feitos reais.
.FIC2014CompetitivasInternacional
CPI DE PROGRESO - 2020 / 6º Educación Primaria
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC


CATOIRA STYLE
CPI DE PROGRESO - 2020 / 6º Educación Primaria
Videoclip musical do poema "Adios ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro en versión trap. Voces gravadas polo alumnado nun estudio improvisado no centro e posterior gravación exterior.
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC
YANN CHEMIN - 2017 / FRANCIA
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés


CE QUI NOUS TIENT / OS LAZOS QUE ATAN
YANN CHEMIN - 2017 / FRANCIA
Alex volve a casa unha fi n de semana. A súa familia está de loito pola morte da súa irmá, e parece que prestan máis atención ao can que ao rapaz. De paseo polo bosque co can, este desaparece.
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés
MARINE BLIN - 2020 / FRANCIA
.FIC2021CompetitivasInternacional


CE QUI RÉSONNE DANS LE SILENCE / O QUE RESOA NO SILENCIO
MARINE BLIN - 2020 / FRANCIA
Ocultar a morte non a fai desaparecer. Unha pequena nena que sufría polo silencio dos adultos sentiuse allea ao seu dereito a chorar. De adulta, ela relata os tenros xestos que a unen aos mortos.
.FIC2021CompetitivasInternacional
MUIRIS CROWLEY - 2015 / IRLANDA
.FIC2016PanoramaParalelas


CHANGE IN THE WEATHER / TEMPO DE CAMBIO
MUIRIS CROWLEY - 2015 / IRLANDA
Michael, un mozo que vive na Irlanda rural, esfórzase por se adaptar a un cambio repentino no seu oculto estilo de vida.
.FIC2016PanoramaParalelas
JEAN-LUC GODARD - 1960 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


CHARLOTTE ET SON JULES / CHARLOTTE E O SEU JULES
JEAN-LUC GODARD - 1960 / FRANCIA
Un home recibe a visita da súa ex moza e intenta reconquistala. Claro que el non sabe que ela só volveu a buscar o seu cepillo de dentes.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
LISE AKOKA & ROMANE GUERET - 2016 / FRANCIA
.FIC2018CompetitivasInternacional



CHASSE ROYALE
LISE AKOKA & ROMANE GUERET - 2016 / FRANCIA
Angélique, de 13 anos, vive cos seus múltiples irmáns no suburbio de Valenciennes. Un día, no colexio, ofrécenlle asistir a unha audición para unha película.
.FIC2018CompetitivasInternacional
LISE AKOKA & ROMANE GUERET - 2016 / FRANCIA
.FIC2018CompetitivasInternacional



CHASSE ROYALE
LISE AKOKA & ROMANE GUERET - 2016 / FRANCIA
Angélique, de 13 años, vive con sus múltiples hermanos en el suburbio de Valenciennes. Un día, en el colegio, le ofrecen asistir a una audición para una película.
.FIC2018CompetitivasInternacional
ÁLVARO PÉREZ DE MADRID - 2008 / ESPAÑA - EE.UU.
.FIC2009CompetitivasInternacional


CHOCOLATE CHIPS
ÁLVARO PÉREZ DE MADRID - 2008 / ESPAÑA - EE.UU.
A viaxe dunha nena entre a realidade e a imaxinación para acadar o seu xeado favorito: de chocolate con anacos de chocolate.
.FIC2009CompetitivasInternacional
ARANTXA HERNÁNDEZ BARTHE - 2019 / REINO UNIDO
.FIC2020CompetitivasEscolas Internacionais


CITY OF CHILDREN / CIDADE DOS NENOS
ARANTXA HERNÁNDEZ BARTHE - 2019 / REINO UNIDO
Como é crecer nun lugar que todo o mundo esqueceu? Este filme é un retrato da mocidade nunha vila do norte de Inglaterra. Tyler, un rapaz de 16 anos que nunca foi á escola, guíanos por este lugar onde coñeceremos a unha serie de diversas persoas, cada unha facendo a súa vida nesta localidade. Combinando estilos poéticos e observacionais, este filme proponnos unha experiencia que permite ao espectador reflexionar sobre o futuro de Tyler e o pasado de Inglaterra.
.FIC2020CompetitivasEscolas Internacionais
JAVIER MARCO RICO - 2016 / ESPAÑA
.FIC2016Paralelas


CLASSMATE / COMPAÑEIRO DE CLASE
JAVIER MARCO RICO - 2016 / ESPAÑA
Un home e unha muller atópanse nun autobús. Ela é enxeñeira e está casada. El vive na rúa.
.FIC2016Paralelas
JULIE NAVARRO - 2016 / FRANCIA
.FIC2017CompetitivasInternacional


CLÉO
JULIE NAVARRO - 2016 / FRANCIA
Nada tan rutineiro coma un divorcio, agás cando nin o pai nin a nai procuran a custodia dos fillos. Cléo, de dez anos, escapará do que lle parece insoportable. Sentirse abandonada é unha poderosa motivación para facelo.
.FIC2017CompetitivasInternacional
ALEXEI MIZIN - 2011 / AUSTRALIA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


CLOSING IN / ACHEGARSE
ALEXEI MIZIN - 2011 / AUSTRALIA
Un detective novato loita entre as súas responsabilidades profesionais e emocionais mentres é destinado cunha nai dun neno secuestrado.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
VERONIKA ZACHAROVÁ - 2015 / REPÚBLICA CHECA
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


CO SE STALO V ZOO / A HISTORIA DO ZOO
VERONIKA ZACHAROVÁ - 2015 / REPÚBLICA CHECA
Esta é a historia dunha nena que vai ao zoo coa súa nai. Nun descoido da proxenitora, absorta en chamadas telefónicas da súa empresa, intercámbiase con outro neno e cóase na gaiola do gorila.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
JORGE YÚDICE - 2019 / ESPAÑA
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC


COCODRILO / CROCODILO
JORGE YÚDICE - 2019 / ESPAÑA
Como cada tarde, Alicia prepárase un té e ve a súa canle de youtube preferida: VictorGaming. Unha canle dedicada aos videoxogos de rol de acción. Victor, o youtuber, retransmite hoxe un directo onde os fans poden facerlle preguntas. Alicia ten algo moi importante que dicirlle.
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC
YUANQING CAI, HOUZHI HUANG, MIKOLAJ JANIW, NATHAN CRABOT, MANDIMBY LEBON, THEO TRAN NGOC - 2020 / FRANCIA
.FIC2021CompetitivasEscolas Internacionais


COFFIN / ATAÚDE
YUANQING CAI, HOUZHI HUANG, MIKOLAJ JANIW, NATHAN CRABOT, MANDIMBY LEBON, THEO TRAN NGOC - 2020 / FRANCIA
Un home chega a casa e deita na cama. Un grupo de compañeiros ruidosos. Unha cidade abarrotada no sur de China.
.FIC2021CompetitivasEscolas Internacionais
SIMON ZHOU - 2021 / FRANCIA
.FIC2021PanoramaParalelas


COIFFEUR / PERRUQUEIRO
SIMON ZHOU - 2021 / FRANCIA
Luc, un propietario dun salón de beleza en apuros, é visitado pola súa irmá depresiva. Debe atopar o xeito de satisfacer as necesidades da súa irmá, sen ofender a sensibilidade dunha clienta adiñeirada.
.FIC2021PanoramaParalelas
MAXIME FEYERS, MATHIEU BERGERON - 2012 / FRANCIA
.FIC2013CompetitivasInternacional


COME WHAT MAY / PASE O QUE PASE
MAXIME FEYERS, MATHIEU BERGERON - 2012 / FRANCIA
A vida de Paul cambaléase, tras unha chamada de Line dende o hospital
.FIC2013CompetitivasInternacional
JAN & RAF ROOSENS - 2015 / BÉLXICA
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


COPAIN / NOIVO
JAN & RAF ROOSENS - 2015 / BÉLXICA
Fré é un adolescente atrapado entre a súa conservadora e acomodada familia, e os seus amigos de clase baixa. El apáñase para manter os dous mundos afastados até que se namora.
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
JAIRO IGLESIAS - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés


CORES
JAIRO IGLESIAS - 2008 / ESPAÑA
1939. Boiro. Nun monte illado, dous soldados encóntranse cara a cara.
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés
IES AS BARXAS - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


CORES
IES AS BARXAS - 2022 / ESPAÑA
Animación para o 28 de Xuño , día do Orgullo LGTBIQA+.
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
PABLO POLLEDRI - 2016 / ARXENTINA
.FIC2017Paralelas


CORP.
PABLO POLLEDRI - 2016 / ARXENTINA
Ambición, explotación da man de obra, contaminación ambiental, degradación humana, plusvalía, corrupción e moito máis no fantástico mundo do libre mercado.
.FIC2017Paralelas
CARLA SIMÓN, DOMINGA SOTOMAYOR - 2020 / ESPAÑA, CHILE
.FIC2021CompetitivasEspañaPalmarés


CORRESPONDENCIA
CARLA SIMÓN, DOMINGA SOTOMAYOR - 2020 / ESPAÑA, CHILE
En forma dunha conversación epistolar filmada, dúas cineastas falan sobre cine, o presente e pasado familiar, a herdanza e a maternidade. As reflexións persoais e profundas de repente fanse eco da emerxencia política dun país.
.FIC2021CompetitivasEspañaPalmarés
OANA LACROIX - 2018 / SUÍZA
.FIC2019O meu primer festivalParalelas


COUCOULEURS
OANA LACROIX - 2018 / SUÍZA
Nun bosque habitado por aves dunha única cor, todos ocupan un lugar predeterminado. Mais, que pasa cando un paxaro é de dúas cores?
.FIC2019O meu primer festivalParalelas
IES TERRA DE TRASANCOS - 2017 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


COUSAS DE VELLOS
IES TERRA DE TRASANCOS - 2017 / ESPAÑA
Neto e avó intercambian puntos de vista durante unha conversa cotiá. Curta realizada polos alumnos do IES Terra de Trasancos.
.FIC2017CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
CAMILLE MOL - 2016 / BÉLXICA
.FIC2017Paralelas


CREATURES / CRIATURAS
CAMILLE MOL - 2016 / BÉLXICA
Durante o outono, a natureza metamorfoséase e, Louise, de quince anos, desexa máis.
.FIC2017Paralelas
JEAN-MARC E. ROY & PHILIPPE DAVID GAGNÉ - 2017 / CANADÁ
.FIC2018PanoramaParalelas


CRÈME DE MENTHE / CREMA DE MENTA
JEAN-MARC E. ROY & PHILIPPE DAVID GAGNÉ - 2017 / CANADÁ
Renée volve a casa para o funeral do seu pai. Obrigada a baleirar a súa vivenda, atópase cun enorme desastre: o seu pai fora un acaparador.
.FIC2018PanoramaParalelas
JULIA OCKER - 2017 / ALEMAÑA
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


CROCODILE / CROCODILO
JULIA OCKER - 2017 / ALEMAÑA
O crocodilo séntase no sofá para gozar dunha velada tranquila fronte á televisión, pero rapidamente descobre que elixiu un aperitivo pouco axeitado.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
MĀRA LINIŅA - 2022 / LETONIA
.FIC2022InfantilminiFICParalelas


ČUČI ČUČI / SILENCIO, SILENCIO, PEQUENO OSO
MĀRA LINIŅA - 2022 / LETONIA
Mentres os pais osos están fóra buscando bagas e mel, as crías de oso quedan en casa coas ovellas. Os osiños divírtense xogando alegremente cun nobelo de fío, pero pronto os osiños atópanse enredados e todo está patas para arriba. Por sorte, as ovellas axúdanlles a poñer todo en orde.
.FIC2022InfantilminiFICParalelas
LA HORDE (MARINE BRUTTI, ARTHUR HAREL, JONATHAN DEBROUWER) - 2019 / FRANCIA
.FIC2020CompetitivasExperimental


CULTES / CULTOS
LA HORDE (MARINE BRUTTI, ARTHUR HAREL, JONATHAN DEBROUWER) - 2019 / FRANCIA
Este filme captura a manifestación concreta da adoración que se traduce nas prácticas ritualizadas, os comportamentos, o éxtase colectivo e o consumo de masas. É o corpo, a súa excitación e a celebración, o baluarte para este consumo masivo? Pode este estado trascender o espazo acrítico no que se desenvolve?
.FIC2020CompetitivasExperimental
ÁLVARO GAGO - 2014 / ESPAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacional


CURRICÁN
ÁLVARO GAGO - 2014 / ESPAÑA
A mirada de Xan Curricán guíanos polas rúas de Vilanova de Arousa, un pobo cheo de grandes cadros e interminables epifanías.
.FIC2015CompetitivasInternacional
ANTHONY NTI - 2019 / BÉLXICA-GHANA
.FIC2020CompetitivasInternacional


DA YIE / DA YIE
ANTHONY NTI - 2019 / BÉLXICA-GHANA
Nun día soleado en Ghana, un estranxeiro aborda a dous nenos e lévaos nunha viaxe inesperada. Os tres enténdense tan ben que Bogah, o estranxeiro, comeza a cuestionar as súas intencións iniciais...
.FIC2020CompetitivasInternacional
BIBHUSAN BASNET, POOJA GURUNG - 2016 / NEPAL - FRANCIA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


DADYAA
BIBHUSAN BASNET, POOJA GURUNG - 2016 / NEPAL - FRANCIA
A aldea de Atimaley e Devi atópase posuída polas lembranzas. Cando un prezado amigo marcha da aldea sen dicir «adeus», a parella de anciáns enfróntase a un dilema. Seguir vivindo cos recordos ou abandonar a aldea para sempre?
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
ELENA WALF - 2021 / ALEMAÑA
.FIC2022Curtas en familiaInfantilminiFICParalelas


DAMN IT! / MALDITA SEXA!
ELENA WALF - 2021 / ALEMAÑA
A ancestral loita entre o ben e o mal.
.FIC2022Curtas en familiaInfantilminiFICParalelas
ALIYAR RASTI - 2018 / IRÁN
.FIC2019PanoramaParalelas


DAR BEYN / NO MEDIO
ALIYAR RASTI - 2018 / IRÁN
Estase a levar a cabo unha investigación sobrea escena dun crime. Unha moza é obrigada a recrear os acontecementos que levaron á tráxica morte do seu mozo para un detective e o seu axudante. Ela sostén que foi un accidente e que é inocente, pero el sospeita que non o foi.
.FIC2019PanoramaParalelas
ZACHARY WOODS - 2020 / ESTADOS UNIDOS
.FIC2021CompetitivasInternacional


DAVID
ZACHARY WOODS - 2020 / ESTADOS UNIDOS
Un home profundamente deprimido solicita unha sesión de terapia de urxencia. Non é o único que precisa axuda.
.FIC2021CompetitivasInternacional
DARIA KASHCHEEVA - 2019 / REPÚBLICA CHECA
.FIC2020CompetitivasEscolas Internacionais


DCERA / FILLA
DARIA KASHCHEEVA - 2019 / REPÚBLICA CHECA
Deberías esconder a túa dor? Pecharte no teu mundo interior, chea de nostalxia polo amor do teu pai e como o sentías? Ou deberías entender e perdoar antes de que sexa demasiado tarde?
.FIC2020CompetitivasEscolas Internacionais
JAVIER VEIGA - 2011 / ESPAÑA
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés


DE QUE SE RÍEN LAS HIENAS / DE QUE SE RIN AS HIENAS
JAVIER VEIGA - 2011 / ESPAÑA
Esta podería ser a típica historia de mozo coñece moza. Pero moza e mozo achéganse a unha idade complicada e asáltalles unha dúbida existencial: de que rin as hienas?
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés
DAVID TEMBLEQUE - 2015 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasGalicia


DEAR TOM / QUERIDO TOM
DAVID TEMBLEQUE - 2015 / ESPAÑA
Ás veces o destino é coma unha tempestade de area que cambia de dirección e crea liñas paralelas que poden chegar a cruzarse algún día. Podes parar tan só un momento que, cando te decatas, xa marchou. Fai un ano coñecín unha rapaza. Saímos durante uns meses e gravei os nosos momentos privados. Un día espertei e ela xa marchara. O que ves é a nosa historia real.
.FIC2017CompetitivasGalicia
ALBERTO VÁZQUEZ - 2016 / ESPAÑA - FRANCIA
.FIC2017CompetitivasGalicia


DECORADO
ALBERTO VÁZQUEZ - 2016 / ESPAÑA - FRANCIA
O mundo é un escenario marabilloso, pero ten un reparto pésimo.
.FIC2017CompetitivasGalicia
PHIL SHEERIN - 2017 / REINO UNIDO
.FIC2018CompetitivasInternacional


DEPENDENT / DEPENDENTE
PHIL SHEERIN - 2017 / REINO UNIDO
Josh vive nun centro de acollida para menores, lonxe da súa nai. Un día recibe unha chamada dela e el escapa do centro para rescatala. Pero o que ela quere non era o que Josh esperaba…
.FIC2018CompetitivasInternacional
JOHANNES WEILAND, UWE HEIDSCHOETTER - 2009 / ALEMAÑA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


DER KLEINE UND DAS BIEST / O PEQUENO E A BESTA
JOHANNES WEILAND, UWE HEIDSCHOETTER - 2009 / ALEMAÑA
Cando a túa nai se converteu nunha besta, moitas cousas cambian.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
CARLA SIMÓN - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasInternacional


DESPUÉS TAMBIÉN / DESPOIS TAMÉN
CARLA SIMÓN - 2019 / ESPAÑA
Un rapaz de 28 anos chamado Alex chega a un bar do pobo buscando a alguén. Hai unha canción soando e un grupo bailando. Un deles, Edu, o noso protagonista, está bailando coma un tolo. Os dous teñen unha conversación que non podemos escoitar porque a música está moi alta, pero podemos ver que Alex está moi afectado. Pola contra, Edu non reacciona e segue bailando para esquecer.
.FIC2019CompetitivasInternacional
JULIO O. RAMOS - 2012 / PERÚ
.FIC2012CompetitivasInternacional


DETRÁS DEL ESPEJO / DETRÁS DO ESPELLO
JULIO O. RAMOS - 2012 / PERÚ
O empregado dun hotel barato, quen recorre a medidas cuestionables para gañarse a vida, áchase entre a espada e a parede cando encontra morta unha das hóspedes.
.FIC2012CompetitivasInternacional
BRUNA CALLEGARI - 2016 / BRASIL
.FIC2017Paralelas


DEUSA
BRUNA CALLEGARI - 2016 / BRASIL
Deusa traballa nun peaxe na illa na que vive. Afeita a ver o movemento das persoas, nunca lle dera por pensar no seu propio destino. Cando aparece unha balea na praia, Deusa comeza a sentirse diferente.
.FIC2017Paralelas
EVGENIA ZHIRKOVA - 2016 / RUSIA
.FIC2019O meu primer festivalParalelas


DEVOCHKA, DRAKON Y PAPA / UNHA ZORRA, UN DRAGÓN E PAPÁ
EVGENIA ZHIRKOVA - 2016 / RUSIA
Unha nena converte a súa zorra nun dragón e un val nun bosque encantado. En que converterá ao seu pai?
.FIC2019O meu primer festivalParalelas
SOFIA BOST - 2019 / PORTUGAL
.FIC2020CompetitivasInternacional
DIA DE FESTA / DÍA DE FESTA
SOFIA BOST - 2019 / PORTUGAL
Mena vive sola coa súa filla Clara. Hoxe é o seu sétimo aniversario. A pesar da súa limitada situación financeira, Mena fai unha festa. Pero despois dunha chamada telefónica da súa nai, fica distraída e ansiosa.
.FIC2020CompetitivasInternacional
TIM ELLRICH - 2015 / ALEMAÑA - AUSTRIA
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


DIE BADEWANNE / A BAÑEIRA
TIM ELLRICH - 2015 / ALEMAÑA - AUSTRIA
Tres irmáns tentan afondar de novo no seu pasado idealizado a través da recreación dunha antiga foto.
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
DAVID VOSS - 2014 / ALEMAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacional


DIE KUNST DES VERLIERENS / A ARTE DE PERDER
DAVID VOSS - 2014 / ALEMAÑA
Christian é un boxeador novo e ambicioso que ten un próximo e decisivo combate de boxeo. Na casa, coida do seu pai inválido. Cando seu irmán maior, Michael, regresa á casa, non lle prestará a axuda que este agardaba.
.FIC2015CompetitivasInternacional
JAVIER CHILLON - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés


DIE SCHNEIDER KRANKHEIT
JAVIER CHILLON - 2008 / ESPAÑA
Primavera de 1958. Unha cápsula espacial soviética tripulada por un primate estrela na Alemaña Occidental. As tensións diplomáticas entre os bloques pronto dan paso a unha ameaza máis terrible, o simio é portador dun mi
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés
MARIAM KHATCHVANI - 2013 / XEORXIA
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés


DINOLA
MARIAM KHATCHVANI - 2013 / XEORXIA
Na dura e montañosa campiña de Svaneti (Xeorxia), a felicidade é breve, o amado esposo de Dina morre e unha estrita lei non lle dá a oportunidade de ser nai xunto a súa filla.
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés
MIGUEL S. MARÍN - 2013 / ESPAÑA
.FIC2014CompetitivasInternacional


DINOSAURIO
MIGUEL S. MARÍN - 2013 / ESPAÑA
A historia de Mario, un neno de dez anos fascinado polos dinosauros. Pero o seu pai Germán, amante dos deportes, desexa que o rapaz siga os seus pasos. Un día Mario sairá a correr co seu pai baixo a promesa de que un dinosauro xigante o espera ao final do camiño.
.FIC2014CompetitivasInternacional
CHRISTOPHE M. SABER - 2014 / SUÍZA
.FIC2016CompetitivasInternacional


DISCIPLINE / DISCIPLINA
CHRISTOPHE M. SABER - 2014 / SUÍZA
Unha xenuína e cómica interpretación de como a educación dos pais pode levar a un inesperado e explosivo conflito nun supermercado.
.FIC2016CompetitivasInternacional
ANAND KISHORE - 2017/ INDIA - SINGAPUR - EE.UU.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


DISCO OBU
ANAND KISHORE - 2017/ INDIA - SINGAPUR - EE.UU.
Un xornalista captura un día na vida dun antigo actor, agora condutor de rickshaw. Ao longo do día, a súa relación ponse a proba.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
JORGE SAAVEDRA - 2015 / ESPAÑA
.FIC2016CompetitivasGalicia


DISNEY
JORGE SAAVEDRA - 2015 / ESPAÑA
Jorge ensaia diante do espello o discurso que pensa utilizar para deixar a súa moza Sonia tras máis de catro anos xuntos.
.FIC2016CompetitivasGalicia
TILL NOWAK - 2015 / ALEMAÑA
.FIC2016Paralelas


DISSONANCE / DISONANCIA
TILL NOWAK - 2015 / ALEMAÑA
Un xenio da música leva unha vida solitaria. Toca o piano todos os días nunha xigantesca sala de concertos, mais non hai ninguén que o escoite. El só ten un desexo: tocar para a súa filla.
.FIC2016Paralelas
CLÉLIA SCHAEFFER - 2020 / FRANCIA
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil


DIX ANS / DEZ ANOS
CLÉLIA SCHAEFFER - 2020 / FRANCIA
Durante a festa de aniversario de Leo, un xoguete desaparece. A rapazada busca un culpable.
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil
AARON SELMI - 2006-2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


DK
AARON SELMI - 2006-2008 / ESPAÑA
DK é un mozo condenado á pena capital. A través dunha carta que escribe ao seu pai, mostra o seu universo interior. Vemos como as súas experiencias durante a infancia leváronlle a converterse no que é... vítima e verdugo á vez.
.FIC2009CompetitivasInternacional
MARTA HERNAIZ PIDAL - 2017 / MÉXICO - BOSNIA E HERZEGOVINA
.FIC2017Paralelas


DOBRO / VALE
MARTA HERNAIZ PIDAL - 2017 / MÉXICO - BOSNIA E HERZEGOVINA
Mira, unha muller de orixe xitana, decide sentarse a descansar fronte á entrada principal do apartamento de Selma. Ao notar a súa presenza, Selma amólase e decide intentalo todo até botar a Mira de alí. Esta négase rotundamente e limítase a contestar coa palabra “vale”. Ámbalas dúas mulleres comezarán entón unha loita sen fin que só poderá rematar ben.
.FIC2017Paralelas
CEIP PLURILINGÜE A PEDRA - 2021 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


DONA LANDRA NO RÍO REVOLTO
CEIP PLURILINGÜE A PEDRA - 2021 / ESPAÑA
No río Revolto aparece, no medio de moita porcallada na que se están afacendo a vivir os habitantes do río, un monstro verde e fedorento que atemoriza a todos os animais. Grazas a dona Landra, conseguen resolver o enigma de quen é o monstro.
.FIC2021CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
MATVEY FIKS - 2017 / EE.UU. - RUSIA - SRI LANKA
.FIC2018PanoramaParalelas


DOUGGY
MATVEY FIKS - 2017 / EE.UU. - RUSIA - SRI LANKA
Nunha equina esquecida de Brooklyn, Douggy traballa como condutor de guindastres. Pasa as súas dúas últimas noites de traballo esperando ansiosamente unha chamada.
.FIC2018PanoramaParalelas
FRANCISCO JAVIER ARA SANTOS - 2010 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacional


DREAMING A WHOLE LIFE / SOÑAR CUNHA VIDA NORMAL
FRANCISCO JAVIER ARA SANTOS - 2010 / ESPAÑA
Soñar cunha vida normal é o que fai o protagonista desta historia. Non sería un sono moi difícil de realizar se non tivera un pequeno problema: A cara cólgalle da cabeza coma unha tela.
.FIC2010CompetitivasInternacional
ELOY VARELA - 2011 / ESPAÑA
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés

DÚAS LETRAS
ELOY VARELA - 2011 / ESPAÑA
As ausencias, a diglosia lingüística, a emigración, os silencios forzosos,... van tatuando no rostro de Áurea as cicatrices do seu drama persoal. Mentres a esperanza de volver a ver ao seu fillo vai crebando.
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés
ZOU JING - 2021 / CHINA - HONG KONG - SINGAPUR
.FIC2022CompetitivasInternacional


DUO LI / LILI SOA
ZOU JING - 2021 / CHINA - HONG KONG - SINGAPUR
Lili, unha nai nova, vive co seu marido ludópata nunha zona remota de Sichuan. Solitaria e pobre, diríxese á cidade nun intento de gañar suficiente diñeiro para salvar ao seu pai moribundo.
.FIC2022CompetitivasInternacional
NAÏLA GUIGUET - 2020 / FRANCIA
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


DUSTIN
NAÏLA GUIGUET - 2020 / FRANCIA
Nun almacén abandonado, unha multitude baila ao unísono con música tecno en 145 PPM. Entre eles están Dustin, unha moza transexual e o seu grupo: Félix, Raya e Juan. A medida que avanza a noite, a histeria colectiva transfórmase nunha doce melancolía, e a euforia nun anhelo de tenrura.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
HUNG-EN SU - 2017 / TAIWÁN
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés


DXGAL / A TERRA
HUNG-EN SU - 2017 / TAIWÁN
O vello Temu da aldea de Truku segue a traballar nas súas terras despois de traspasalas aos seus fillos. Pero eles están máis interesados en escoitar as ofertas do promotor inmobiliario.
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés
BRETISLAV POJAR, FRANCINE DESBIENS - 1981 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


E
BRETISLAV POJAR, FRANCINE DESBIENS - 1981 / CANADÁ
Baixo a aparencia dun bonito conto de fadas, esta curtametraxe de animación fai unha forte declaración política. Recortes de papel animados representan un drama no que un ditador impón os seus delirios aos seus desafortunados súbditos. O humor é negro e, aínda que non hai diálogos, a mensaxe está moi clara.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
JEAN-JULIEN COLLETTE, OLIVIER TOLLET - 2007 / BÉLXICA
.FIC2009CompetitivasInternacional


È FINITA LA COMMEDIA
JEAN-JULIEN COLLETTE, OLIVIER TOLLET - 2007 / BÉLXICA
Un coche está aparcado nunha área iniciando un debate: o amor, o sexo, a nai e a morte. Unha complicidade atípica, unha relación demasiado estreita. O tempo pasa, a conversa aumenta de ton e as preguntas seguen sen resposta: ¿que se espera deles? E sobre todo, ¿que é o que van lograr?
.FIC2009CompetitivasInternacional
CEIP PLURILINGÜE A PEDRA - 2019/5º Educación Infantil
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFICPalmarés


É O MEU ANIVERSARIO
CEIP PLURILINGÜE A PEDRA - 2019/5º Educación Infantil
Un dos días máis importantes na vida de Blanca acaba de comezar… un día cheo de sons, imaxes e sensacións.
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFICPalmarés
IES MARÍA SOLIÑO - 2021 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas


E SE CHOVE QUE CHOVA!
IES MARÍA SOLIÑO - 2021 / ESPAÑA
Unha complexa curta de suspense, paixón e enredo no Morrazo.
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas
ANTOINE MORINEAU - 2021 / FRANCIA
.FIC2021InfantilminiFICParalelas


EARTH3 / TERRA3
ANTOINE MORINEAU - 2021 / FRANCIA
Este home ten un obxectivo: demostrar que a terra é plana. Embárcase hoxe no seu cohete feito a man. Será a súa misión un fracaso que o forzará a unha viaxe máis lonxe no espazo? O segredo está na Terra³.
O filme está inspirado de maneira libre en “Mad” Mike Hughes que morreu o 22 de febreiro de 2020 no choque do seu cohete feito a man.
.FIC2021InfantilminiFICParalelas
NICOLAS KEPPENS - 2020 / BÉLXICA
.FIC2022CompetitivasInternacional


EASTER EGGS / OVOS DE PASCUA
NICOLAS KEPPENS - 2020 / BÉLXICA
Nun pequeno pobo, córrese a voz de que os paxaros exóticos de Míster Ping andan soltos. Dous adolescentes aburridos lánzanse á procura deles. Durante a súa aventura, descobren que escapar da vida cotiá non é o mesmo que escapar do outro. Ovos de Pascua é unha curtametraxe de animación sobre a procura de cousas extraordinarias en lugares ordinarios.
.FIC2022CompetitivasInternacional
XACIO BAÑO - 2015 / ESPAÑA
.FIC2016CompetitivasGaliciaPalmarés


ECO
XACIO BAÑO - 2015 / ESPAÑA
A Eco quitáronlle a voz e condenárona a repetir o que dicían os demais. Anulada, decide refuxiarse nunha cova e afastarse do trato humano.
.FIC2016CompetitivasGaliciaPalmarés
NINA GANTZ - 2015 / REINO UNIDO
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


EDMOND
NINA GANTZ - 2015 / REINO UNIDO
O impulso de Edmond para amar e estar preto de outras persoas é forte... Quizais forte de máis. Namentres contempla as súas opcións á beira dun lago, enrólase nunha viaxe cara a súa vida pasada, e revive todos os seus momentos decisivos na procura da orixe dos seus desexos.
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
GOVINDA VAN MAE - 2012 / FRANCIA - CANADÁ
.FIC2013CompetitivasInternacional


EDMOND ÉTAIT UN ÂNE / EDMOND ERA UN BURRO
GOVINDA VAN MAE - 2012 / FRANCIA - CANADÁ
Edmond é un pequeno home discreto, realiza extraordinariamente ben o seu traballo e está casado cunha muller que o quere. Non obstante, é moi consciente de que é diferente. Cando os seus colegas lle vacilan coroándoo cun gorro de orellas de burro descobre a súa verdadeira natureza.
.FIC2013CompetitivasInternacional
IES MACÍAS O NAMORADO - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


EFECTO BOLBORETA
IES MACÍAS O NAMORADO - 2017 / ESPAÑA
Romper a cadea, o círculo de pequenas decisións que nos converten en cómplices e colaboradores necesarios do acoso escolar
.FIC2018CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
NADINE TRUONG - 2009 / EE.UU.
.FIC2010CompetitivasInternacional


EGGBABY
NADINE TRUONG - 2009 / EE.UU.
Alison Chin, unha adolescente asiáticoamericana dun colexio católico aprende sobre a vida e o amor cando lle encargan coidar a un ovo coma se fora o seu propio bebé.
.FIC2010CompetitivasInternacional
OLIVE NWOSU - 2021 / NIXERIA
.FIC2022CompetitivasInternacional


EGÚNGÚN
OLIVE NWOSU - 2021 / NIXERIA
Na busca de curación, unha moza volve a casa, a Nixeria, o país onde naceu.
.FIC2022CompetitivasInternacional
PAUL SCHEUFLER - 2021 / ALEMAÑA
.FIC2021PanoramaParalelas


EIN OZEAN / UN OCÉANO
PAUL SCHEUFLER - 2021 / ALEMAÑA
O tremor comeza no seu pescozo cando Markus se achega ás imaxes que o levan perseguindo durante 49 anos. Agora conduce a súa casa rodante cara o sur, o máis lonxe posible do seu pasado.
.FIC2021PanoramaParalelas
OLGA OSORIO - 2017 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasGalicia


EINSTEIN-ROSEN
OLGA OSORIO - 2017 / ESPAÑA
Verán do 82. Teo asegura que topou un buraco de verme. O seu irmán, Óscar, non lle cre. Polo menos, non polo de agora.
.FIC2017CompetitivasGalicia
CLARA ROQUET - 2015 / ESPAÑA
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


EL ADIÓS / O ADEUS
CLARA ROQUET - 2015 / ESPAÑA
Unha criada boliviana tenta honrar os derradeiros desexos da defunta señora da casa.
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
MARIBEL SUÁREZ - 2016 / MÉXICO
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


EL AGUJERO / O BURACO
MARIBEL SUÁREZ - 2016 / MÉXICO
Unha nena sae a xogar ao xardín e atopa un buraco moi especial, do que coidará e co que xogará; mais deberá entender que as cousas non sempre saen como nos gustaría.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
TONI BESTARD - 2007 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


EL ANÓNIMO CARONTE / O ANÓNIMO CARONTE
TONI BESTARD - 2007 / ESPAÑA
Relata a experiencia de Joan Ferrer, un ancián de 80 anos que participou na rodaxe en Mallorca de 'O verdugo', de Luís García Berlanga. Unha historia sinxela sobre un actor que apenas pasou tres minutos nunha das grandes películas do cinema español. Serve de homenaxe a todos os actores que tiveron o seu minuto de gloria, e por diversas razóns non puideron continuar a súa carreira.
.FIC2008CompetitivasInternacional
CHEMA GARCÍA - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés


EL ATAQUE DE LOS ROBOTS DE NEBULOSA 5 / O ATAQUE DOS ROBOTS DE NEBULOSA 5
CHEMA GARCÍA - 2008 / ESPAÑA
Un mozo tenta en balde alertar á súa familia da inminencia dun ataque de "robós espaciais" que acabará coa vida na Terra.
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés
MARIO CAMUS - 1962 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


EL BORRACHO / O BÉBEDO
MARIO CAMUS - 1962 / ESPAÑA
Unha parella aloxa, na súa casa dos suburbios, a un alcohólico atormentado polo seu pasado republicano.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
DANY CAMPOS - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


EL CANTO DEL GRILLO / O CANTO DO GRILO
DANY CAMPOS - 2008 / ESPAÑA
Joseba Perurena, un mozo terrorista, quere comezar unha nova vida xunto a súa moza; pero o saír das ataduras do pasado nunca é un trámite sinxelo de cumprir, especialmente cando non se mediron os pasos previamente.
.FIC2008CompetitivasInternacional
GUILLERMO ÁLVAREZ - 2011 / ESPAÑA
.FIC2011CompetitivasInternacional


EL COITO TE NUBLA / O COITO TE NUBRA
GUILLERMO ÁLVAREZ - 2011 / ESPAÑA
Giraldo e os seus amigos saen de festa para saciar os seus instintos máis primarios.
.FIC2011CompetitivasInternacional
JOSÉ LUIS MONTESINOS - 2014 / ESPAÑA
.FIC2015.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarésParalelas


EL CORREDOR / O CORREDOR
JOSÉ LUIS MONTESINOS - 2014 / ESPAÑA
Hai cinco anos que o xefe pechou a empresa e despediu a trescentos traballadores. O primeiro día que sae a correr, atópase cun deles.
.FIC2015.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarésParalelas
SERGIO BARREJÓN - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés


EL ENCARGADO / O ENCARGADO
SERGIO BARREJÓN - 2008 / ESPAÑA
Martín, un neno de nove anos, queda encargado da clase durante a ausencia do profesor. Debe apuntar no encerado aos alumnos que falen. Parece un encargo doado... ata que o matón da clase ponse a falar.
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés
JOAN VIVES LOZANO - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEspaña


EL ESCARABAJO AL FINAL DE LA CALLE / O ESCARAVELLO AO FINAL DA RÚA
JOAN VIVES LOZANO - 2017 / ESPAÑA
Amadeo é una boa persoa. Desde que a súa muller faleceu, coida do seu sogro discapacitado, Agustín. Debido a isto non participa da vida social da vila. Un día dinlle que lle quedan sete días de vida. Este feito desencadeará unha serie de acontecementos que cambiarán a súa vida por completo.
.FIC2018CompetitivasEspaña
GERMÁN TEJADA, DANIEL MARTÍN RODRÍGUEZ - 2015 / PERÚ
.FIC2016ComediaParalelas


EL HUECO / O OCO
GERMÁN TEJADA, DANIEL MARTÍN RODRÍGUEZ - 2015 / PERÚ
Robert aforra diñeiro abondo para mercar o espazo a carón da tumba da súa amada. Porén, cando vai reclamalo atópase que foi vendido a outro, e o seu enterro é mañá. Os celos de Robert levarano a situacións extremas no seu intento por pasar á eternidade a carón de Yenni.
.FIC2016ComediaParalelas
MARCOS MIGLIAVACCA - 2015 / ARXENTINA
.FIC2016Paralelas


EL INFIERNO DE BEATRIZ / O INFERNO DE BEATRIZ
MARCOS MIGLIAVACCA - 2015 / ARXENTINA
O teatro é nerviosismo. Unha tensión monstruosa. O Inferno de Beatriz é unha viaxe pola mente e as sensacións dunha directora teatral (Beatriz Catani) durante unha función de complexa posta en escena.
.FIC2016Paralelas
FERNANDO POMARES - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEspaña


EL MÁRTIR / O MÁRTIR
FERNANDO POMARES - 2020 / ESPAÑA
Dous irmáns sirios cruzan unha fronteira para entrar ilegalmente nun país occidental. A súa irmá relata esta viaxe onde o presente, o pasado e o onírico mestúranse para ser soño ou pesadelo do noso mundo actual.
.FIC2021CompetitivasEspaña
GIOVANNI MACCELLI - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


EL MISTERIO DEL PEZ / O MISTERIO DO PEIXE
GIOVANNI MACCELLI - 2008 / ESPAÑA
Érase unha vez un vello que cada día ía pescar e cada día pescaba o mesmo peixe.
.FIC2009CompetitivasInternacional
RAFAEL ANTONACCIO - 2010 / URUGUAI
.FIC2010CompetitivasInternacional


EL MONSTRUO / O MONSTRUO
RAFAEL ANTONACCIO - 2010 / URUGUAI
Sebastián namórase da súa veciña pero a forte inhibición que sofre impídelle falarlle con normalidade. O namoramento vaise transformando nunha obsesión e arrástrao por un camiño inesperado.
.FIC2010CompetitivasInternacional
JOSÉ LUIS EGEA - 1964 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


EL NIÑO DE VALLECAS / O RAPAZ DE VALLECAS
JOSÉ LUIS EGEA - 1964 / ESPAÑA
O entrenador dun chaval de barrio faille renunciar a todo para poder triunfar no boxeo profesional. El Niño de Vallecas deixa traballo, moza e clase social con tal de continuar co éxito.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
CÉSAR ESTEBAN ALENDA, JOSÉ ESTEBAN ALENDA - 2010 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacional


EL ORDEN DE LAS COSAS / A ORDE DAS COUSAS
CÉSAR ESTEBAN ALENDA, JOSÉ ESTEBAN ALENDA - 2010 / ESPAÑA
A vida de Julia transcorre na bañeira. Gota a gota irá reunindo o valor necesario para mudar a orde das cousas.
.FIC2010CompetitivasInternacional
PABLO HERNANDO - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021ExperimentalParalelas


EL RUIDO SOLAR / O RUÍDO SOLAR
PABLO HERNANDO - 2020 / ESPAÑA
Unha colección de historias sobre persoas que tiveron unha visión fugaz do futuro despois dun evento cósmico inexplicable.
.FIC2021ExperimentalParalelas
LOIS PATIÑO - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasGaliciaPalmarés


EL SEMBRADOR DE ESTRELLAS / O SEMBRADOR DE ESTRELAS
LOIS PATIÑO - 2022 / ESPAÑA
As luces afastadas debuxan a cidade. Chegan barcos brillantes con xente durmida e a noite vólvese líquida.
O sembrador de estrelas espértaos e percorren a cidade, falando disto e aquilo, mentres se despiden de todo.
.FIC2022CompetitivasGaliciaPalmarés
VENTURA DURALL - 2010 / ESPAÑA
.FIC2012CompetitivasInternacional


EL SOMRIURE AMAGAT / O SORRISO ESCONDIDO
VENTURA DURALL - 2010 / ESPAÑA
Reflexión, en clave de fábula realista, sobre os valores que xorden dunha sociedade formada por nenos. Camiño iniciático dun neno de 10 anos que chega á capital etíope despois de escapar da súa casa e o seu encontro cun grupo de nenos da rúa.
.FIC2012CompetitivasInternacional
DAVID GONZÁLEZ - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés


EL TIEMPO PRESTADO / O TEMPO PRESTADO
DAVID GONZÁLEZ - 2008 / ESPAÑA
Marta inda segue de vacacións…
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés
DIEGO CÉSPEDES - 2018 / CHILE
.FIC2019PanoramaParalelas


EL VERANO DEL LEÓN ELÉCTRICO / O VERÁN DO LEÓN ELÉCTRICO
DIEGO CÉSPEDES - 2018 / CHILE
Escondidos nunha casa afastada da cidade, Alonso acompaña á súa irmá, Daniela, quen espera converterse na sétima esposa do León, un profeta que (din) dá electricidade.
.FIC2019PanoramaParalelas
JAVIER MARCO - 2017 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasEspaña


EL VESTIDO / O VESTIDO
JAVIER MARCO - 2017 / ESPAÑA
Cada día, no seu camiño ao traballo, a nai de Sara mira un vestido nun escaparate.
.FIC2017CompetitivasEspaña
DAVID GONZÁLEZ - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEspañaPalmarés


EL VESTIT / O VESTIDO
DAVID GONZÁLEZ - 2017 / ESPAÑA
A nena non quere o biberón. A nai aínda non sabe que vestido poñerse. O pai esperta e parece que hoxe se atopa mellor.
.FIC2018CompetitivasEspañaPalmarés
JUANAN MARTÍNEZ - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


EL VIAJE AL PARAISO / A VIAXE AO PARAISO
JUANAN MARTÍNEZ - 2008 / ESPAÑA
Algunhas viaxes telas que facer ti só.
.FIC2009CompetitivasInternacional
MANUEL SUMMERS - 1960 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


EL VIEJECITO / O VELLIÑO
MANUEL SUMMERS - 1960 / ESPAÑA
Esta é a historia dun velliño que non quería morrer.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
JEAN-JULIEN COLLETTE - 2013 / FRANCIA - BÉLXICA
.FIC2014CompetitivasInternacional


ELECTRIC INDIGO / AZUL ELÉCTRICO
JEAN-JULIEN COLLETTE - 2013 / FRANCIA - BÉLXICA
Para unha nena, ás veces é complicado enfrontarse á presión de grupo e tomar consciencia da súa propia identidade, sobre todo cando nunca coñeceu a súa nai e a súa única referencia é o amor de dous pais heterosexuais unidos polos lazos de un matrimonio "non carnal".
.FIC2014CompetitivasInternacional
PEDRO MONTT - 2008 / CHILE
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés


ELENA
PEDRO MONTT - 2008 / CHILE
Elena (55), desafiuzada, vive os seus derradeiros días. Soa, busca desesperadamente asegurar o futuro da súa filla autista. Son rexeitadas, non teñen diñeiro e a enfermidade aumenta paulatinamente. A búsqueda non dá resultado e o tempo remátase.
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés
ÁLVARO GIMÉNEZ - 2014 / ESPAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacional


ELENA ASINS - GÈNESIS
ÁLVARO GIMÉNEZ - 2014 / ESPAÑA
Elena Asins vive dende hai máis de 20 anos en Azpírotz, un pequeno pobo do noroeste de Navarra. Alí desenvolve unha das carreiras artísticas máis importantes da arte española contemporánea.
.FIC2015CompetitivasInternacional
DAVID COWLES - 2015 / EE.UU.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


ELEPHANTS / ELEFANTES
DAVID COWLES - 2015 / EE.UU.
Non son os mamíferos máis grandes, pero non están mal! Imaxinádesvos convivir con eles? Pois máis vale que nos preparemos porque os elefantes chegan á cidade, e mesmo á nosa casa!
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
GEOFFROY DE CRÉCY - 2020 / FRANCIA
.FIC2020CompetitivasExperimental


EMPTY PLACES / LUGARES BALEIROS
GEOFFROY DE CRÉCY - 2020 / FRANCIA
Rematado antes do confinamento global, Empty Places é unha oda á melancolía das máquinas.
.FIC2020CompetitivasExperimental
FELIX VIDAL - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés


EMPTY SPACES / ESPAZOS BALEIROS
FELIX VIDAL - 2008 / ESPAÑA
Martín, un escritor introvertido, perdeu toda a súa inspiración, e con elo a súa musa e amante. Carolina, unha chica xorda e valente, admira a Martín. Carolina entrégalle unha copia do manuscrito da súa primeira obra. A súa novela encherá os “Espacios Vacíos” da vida de Martín.
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés
GOVINDA VAN MAE - 2012 / LUXEMBURGO
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés


EN DAG AM FRÄIEN / UN DÍA NO CAMPO
GOVINDA VAN MAE - 2012 / LUXEMBURGO
Cristophe e Caroline deixaron de quererse. Un día, el intentará recuperar o seu amor.
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés
JOSE LUIS BORAU - 1960 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


EN EL RÍO / NO RÍO
JOSE LUIS BORAU - 1960 / ESPAÑA
Un mozo espía aos bañistas no río e namórase dunha turista.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
LUÍS FRANCISCO PÉREZ - 2011 / ESPAÑA
.FIC2011CompetitivasInternacional


EN LA PRÓXIMA PARADA / NA PRÓXIMA PARADA
LUÍS FRANCISCO PÉREZ - 2011 / ESPAÑA
Javi desexa ter moza, pero non atopa a rapaza axeitada. Un día atopa unha axenda, e dáse conta de que a súa dona podería ser a muller que está buscando.
.FIC2011CompetitivasInternacional
NICK IGEA - 2009 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacional


ENCUENTRO / ENCONTRO
NICK IGEA - 2009 / ESPAÑA
Un rapaz e unha rapaza atópanse pola rúa, tres años despois de ter roto a súa relación sentimental
.FIC2010CompetitivasInternacional
ALICE SEABRIGHT - 2019 / REINO UNIDO
.FIC2020ComediaParalelas


END-O
ALICE SEABRIGHT - 2019 / REINO UNIDO
Jaq quere ter sexo. Pero a súa endometriose vaina sabotar cunha dor crónica e un sangrado impredecible no peor momento!
.FIC2020ComediaParalelas
DAVID DEL ÁGUILA - 2009 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


ENEMIGOS / INIMIGOS
DAVID DEL ÁGUILA - 2009 / ESPAÑA
Dous soldados, en plena batalla e con poucas posibilidades de sairen con vida, decátanse de que foron enganados e toman a determinación de se rebelaren contra os seus superiores.
.FIC2009CompetitivasInternacional
SÉLIM AZZAZI - 2016 / FRANCIA
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


ENNEMIS INTÉRIEURS / INIMIGOS INTERNOS
SÉLIM AZZAZI - 2016 / FRANCIA
Nos anos 90, durante a guerra civil alxeriana, o terrorismo chega a Francia. Dous homes. Dúas identidades. Unha batalla.
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
FRÉDÉRIC FARRUCCI - 2018 / FRANCIA
.FIC2019PanoramaParalelas


ENTRE LES LIGNES / ENTRE AS LIÑAS
FRÉDÉRIC FARRUCCI - 2018 / FRANCIA
Francia, finais do verán. Cinco mozos carteiristas vagan pola cidade. Un deles, Stefan, está intentando aprender a ler francés.
.FIC2019PanoramaParalelas
MARIANA SAFFON - 2020 / COLOMBIA, MÉXICO
.FIC2021PanoramaParalelas


ENTRE TÚ Y MILAGROS / ENTRE TI E MILAGROS
MARIANA SAFFON - 2020 / COLOMBIA, MÉXICO
Aos quince anos, o mundo de Milagros segue xirando ao redor do afecto da súa nai. Este verán un encontro inesperado coa morte fará que se cuestione a súa relación e a súa propia existencia.
.FIC2021PanoramaParalelas
FRANÇOIS VOGEL - 2018 / FRANCIA
.FIC2019CompetitivasExperimental


EREBETA
FRANÇOIS VOGEL - 2018 / FRANCIA
Erebeta lévanos nun salto vertical sobre a cidade. Rebotamos na beirarrúa, damos voltas arredor dos edificios e pasamos polas rúas. Este punto de vista sobre o Xapón moderno está acompañado pola música tradicional de Kuroda Bushi.
.FIC2019CompetitivasExperimental
IES POLITÉCNICO DE VIGO - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas


ERROR 404. GIRL NOT FOUND
IES POLITÉCNICO DE VIGO - 2019 / ESPAÑA
Unha rapaza envíalle a súa parella unha confesión gravada en vídeo, o que desatará a súa reacción.
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas
JUMANA ISSA, FLAVIO LUCA MARANO - 2021 / SUíZA
.FIC2022CompetitivasEscolas Internacionais


ES MUSS / DEBERÍA
JUMANA ISSA, FLAVIO LUCA MARANO - 2021 / SUíZA
No transcurso dun mesmo día humillante, Silvia é despedida do seu traballo a pesar de que lle faltan un par de anos para xubilarse, a policía a multa nun control de tráfico e a directora do coro da súa igrexa quítalle o papel de solista. Durante o ensaio do Ave María, Silvia decide deixarse levar nun acto de resistencia silenciosa.
.FIC2022CompetitivasEscolas Internacionais
RAFAEL HAIDER - 2015 / AUSTRIA
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


ESEL / BURRO
RAFAEL HAIDER - 2015 / AUSTRIA
É inverno. A paisaxe é gris e desoladora. Un matrimonio de anciáns vive nunha granxa preto do bosque. A súa vida é monótona e aburrida, até que un día…
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2018 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


ESTATUS
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2018 / ESPAÑA
Nun futuro distópico, as persoas levan escrita na fronte a característica que mellor os defi ne, o seu status, o que dividirá a sociedade en dúas clases: os válidos, bos; e os nulos, que estarán perseguidos polo sistema.
.FIC2018CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
IZABELA PLICINSKA - 2009 / POLONIA
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés
ESTERHAZY
IZABELA PLICINSKA - 2009 / POLONIA
O heroe é o coelliño Esterhazy, da dinastía Esterhazy de Viena, ao que mandan na procura dunha coella enorme e louzá preto do muro de Berlín.
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés
RODRIGO BATISTA - 2018 / BRASIL
.FIC2018ParalelasXuvenil


EU SOU O SUPER-HOMEM / EU SON O SUPERMAN
RODRIGO BATISTA - 2018 / BRASIL
Lucas é negro. Vai a unha festa de aniversario vestido de Superman. Eric, branco, o neno que está de aniversario, tivo a mesma idea. Quen é o verdadeiro “Home de Aceiro”?
.FIC2018ParalelasXuvenil
LEV LEWIS - 2020 / CANADÁ
.FIC2021CompetitivasInternacional


EVERY DAY’S LIKE THIS / TODOS OS DÍAS SON ASÍ
LEV LEWIS - 2020 / CANADÁ
Unha familia enfróntase á mundanidade da vida mentres coidan dunha persoa no período previo á morte asistida.
.FIC2021CompetitivasInternacional
MORGANE DZIURLA-PETIT - 2018 / SUECIA - FRANCIA
.FIC2019CompetitivasExperimental


EXCESS WILL SAVE US / O EXCESO SALVARANOS
MORGANE DZIURLA-PETIT - 2018 / SUECIA - FRANCIA
Nunha pequena vila do norte de Francia, desencadeouse unha alerta de ataque debido á combinación de dous acontecementos: o comezo da tempada de caza e unha liorta entre traballadores polacos ebrios.
.FIC2019CompetitivasExperimental
IES MARÍA SOLIÑO - 2018 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas


FAI O QUE PRECISES
IES MARÍA SOLIÑO - 2018 / ESPAÑA
Unha parella despídese para que un deles atope o camiño ao soño de mellorar a súa vida e a da súa contorna. Desde un campo de refuxiados conseguen embarcarse cun destino incerto cara as súas esperanzas en Europa.
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas
MIKAI GERONIMO, JOSH O’CAOIMH - 2021 / IRLANDA
.FIC2022CompetitivasEscolas InternacionaisPalmarés


FALL OF THE IBIS KING / A CAÍDA DO REI IBIS
MIKAI GERONIMO, JOSH O’CAOIMH - 2021 / IRLANDA
O antagonista dunha ópera escura vólvese cada vez máis inquieto tras o improbable regreso do antigo actor principal.
.FIC2022CompetitivasEscolas InternacionaisPalmarés
CATHERINE COSME - 2018 / BÉLXICA
.FIC2019PanoramaParalelas


FAMILLE / FAMILIA
CATHERINE COSME - 2018 / BÉLXICA
Lisa dá refuxio a unha familia somalí, mentres que esperan pola notificación do servizo aos estranxeiros. Na casa de Lisa, dous mundos encóntranse. Entre a benevolencia, o silencio e a dificultade para comunicarse medran a dúbida e a ansiedade.
.FIC2019PanoramaParalelas
LEONARDO MARTINELLI - 2021 / BRASIL
.FIC2022CompetitivasInternacional


FANTASMA NEON / PANTASMA NEON
LEONARDO MARTINELLI - 2021 / BRASIL
João é repartidor e soña con ter a súa propia motocicleta. Contáranlle que todo sería como unha película musical.
.FIC2022CompetitivasInternacional
IAN DE LA ROSA - 2020 / ESPAÑA, ESTADOS UNIDOS
.FIC2021CompetitivasEspaña


FARRUCAS
IAN DE LA ROSA - 2020 / ESPAÑA, ESTADOS UNIDOS
Catro adolescentes de El Puche, un barrio periférico de Almería, orgullosas das súas raíces marroquís e españolas. Xuntas enfróntanse ás súas primeiras experiencias en institutos fóra do barrio que, aínda que fan evidentes as carencias do seu entorno, non logran que diminúa a intensidade dos seus desexos e anhelos. No décimo oitavo aniversario de Fátima, a fortaleza da confianza que teñen en si mesmas verase posta a proba.
.FIC2021CompetitivasEspaña
JÉRÉMY COMTE - 2018 / CANADÁ
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés


FAUVE / FERA
JÉRÉMY COMTE - 2018 / CANADÁ
Nunha mina a ceo aberto, dous nenos afúndense nun xogo de poder aparentemente inocente coa nai natureza como única observadora.
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés
BENJAMIN TRAVADE - 2016 / FRANCIA
.FIC2016CompetitivasInternacional


FAUX-FUYANTS / EVASIÓN
BENJAMIN TRAVADE - 2016 / FRANCIA
Unha zona residencial, no límite da cidade. Formas rectas. Fiestras baleiras. Unha paz desacougante. Un home espreita unha moza sen que ela se decate.
.FIC2016CompetitivasInternacional
MARTIN MONK - 2019 / AUSTRIA
.FIC2020CompetitivasEscolas Internacionais


FAVORITEN / FAVORITOS
MARTIN MONK - 2019 / AUSTRIA
Despois dunha discusión coa súa nai, Sofia fai autostop cara o sur na procura do pai que nunca tivo. Cando coñece ao malhumorado enxeñeiro Michael, que acepta levala de mala gana, os dous descoñecidos forxarán unha improbable amizade.
.FIC2020CompetitivasEscolas Internacionais
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2020 / Traballo de fin de grao
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFICPalmarés


FERMATA
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2020 / Traballo de fin de grao
As esperanzas de Martín en manter a relación cos seus amigos da universidade esfúmanse. Tras un verán no que apenas compartiron vivencias, este grupo de amigos comeza a ser consciente de que unha nova fase está a punto de chegar, o seu último curso na universidade e o seu último ano xuntos. Ademais, Martín dáse conta de que Daniela, a rapaza da que está namorado, marcha nuns días a traballar a Xapón e non ten pensado volver en moito tempo.
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFICPalmarés
SIMON VAHLE - 2016 / SUECIA
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés


FIGHT ON A SWEDISH BEACH!! / LOITA NUNHA PRAIA SUECA!!
SIMON VAHLE - 2016 / SUECIA
Loita épica na praia! Isto é o que pasa cando berras “sieg heil” e chamas á muller doutro fulana. Tíñano merecido.
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés
LOLA QUIVORON - 2015 / FRANCIA
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


FILS DU LOUP / FILLO DO LOBO
LOLA QUIVORON - 2015 / FRANCIA
Entre os muros dun antigo forte militar, Johnny, un rapaz novo, aprende como adestrar e dominar a Iron, o seu primeiro can gardián.
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
TOMMASO FRANGINI - 2020 / ITALIA
.FIC2021CompetitivasEscolas Internacionais


FINIS TERRAE
TOMMASO FRANGINI - 2020 / ITALIA
Travis e Peter, dous amigos da infancia, deciden ir de acampada para pasar tempo xuntos. A natureza desolada que os rodea evidencia as súas diferenzas e a distancia que os separa.
.FIC2021CompetitivasEscolas Internacionais
JOHN N. SMITH - 1981 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


FIRST WINTER / O PRIMEIRO INVERNO
JOHN N. SMITH - 1981 / CANADÁ
Este drama histórico presenta o primeiro inverno que pasa en Canadá unha familia de inmigrantes irlandeses, no interior do val de Ottawa. É o ano 1830. Como o pai traballa nun campo madeireiro, a nai é a única que pode facerse cargo da familia. Unha enfermidade apodérase dela e morre. Os nenos quedan abandonados a sobrevivir por si mesmos.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
UZI GEFFENBLAD - 2017 / SUECIA
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


FISKETUR / UN DÍA DE PESCA
UZI GEFFENBLAD - 2017 / SUECIA
Un gato moi pequeno sae a pescar. Todo está cheo de cachifallos e o gato imaxina o que pode facer con todo o que se atopa mentres navega. A xornada de pesca servirá para que un montón de obxectos insólitos se convertan nun novo amigo.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
JESSICA ASHMAN - 2010 / REINO UNIDO
.FIC2011CompetitivasInternacional


FIXING LUKA / REPARANDO A LUKA
JESSICA ASHMAN - 2010 / REINO UNIDO
Lucy cre que o seu irmán Luka está estragado. Lucy cre que habería que arranxalo, pero non do xeito que ela imaxina...
.FIC2011CompetitivasInternacional
CYNTHIA SCOTT - 1983 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


FLAMENCO AT 5:15 / FLAMENCO ÁS 5:15
CYNTHIA SCOTT - 1983 / CANADÁ
Un rexistro impresionista dunha clase de baile flamenco impartida aos alumnos de último ano da Escola Nacional de Ballet de Canadá por dous grandes mestres de España, Susana e Antonio Robledo. A película mostra as belas e novas bailarinas norteamericanas, inspiradas polos ritmos flamencos e hipnotizadas pola extraordinaria enerxía de Susana, fundíndose alegremente cunha antiga cultura xitana.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
BAER XIAO - 2019 / FRANCIA-CHINA
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés


FLEUR DE PAVOT / FLOR DE PAPOULA
BAER XIAO - 2019 / FRANCIA-CHINA
Nunha cidade-fábrica china, a Luo Han se lle informa de que debe mudarse a Shanghai. Só ten uns poucos días para despedirse de Tian Xi, a nena da súa clase de baile á que non se atreve a acercarse.
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés
HUGUES HARICHE - 2012 / FRANCIA
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés


FLOW
HUGUES HARICHE - 2012 / FRANCIA
John, un mozo que practica o culturismo, prepárase todos os días para unha competición, o campionato dos NPC Gerogia Bodybuilding. A vida de John é un ritual, unha mecánica programada á perfección. Concentrado no seu obxectivo, John non deixa escapar nin un detalle, esperando poder alcanzar o momento de felicidade único no escenario: o "flow".
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés
PATRÍCIA FIGUEIREDO - 2014 / PORTUGAL
.FIC2017Paralelas


FOI O FIO / FOI O FÍO
PATRÍCIA FIGUEIREDO - 2014 / PORTUGAL
Unha muller nobelo, unha anciá que pasa os días mirando pola fiestra e unha vendedora de roupa caída dos tendais están unidas por un fío. As tres conducen as accións de outras personaxes e o inevitable destino dunha muller co marido ás costas.
.FIC2017Paralelas
LUISO BERDEJO - 2006 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés


FOR(R)EST IN THE DES(S)ERT
LUISO BERDEJO - 2006 / ESPAÑA
Andy cría que cando alguén era abducido polos extraterrestres, unha nave espacial baixaba do ceo e levábao, ata que o seu irmán Forrest foi abducido. E simplemente desapareceu un día, foise, deixou de estar. As cousas non sempre son como aparecen nas películas. As mensaxes dos alieníxenas poden vir nun paquete de Golden Grahams.
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés
KRISTOFFER BORGLI - 2020 / ESTADOS UNIDOS
.FIC2020CompetitivasInternacional


FORMER CULT MEMBER HEARS MUSIC FOR THE FIRST TIME / EX MEMBRO DUNHA SECTA ESCOITA MÚSICA POR PRIMEIRA VEZ
KRISTOFFER BORGLI - 2020 / ESTADOS UNIDOS
Despois de escapar a catividade da súa abusiva familia, unha muller é invitada por unha revista a facer un experimento: escoitar música por primeira vez.
.FIC2020CompetitivasInternacional
ANDRÉS SALABERRI - 2009 / ESPAÑA - REPÚBLICA CHECA
.FIC2009CompetitivasInternacional


FOTO
ANDRÉS SALABERRI - 2009 / ESPAÑA - REPÚBLICA CHECA
Praga non é para Robert esa cidade marabillosa que atrae a millóns de turistas cada ano. É todo o contrario. El busca nela algo que o salve do tedio e é así como topa a Alice. Deste xeito, subir unha caixa ao piso de Alice marca o punto de non retorno a partir do cal a razón, o medo e a intriga establecen unha loita sen cuartel. Os interrogantes xurdirán no camiño de Robert, e tamén no do espectador.
.FIC2009CompetitivasInternacional
JACQUELINE LENTZOU - 2016 / GRECIA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


FOX / RAPOSO
JACQUELINE LENTZOU - 2016 / GRECIA
Atenas, Grecia. Unha vaga de calor. Stephanos está a traballar escoitando rap mentres a súa nai planea pasar o día fóra. Despois doutra rifa, el marcha para coidar dos seus dous irmáns pequenos e de Lucy, o can da familia que está enferma.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
MIKEL GURREA - 2015 / ISLANDIA - REINO UNIDO
.FIC2016PanoramaParalelas


FOXES / RAPOSOS
MIKEL GURREA - 2015 / ISLANDIA - REINO UNIDO
En Londres, un mozo axente inmobiliario debe compaxinar unha crucial venda co coidado do seu fillo de dez anos. Malcolm e Aron loitan por se entender, mentres un raposo urbano os está a seguir ao longo dunha noite chuviosa.
.FIC2016PanoramaParalelas
ALESSANDRO SASHA CODAGLIO - 2016 / ITALIA
.FIC2017ParalelasXuvenil


FRAGOLE / AMORODOS
ALESSANDRO SASHA CODAGLIO - 2016 / ITALIA
A mediados dos anos oitenta atopamos a Giulio, un neno de seis anos, alérxico aos amorodos. Un día a súa nai píllao comendo amorodos en segredo. Para evitar o castigo, Giulio encérrase no baño, iniciando unha guerra de trincheiras. No baño Giulio descobre un mundo novo, composto de cepillos de dentes e galeóns, maquillaxe e cores e un lavabo que se converte no escenario dunha batalla de piratas. Anos máis tarde, Giulio debe aceptar o mesmo proceso de emancipación coa súa filla.
.FIC2017ParalelasXuvenil
PALOMA CANONICA, CRISTINA VILCHES - 2015 / ESPAÑA
.FIC2016CompetitivasGalicia


FRES-BOI
PALOMA CANONICA, CRISTINA VILCHES - 2015 / ESPAÑA
Unha base abandonada no medio do Ártico, un esquimó perdido e un descubrimento que cambiará a súa vida para sempre…
.FIC2016CompetitivasGalicia
FÁBIO SILVA - 2021 / PORTUGAL
.FIC2022CompetitivasEscolas Internacionais


FRUTO DO VOSSO VENTRE / FROITO DO VOSO VENTRE
FÁBIO SILVA - 2021 / PORTUGAL
Un fillo descobre as vellas cintas de 8mm do seu pai. E, por primeira vez, ve imaxes anteriores ao seu nacemento, infancia e adolescencia. Mentres as ve, o fillo volve á casa onde unha vez creceu, inicia unha pescuda sobre os seus pais, para entender o trauma que viviu toda a súa vida.
.FIC2022CompetitivasEscolas Internacionais
LAURA MOSS - 2017 / EE.UU.
.FIC2018PanoramaParalelas


FRY DAY / O DÍA DA FRITURA
LAURA MOSS - 2017 / EE.UU.
Unha celebración na noite previa á execución do asasino en serie Ted Bundy vista a través dos ollos de Lauryn, unha moza fotografa que garda parecido cunha das súas vítimas.
.FIC2018PanoramaParalelas
ARNE NOSTITZ-RIENECK - 2013 / AUSTRIA
.FIC2014CompetitivasInternacional


FÜR TOT ERKLÄRT / DECLARADO MORTO
ARNE NOSTITZ-RIENECK - 2013 / AUSTRIA
Manfred, un home de 82 anos, quere suicidarse, pero a súa suposta morte interrómpeo.
.FIC2014CompetitivasInternacional
JULIA SIUDA - 2021 / POLONIA
.FIC2022CompetitivasExperimental


FURY / FURIA
JULIA SIUDA - 2021 / POLONIA
A película aborda o problema da ira, a frustración e a agresividade crecentes que buscan unha saída. A heroína da película é unha persoa que perde o control da súa ira. Ao perderse nas emocións, non pode soportar a tensión.
.FIC2022CompetitivasExperimental
ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO - EISV. CE MARCOTE - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


GALLERIA. NEVER HUG THE FENCE / GALLERIA. NUNCA ABRACES O VALADO
ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO - EISV. CE MARCOTE - 2022 / ESPAÑA
Fashion film sobre a marca de roupa independente fundada en Vigo a principios de 2018. Conta con deseños trazados a man nun marco entre a streetwear e a antimoda.
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
ABDENOUR ZAHZAH - 2010 / ARXELIA
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés


GARAGOUZ
ABDENOUR ZAHZAH - 2010 / ARXELIA
Mokhtar gáñase a vida cos monicreques. Axúdalle o seu fillo Nabil, ao que ensina a profesión. Ao volante dunha vella furgoneta, percorre as poucas escolas esparexidas polo campo alxerino, enfrontándose aos prexuízos e aos obstáculos que lle poñen.
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés
ADRIEN MERIGEAU - 2019 / FRANCIA
.FIC2020CompetitivasExperimentalPalmarés


GENIUS LOCI
ADRIEN MERIGEAU - 2019 / FRANCIA
Unha noite, Reine, unha moza solitaria, percibe unha unidade mística dentro do caos urbano que asemella como si estivera viva, como unha guía.
.FIC2020CompetitivasExperimentalPalmarés
KEVORK ASLANYAN - 2015 / BULGARIA - ALEMAÑA.
.FIC2016ComediaParalelas


GETTING FAT IN A HEALTHY WAY / ENGORDAR DE XEITO SAUDABLE
KEVORK ASLANYAN - 2015 / BULGARIA - ALEMAÑA.
Dous cosmonautas, dous amigos, esfórzanse ao máximo cada día e adestran para facer realidade o seu soño, mais esta historia non trata simplemente dun soño.
.FIC2016ComediaParalelas
(LA) HORDE – BRUTTI / DEBROUWER / HAREL - 2022 / FRANCIA
.FIC2022CompetitivasExperimental


GHOSTS / PANTASMAS
(LA) HORDE – BRUTTI / DEBROUWER / HAREL - 2022 / FRANCIA
Ghosts é unha nova curtametraxe de (LA)HORDE co Ballet nacional de Marsella con banda sonora de Rone e guión de Spike Jonze, rodado no Palacio Longchamp de Marsella. Cando o Museo de Belas Artes cerra, as figuras apodéranse do lugar deserto, abrázanse e se desgarran, coma se quixesen recuperar o seu corpo, ata o seu encontro co garda nocturno.
.FIC2022CompetitivasExperimental
TOMMI SEITAJOKI - 2017 / FINLANDIA
.FIC2017Paralelas


GLASPÄRLAN / A PERLA DE CRISTAL
TOMMI SEITAJOKI - 2017 / FINLANDIA
Nun suburbio, un rapaz de doce anos recolle latas entre o lixo. Está a buscar algo do que poda sacar algunha recompensa.
.FIC2017Paralelas
IES AUDIOVISUAL DE VIGO - 2020/ ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas


GOLDEN BOY / MOZO DOURADO
IES AUDIOVISUAL DE VIGO - 2020/ ESPAÑA
Berto é un mozo vigués que practica catro disciplinas diferentes de deportes de contacto e que aspira ao seu primeiro título de Kick Boxing profesional de España. Este documental recolle os seus sus inicios, a súa traxectoria e o combate polo título.
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas
MOLLY MANNING WALKER - 2020 / REINO UNIDO
.FIC2021PanoramaParalelas


GOOD THANKS, YOU? / BEN GRAZAS, TI?
MOLLY MANNING WALKER - 2020 / REINO UNIDO
Como resultado dun ataque, Amy queda sen voz, atrapada nun remuíño de incompetencia. Debe atopar unha forma de enfrontarse ao ocorrido para poder salvar o que máis lle importa.
.FIC2021PanoramaParalelas
HASSAN NEAMAH - 2013 / EXIPTO
.FIC2013CompetitivasInternacional


GRAY
HASSAN NEAMAH - 2013 / EXIPTO
Entrou apresurada na cafetaría buscando refuxio. Empapada, observa a xente que hai dentro. Logo o mira, é un home duns corenta e tantos anos.
.FIC2013CompetitivasInternacional
DIJANA MLADENOVIC - 2016 / CROACIA
.FIC2018CompetitivasInternacional


GRIMIZNO / ESCARLATA
DIJANA MLADENOVIC - 2016 / CROACIA
Tras completar unha acción militar con éxito, a atmosfera de relaxación e compañeirismo vese irreversiblemente perturbada polo descubrimento dun crime oculto.
.FIC2018CompetitivasInternacional
QUEK SHIO CHUAN - 2011 / MALAISIA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


GUANG
QUEK SHIO CHUAN - 2011 / MALAISIA
Guang é unha historia sobre dous irmáns. O irmán maior, Guang, é autista, e a miúdo é incomprendido. El sofre sobre todo un trastorno de deficiencia de atención dificultades coa interacción social, e ten dificultades para realizar as obrigas do día a día. El tamén ten unha paixón secreta. Para sobrevivir, Guang é obrigado polo seu irmán menor a buscar traballo para compartir a carga dos gastos mensuais.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
NARA NORMANDE - 2018 / BRASIL - FRANCIA
.FIC2019PanoramaParalelas


GUAXUMA
NARA NORMANDE - 2018 / BRASIL - FRANCIA
Tayra e máis eu medramos xuntas na praia de Guaxuma. Eramos inseparables. O sopro do mar tráeme moi boas lembranzas.
.FIC2019PanoramaParalelas
STORY CHEN - 2022 / CHINA
.FIC2022CompetitivasInternacional


HAI BIAN SHENG QI YI ZUO XUAN YA / A AUGA MURMURA
STORY CHEN - 2022 / CHINA
Cando un asteroide golpea a Terra, as erupcións volcánicas submarinas corren o risco de mergullar unha cidade ribeirega e os seus habitantes comezan a fuxir cara ao interior. O día antes de partir, Nian despídese dun amigo da infancia, pero no seu camiño crúzase con algúns dos habitantes do pobo. Aos poucos, os seus recordos do pobo empezan a aclararse na súa mente.
.FIC2022CompetitivasInternacional
AURÉLIE MONTEIX - 2019 / FRANCIA
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas


HANNIBAL, L’ÉLÉPHANT / O ELEFANTE HANNIBAL
AURÉLIE MONTEIX - 2019 / FRANCIA
Un pequeno elefante de guerra decide afastarse da súa manda para ver mundo. No camiño, perdido nas montañas, descubrirá a diversidade e a beleza da natureza.
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas
KATARZYNA KLIMKIEWICZ - 2009 / POLONIA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


HANOI-WARSZAWA / HANOI-VARSOVIA
KATARZYNA KLIMKIEWICZ - 2009 / POLONIA
Unha moza vietnamita, Mai Anh, entra ilegalmente en Polonia a través da fronteira verde con Ucraína. Agora só ten que chegar a Varsovia, onde se unirá ao seu noivo e comezar a vida que soñou. Pero a viaxe a través de Polonia convértese nun de humillación e violencia.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
JÚLIA DE PAZ SOLVAS - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEspañaPalmarés


HARTA / FARTA
JÚLIA DE PAZ SOLVAS - 2022 / ESPAÑA
Carmela, unha nena de 12 anos, o día do seu aniversario, é obrigada a verse co seu pai nun centro de encontro familiar, debido á sentenza de violencia de xénero que este ten sobre a nai.
.FIC2022CompetitivasEspañaPalmarés
PHAM THIEN AN - 2019 / VIETNAM
.FIC2020CompetitivasExperimental


HÃY TỈNH THỨC & SẴN SÀNG / MANTÉDEVOS ESPERTOS, ESTADE PREPARADOS
PHAM THIEN AN - 2019 / VIETNAM
Un accidente de moto que ocorre frente aos postos de comida da rúa conéctase coa misteriosa historia de tres mozos.
.FIC2020CompetitivasExperimental
FOKION XENOS - 2019 / REINO UNIDO
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


HEATWAVE / OLA DE CALOR
FOKION XENOS - 2019 / REINO UNIDO
No verán unha multitude ruidosa invade unha praia grega. O sol vai quentándose e a xente perdéndose nos seus problemas persoais. A pesar diso, unha nena e un neno atreveranse a ensinarlle a todo o mundo como divertirse.
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
ANNA SZÖLLŐSI - 2020 / HUNGRÍA
.FIC2021CompetitivasEscolas Internacionais


HELFER / AXUDA
ANNA SZÖLLŐSI - 2020 / HUNGRÍA
Unha moza loita contra a ansiedade e os pesadelos recorrentes, aos que quere pór fin. Busca a un axudante, que lle ofrece unha solución alternativa, pero no proceso debe enfrontarse aos seus maiores medos. O filme detalla a súa relación co mundo surrealista a través de acontecementos simbólicos.
.FIC2021CompetitivasEscolas Internacionais
MIKEL GURREA - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEspaña


HELTZEAR
MIKEL GURREA - 2022 / ESPAÑA
Donostia, ano 2000. O conflito vasco está activo. Mentres escribe unha carta ao seu irmán ausente, Sara, unha escaladora de 15 anos, adestra para o ascenso máis difícil de toda a súa vida.
.FIC2022CompetitivasEspaña
CEIP DO CARBALLAL - 2021 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas


HEROES ENMASCARADOS
CEIP DO CARBALLAL - 2021 / ESPAÑA
Durante as obras que se están realizando no centro, uns malandríns entran no Carballal… serán quen de facerlle fronte os Heroes Enmascarados?
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas
BAHRAM & BAHMAN ARK - 2017 / IRÁN
.FIC2018CompetitivasInternacional


HEYVAN / ANIMAL
BAHRAM & BAHMAN ARK - 2017 / IRÁN
Un home que quere pasar a fronteira disfrázase de carneiro.
.FIC2018CompetitivasInternacional
SAARA HAKKARAINEN - 2020 / FINLANDIA
.FIC2021CompetitivasEscolas InternacionaisPalmarés


HILJAISUUS / SILENCIO
SAARA HAKKARAINEN - 2020 / FINLANDIA
Que se sente cando se chega a comprender que ti es un pedófilo? Este tema toca a moitos, e aínda así ninguén fala del.
.FIC2021CompetitivasEscolas InternacionaisPalmarés
AMANDINE MEYER - 2021 / FRANCIA
.FIC2022Curtas en familiaminiFICParalelas


HISTORIA PARA 2 TROMPETAS / HISTORIA PARA 2 TROMPETAS
AMANDINE MEYER - 2021 / FRANCIA
Histoire pour 2 trompettes é un relato iniciático e íntimo no que a autora narra, en forma de conto, as etapas clave da súa construción como muller e artista.
.FIC2022Curtas en familiaminiFICParalelas
RUSLAN MAGOMADOV - 2012 / RUSIA
.FIC2013CompetitivasInternacional


HOME / FOGAR
RUSLAN MAGOMADOV - 2012 / RUSIA
A historia dun home que quedou atrapado nunha cidade destruída pola guerra.
.FIC2013CompetitivasInternacional
JUAN DE DIOS MARFIL - 2009 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés


HOMELAND
JUAN DE DIOS MARFIL - 2009 / ESPAÑA
Onde hai vontade, hai camiño.
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés
ALBERTO VÁZQUEZ - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasGaliciaPalmarés


HOMELESS HOME / FOGAR SEN FOGAR
ALBERTO VÁZQUEZ - 2020 / ESPAÑA
Ninguén pode escapar das súas raíces, aínda que estas estean completamente podres.
.FIC2021CompetitivasGaliciaPalmarés
DAVID FIDALGO - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasGalicia


HOMOMAQUIA
DAVID FIDALGO - 2019 / ESPAÑA
Homomaquia presenta un mundo onde os seres humanos son tratados como estes tratan aos animais, establecendo unha forte metáfora sobre a tauromaquia. Poñéndoos no papel do touro, Homomaquia representa a vida deste, coa súa crudeza, a súa violencia, a súa falta de liberdade incluso á hora do apareamento, utilizando a súa sexualidade só e función de intereses especulativos. É unha denuncia ao maltrato e un grito de liberdade.
.FIC2019CompetitivasGalicia
MIGUEL A. CARMONA - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


HORÓSCOPO
MIGUEL A. CARMONA - 2008 / ESPAÑA
¿Por que cando nos namoramos volvémonos idiotas? ¿Terá algo que ver o noso signo do zodíaco?
.FIC2008CompetitivasInternacional
PETER FOLDÈS - 1973 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


HUNGER / FAME
PETER FOLDÈS - 1973 / CANADÁ
Nesta curtametraxe de animación, o director Peter Foldès describe o descenso dun home cara a cobiza e a gula. As imaxes, que se disolven rapidamente e evolucionan constantemente, crean un contraste entre a abundancia e a necesidade. Esta sátira, un dos primeiros filmes nas que se utilizou a animación por computador, serve de advertencia contra a indulxencia nun mundo que aínda está cheo de fame e pobreza.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
CHRIS FILIPPONE, JAMIE MELTZER - 2020 / ESTADOS UNIDOS
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


HUNTSVILLE STATION / ESTACIÓN DE HUNTSVILLE
CHRIS FILIPPONE, JAMIE MELTZER - 2020 / ESTADOS UNIDOS
Todos os días laborais, reclusos saen da Penitenciaría Estatal de Huntsville, en Texas, e desfrutan dos seus primeiros momentos de liberdade con chamadas telefónicas, cigarros e momentos de reflexión tranquilos na estación de Greyhound, que está unhas rúas máis adiante.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
FLORIAN BRAUCH, MATTHIEU PUJOL, KIM TAILHADES, YOHAN THIREAU, ROMAIN THIRION - 2017 / FRANCIA
.FIC2018ParalelasXuvenil


HYBRIDS / HÍBRIDOS
FLORIAN BRAUCH, MATTHIEU PUJOL, KIM TAILHADES, YOHAN THIREAU, ROMAIN THIRION - 2017 / FRANCIA
Cando a vida mariña ten que adaptarse á contaminación que a rodea, as regras para a supervivencia mudan…
.FIC2018ParalelasXuvenil
ROSS MCCLEAN - 2019 / REINO UNIDO-IRLANDA DO NORTE
.FIC2020CompetitivasInternacional


HYDEBANK / HYDEBANK
ROSS MCCLEAN - 2019 / REINO UNIDO-IRLANDA DO NORTE
No norte de Irlanda, Hydebank Wood é unha prisión que ten 104 delincuentes xuvenís. Ryan, que cumpre unha condena de cinco anos, forma un vínculo improbable co rabaño de ouvellas da prisión. Nas súas interaccións, Ryan trata de atopar redención e aceptar os brutais actos que o levaron alí.
.FIC2020CompetitivasInternacional
ROBERT SEIDEL - 2021 / ALEMAÑA
.FIC2022CompetitivasExperimental


HYSTERESIS / HISTÉRESIS
ROBERT SEIDEL - 2021 / ALEMAÑA
As siluetas muybridgeanas, as texturas barrocas e as estruturas pictóricas explosivas fluctúan entre a segunda e a terceira dimensión, despregando xestos flotantes que desbaratan as leis da natureza. Utilizando a aprendizaxe automática para mediar nestas re-presentacións transformadoras, a película corrompe intencionadamente as estratexias da IA, desvelando unha linguaxe visual frenética, delicada e extravagante da histeria e a histéresis na que a historia colapsa nun único punto do presente.
.FIC2022CompetitivasExperimental
KATE NOVACK - 2020 / ESTADOS UNIDOS
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


HYSTERICAL GIRL / RAPAZA HISTÉRICA
KATE NOVACK - 2020 / ESTADOS UNIDOS
O único caso de estudo de Sigmund Freud sobre unha paciente feminina é reexaminado dende unha perspectiva feminista moderna.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
SAMEH ALAA - 2020 / EXIPTO, FRANCIA, QATAR, BÉLXICA
.FIC2021CompetitivasInternacional


I AM AFRAID TO FORGET YOUR FACE / TEÑO MEDO DE ESQUECER A TÚA CARA
SAMEH ALAA - 2020 / EXIPTO, FRANCIA, QATAR, BÉLXICA
Despois de estar separados durante 82 días, Adam recorre un duro camiño para reunirse coa persoa que ama, custe o que custe.
.FIC2021CompetitivasInternacional
LARS VEGA, ISABELLE BJÖRKLUND - 2019 / SUECIA
.FIC2020CompetitivasInternacional


I VÄNTAN PÅ DÖDEN / AGARDANDO A MORTE
LARS VEGA, ISABELLE BJÖRKLUND - 2019 / SUECIA
Un fillo chega ao hospital para ver ao seu pai no seu leito de morte. Mentras que o fillo quere ter un último bo momento entre eles, o pai prefire falar de quE facer con dúas latas de mostaza sen abrir.
.FIC2020CompetitivasInternacional
MARTIN ROSETE - 2010 / ESPAÑA - EE.UU.
.FIC2010CompetitivasInternacional


I WISH / DESEXO
MARTIN ROSETE - 2010 / ESPAÑA - EE.UU.
A Moses, unha persoa que vive nas rúas de San Francisco, chámalle a atención como a xente bota as súas moedas a unha fonte levantada en memoria de Martin Luther King. Nese momento comeza unha disputa polos desexos dos que por alí pasan.
.FIC2010CompetitivasInternacional
MARITA MAYER - 2022 / NORUEGA - ALEMAÑA
.FIC2022Curtas en familiaminiFICParalelasXuvenil


I´M NOT AFRAID! / NON TEÑO MEDO!
MARITA MAYER - 2022 / NORUEGA - ALEMAÑA
Xogando ás agachadas, Vanja sae do luminoso salón e entra nun patio pouco iluminado que ten demasiados recunchos escuros, sombras e ruídos estraños. Para superar o medo, Vanja convértese nun perigoso tigre!
.FIC2022Curtas en familiaminiFICParalelasXuvenil
BEVERLY SHAFFER - 1977 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


I'LL FIND A WAY / ATOPAREI UN CAMIÑO
BEVERLY SHAFFER - 1977 / CANADÁ
Este documental presenta a Nadia, una nena de 9 anos con espiña bífida. O seu soño é asistir a unha escola normal, aínda que sabe que os outros nenos se van burlar dela. Sabia para a súa idade, Nadia simplemente decide que atopará algunha maneira. A pesar de ter que superar moitos obstáculos, Nadia ten coraxe e deixa claro que non busca compaixón. Esta película forma parte da serie Children of Canada.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
MAITE ALBERDI, GIEDRE ZICKYTE - 2016 / CHILE - LITUANIA - DINAMARCA
.FIC2017Paralelas


I’M NOT FROM HERE / EU NON SON DE AQUÍ
MAITE ALBERDI, GIEDRE ZICKYTE - 2016 / CHILE - LITUANIA - DINAMARCA
Josebe, unha muller vasca de 80 anos, vive con outros anciáns nunha residencia en Santiago de Chile. Cada día cre que é o seu primeiro día aí, e cada día ten que decatarse de que non o é, así como de que xa non está no seu país coa súa familia.
.FIC2017Paralelas
BASTIAN WILPLINGER - 2019 / AUSTRIA
.FIC2019CompetitivasExperimental


ICH ARMER MENSCH / EU, HOME MISERABLE
BASTIAN WILPLINGER - 2019 / AUSTRIA
Un home, atoado nun círculo vicioso de autoacusación e autocompaixón, trata de atopar alivio rendéndose a unha entidade superior.
.FIC2019CompetitivasExperimental
FRAN ESTÉVEZ - 2013 / ESPAÑA
.FIC2014CompetitivasInternacional


IDIOTAS
FRAN ESTÉVEZ - 2013 / ESPAÑA
Un globo descende do ceo e aterra na máxica cidade de Compostela. Alí, un sorrinte rapaz e o seu inseparable can atópano e len a nota que colga del: "Desínchame pouco a pouco". Que pasará ao facelo?… Cal será o misterio de deixar escapar o aire... pouco a pouco?
.FIC2014CompetitivasInternacional
ALEXANDRU RANTA - 2017 / ROMANÍA
.FIC2018PanoramaParalelas


IDIOTUL / O IDIOTA
ALEXANDRU RANTA - 2017 / ROMANÍA
No mercado de árbores de Nadal, Marius ofrécese a mercar unha árbore para unha nena e logo leva a nena, a súa nai e mais a árbore a casa. Alí atópanse con Costi, que non aprecia a xenerosidade de Marius.
.FIC2018PanoramaParalelas
ANDRIAS HØGENNI - 2018 / DINAMARCA - ILLAS FEROE
.FIC2019CompetitivasInternacional


IKKI ILLA MEINT / SEN MALAS INTENCIÓNS
ANDRIAS HØGENNI - 2018 / DINAMARCA - ILLAS FEROE
Elinborg encóntrase accidentalmente coa súa amiga Marita no supermercado. A conversación é civilizada mais un pouco incómoda, xa que Elinborg esqueceu o aniversario de Marita.
Porén, hai algo máis que molesta a Marita, que decide acurralar á súa amiga e preguntarlle se Elinborg a bloqueou en Facebook.
.FIC2019CompetitivasInternacional
VINCENT PARONNAUD - 2010 / FRANCIA
.FIC2012CompetitivasInternacional


IL ÉTAIT UNE FOIS L´HUILE / ÉRASE UNHA VEZ O ACEITE
VINCENT PARONNAUD - 2010 / FRANCIA
Nun garaxe, dous nenos buscan cousas entre os estantes e, sen querer, tiran unha lata de aceite. Cando esta golpea o chan transfórmase en Goutix, a mascota oficial dos aceites Meroll, para fritir e para os motores. Unha viaxe marabillosa na fábrica comeza...
.FIC2012CompetitivasInternacional
ANDREA BRUSA, MARCO SCOTUZZI - 2020 / ITALIA
.FIC2020CompetitivasInternacional


IL MURO BIANCO / O MURO BRANCO
ANDREA BRUSA, MARCO SCOTUZZI - 2020 / ITALIA
Un profesor e o director dun instituto maquinan un plan en segredo para protexer aos seus estudantes dun depredador invisible que ameaza a escola desde dentro. Baseado en feitos reais.
.FIC2020CompetitivasInternacional
ALI ASGARI, FARNOOSH SAMADI - 2016 / ITALIA - FRANCIA
.FIC2017CompetitivasInternacional


IL SILENZIO / O SILENCIO
ALI ASGARI, FARNOOSH SAMADI - 2016 / ITALIA - FRANCIA
Fatma e a súa nai son refuxiadas kurdas en Italia. Na súa visita ao médico, Fatma ten que interpretar o que el lle di a súa nai, mais ela fica en silencio.
.FIC2017CompetitivasInternacional
ELIANE ESTHER BOTS - 2021 / PAÍSES BAIXOS
.FIC2022CompetitivasInternacional


IN FLOW OF WORDS / NO FLUXO DAS PALABRAS
ELIANE ESTHER BOTS - 2021 / PAÍSES BAIXOS
In Flow of Words segue os relatos de tres intérpretes do Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia. Interpretaron atestacións estarrecedoras de testemuñas, vítimas e victimarios, sen permitir que as súas propias emocións, sentimentos e historias persoais estivesen presentes. A diferenza da súa posición no tribunal, esta película sitúa as súas voces e experiencias no centro do escenario.
.FIC2022CompetitivasInternacional
ANDREW NORMAN WILSON - 2020 / ESTADOS UNIDOS
.FIC2021ExperimentalParalelas


IN THE AIR TONIGHT / NO AIRE ESTA NOITE
ANDREW NORMAN WILSON - 2020 / ESTADOS UNIDOS
Existe unha lenda urbana sobre a inspiración de Phil Collins para o seu éxito de 1980 In the Air Tonight. Segundo o rito da lenda, a canción soa mentres o narrador conta a historia, sincronizando o infame son da batería co clímax da narración.
.FIC2021ExperimentalParalelas
FLORIAN GROLIG - 2015 / ALEMAÑA
.FIC2016Paralelas


IN THE DISTANCE / NA DISTANCIA
FLORIAN GROLIG - 2015 / ALEMAÑA
Un lugar tranquilo e pacífico, alén das nubes, é espreitado polo caos.
.FIC2016Paralelas
ROMAN KROITOR, COLIN LOW E HIGH O’CONNOR - 1979 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


IN THE LABYRINTH / NO LABIRINTO
ROMAN KROITOR, COLIN LOW E HIGH O’CONNOR - 1979 / CANADÁ
Un filme sen comentarios no que múltiples imaxes, ás veces complementarias e outras contrastadas, levan ao espectador polas diferentes etapas do labirinto. O clima do filme pasa da alegría á tristeza desgarradora, de simplicidade a pompa cerimonial. É a vida tal e como a vive a xente do mundo real, cada cal, como suxire o filme, nun labirinto persoal.
No labirinto estreouse por primeira vez como unha presentación en varias pantallas para a Sala III do labirinto da Expo 67. Estas imaxes separadas integráronse nun só filme, utilizando a técnica cinematográfica "cinco contra un".
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
ELIN ÖVERGAARD - 2019 / SUECIA
.FIC2020CompetitivasInternacional


INGEN LYSSNAR / QUEN FALA
ELIN ÖVERGAARD - 2019 / SUECIA
Nunha xuntanza, os veciños discuten sobre unha nova casa para nenos refuxiados. Dúas persoas con posturas opostas tentan facerse escoitar. "Quen fala" plantexa peguntas sobre que opinións importan realmente e cales só crean polarización.
.FIC2020CompetitivasInternacional
VICTOR KIRSCH, ELLIOT THOMASSON, ARTHUR ALLENDER, MATHIEU ANTOINE, LÉNA BELMONTE, CYRIELLE GUILLERMIN - 2019 / FRANCIA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


INSTINCT / INSTINTO
VICTOR KIRSCH, ELLIOT THOMASSON, ARTHUR ALLENDER, MATHIEU ANTOINE, LÉNA BELMONTE, CYRIELLE GUILLERMIN - 2019 / FRANCIA
Nun bosque denso e glacial, Piotr, un mozo cazador, atópase violentamente inmovilizado por un cepo para osos. Na súa lenta agonía, o animal achégase...
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
ANDREI EPURE - 2021 / ROMANIA
.FIC2022CompetitivasInternacionalPalmarés


INTERFON 15 / INTERFONO 15
ANDREI EPURE - 2021 / ROMANIA
Varios residentes descobren a unha muller inconsciente tirada fronte ao bloque. Aínda que vive no terceiro piso, ninguén sabe o seu nome. Mentres esperan o rescate, os veciños reflexionan sobre a vida da veciña e a súa propia.
.FIC2022CompetitivasInternacionalPalmarés
FABIO PALMIERI - 2015 / ITALIA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


IRREGULARS / IRREGULARES
FABIO PALMIERI - 2015 / ITALIA
Onda un decorado fabril hipnótico, un refuxiado sintetiza a crise migratoria global coas súas conmovedoras palabras.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
MENGQIAN CHEN - 2019 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasXuvenil


ISLAND / ILLA
MENGQIAN CHEN - 2019 / FRANCIA
Nunha illa deserta vive un cíclope desesperadamente solitario. O tempo pasa, as estacións tamén. Unha noite de verán, descobre un ovo do que eclosiona un paxaro. Rapidamente unha relación de fusión os une, ata que regresa o verán....
.FIC2019ParalelasXuvenil
CLAUDIUS GENTINETTA, FRANK BRAUN - 2015 / SUÍZA
.FIC2016Paralelas


ISLANDER’S REST / CALMA NA ILLA
CLAUDIUS GENTINETTA, FRANK BRAUN - 2015 / SUÍZA
É un melodrama agridoce sobre a perda da inocencia e a nostalxia reprimida.
.FIC2016Paralelas
ANNA HINTS - 2017 / ESTONIA
.FIC2017Paralelas


JÄÄ / XEO
ANNA HINTS - 2017 / ESTONIA
Harri é tenente no exército estoniano. Está divorciado e só ve o seu fillo de dez anos nas vacacións do colexio. Para compensar o tempo perdido, decide emprender con el unha aventurada viaxe de inverno a unha illa. Tras perderen o último transbordador, Harri decide coller unha estrada local sobre o mar conxelado. No espeso e nevado deserto, as lembranzas coliden co presente.
.FIC2017Paralelas
RENE PANNEVIS - 2015 / REINO UNIDO
.FIC2017CompetitivasInternacional


JACKED / ROUBADO
RENE PANNEVIS - 2015 / REINO UNIDO
Russel e Waylen rouban un coche, o coche equivocado, farán o correcto?
.FIC2017CompetitivasInternacional
CLAIRE OAKLEY - 2014 / REINO UNIDO
.FIC2015CompetitivasInternacional


JAMES
CLAIRE OAKLEY - 2014 / REINO UNIDO
Gloucestershire, Inglaterra, 1796. A un traballador pobre ofrécenlle traballo, pero primeiro debe deixar que o seu fillo sexa utilizado nun experimento médico.
.FIC2015CompetitivasInternacional
MAURICE PIALAT - 1962 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


JANINE
MAURICE PIALAT - 1962 / FRANCIA
Dous homes unidos por unha recente amizade pasean pola cidade de noite reflexionando sobres as mulleres. Un, o máis desencantado, ten experiencia; mentres que o outro desexa casarse, ter fillos...
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
ZENO GRATON - 2015 / BÉLXICA
.FIC2016PanoramaParalelas


JAY PARMI LES HOMMES / JAY ENTRE OS HOMES
ZENO GRATON - 2015 / BÉLXICA
Para compracer ao seu pai e gañarse o seu afecto, Jay, de 14 anos, ten que se converter nun home e comportarse como tal, para iso decide buscar moza.
.FIC2016PanoramaParalelas
ALEXANDRE DOSTIE - 2019 / CANADÁ
.FIC2020CompetitivasInternacional


JE FINIRAI EN PRISON / VOU TERMINAR NO CÁRCERE
ALEXANDRE DOSTIE - 2019 / CANADÁ
Cando Maureen Sauvageau intenta escapar da súa vida, atópase de súpeto cun accidente de coche mortal. Atrapada no medio da nada, deberá compartir o seu tempo e a culpa dun entrañable drogadicto coñecido como Jelly o lunático.
.FIC2020CompetitivasInternacional
ANNE-MARIE BALAŸ - 2016 / FRANCIA
.FIC2019CompetitivasO meu primer festivalParalelas


JE MANGERAIS BIEN UN ENFANT / COMERÍAME UN NENO
ANNE-MARIE BALAŸ - 2016 / FRANCIA
Un bo día, Achille decide que non quere comer máis plátanos. Teno claro: quere comerse un neno.
.FIC2019CompetitivasO meu primer festivalParalelas
ROMAN PRZYLIPIAK - 2017 / POLONIA
.FIC2018PanoramaParalelas


JERRY
ROMAN PRZYLIPIAK - 2017 / POLONIA
Jerry, un terapeuta enerxético, logra a fama na súa comunidade despois dunha cura milagreira dun paciente. Pero canto durarán estes poderes curativos?
.FIC2018PanoramaParalelas
TIHONI BRCIC - 2020 / CROACIA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


JEŽ BODLJIKAVKO / SPIKINEY O PORCO ESPIÑO
TIHONI BRCIC - 2020 / CROACIA
Spikiney é un traballador e altruista porcoespiño que ten unha tenda de sopa para os membros máis necesitados da comunidade. Unha noite de inverno desaparece toda a súa comida. Os amigos de Spikiney -o mono ancián co bastón, o esquío orfo, o paxaro perdido e o castor coa cola de goma- embárcanse nunha viaxe para recuperar a comida roubada. Sospeitan que o ladrón é un monstro. A súa aventura lévaos a unha misteriosa cova, onde terán que ser valentes para enfrentarse ao monstro...
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
RODRIGO ZANFORLIN - 2017 / EE.UU.
.FIC2017ComediaParalelas


JIMBO
RODRIGO ZANFORLIN - 2017 / EE.UU.
Jimbo: dezaseis anos, tranquilo e tímido. Pasa a vida á sombra do seu controlador e anárquico pai, “El tigrón”, e da fiel e ilusa amante deste, Lolli. Tras o seu último atraco, Jimbo decide facerse cargo do seu destino e liberarse das fauces do seu pai.
.FIC2017ComediaParalelas
DAVID CASADEMUNT - 2007 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés


JINGLE BELLS
DAVID CASADEMUNT - 2007 / ESPAÑA
Calquera tempo pasado foi mellor. Alex, de 14 anos, non acepta os cambios da súa nova situación familiar. É por elo, chegado o Nadal, fará un derradeiro esforzo para que as cousas sexan coma antes coa súa nai.
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés
ALEXANDRA BRODSKI - 2021 / REINO UNIDO
.FIC2022CompetitivasEscolas Internacionais


JOY
ALEXANDRA BRODSKI - 2021 / REINO UNIDO
Jacob, un rapaz en réxime de internamento de menores, está desesperado por volver ao mundo exterior. Cando coñece á súa compañeira Joy, unha nena de 10 anos misteriosamente magnética, atopa un inesperado sentimento de pertenza que pronto tomará un xiro máis estraño.
.FIC2022CompetitivasEscolas Internacionais
ROBERT S. HANSON, ANDY MCNEIL, HENNING M. LEDERER - 2016 / ALEMAÑA
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


JUDITH AND ERNEST / JUDITH E ERNEST
ROBERT S. HANSON, ANDY MCNEIL, HENNING M. LEDERER - 2016 / ALEMAÑA
Judith é unha tartaruga moi simpática que se esforza para chegar a unha meta bastante orixinal. Ernest é un simpático león que non sabe onde poñer a súa melena a remollo.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
HISKO HULSING - 2012 / HOLANDA - BÉLXICA
.FIC2013CompetitivasInternacional


JUNKYARD / CHATARRERÍA
HISKO HULSING - 2012 / HOLANDA - BÉLXICA
Un home está a ser roubado e apuñalado por un drogadicto. Momentos antes de morrer, descobre quen é o asasino.
.FIC2013CompetitivasInternacional
SANDRINE BRODEUR-DESROSIERS - 2019 / CANADÁ - MÉXICO
.FIC2019CompetitivasInternacional


JUSTE MOI ET TOI / SÓS EU E MÁIS TI
SANDRINE BRODEUR-DESROSIERS - 2019 / CANADÁ - MÉXICO
Eva (8 anos) e o seu pai están facendo unha viaxe Montreal-México pola calzada nun gran camión de 18 rodas.
.FIC2019CompetitivasInternacional
NARGIZA MAMATKULOVA - 2012 / KIRGUISTAN
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés


JYMJYRT / SILENCIO
NARGIZA MAMATKULOVA - 2012 / KIRGUISTAN
Cando unha familia non pode pagar un préstamo bancario, perden a súa máis prezada posesión.
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés
KRISTOF HOORNAERT - 2009 / BÉLXICA
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés


KAÏN
KRISTOF HOORNAERT - 2009 / BÉLXICA
Kaïn reflexiona dunha maneira contemplativa sobre a nosa condición humana. É unha meditación audiovisual sobre a crueldade e o sufrimento da nosa tráxica humanidade. Unha curta sobre o nacemento da conciencia.
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés
FRANZ MARIA QUITT - 2017 / AUSTRIA
.FIC2017Curtas en familiaParalelas


KALB
FRANZ MARIA QUITT - 2017 / AUSTRIA
Esta curtametraxe amosa a vida diaria dun rapaz e o seu avó nunha granxa de Tirol (Austria).
.FIC2017Curtas en familiaParalelas
VOLKER SCHLECHT, ALEXANDER LAHL - 2016 / ALEMAÑA
.FIC2017Paralelas


KAPUTT / RECLUSAS: AS MULLERES DE HOHENECK
VOLKER SCHLECHT, ALEXANDER LAHL - 2016 / ALEMAÑA
Baseado en entrevistas a expresidiarias, este documental animado guíanos polo cárcere de mulleres máis famoso da antiga Alemaña do Leste. Un filme sobre o encarceramento político, o traballo forzado e os altos benefi cios a ambos lados do pano de aceiro.
.FIC2017Paralelas
SOLÈNE BOSSEBOEUF, FLORE DECHORGNAT, TIPHAINE KLEIN, AUGUSTE LEFORT, ANTOINE ROSSI - 2021 / FRANCIA
.FIC2022Curtas en familiaminiFICParalelas


KAYAK / PIRAGUA
SOLÈNE BOSSEBOEUF, FLORE DECHORGNAT, TIPHAINE KLEIN, AUGUSTE LEFORT, ANTOINE ROSSI - 2021 / FRANCIA
A excursión en piragua dun pai e o seu bebé por un apracible río convértese nunha auténtica aventura familiar.
.FIC2022Curtas en familiaminiFICParalelas
ÜLO PIKKOV - 2011 / ESTONIA
.FIC2012CompetitivasInternacional


KEHA MÄLU / MEMORIA DO CORPO
ÜLO PIKKOV - 2011 / ESTONIA
KEHA MÄLU
.FIC2012CompetitivasInternacional
JULIA OCKNER - 2012 / ALEMAÑA
.FIC2014CompetitivasInternacional


KELLERKIND / O NENO DO SÓTANO
JULIA OCKNER - 2012 / ALEMAÑA
Unha muller dá a luz un neno. Pero este é absolutamente diferente aos demais nenos.
.FIC2014CompetitivasInternacional
CARLOS DOUGLAS - 2019 / EEUU
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas


KENYA'S SYMPHONY / A SINFONÍA DE KENYA
CARLOS DOUGLAS - 2019 / EEUU
Kenia asiste coa súa nai a un concerto de música clásica por primeira vez. Ao comezo non para quieta e abúrrese moitísimo, ata que descobre o don musical que se atopa dentro dela e namórase da música.
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas
MIGUEL ÁNGEL JIMENEZ - 2010 / ESPAÑA
.FIC2011CompetitivasInternacional


KHOROSHO
MIGUEL ÁNGEL JIMENEZ - 2010 / ESPAÑA
Khorosho é a historia do reencontro de Andro e Beka, dous antigos camaradas do exército que comparten unha chea de malos recordos, moita mala conciencia e montañas e montañas de pitillos.
.FIC2011CompetitivasInternacional
MICHAEL FREI - 2019 / SUÍZA
.FIC2019CompetitivasExperimental


KIDS / NENOS
MICHAEL FREI - 2019 / SUÍZA
Unha curta animada explorando dinámicas de grupo. Como nos definimos cando todos somos iguais?
.FIC2019CompetitivasExperimental
JULIE REMBAUVILLE, NICOLAS BIANCO-LEVRIN - 2020 / FRANCIA
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas


KIKI LA PLUME / O CANARIO KIKI
JULIE REMBAUVILLE, NICOLAS BIANCO-LEVRIN - 2020 / FRANCIA
O canario Kiki unicamente coñece a súa gaiola e á vella dama que o alimenta. O seu soño é dar voltas en liberdade coma os outros paxaros, mais cando ten oportunidade de escapar descobre que ser un paxaro libre pode chegar a ser aterrador.
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas
YAWEN ZHENG - 2020 / FRANCIA - SUÍZA
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas


KIKO ET LES ANIMAUX / KIKO E OS ANIMAIS
YAWEN ZHENG - 2020 / FRANCIA - SUÍZA
Kiko persegue a todos os animais. Non para de torturalos… nin o máis pequeno dos ratos consegue escapar! Como explicarlle que son coma el, capaces de sentir emocións e de amar e que merecen ser respectados?
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas
BETTINA OBERLI - 2019 / SUIZA
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC


KINGDOM / REINO
BETTINA OBERLI - 2019 / SUIZA
Un deserto inmenso e rochoso. Unha muller solitaria loita por protexer o derradeiro pedazo do derradeiro glaciar cun complexo manto que vai tecendo cos restos que atopa nos vales abandonados. Un traballo digno de Sísifo. Só pola noite, cando a abafante influencia do sol desaparece, outras criaturas fan acto de presenza. Lobos e cabras beben da derradeira fonte de auga. E a muller xa non está soa.
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC
DARIA BELOVA - 2013 / ALEMAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacional


KOMM UND SPIEL / VEN XOGAR
DARIA BELOVA - 2013 / ALEMAÑA
Berlín. Grisha, un rapaz ruso-alemán, enreda cunha pistola de xoguete feita cunha vara. Canto máis xoga, máis se ve abocado a unha realidade alterada. As fronteiras que separan o pasado do presente, o real do surrealista, comezan a esvaecerse. Aparecen imaxes dun Berlín de antano; as rúas e os edificios aínda portan as lembranzas da guerra. De súpeto, Grisha queda atrapado nun pesadelo que representa outra vida, pesadelo que segue presente hoxe.
.FIC2015CompetitivasInternacional
KOLJA SAKSIDA - 2017 / ESLOVENIA
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


KOYAA: PLESOCE NOGAVICE / KOYAA E OS CALCETÍNS BAILARÍNS
KOLJA SAKSIDA - 2017 / ESLOVENIA
Pola mañá, Koyaa esperta co son do reloxo de cuco, frega os ollos e abre un caixón para sacar un par de calcetíns. Non é posible! Os calcetíns móvense, corren e saltan! Como logrará atrapalos?
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
EKATERINA FILIPPOVA - 2016 / RUSIA
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


KOZLY / CABRAS
EKATERINA FILIPPOVA - 2016 / RUSIA
Pódese tomar o aperitivo sacando a cabeza pola xanela dun tren en marcha? Un grupo de cabras imprudentes intentarano.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
JOACHIM DOLLHOPF & EVI GOLDBRUNNER - 2008 / ALEMAÑA
.FIC2011CompetitivasInternacional


l DON´T FEAL LIKE DANCING / NON TEÑO GAÑAS DE BAILAR
JOACHIM DOLLHOPF & EVI GOLDBRUNNER - 2008 / ALEMAÑA
Nalgún lugar en zona de combate. Tres novos e destacados soldados tentan divertirse no seu día a día en tempo de guerra. Un deles fíxase nunha moza do lugar. Os compañeiros séguena...
.FIC2011CompetitivasInternacional
OLIVIER TREINER - 2011 / FRANCIA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


L´ACCORDEUR / O AFINADOR
OLIVIER TREINER - 2011 / FRANCIA
Adrien é un novo prodixio do piano. Afúndese psicoloxicamente cando fracasa nun certame importante e dende entón traballa como afinador de pianos. Como remedio a esta situación, finxe ser cego, o que lle permite acceder á vida intima dos seus clientes.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
CLAUDE CHABROL - 1964 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


L´HOMME QUI VENDIT LA TOUR EIFFEL / O HOME QUE VENDEU A TORRE EIFFEL
CLAUDE CHABROL - 1964 / FRANCIA
Un home ten unha avaría no coche diante da residencia dun rico alemán obsesionado coa Torre Eiffel. Este anúncialle que o Estado quere vendela a prezo de chatarra, e convídao a París a participar na poxa.
Episodio de Les Plus Belles Escroqueries du monde, filme que recrea distintas estafas reais acontecidas nalgunhas das principais cidades do planeta.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
THÉO DEGEN - 2020 / FRANCIA
.FIC2022CompetitivasInternacionalPalmarés


L'ENFANT SALAMANDRE / O NENO SALAMÁNTIGA
THÉO DEGEN - 2020 / FRANCIA
Aos 15 anos, Florian cre que pode comunicarse cos mortos a través do lume. Esa crenza convértelle no bicho raro do pobo onde vive. Un día, a forza de ser chamado monstro... convértese nun.
.FIC2022CompetitivasInternacionalPalmarés
BIANCA MANSANI - 2019 / FRANCIA
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas


L’ATELIER / O TALLER DE COSTURA
BIANCA MANSANI - 2019 / FRANCIA
Unha nena desata a súa creatividade ao ver traballar a súa avoa no seu taller de costura, convertendo a rutina diaria da avoa nun bonito caos de teas e cores.
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas
SVEN BRESSER - 2018 / PAÍSES BAIXOS
.FIC2019CompetitivasInternacional


L’ÉTÉ ET TOUT LE RESTE / O VERÁN E TODO O RESTO
SVEN BRESSER - 2018 / PAÍSES BAIXOS
Cando ao final do verán saen os últimos ferries con turistas e a maioría dos amigos do xove Marc-Antoine marcharon ao continente para estudar ou traballar, el e o seu amigo Mickael quedan na illa deserta.
.FIC2019CompetitivasInternacional
ÉRIC ROHMER - 1963 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


LA BOULÀNGERE DE MONCEAU / A PANADEIRA DE MONCEAU
ÉRIC ROHMER - 1963 / FRANCIA
Un estudante de dereito séntese atraido pola moza Sylvie, coa que se cruza a miúdo pola rúa. Aconsellado por un amigo, forza un encontro fortuíto para abordala. Sylvie acepta a invitación, pero di ter présa e propón pospor a cita para outro día. Pasa o tempo, e mentres el intenta en van volver a ver á moza, coñece a outra rapariga, unha panadeira.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
CPR ESCOLAPIOS MONFORTE DE LEMOS - 2019 / ESO
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC


LA BUENA ELECCIÓN / A BOA ELECCIÓN
CPR ESCOLAPIOS MONFORTE DE LEMOS - 2019 / ESO
Nuria é unha moza triste e solitaria que atravesa un momento difícil. O día do seu aniversario, sucede algo que a moverá a tomar unha decisión límite.
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC
ALAM RAJA - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


LA CARRERA / A CARREIRA
ALAM RAJA - 2008 / ESPAÑA
Un rapaz da rúa fai todo o posible por conseguir unhas zapatillas novas. Correr é o único que ten, a súa única saída da marxinalidade.
.FIC2009CompetitivasInternacional
ANTONIO DROVE - 1967 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


LA CAZA DE BRUJAS / A CAZA DE BRUXAS
ANTONIO DROVE - 1967 / ESPAÑA
La caza de brujas relata o que acontece nun colexio relixiosos cando un cura sorprende a algúns alumnos no cuarto de baño.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
ALEXEY ALEKSEEV - 2017 / FRANCIA
.FIC2018InfantilParalelas


LA CHASSE / A CAZA
ALEXEY ALEKSEEV - 2017 / FRANCIA
As decepcións dun cazador miope e inofensivo que por erro leva un coello con el para ir cazar no bosque, en vez do seu can.
.FIC2018InfantilParalelas
DAVID GONZÁLEZ - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEspaña


LA DIGNITAT / A DIGNIDADE
DAVID GONZÁLEZ - 2019 / ESPAÑA
María e o seu fillo Jesús saen da casa. Deixaron a Josep só. Non poden volver ata o mediodía, polo que terán que pasar a mañá simulando que é un día como calquera outro.
.FIC2019CompetitivasEspaña
CHEMA GARCÍA IBARRA - 2016 / ESPAÑA - TURQUÍA
.FIC2017CompetitivasEspañaPalmarés


LA DISCO RESPLANDECE / A DISCOTECA BRILLA
CHEMA GARCÍA IBARRA - 2016 / ESPAÑA - TURQUÍA
Anoitece e a sombra da montaña cae sobre a cidade. É sábado, case verán. Cinco amigos están a argallar unha noite de troula. Son novos, teñen alcohol, un coche e música.
.FIC2017CompetitivasEspañaPalmarés
MARGAUX ELOUAGARI - 2018 / FRANCIA
.FIC2019PanoramaParalelas


LA DUCASSE
MARGAUX ELOUAGARI - 2018 / FRANCIA
Hoxe é o día tan esperado da inauguración de La Ducasse. Finalmente vai pasar algo na vida de Shanna, Anaïs e os seus amigos.
.FIC2019PanoramaParalelas
ANNA SOLANAS, MARC RIBA - 2021 / ESPAÑA
.FIC2021InfantilminiFICParalelas


LA EXTRAORDINARIA HISTORIA DE BRUNA / A EXTRAORDINARIA HISTORIA DE BRUNA
ANNA SOLANAS, MARC RIBA - 2021 / ESPAÑA
Unha noite de San Xoán un forte vendaval lévase a Bruna lonxe de casa.
.FIC2021InfantilminiFICParalelas
HUGO CHESNARD - 2011 / FRANCIA
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés


LA FRANCE QUI SE LÈVE TOT / A FRANCIA QUE MADRUGA
HUGO CHESNARD - 2011 / FRANCIA
Trátase do percorrido dunha persoa que vai ser expulsada, da burocracia xudicial que leva aos sen papeis a irse do país. A historia está narrada como unha opereta social.
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés
JEAN-BERNARD MARLIN - 2013 / FRANCIA
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés


LA FUGUE / A FUGA
JEAN-BERNARD MARLIN - 2013 / FRANCIA
Lakdar, un mozo educador nun centro para delincuentes menores en Marsella, acompaña a xuízo a unha das adolescentes ao seu cargo, Sabrina.
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés
FERNANDO TRIAS DE BES - 2014 / ESPAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacional


LA GRAN INVENCIÓN / A GRAN INVENCIÓN
FERNANDO TRIAS DE BES - 2014 / ESPAÑA
París. Ano 2027. Cúmprense 10 anos da disolución da Unión Europea. A TV pública francesa emite unha reportaxe sobre o causante do final de Europa: un filme español cuxo director desapareceu.
.FIC2015CompetitivasInternacional
JOSÉ LUIS MONTESINOS - 2009 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés


LA HISTORIA DE SIEMPRE / A HISTORIA DE SEMPRE
JOSÉ LUIS MONTESINOS - 2009 / ESPAÑA
Un home fai todo o que está nas súas mans para recuperar a súa muller e así resolver a súa crise
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés
BELÉN FUNES - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEspaña


LA INÚTIL / A INÚTIL
BELÉN FUNES - 2017 / ESPAÑA
Merche é demasiado orgullosa para explicar como se sente. E a verdade é que se sente mal, como unha completa inútil.
.FIC2018CompetitivasEspaña
SUSANA CASARES - 2016 / ESPAÑA
.FIC2017Curtas en familiaParalelas


LA INVITACIÓN / A INVITACIÓN
SUSANA CASARES - 2016 / ESPAÑA
Movida polo medo a perder as súas amigas, Silvia, de dez anos, invítaas a durmir na súa casa. Porén, a cousa complícase cando o seu fogar non é como as súas amigas pensaban.
.FIC2017Curtas en familiaParalelas
JULIO DIAMANTE - 1961 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


LA LÁGRIMA DEL DIABLO / A LÁGRIMA DO DIAÑO
JULIO DIAMANTE - 1961 / ESPAÑA
O diaño aposta con San Antonio que é quen de corromper a unha moza devota chea de virtude.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
LOFTI ACHOUR - 2016 / FRANCIA - TUNISIA
.FIC2017CompetitivasInternacional


LA LAINE SUR LE DOS / LEI DE CORDEIRO
LOFTI ACHOUR - 2016 / FRANCIA - TUNISIA
Dous policías paran un ancián e o seu neto no deserto de Tunes. Conducían unha furgoneta vella de camiño ao mercado para vender as súas ovellas. Para poder liberarse, terán que aceptar un trato estraño e inusual.
.FIC2017CompetitivasInternacional
HU WEI - 2013 / FRANCIA
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés


LA LAMPE AU BEURRE YAK / A LÁMPADA DE MANTEIGA DE YAK
HU WEI - 2013 / FRANCIA
Un fotógrafo ambulante e o seu axudante propoñen os nómades tibetanos que posen para ser retratados ante distintos fondos exóticos.
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés
JACQUES DEMY - 1962 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


LA LUXURE / A LUXURIA
JACQUES DEMY - 1962 / FRANCIA
Paul e Bernard están buscando nas reproducións do “Xardín das delícias” de Hieronymus Bosch (o Bosco), unha definición da luxuria. Bernard rememora a súa infancia, cando confundía a luxuria co luxo.
Episodio do filme Les sept péchés capitaux, onde sete directores toman os pecados capitais como motivo para desenvolver diferentes historias.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
JEAN-CLAUDE ROZEC - 2013 / FRANCIA
.FIC2014CompetitivasInternacional


LA MAISON DE POUSSIÈRE / A CASA DE PO
JEAN-CLAUDE ROZEC - 2013 / FRANCIA
Pouco a pouco, as mandíbulas de aceiro van devorando un vello edificio de protección oficial. Unha anciá que vivía nel, mentres persegue uns nenos imprudentes, é devorada polos entullos. Comeza unha estraña viaxe cara ao corazón desta "casa" que alberga tantos recordos.
.FIC2014CompetitivasInternacional
MARTÍN ROMERO - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasGaliciaPalmarés


LA NOCHE / A NOITE
MARTÍN ROMERO - 2019 / ESPAÑA
Un Home Lobo e unha Muller Lúa encóntranse unha cálida noite de verán nos arredores dun gran lago. A paixón xorde entre eles e inmediatamente comezan unha idílica relación amorosa, pero un feito inesperado fará que nada volva ser igual.
.FIC2019CompetitivasGaliciaPalmarés
SVETLANA FILIPPOVA - 2011 / FRANCIA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


LÁ OÚ MEURENT LES CHIENS / ONDE MORREN OS CANS
SVETLANA FILIPPOVA - 2011 / FRANCIA
Dise que os cans non queren dar pena aos seus donos, e que se van de casa cando senten que se achega o final. Ninguén viu nunca onde morren os cans. Onde van? Ninguén o sabe.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
FABRICE LUANG-VIJA - 2019 / FRANCIA
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas


LA PÊCHE MIRACULEUSE / A PESCA MILAGROSA
FABRICE LUANG-VIJA - 2019 / FRANCIA
Nun mar tranquilo, un home atópase pescando nunha barca co seu gato. A primeira pesca do día é unha sardiña, pero os obxectos que a seguen son cada vez máis absurdos e sorprendentes.
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas
CAMILLE LUGAN - 2018 / FRANCIA
.FIC2019CompetitivasInternacional


LA PERSISTENTE
CAMILLE LUGAN - 2018 / FRANCIA
Unha estación de esquí, nalgún lugar dos Pirineos franceses. Iván só vive para a súa motocicleta — a sentinte, encantadora, palpitante, La Persistente. Cando un rival local a separa del, Iván obsesiónase con gañala de novo...
.FIC2019CompetitivasInternacional
ALFREDO RUIZ FORCA - 2007 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


LA PESCA PERFECTA / A PESCA PERFECTA
ALFREDO RUIZ FORCA - 2007 / ESPAÑA
Meu Deus, es consciente do que está ocorrendo... Os dous mellores pescadores das nosas costas reúnense para enfrontarse cara a cara contra o mar. Isto só pode ser... ¡A PESCA PERFECTA!
.FIC2008CompetitivasInternacional
KEREN BEN RAFAEL - 2016 / FRANCIA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


LA PLAGE / NA PRAIA
KEREN BEN RAFAEL - 2016 / FRANCIA
A cabeza ao sol, os pés na auga. Ata na praia á xente cústalle relaxarse. O ruído dos seus pensamentos afoga o que está pasando a uns metros de distancia.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
MANUEL ABRAMOVICH - 2013 / ARXENTINA
.FIC2015CompetitivasInternacional


LA REINA
MANUEL ABRAMOVICH - 2013 / ARXENTINA
"O seu traxe é branco e marrón, e leva unha coroa de catro quilos. Tivéronlle que quitar peso porque non o soportaba. Caíalle da cabeza. Pero agora non quere que lle saquen nada porque está preciosa".
.FIC2015CompetitivasInternacional
FRANCISCO ANTONIO PEINADO GAITÁN - 2009 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacional


LA SOMBRA DEL BAMBÚ / A SOMBRA DO BAMBÚ
FRANCISCO ANTONIO PEINADO GAITÁN - 2009 / ESPAÑA
A sombra do bambú é a historia de tres samurais que, ó ser declarados proscritos e fora da lei, deben decidir cal será o seu futuro: Kintaro, o máis mozo deles, sostén que debe seguir o camiño do ben; Toshiru, máis maduro, tan só cre na súa supervivencia a calquer prezo. Ambos discuten sobre o deber, a honra e o sentido que estas palabras teñen nun mundo que xa non os acepta, mentres Benkei, o ancián, limítase a escoitar… Cando os seus camiños se separan, Kintaro e Toshiru saben que as súas diferentes posturas conducíronos á inimizade e no futuro, cando se vólvan ver, un deles dous morrerá.
.FIC2010CompetitivasInternacional
YATONI ROY CANTU - 2018 / SUÍZA
.FIC2019PanoramaParalelas


LA SOURCE / A FONTE
YATONI ROY CANTU - 2018 / SUÍZA
No medio da escuridade dun chalé do século pasado, entre as gretas e a sucidade dun espello vello, aparece alguén. É Lisbeth. Avanza en bata con precaución, tratando de non espertar a Ana, que aínda dorme. Ante o seu reflexo, destapa o seu ombro. A pel está agretada, escurecida e ensangrentada. Volveu a enfermidade.
.FIC2019PanoramaParalelas
ALESSANDRO FALCO - 2013 / ITALIA - ESPAÑA
.FIC2013CompetitivasInternacional


LA STRADA DI RAFAEL / O CAMIÑO DE RAFAEL
ALESSANDRO FALCO - 2013 / ITALIA - ESPAÑA
Raffael ten 13 anos e vive nos arredores de Nápoles. Co seu amigo Adama están a ensaiar para tocar na festa do pobo. Mentres tanto, policía e manifestantes enfróntanse dende hai varios días tras a decisión do Alcalde de desafiuzar un complexo de vivendas. Raffael espera ansioso que a súa nai volva á casa.
.FIC2013CompetitivasInternacional
CARLOS SAURA - 1957 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


LA TARDE DEL DOMINGO / A TARDE DO DOMINGO
CARLOS SAURA - 1957 / ESPAÑA
Un domingo calquera de setembro. Clara é unha nova criada que apenas sabe ler, é unha especie de Cincenta á que se explota sen piedade. Clara fai plans para pasar a tarde do domingo en compaña doutras mozas. Acoden a El Retiro de paseo, van a un baile cuns amigos, flirtean, pero Clara séntese angustiada. Séntese illada no medio da xente.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
ÈVE SAINT-LOUIS - 2021 / CANADÁ
.FIC2021CompetitivasInternacional


LA TRAVERSÉE / A VIAXE
ÈVE SAINT-LOUIS - 2021 / CANADÁ
Despois dun ano fóra da casa, Chantale, que agora vive e estuda en París, volve a Quebec para pasar as vacacións coa súa nai e a súa irmá. A pesar das circunstancias, o seu pai, co que ten unha relación conflitiva, ofrécese a recollela no aeroporto e levala xunto a elas. Aínda coas dúbidas que ten en canto a volver a velo, acepta a súa oferta.
.FIC2021CompetitivasInternacional
LAURE BOURDON ZARADER - 2017 / FRANCIA
.FIC2017ComediaParalelas


LA VIE SAUVAGE / A VIDA SALVAXE
LAURE BOURDON ZARADER - 2017 / FRANCIA
Arnaud e Nora tiñan un plan perfecto para unha semana perfecta: un paseo por un parque natural, fotos cos animais, sexo, sesta e cea. Porén, a calor abafante, a escaseza de animais e a libido de Nora arruinarán o metódico plan de Arnaud.
.FIC2017ComediaParalelas
DÉNES NAGY - 2013 / HUNGRÍA - BÉLXICA
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés


LÁGY ESÖ / POALLA
DÉNES NAGY - 2013 / HUNGRÍA - BÉLXICA
Nun pobo no leste de Hungría, Dani, un adolescente que está a crecer nun orfanato, namórase da súa compañeira de clase. El trata de achegarse a ela, pero o seu comportamento é obsceno e grotesco, xa que non entende as regras do xogo do amor.
.FIC2014CompetitivasInternacionalPalmarés
ALIKSEI PALUYAN - 2019 / BIELORRUSIA-ALEMAÑA
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés


LAKE OF HAPPINESS / LAGO DE FELICIDADE
ALIKSEI PALUYAN - 2019 / BIELORRUSIA-ALEMAÑA
Nunha pequena aldea bielorrusa onde o tempo asemella deterse, Jasja, unha nena de nove anos de idade, ten que facer fronte á morte da súa nai. O seu pai decide mandala a un orfanato. Pero ela está decidida a escapar e volver a casa.
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés
FILIPE MARTINS - 2016 / PORTUGAL
.FIC2017Paralelas


LANDING / ATERRAXE
FILIPE MARTINS - 2016 / PORTUGAL
Personaxes metafóricas crúzanse nunha historia contada a través de xestos, corpos e lugares. A vida, de principio a fin, coma un percorrido interrompido sempre por un conflito: a aterraxe incompleta. Esta non será, ao final, máis que a chegada a un estado de cousas, a unha inmobilidade definitiva. É o eterno conflito entre a éxtase das paixóns e a aspiración oculta á serenidade, ao equilibrio, ao conformismo e á morte.
.FIC2017Paralelas
PABLO ARAGÜÉS - 2009 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacional


LAS 5 MUERTES DE IBRAHIM GONSÁLEZ / AS 5 MORTES DE IBRAHIM GONSÁLEZ
PABLO ARAGÜÉS - 2009 / ESPAÑA
Tras un accidente doméstico, Ibrahim Gonsález pasa por un minuto clinicamente morto. Non obstante, será o mellor minuto da súa vida!
.FIC2010CompetitivasInternacional
ÁLVARO ANGUITA ARAYA - 2015 / CHILE
.FIC2016CompetitivasInternacional


LAS COSAS SIMPLES / AS COUSAS SIMPLES
ÁLVARO ANGUITA ARAYA - 2015 / CHILE
Penélope é unha funcionaria do rexistro civil que vive coa súa nai, que sofre a enfermidade de Alzheimer. Un día coñece a Ulises, un vello indixente sen memoria nin documentación, ao que convence de que é o seu pai.
.FIC2016CompetitivasInternacional
ALBERTO GARCÍA MARTÍN - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


LAS GAFAS / AS GAFAS
ALBERTO GARCÍA MARTÍN - 2008 / ESPAÑA
Nun lugar desértico, onde apenas hai signos de civilización, dous tipos charlan vestidos con abrigadas chaquetas baixo un sol asfixiante. Teñen que realizar unha misión por mandato dun xefe o que nunca coñeceron. A misión: recuperar unhas gafas.
.FIC2008CompetitivasInternacional
ANDREA HERRERA CATALÁ - 2021 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEspaña


LAS INFANTAS / AS INFANTAS
ANDREA HERRERA CATALÁ - 2021 / ESPAÑA
Entroido en Barcelona. Ruth involucra á súa filla Rihanna nunha carroza de entroido. Rihanna adoita vestirse como unha tomboy e Ruth quere que todos a vexan como unha princesa, pero tutú e a diadema son unha vergoña insoportable para a sumisa Rihanna.
.FIC2022CompetitivasEspaña
PANG-CHUAN HUANG - 2018 / FRANCIA - TAIWÁN
.FIC2019CompetitivasExperimental


LAST YEAR WHEN THE TRAIN PASSED BY / O ANO PASADO CANDO PASABA O TREN
PANG-CHUAN HUANG - 2018 / FRANCIA - TAIWÁN
A miña experiencia de viaxar en tren é a orixe deste proxecto. Sempre sinto curiosidade polas casiñas que vexo pola ventá ao pasar. A fotografía permíteme volver a estes lugares e descubrir as historias destes pobos un ano despois.
.FIC2019CompetitivasExperimental
SYLVAIN CUVILIER, CHLOÉ BURDIC, THÉOPHILE COURSIMAULT, NOÉMIE HALBERSTAM, MAŸLIS MOSNY & ZIJING YE - 2020 / FRANCIA
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil


LATITUDE DU PRINTEMPS / LATITUDE DE PRIMAVERA
SYLVAIN CUVILIER, CHLOÉ BURDIC, THÉOPHILE COURSIMAULT, NOÉMIE HALBERSTAM, MAŸLIS MOSNY & ZIJING YE - 2020 / FRANCIA
Un can é abandonado á beira da estrada. Atado a un farol, queda só todo o día ata que coñece a un mozo aspirante a astronauta e unha ciclista profesional que non deixa de intentar superar a súa mellor marca.
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil
FALK SCHUSTER - 2009 / ALEMAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacional


LAUFENDE GESCHÄFTE / UN NEGOCIO EN MOVEMENTO
FALK SCHUSTER - 2009 / ALEMAÑA
“Un negocio en movemento” móstranos un mundo no que os reloxos dos personaxes marcan un ritmo diferente. Dúas persoas viven porta a porta, non obstante, en dous mundos completamente separados. Pero un día os seus camiños crúzanse e os seus mundos vólvense do revés. Que aconteceu?
.FIC2010CompetitivasInternacional
DAVID FINDLAY - 2022 / CANADÁ
.FIC2022CompetitivasInternacional


LAY ME BY THE SHORE / DÉITAME NA BEIRA
DAVID FINDLAY - 2022 / CANADÁ
Cun novo elenco de actores noveis, Lay Me by the Shore segue unha semana na vida de Noah, un estudante de último ano de instituto que se enfronta á morte do seu mellor amigo. Bañada pola cálida luz dos longos días de xuño e co intimidante espectro dun futuro descoñecido en cernes, a historia cóntase desde a perspectiva do recentemente falecido e, a través do prisma da dor pon de relevo as crúas e potentes emocións da mocidade.
.FIC2022CompetitivasInternacional
ROBERT DELESKIE - 2018 / CANADÁ
.FIC2019ParalelasXuvenil


LAY THEM STRAIGHT / ENDERÉZAOS
ROBERT DELESKIE - 2018 / CANADÁ
Unha adolescente que loita contra o trastorno obsesivo compulsivo ten que enfrontarse aos matóns escolares tódolos días, ata que un evento traumático a convence de que o seu trastorno pode ser un indicativo de poderes sobrenaturais.
.FIC2019ParalelasXuvenil
SOPHIE THOUVENIN - 2019 / FRANCIA
.FIC2019PanoramaParalelas


LE BOUT DE LA PISTE / PISTAS
SOPHIE THOUVENIN - 2019 / FRANCIA
Lala é a única rapaza dun grupo de catro xoves atletas de medio fondo de Malí. As súas visas están a punto de expirar. Coa axuda do seu adestrador, Loïc, teñen unha última oportunidade para impresionar a un cazatalentos e cumprir o seu soño de unirse a un club de atletismo francés.
.FIC2019PanoramaParalelas
NATA MORENO - 2017 / ESPAÑA
.FIC2017InfantilParalelas


LE CHAT DORÉ / O GATO DOURADO
NATA MORENO - 2017 / ESPAÑA
Nun vello camarote, un grupo de músicos intenta crear arte baixo a presión dun director mesquiño. Todos xuntarán as súas forzas para poder logralo. Unha curtametraxe en defensa da liberdade creativa e a expresión artística.
.FIC2017InfantilParalelas
JACQUES RIVETTE - 1956 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


LE COUP DU BERGER / O MATE DO PASTOR
JACQUES RIVETTE - 1956 / FRANCIA
Cando unha esposa infiel recibe un abrigo de pel do seu amante como regalo, deben encontrar unha maneira de evitar que o seu home descubra a verdadeira orixe do abrigo.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
MAZARINE MILOUDI, MÉLANIE LEVAUX, PAULINE MAHIEU, ORIANE GROS, SÉBASTIEN PAGÈS - 2020 / FRANCIA
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas


LE DOIGT DE LA MORT / O DEDO DA MORTE
MAZARINE MILOUDI, MÉLANIE LEVAUX, PAULINE MAHIEU, ORIANE GROS, SÉBASTIEN PAGÈS - 2020 / FRANCIA
O encontro entre o ancián Hadja e unha criatura maldita levará a este habitante da illa de Madagascar a cambiar a súa visión do mundo.
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas
VINCENT BRUNO - 2011 / BÉLXICA
.FIC2011CompetitivasInternacional


LE MAILLOT DE CRISTIANO / A CAMISETA DE CRISTIANO
VINCENT BRUNO - 2011 / BÉLXICA
Tom e Ptit Lu, dous rapaces, soñan con mercar a camiseta do seu ídolo: Cristiano Ronaldo.
.FIC2011CompetitivasInternacional
QUENTIN BAILLEAUX - 2018 / FRANCIA
.FIC2019PanoramaParalelas


LE MANS 1955
QUENTIN BAILLEAUX - 2018 / FRANCIA
As 24 horas de Le Mans, 1955. 300.000 espectadores observan dende as bancadas. Son as 6 da tarde cando o coche de Pierre Levegh se mete nas gradas dos espectadores, dispersando á multitude cas pezas quentes do motor do seu coche. É unha traxedia que custará máis de 80 vidas. E non obstante, a carreira continúa. En Mercedes, un amigo e copiloto de Pierre Levegh está listo para tomar o relevo. O seu nome é John Fitch.
.FIC2019PanoramaParalelas
FABRICE BRACQ - 2017 / FRANCIA
.FIC2017CompetitivasInternacional


LE MONDE DU PETIT MONDE / UN MUNDO ENTEIRO PARA UN MUNDO PEQUENO
FABRICE BRACQ - 2017 / FRANCIA
Unha muller cóntalle á súa filla unha fermosa historia, chea de príncipes e princesas, a través da cal revivirá lembranzas que lle deixará de herdanza.
.FIC2017CompetitivasInternacional
JACQUES DROUIN - 1976 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


LE PAYSAGISTE / O PAISAXISTA
JACQUES DROUIN - 1976 / CANADÁ
Unha potente animación realizada coa pantalla de alfinetes de Alexeieff-Parker invita ao espectador a unha viaxe polo subconsciente.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
LÉVON MINASIAH - 2011 / ARMENIA - FRANCIA
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés


LE PIANO / O PIANO
LÉVON MINASIAH - 2011 / ARMENIA - FRANCIA
13 anos despois do terremoto de Armenia. Un piano se lle concede a unha talentosa nena orfa que vive co seu avó. Sen embargo, a casa onde vive é demasiado pequena para meter un piano.
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés
MÉRYL FORTUNAT-ROSSI, XAVIER SÉRON - 2016 / BÉLXICA
.FIC2017ComediaParalelas


LE PLOMBIER / O FONTANEIRO
MÉRYL FORTUNAT-ROSSI, XAVIER SÉRON - 2016 / BÉLXICA
Tom, un comediante flamengo que se dedicaba á dobraxe de debuxos animados, substitúe de improviso a un compañeiro de profesión. Ao final, acaba no estudio dunha película pornográfica de fala francesa na que, Catherine, unha actriz experimentada, vai ser a súa compañeira. Tom fará de fontaneiro.
.FIC2017ComediaParalelas
CLAUDE BERRI - 1963 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


LE POULET / O POLO
CLAUDE BERRI - 1963 / FRANCIA
Unha familia visita unha granxa de polos. O fillo atrapa un polo e lévao para a casa. O pai pensa en comelo se este non pon ovos. Polo que o rapaz procura salvar ao polo de ser a cea familiar do domingo.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
NÖLWENN ROBERTS - 2018 / FRANCIA
.FIC2019InfantilParalelas


LE RÊVE DE SAM / O SONO DE SAM
NÖLWENN ROBERTS - 2018 / FRANCIA
Nunha soleada mañá de primavera, un pequeno rato decide facer realidade o seu soño, un soño bastante tolo: voar coas andoriñas. Sam ten un ano para facelo realidade desafiando as leis da gravidade e a falta de comprensión dos outros animais.
.FIC2019InfantilParalelas
PATRICK BOUCHARD - 2018 / CANADÁ
.FIC2019CompetitivasInternacional


LE SUJET / O SUXEITO
PATRICK BOUCHARD - 2018 / CANADÁ
Un animador disecciona o seu propio corpo, extraendo recordos, emocións e medos que nutrirán o seu traballo. Mentres se corta a pel cun bisturí, emerxen varios obxectos simbólicos que recordan ao seu pasado. Ao chegar ao corazón despois de partirse as costelas, logra identificar a carga que morría de ganas de soltar.
.FIC2019CompetitivasInternacional
FABRICE LUANG-VIJA - 2019 / FRANCIA
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas


LE TIGRE ET SON MAÎTRE / O TIGRE E O SEU MESTRE
FABRICE LUANG-VIJA - 2019 / FRANCIA
Nunha exuberante selva do Extremo Oriente, un tigre moi torpe non é capaz de cazar nin de atrapar ningunha das súas presas. Ata que coñece a un gato, un hábil depredador, que lle ensina o arte de cazar...
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas
RAÚL ROBIN ALEJANDRO MORALES REYES - 2020 / FRANCIA-SUIZA
.FIC2020InfantilminiFICPanoramaParalelas


LE TIGRE SANS RAYURES / O TIGRE SEN RAIAS
RAÚL ROBIN ALEJANDRO MORALES REYES - 2020 / FRANCIA-SUIZA
Un pequeno tigre decide emprender unha longa viaxe na procura das súas raias.
.FIC2020InfantilminiFICPanoramaParalelas
IAGO ROSA-ROSSO, ANDRÉ TORRES - 2014 / PORTUGAL
.FIC2016ComediaParalelas


LEI DA GRAVIDADE
IAGO ROSA-ROSSO, ANDRÉ TORRES - 2014 / PORTUGAL
Dous personaxes dunha película portuguesa cuestionan a súa existencia.
.FIC2016ComediaParalelas
STIJN BOUMA - 017 / BOSNIA-HERZEGOVINA - HOLANDA
.FIC2018PanoramaParalelas


LEJLA
STIJN BOUMA - 017 / BOSNIA-HERZEGOVINA - HOLANDA
Lejla é una moza que se sente atrapada na súa vida, traballando nun restaurante de comida rápida e coidando do seu pai. Un día coñece a Vedad e namóranse.
.FIC2018PanoramaParalelas
AL DÍAZ - 2017 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasGalicia


LEMBRANZA
AL DÍAZ - 2017 / ESPAÑA
Percorre comigo unha viaxe ao pasado a través dos meus recordos...
.FIC2017CompetitivasGalicia
ILENIA COTARDO - 2017 / REINO UNIDO
.FIC2019O meu primer festivalParalelas


LEMON & ELDERFLOWER / LEMON E ELDEFLOWER
ILENIA COTARDO - 2017 / REINO UNIDO
Dous irmáns colibrís intentan emprender o seu primeiro voo. Traballar en equipo axudaraos a converter un defecto na maior virtude.
.FIC2019O meu primer festivalParalelas
POM BUNSERMVICHA - 2021 / TAILANDIA
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


LEMONGRASS GIRL / A MOZA DA CITRONELA
POM BUNSERMVICHA - 2021 / TAILANDIA
Cando as nubes comezan a acumularse, unha xove directora de produción non ten máis remedio que asumir a tarefa de converterse na moza da citronela.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
ALBERTO TAIBO PIÑEIRO - 2016 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


LENI K.
ALBERTO TAIBO PIÑEIRO - 2016 / ESPAÑA
“Home movie” gravada pola fotógrafa e cineasta alemana Leni Kastell durante a súa estadía de cinco meses na casa dos seus cuñados en Tierra de Campos (Castela e León), durante o ano 1945. A chegada da cineasta desequilibra a vida cotiá do matrimonio.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
FERNANDO CORTIZO - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés


LEO
FERNANDO CORTIZO - 2008 / ESPAÑA
O ventrílocuo Víctor, o seu axudante Raúle o boneco Leo achéganse ó final da súa carreira. O paso dos anos fixo que a súa relación co boneco fora insostible pola fama e popularidade que obtivo Leo en prexuízo do seu creador.
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés
THANASIS NEOFOTISTOS - 2018 / GRECIA
.FIC2019CompetitivasInternacional


LEOFOROS PATISION / AVENIDA PATISION
THANASIS NEOFOTISTOS - 2018 / GRECIA
A nai de Yanni vai de camiño á audición para o papel da Viola de Shakespeare, cando descobre que deixou ao seu fillo pequeno só na casa.
A través dunha serie de chamadas telefónicas, loita por lograr un equilibrio entre os papeis máis importantes da súa vida, mentres camiña pola zona máis controvertida do centro de Atenas, a avenida Patision.
.FIC2019CompetitivasInternacional
LAURENT DENIS - 2008 / BÉLXICA
.FIC2009CompetitivasInternacional


LES DOIGTS DE PIED
LAURENT DENIS - 2008 / BÉLXICA
Arthur, un home de setenta e cinco anos, vive só nunha pequena habitación dunha residencia de anciáns. Os seus días son unicamente animados por Julie, a enfermeira. Ninguén máis ven visitalo. Porén, cando Julie anúncialle a visita de Bernardo, Arthur arránxase como se fose a unha voda. Pero, ¿quen é este visitante? ¿Está realmente aí polo ben de Arthur? ¿E Julie? ¿É ela realmente unha dedicada enfermeira?
.FIC2009CompetitivasInternacional
PHILIPPE GARREL - 1964 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


LES ENFANTS DÉSACCORDÉS / OS RAPACES DESCONFORMES
PHILIPPE GARREL - 1964 / FRANCIA
Narra a historia dunha parella de rapaces, Pascal e Christiane, que deciden fuxir das súas casas. Para isto rouban un coche.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
AGNÈS VARDA - 1961 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


LES FIANCÉS DU PONT MAC DONALD / OS PROMETIDOS DA PONTE MAC DONALD
AGNÈS VARDA - 1961 / FRANCIA
Nesta divertida parodia do cine mudo, un rapaz ve a vida en negro cando se pon os lentes de sol, mais todo se arranxa cando as quita.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
MARC FOUCHARD - 2014 / FRANCIA
.FIC2016PanoramaParalelas


LES FRÉMISSEMENTS DU THÉ / A VÍA DO TÉ
MARC FOUCHARD - 2014 / FRANCIA
Nunha pequena cidade no norte de Francia, Alex, un mozo skinhead, entra na tenda de comestibles de Malik.
.FIC2016PanoramaParalelas
JULIETTE RICCABONI - 2018 / SUÍZA - ITALIA
.FIC2019PanoramaParalelas


LES ÎLES DE BRISSOGNE / AS ILLAS DE BRISSOGNE
JULIETTE RICCABONI - 2018 / SUÍZA - ITALIA
Na zona de descanso chamada Illas Brissogne, Aurora, protexida polo seu irmán Angiolino, prostitúese nos camións e aforra diñeiro para comezar unha nova vida noutro lugar.
.FIC2019PanoramaParalelas
FRANÇOIS TRUFFAUT - 1957 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


LES MISTONS / OS MOCOSOS
FRANÇOIS TRUFFAUT - 1957 / FRANCIA
Durante un caluroso verán, cinco nenos dedícanse a espiar a Bernadette e Gérard, unha parella de amantes. Aproveitando que Gérard se vai cunha expedición alpinista, os cativos mándanlle a Bernadette unha postal provocativa.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
DENYS ARCAND - 1965 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


LES MONTRÉALISTES / OS MONTREALISTAS
DENYS ARCAND - 1965 / CANADÁ
Como naceu Ville-Marie? Cal era o punto de vista relixioso dun dos seus fundadores, Chomedey de Maisonneuve? Que influencia exerceron as comunidades relixiosas? Mentres se centra no traballo de Jeanne-Mance, Marguerite- Burgeois e outras mentes de elite, este filme mostra as dificultades que os Montréalistes, como se chamaban a si mesmos, tiveron que superar nos primeiros tempos da colonia.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
RENAUD MARTIN - 2012 / FRANCIA
.FIC2013CompetitivasInternacional


LES SOUVENIRS / RECORDOS
RENAUD MARTIN - 2012 / FRANCIA
Durante as últimas catro estacións da súa vida, unha muller perde a memoria e deixa escapar un a un todos os seus recordos. A través destes, o seu marido rememora a vida en común.
.FIC2013CompetitivasInternacional
JACQUES DONIOL-VALCROZE - 1958 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


LES SURMENÉS / OS ESGOTADOS
JACQUES DONIOL-VALCROZE - 1958 / FRANCIA
Unha fermosa rapariga que non é moi intelixente gaña un concurso de mecanografía e toma o tren a París para ir traballar, onde se encontrará con dous homes.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
JEAN ROUCH - 1965 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


LES VEUVES DE 15 ANS / AS VIÚVAS DE 15 ANOS
JEAN ROUCH - 1965 / FRANCIA
Marie-France e Véronique son dúas estudantes parisinas que gozan dun estilo de vida sen preocupacións. Protexidas pola familia e os amigos, tan só se preocupan por acadar o amor e a felicidade.
Titulada inicialmente “Marie-France et Véronique”, como parte do filme colectivo La fleur del'âge ou Les adolescents, adquire unha nova vida como curtametraxe independente.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
PEDRO COLLANTES - 2010 / NORUEGA
.FIC2010CompetitivasInternacional


LIFE IN A MINUTE / A VIDA NUN MINUTO
PEDRO COLLANTES - 2010 / NORUEGA
Pequeno poema visual sobre o amor e a brevidade da vida.
.FIC2010CompetitivasInternacional
RAWAN RAHIM - 2015 / LÍBANO - FRANCIA
.FIC2017InfantilParalelasXuvenil


LILOU
RAWAN RAHIM - 2015 / LÍBANO - FRANCIA
Lilou é moi sensible e curiosa, pero tamén apoucada pola súa gran timidez. Cando recibe o poder de ver o pasado das persoas, terá que saír da súa introversión.
.FIC2017InfantilParalelasXuvenil
DAVID MACIÁN - 2007 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


LIQUIDACIÓN TOTAL
DAVID MACIÁN - 2007 / ESPAÑA
O Sr. Iglesias encóntrase nunha cafetería co Sr. De los Santos para facer un sinxelo encargo. No obstante, o Sr. De los Santos sorprenderá ao Sr. Iglesias cunha proposta.
.FIC2008CompetitivasInternacional
HAMY RAMEZAN, RUNGAND NYONI - 2014 / DINAMARCA - FINLANDIA
.FIC2015CompetitivasInternacional


LISTEN / ESCOITA
HAMY RAMEZAN, RUNGAND NYONI - 2014 / DINAMARCA - FINLANDIA
Unha muller estranxeira con burka chega co seu fillo a unha comisaria de Copenhaguen para denunciar ao seu violento marido.
.FIC2015CompetitivasInternacional
LETICIA DOLERA - 2009 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés


LO SIENTO, TE QUIERO / SÍNTOO, QUÉROTE
LETICIA DOLERA - 2009 / ESPAÑA
“Lo Siento, Te Quiero” é unha historia de amor e ciencia ficción que narra a vida de Toni, un mozo ¿normal? que un día foi infiel ó seu corazón. Dende ese momento, algo podre habita dentro del. Agora ten unha oportunidade de cambiar as cousas.
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés
CELINE HELD, LOGAN GEORGE - 2019 / EE.UU.
.FIC2019PanoramaParalelas


LOCKDOWN / BLOQUEO
CELINE HELD, LOGAN GEORGE - 2019 / EE.UU.
Loitando contra os sentimentos pola súa mellor amiga, Marie, de 14 años, pon en escena un plan case perfecto.
.FIC2019PanoramaParalelas
ANITA KWIATKOWSKA-NAQVI - 2016 / POLONIA
.FIC2017Paralelas


LOCUS
ANITA KWIATKOWSKA-NAQVI - 2016 / POLONIA
Unha muller nun tren baleiro no medio da noite, soa e ansiosa por chegar a casa onda seu home e seu fi llo. Cando o tren frea de súpeto, ve a través da fi estra algo que cambiará a súa vida.
.FIC2017Paralelas
IES MARIA SOLIÑO - 2020 / 1º Bacharelato
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC


LONGA NOITE DE EVA
IES MARIA SOLIÑO - 2020 / 1º Bacharelato
Un traballo do alumnado de 1º bacharelato do IES María Soliño Inspirado no cruceiro de Hío e na súa Eva de pedra.
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC
PABLO POLLEDRI - 2020 / ARXENTINA
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas



LOOP / BUCLE
PABLO POLLEDRI - 2020 / ARXENTINA
Nesta sociedade cada ser humano repite unha mesma acción unha e outra vez, sociedade cada ser humano repite unha mesma acción unha e outra vez, sociedade cada ser humano repite unha mesma acción unha e outra vez, sociedade cada ser humano repite unha mesma acción unha e outra vez...
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas
PABLO POLLEDRI - 2020 / ARXENTINA
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil



LOOP / BUCLE
PABLO POLLEDRI - 2020 / ARXENTINA
Nesta sociedade cada ser humano repite unha mesma acción unha e outra vez, sociedade cada ser humano repite unha mesma acción unha e outra vez, sociedade cada ser humano repite unha mesma acción unha e outra vez, sociedade cada ser humano repite unha mesma acción unha e outra vez.
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil
ZACARÍAS & MACGREGOR - 2015 / ESPAÑA
.FIC2016Paralelas


LOS ANGELES 1991 / OS ÁNXELES 1991
ZACARÍAS & MACGREGOR - 2015 / ESPAÑA
Os Ánxeles 1991. As rúas convertéronse nun fervedoiro de tensión e odio racial a punto de estourar. Hoxe é un día importante para Eladio: vai vingar a morte do seu irmán maior. En poucos minutos descubrirá que non é el o único que ten razóns para matar a alguén.
.FIC2016Paralelas
LUIS E. PARÉS - 2021 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEspaña


LOS CONSPIRADORES / OS CONSPIRADORES
LUIS E. PARÉS - 2021 / ESPAÑA
En todo intento de subversión hai dous momentos, o de xusto antes, cando todos dubidan e ninguén sabe como matar o medo, e o de xusto despois, cando só queda correr e atopar un lugar seguro que só existe nunha memoria que se pode manipular.
.FIC2022CompetitivasEspaña
LAURA FERRÉS - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEspaña


LOS DESHEREDADOS / OS DESHERDADOS
LAURA FERRÉS - 2017 / ESPAÑA
É un retrato do pai da directora enfrontándose ao fin do negocio familiar. Pere Ferrés ten 53 anos e está ao cargo dunha empresa de autocares. A escaseza de ingresos obrígao a realizar despedidas de solteiro onde os clientes adoitan destruír o vehículo, pero non está disposto a perder a súa dignidade.
.FIC2018CompetitivasEspaña
VÍCTOR ERICE - 1963 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


LOS DÍAS PERDIDOS / OS DÍAS PERDIDOS
VÍCTOR ERICE - 1963 / ESPAÑA
Unha muller española emigrante que traballaba en París regresa a España tras a morte do seu pai. A sucesión de determinados acontecementos fai que tome conciencia do desarraigo de toda a súa vida sentimental.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
LUCAS CASTÁN - 2017 / ESPAÑA
.FIC2017Curtas en familiaParalelas


LOS HOMBRES DE VERDAD NO LLORAN / OS HOMES DE VERDADE NON CHORAN
LUCAS CASTÁN - 2017 / ESPAÑA
Un pai, un fillo e o hóckey sobre xeo como paixón, pero unha dura realidade que afrontar.
.FIC2017Curtas en familiaParalelas
JANAIRA MARQUES RIBEIRO - 2009 / CUBA - BRASIL
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés


LOS MINUTOS, LAS HORAS / OS MINUTOS, AS HORAS
JANAIRA MARQUES RIBEIRO - 2009 / CUBA - BRASIL
Yoli sempre viviu coa nai no centro da Habana. Un día un home invítaa a saír de ela e decide esperalo, rexeitando a compaña da nai.
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés
BIEL MAURI - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés


LOVE
BIEL MAURI - 2008 / ESPAÑA
"Love" é unha historia de amor dunha familia pouco común. Unha familia na que todos sofren algunha discapacidade menos Karen.
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés
SONEJUHI SINHA - 2015 / EE.UU.
.FIC2016CompetitivasInternacional


LOVE COMES LATER / XA VIRÁ O AMOR
SONEJUHI SINHA - 2015 / EE.UU.
América, a terra das oportunidades, atrae inmigrantes de todas as partes do mundo. Riz, unha ambiciosa inmigrante, traballa nun pequeno motel para acadar o soño americano. Entón, un inesperado descubrimento vaina enfrontar ás consecuencias de ser unha indocumentada.
.FIC2016CompetitivasInternacional
DAN HODGSON - 2015 / REINO UNIDO
.FIC2016CompetitivasInternacional


LOVE IS BLIND / O AMOR É CEGO
DAN HODGSON - 2015 / REINO UNIDO
Alice tivo que facer fronte a un duro ano ela soa. O seu marido James estivo fóra por motivos de traballo, a relación é tensa. Sucumbirá Alice á sedución dun compañeiro de estudos, ou existe aínda a posibilidade dunha reconciliación con James?
.FIC2016CompetitivasInternacional
BRITT RAES - 2022 / BÉLXICA-FRANCIA-PAÍSES BAIXOS
.FIC2022Curtas en familiaInfantilminiFICParalelas


LUCE AND THE ROCK / LUCE E A ROCHA
BRITT RAES - 2022 / BÉLXICA-FRANCIA-PAÍSES BAIXOS
Un día, da nada, unha xigantesca rocha póusase no medio da pacífica aldea onde vive Luce. As persoas do pobo xa non poden nin sequera abrir a porta das súas casas! Luce enfádase: vaite Rocha, non debes estar aquí! E por que estás aquí?
.FIC2022Curtas en familiaInfantilminiFICParalelas
JUAN PABLO ZARAMELLA - 2011 / ARXENTINA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


LUMINARIS
JUAN PABLO ZARAMELLA - 2011 / ARXENTINA
Nun mundo no que a luz reina e marca o ritmo da vida, un home común ten un plan que pode cambiar o rumbo das cousas.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
ANDRÉ MARQUES - 2013 / PORTUGAL - ROMANÍA
.FIC2014.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarésParalelasRetrospectiva


LUMINITA
ANDRÉ MARQUES - 2013 / PORTUGAL - ROMANÍA
Dous irmáns, que non se falaron en anos, reúnense no funeral da súa nai. Estes teñen que facer fronte á súa familia de loito, ás súas obrigas como fillos e aos seus propios sentimentos de perda.
.FIC2014.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarésParalelasRetrospectiva
NANI MATOS - 2016 / ESPAÑA
.FIC2016CompetitivasGalicia


LURNA
NANI MATOS - 2016 / ESPAÑA
Lurna é unha moza africana que soña cunha vida mellor. Un día emprenderá unha viaxe coa ilusión e a esperanza de atopar o seu soño. O que Lurna non sabe é que axiña desexará volver.
.FIC2016CompetitivasGalicia
CHEMA GARCIA IBARRA - 2012 / ESPAÑA
.FIC2013CompetitivasInternacional


LV-225
CHEMA GARCIA IBARRA - 2012 / ESPAÑA
Nunha cidade onde os seus habitantes viven á sombra dunha enorme torre de lixo, un home escribe unha carta á súa amada.
.FIC2013CompetitivasInternacional
ISMAËL JOFFROY CHANDOUTIS - 2020 / FRANCIA
.FIC2021ExperimentalParalelas


MAALBEEK
ISMAËL JOFFROY CHANDOUTIS - 2020 / FRANCIA
Supervivente pero amnésica despois do atentado na estación de metro de Maalbeek o 22 de marzo de 2016 en Bruselas, Sabine busca a imaxe que lle falta dun suceso demasiado mediatizado do que non lembra nada.
.FIC2021ExperimentalParalelas
HATEM KHRAICHE RUIZ ZORRILLA - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


MACHU PICCHU
HATEM KHRAICHE RUIZ ZORRILLA - 2008 / ESPAÑA
Hai fins de semana longos.
Hai fins de semana interminables.
E hai fins de semana coidándoo a el.
.FIC2008CompetitivasInternacional
IVAN BARGE - 2015 / NOVA ZELANDIA
.FIC2016.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarésParalelas


MADAM BLACK / SEÑORA BLACK
IVAN BARGE - 2015 / NOVA ZELANDIA
Cando un fotógrafo de moda atropela a mascota dunha nena, este vese na obriga de inventar unha historia sobre a súa desaparición.
.FIC2016.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarésParalelas
RODRIGO SOROGOYEN - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEspaña


MADRE / NAI
RODRIGO SOROGOYEN - 2017 / ESPAÑA
Unha conversa cotiá entre Marta e a súa nai convertese nunha tráxica carreira contra o reloxo cando Marta recibe unha chamada telefónica do seu fillo.
.FIC2018CompetitivasEspaña
SIMÓN MESA SOTO - 2016 / COLOMBIA - SUECIA
.FIC2017Paralelas


MADRE / NAI
SIMÓN MESA SOTO - 2016 / COLOMBIA - SUECIA
Andrea, de dezaseis anos, deixa o seu barrio nos altos de Medellín e diríxese cara o centro para asistir ao casting dun filme porno.
.FIC2017Paralelas
JAVIER SAN ROMÁN MARTÍN - 2007 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


MADRID MOSCÚ
JAVIER SAN ROMÁN MARTÍN - 2007 / ESPAÑA
Chema, un camioneiro en ruta por unha carreteira calquera, decide parar nun puticlub para ver un partido de fútbol. Para elo terá que ir a habitación de Olga, a única que ten televisor.
.FIC2008CompetitivasInternacional
IES DE BRIÓN - 2018 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas


MAIS EU NON SON EU
IES DE BRIÓN - 2018 / ESPAÑA
Videoclip realizado polo alumnado de secundaria a partir dun tema composto e interpretado por eles mesmos.
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas
MAIMOUNA DOUCOURÉ - 2015 / FRANCIA
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


MAMAN-S / NAI-S
MAIMOUNA DOUCOURÉ - 2015 / FRANCIA
Aida, de oito anos, vive nun apartamento nos suburbios de París. A rutina de Aida e da súa familia vese afectada pola volta do seu pai de Senegal, o seu país de orixe. El non volve só, trae consigo a moza Rama, a quen presenta como a súa segunda esposa. Preocupada pola angustia que está a padecer a súa nai, decide desfacerse da nova visita.
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
CIRO ALTABÁS - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


MANUAL PRÁCTICO DEL AMIGO IMAGINARIO / MANUAL PRÁCTICO DO AMIGO IMAXINARIO
CIRO ALTABÁS - 2008 / ESPAÑA
Pese a ter 27 anos, Fernando Hinojosa inda conserva ao seu amigo imaxinario da infancia: un superheroe chamado Capitán Kilotón. Mais a súa relación periga cando Iratxe, o seu amor platónico do colexio, comeza a vivir coa peculiar parella...
.FIC2009CompetitivasInternacional
IES AUDIOVISUAL DE VIGO (EAV) - 2018 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas


MARBEL: 40 ANOS DESPOIS
IES AUDIOVISUAL DE VIGO (EAV) - 2018 / ESPAÑA
Hai 40 anos, o 27 de xaneiro do 1978, ao barco conxelador Marbel avarióuselle o motor, sendo arrastrado até colisionar coas Illas Cíes e afundirse, levando consigo 27 vidas. Aínda que pasaron moitos anos, segue moi presente en moitos fogares.
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas
CHAO KOI WANG - 2010 / TAIWAN - MACAO
.FIC2010CompetitivasInternacional


MARCH RHAPSODY / RAPSODIA DE MARZO
CHAO KOI WANG - 2010 / TAIWAN - MACAO
Para recuperar aqueles bonitos tempos pasados, Chang Yen toma unha decisión secreta. Cando todo está listo, a súa relación co seu fillo da un xiro inesperado e mellora, facendo que Chang Yen arrepíntase da súa decisión. A medida que pasa o tempo, dáse conta de que os tempos felices só existen na súa imaxinación.
.FIC2010CompetitivasInternacional
CECILIA BARTOLOMÉ - 1969 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


MARGARITA Y EL LOBO / MARGARITA E O LOBO
CECILIA BARTOLOMÉ - 1969 / ESPAÑA
No xuízo de separación matrimonial ao que se enfronta Margarita, un xuíz eclesiástico establece que só haberá separación de corpos e bens; o matrimonio é para toda a vida. Ao longo deste atarefado día, imos vendo como foi a súa vida pasada, por medio de lembranzas fragmentarias que se engarzan a través de números musicais.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
PEDRO SANCHO - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasGalicia


MARUSÍA
PEDRO SANCHO - 2019 / ESPAÑA
Juan e Pedro, dous perdedores que non pasan polo seu mellor momento, apuran o último licor café no bar da Socia. Fartos da súa situación, decidirán vingarse do sistema tomando a decisión máis absurda das súas vidas: voar un barco situado na rotonda máis concorrida do seu barrio.
.FIC2019CompetitivasGalicia
CEIP PLURILINGÜE DE GUILLAREI - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


MARUXA E PEPIÑO
CEIP PLURILINGÜE DE GUILLAREI - 2019 / ESPAÑA
Maruxa encárgase de todos os labores da casa mentres Pepiño rasca o bandullo, ata que un día... as cousas se tornan.
.FIC2019CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
MAITÉ SONNET - 2019 / FRANCIA
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés


MASSACRE / MASACRE
MAITÉ SONNET - 2019 / FRANCIA
Dúas irmás, de 10 e 12 anos, van a deixar atrás a súa querida illa, na que os seus pais xa non se poden permitir vivir. A súa tristeza vaise convertendo en carraxe cara quen lles obriga a marchar: os turistas. O último verán vai ser oscuro, perigoso e tóxico.
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés
JAN LOCUS - 2021 / BÉLXICA
.FIC2021ExperimentalParalelas


MASTERS OF THE LAND / AMOS DA TERRA
JAN LOCUS - 2021 / BÉLXICA
O aumento da minería e o cambio climático provocaron unha gran desertización en Mongolia. Segundo as crenzas xamánicas mongois, a violación da natureza por parte dos homes provoca a ira dos espíritos gobernantes ou dos "amos da terra". Entrelazando textos da xamán Kyrgys Khurak e do poeta Ferenc Juhasz con planos de duración media, Masters of the Land somerxe ao espectador nun final embriagador.
.FIC2021ExperimentalParalelas
ÁLVARO GAGO - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasGaliciaPalmarés


MATRIA
ÁLVARO GAGO - 2017 / ESPAÑA
Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta.
.FIC2018CompetitivasGaliciaPalmarés
JOSEPH OXFORD - 2013 / EE.UU.
.FIC2014CompetitivasInternacional


ME + HER / EU + ELA
JOSEPH OXFORD - 2013 / EE.UU.
Cando Jack e Jill de Cartón City se separan pola prematura morte de Jill, Jack comeza unha viaxe para reparar o seu (literalmente) corazón roto.
.FIC2014CompetitivasInternacional
ALBER PONTE - 2011 / ESPAÑA
.FIC2012CompetitivasInternacional


ME LLAMO RAMA / CHÁMOME RAMA
ALBER PONTE - 2011 / ESPAÑA
Luisa visita os seus pais, que viven nun pequeno pobo próximo a Santiago de Compostela, coa intención de presentarlles a súa parella. O que eles aínda non saben é que o noivo da súa filla é Rama, un indio sij.
.FIC2012CompetitivasInternacional
BELINDA BONAN - 2020 / ESPAÑA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


ME, A MONSTER? / EU, UN MONSTRO?
BELINDA BONAN - 2020 / ESPAÑA
Tras vivir tranquila e plácidamente no seu pequeno planeta, o solitario Nono deberá lidar coa visita dun novo ser, que lle fará descubrir que, á fin e ao cabo, non son tan diferentes como parecen.
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
SOFIA GEORGOVASSILI - 2022 / GRECIA
.FIC2022CompetitivasInternacional


MEMOIR OF A VEERING STORM / MEMORIAS DUNHA TORMENTA QUE SE DESVÍA
SOFIA GEORGOVASSILI - 2022 / GRECIA
É unha mañá de setembro. Está a piques de estalar unha tormenta. Unha nai leva a unha moza ao colexio pola mañá e recolle a unha muller ao final da xornada escolar. Anna, unha moza de quince anos, escápase da escola e, coa axuda do seu noivo, visitan un hospital. Alí ten que enfrontarse a un acontecemento que a sacudirá cara á idade adulta.
.FIC2022CompetitivasInternacional
BRUNO COLLET - 2019 / FRANCIA
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés


MÉMORABLE / MEMORABLE
BRUNO COLLET - 2019 / FRANCIA
Nos últimos tempos, tanto o pintor Louis como a súa muller Michelle están sufrindo unha serie de sucesos paranormais. O mundo que os rodea parece estar pasando por algún tipo de transformación. Moi lentamente, o mobiliario que teñen ao seu redor, así como a xente, comezan a perder a súa forma.
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés
IES AUDIOVISUAL DE VIGO - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas


MEMORIAS DE RODAXE
IES AUDIOVISUAL DE VIGO - 2019 / ESPAÑA
O director de cine vigués Fon Cortizo manda unha mensaxe de audio á directora Xisela Franco, onde recorda unha festa recente na que ambos estiveron. Fon pasou mala noite, ten febre e sufriu un estado de ensoñación no cal imaxinou grandes contedores baleiros. Fon chega así á conclusión de que ese espazo ten os ingredientes necesarios para a construción dunha historia. Na resposta de Xisela Franco fala de filmacións de 8 mm que realizou en diferentes localizacións de Vigo e a súa idea do espazo cinematográfico na propia cidade.
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas
FERNANDO FRANCO - 2007 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


MENSAJES DE VOZ / MENSAXES DE VOZ
FERNANDO FRANCO - 2007 / ESPAÑA
Marta retorna a Madrid despois dunha tempada no estranxeiro co fin de reorganizar a súa vida con Luís.
.FIC2008CompetitivasInternacional
NACHO OZORES - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasGalicia


MENTRES ISO PASA
NACHO OZORES - 2020 / ESPAÑA
Nico é un home con obsesións e compulsións que lle impiden facer unha vida normal. Hoxe volve chegar tarde a un adestramento. Nico precisa que ese inferno na súa cabeza pase.
.FIC2021CompetitivasGalicia
CEIP DO CARBALLAL - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


MERGULLO NAS RÍAS
CEIP DO CARBALLAL - 2022 / ESPAÑA
Unha xornada de pesca convértese en toda unha aventura para Iván. Fanecas, piratas e ata un tiburón nun videoclip realizado a partir do relato Mergullo nas rías creado polo alumnado.
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
FAUSTÓN DA SILVA - 2013 / BRASIL
.FIC2014.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarésParalelas


MEU AMIGO NIETZSCHE
FAUSTÓN DA SILVA - 2013 / BRASIL
O encontro fortuíto entre Nietzsche e Lucas é o comezo dunha violenta revolución na súa mente, na súa familia e na sociedade. Ao final xa non será un neno, senón dinamita.
.FIC2014.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarésParalelas
ISABEL DE OCAMPO - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


MIENTE / MINTE
ISABEL DE OCAMPO - 2008 / ESPAÑA
Doina quere facerlle un regalo de aniversario a súa irmá pequena, pero non é doado conseguilo.
.FIC2009CompetitivasInternacional
IES PRAIA BARRAÑA - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


MIGRANDO
IES PRAIA BARRAÑA - 2022 / ESPAÑA
Unha reflexión sobre a emigración: unha andoriña decátase de que os invernos dos humanos son distintos aos seus…
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
HUGO CABY, ANTOINE DUPRIEZ, AUBIN KUBIAK, LUCAS LERMYTTE, ZOÉ DEVISE - 2020 / FRANCIA
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil


MIGRANTS / MIGRANTES
HUGO CABY, ANTOINE DUPRIEZ, AUBIN KUBIAK, LUCAS LERMYTTE, ZOÉ DEVISE - 2020 / FRANCIA
Dous osos polares vense obrigados a exiliarse por mor do quecemento global. Na súa viaxe acabarán atopándose con osos pardos, cos que intentarán cohabitar.
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil
BARBARA BRUNNER - 2018 / SUÍZA
.FIC2019O meu primer festivalParalelas


MILES AWAY / MOI LONXE
BARBARA BRUNNER - 2018 / SUÍZA
Con imaxinación todo é posible, incluso acabar nun parque de atraccións cunha árbore como acompañante.
.FIC2019O meu primer festivalParalelas
DIANA CAM VAN NGUYEN - 2021 / REPÚBLICA CHECA - ESLOVAQUIA
.FIC2022CompetitivasInternacional


MILÝ, TATI / CON CARIÑO, PAPÁ
DIANA CAM VAN NGUYEN - 2021 / REPÚBLICA CHECA - ESLOVAQUIA
Unha curtametraxe sobre os lazos e as fendas entre unha filla e un pai.
A autora redescubre as cartas que o seu pai lle escribía desde o cárcere. Ese amor parece desaparecer. Ela decide volver escribir coa esperanza de atopar de novo a conexión. Pon por escrito o que non se pode dicir: culparlle da ruptura da familia, pero tamén tratar de entendelo.
.FIC2022CompetitivasInternacional
NIKI LINDROTH VON BAHR - 2017 / SUECIA
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés


MIN BÖRDA / A CARGA
NIKI LINDROTH VON BAHR - 2017 / SUECIA
Un musical animado con matices apocalípticos. A historia divídese en catro episodios: un supermercado, un hotel para estancias longas, un centro de chamadas e un restaurante de comida rápida.
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés
STÉPHANIE LAGARDE - 2021 / PAÍSES BAIXOS
.FIC2022CompetitivasExperimentalPalmarés


MINIMAL SWAY WHILE STARTING MY WAY UP / UN MÍNIMO DE ABALO MENTRES EMPEZO A SUBIR
STÉPHANIE LAGARDE - 2021 / PAÍSES BAIXOS
A medida que un ascensor intelixente descobre o mundo, imos coñecendo os vínculos invisibles entre as alturas extremas -a torre de gran altura, obxecto especulativo e símbolo de dominación social, cultural e económica- e as profundidades extremas -a mina profunda, lugar de extracción de riquezas naturais e de explotación colonial-. A medida que as dúbidas, medos e desexos se funden na conciencia do ascensor, a existencia convértese nunha batalla para xustificarse.
.FIC2022CompetitivasExperimentalPalmarés
ANDRES TENUSAAR - 2016 / ESTONIA
.FIC2017InfantilParalelas


MIRIAMI KANA UNISTUS / O SOÑO DA GALIÑA DE MIRIAM
ANDRES TENUSAAR - 2016 / ESTONIA
Un día de chuvia, Irmán Pequeno e Pai constrúen un avión de xoguete, mentres que Miriam olla un álbum sobre os países do sur. Galiña soña tamén con voar ao sur, pois ve as bandadas de paxaros indo cara esa dirección. Cando escampa, Nai lévaos a todos ao parque para anciñar as follas caídas.
.FIC2017InfantilParalelas
MILEN VITANOV - 2020 / ALEMAÑA - BULGARIA
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas


MISHOU
MILEN VITANOV - 2020 / ALEMAÑA - BULGARIA
Un helicóptero cheo de turistas aterra nun lugar desbordante de neve, xeo e agradable silencio. Tras unha rápida sesión de selfies, os turistas afástanse de novo no helicóptero, deixando atrás un monte de lixo e un pequeno can que é adoptado automáticamente por catro lebres árticas.
.FIC2022miniFICO meu primer festivalParalelas
IES AS BARXAS - 2021 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas


MISS EACH OTHER BEFORE WE NEED / BOTARNOS DE MENOS ANTES DE NECESITALO
IES AS BARXAS - 2021 / ESPAÑA
Videoclip da canción orixinal da alumna Ainhoa Mosquera, gravada e producida na aula de música do IES As Barxas.
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas
CHRISTOPH GIRARDET, MATTHIA MÜLLER - 2021 / ALEMAÑA
.FIC2021ExperimentalParalelas
MISTY PICTURE / IMAXE BRUMOSA
CHRISTOPH GIRARDET, MATTHIA MÜLLER - 2021 / ALEMAÑA
As imaxes na televisión do derrubamento do World Trade Center foron precedidas por múltiples representacións do edificio, tanto como icona simbólica, como fantasía de destrución especulativa ou simplemente como un decorado espectacular. A sinfonía da cidade, o filme da catástrofe e a terapia do trauma mediático fanse un.
.FIC2021ExperimentalParalelas
GÉZA M. THÓT - 2020 / HUNGRÍA
.FIC2021InfantilminiFICParalelas


MITCH-MATCH
GÉZA M. THÓT - 2020 / HUNGRÍA
Queda soamente un misto na caixa. Este pau, a través de distintos episodios, embárcase nunha serie de aventuras divertidas e imaxinativas. Unhas viaxes tralas que sempre volta á caixa.
.FIC2021InfantilminiFICParalelas
INÉS ENCISO - 2008 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


MOFETAS
INÉS ENCISO - 2008 / ESPAÑA
Anoitece no porto de Tánxer. Karim e Aziz esperan o silencio. É a espera dun viaxe cara un mundo aparentemente mellor. Un viaxe cara os sonos. Un viaxe que repítese moitas veces...
.FIC2008CompetitivasInternacional
MOURAD BOUDAOUD, CARINE MAY, YASSINE QNIA, HAKIM ZOUHANI - 2014 / FRANCIA
.FIC2014CompetitivasInternacional


MOLII
MOURAD BOUDAOUD, CARINE MAY, YASSINE QNIA, HAKIM ZOUHANI - 2014 / FRANCIA
Steve ten que substituír ó seu pai no traballo, este é vixilante na piscina municipal. Todo acontece segundo o previsto, ata o momento no que Steve oe uns ruídos estraños.
.FIC2014CompetitivasInternacional
GREGORY CASARES - 2016 / SUÍZA
.FIC2017Paralelas


MON ANGE / MEU ANXO
GREGORY CASARES - 2016 / SUÍZA
Vai tempo que Eva e o señor Corbeau senten afecto e atracción un polo outro. Pero o mundo dos humanos e o mundo animal non se poden misturar! Ou iso parece ata que, unha tardiña de outono, o pai de Eva organiza un baile de máscaras na honra da súa filla.
.FIC2017Paralelas
SUKI - 2021 / FRANCIA
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas


MONDO DOMINO / MUNDO DOMINÓ
SUKI - 2021 / FRANCIA
Tras un son ensordecedor de motoserra, os madereros cantaruxan felizmente mentres cortan árbores que serán usadas como decoración nun show de moda. Unha animación de sátira contemporánea, en forma dunha traxicomedia de acción musical burlesca, lévanos cara un remuíño delirante de reaccións en cadena tan caóticas como grotescas.
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas
BERNARD LONGPRÉ, ANDRÉ LEDUC - 1975 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


MONSIEUR POINTU / SR. POINTU
BERNARD LONGPRÉ, ANDRÉ LEDUC - 1975 / CANADÁ
Esta curtametraxe animada sobre o virtuoso artista escénico Monsieur Pointu (Paul Cormier) é a maxia da gran pantalla na súa mellor representación. Nela, o home e o seu violín son literalmente desmontados; cabeza, pés, extremidades, múltiples elementos de vestimenta escénica, arco do violín, cordas e caixas, todos separados nos seus propios actos, con resultados estraños e divertidos.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
DAVID RODRÍGUEZ MUÑIZ - 2016 / ESPAÑA
.FIC2016CompetitivasGalicia


MONSTRUO
DAVID RODRÍGUEZ MUÑIZ - 2016 / ESPAÑA
Cando un home se converte nun monstro, a súa única opción é a morte.
.FIC2016CompetitivasGalicia
NOELIA MARÍA MUÍÑO GONZÁLEZ - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasGalicia


MONTE BRAVO
NOELIA MARÍA MUÍÑO GONZÁLEZ - 2020 / ESPAÑA
Paula é unha nena que vive nunha aldea galega despois da Guerra Civil. Un día, mentres xoga co seu irmán Pablo, ve un lobishome no bosque. Pero, é real ou só está na imaxinación da nena?
.FIC2021CompetitivasGalicia
IES FELIX MURIEL - 2021 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


MONTE VIVO
IES FELIX MURIEL - 2021 / ESPAÑA
Documental realizado polo alumnado de 4ºESO do IES Félix Muriel, de Rianxo, sobre o proxecto educativo "Monte Vivo", no marco do Obradoiro Audiovisual de Cinema co Móbil 2020-2021.
.FIC2021CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
ANITA KILLI - 2020 / NORUEGA
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC


MOR VISSTE INGENTING / MAMÁ NON O SABÍA
ANITA KILLI - 2020 / NORUEGA
Nunha fría noite de inverno, unha rapaza arrástrase ata o silo dunha vella granxa. Triste e deprimida, corta o seu cabelo e desmáiase no frío chan, levando só un camisón e unhas botas que lle veñen grandes.
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC
AITOR ECHEVERRÍA - 2010 / ESPAÑA
.FIC2011CompetitivasInternacional


MORIR CADA DÍA / MORRER CADA DÍA
AITOR ECHEVERRÍA - 2010 / ESPAÑA
Blanca non está disposta a deixar cear tranquila a súa familia. A conversa lle aburre e as bromas de sempre a irritan. Sabe que todo podería ser diferente.
.FIC2011CompetitivasInternacional
ELODIE WALLACE - 2020 / FRANCIA
.FIC2021CompetitivasInternacional


MOTUS / NIN UNHA PALABRA
ELODIE WALLACE - 2020 / FRANCIA
Alice pérdese no labirinto dun hospital, impulsada pola necesidade de resolver os seus problemas co seu antigo maltratador, que agora está a morrer. Unha carreira para pór definitivamente palabras á súa dor.
.FIC2021CompetitivasInternacional
IGNAS MEILUNAS - 2015 / LITUANIA
.FIC2018O meu primer festivalParalelas


MR NIGHT HAS A DAY OFF / O SEÑOR NOITE TEN UN DÍA LIBRE
IGNAS MEILUNAS - 2015 / LITUANIA
O señor Noite é o ceo nocturno. Unha mañá decide baixar de visita á cidade e comezar a transformar o que atopa nunha cor negra como a noite.
.FIC2018O meu primer festivalParalelas
CÉSAR DÍAZ MELÉNDEZ - 2019 / ESPAÑA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


MUEDRA
CÉSAR DÍAZ MELÉNDEZ - 2019 / ESPAÑA
A vida pode xurdir en calquera parte, a natureza pode actuar de forma estraña e os días poden durar minutos. Aínda que todo nos resulte familiar, nada é o que parece neste lugar. O ciclo da vida visto desde unha perspectiva diferente.
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
EVA SAIZ - 2019 / ESPAÑA
.FIC2020CompetitivasEspaña


MUJER SIN HIJO / MULLER SEN FILLO
EVA SAIZ - 2019 / ESPAÑA
Tere hospeda a un rapaz nunha habitación da súa casa. Entre eles vai xurdir una afinidade que pouco a pouco se vai parecer á que unha nai ten co seu fillo, se non fora porque Tere o ve doutra maneira.
.FIC2020CompetitivasEspaña
SEEMAB GUL - 2021 / PAKISTÁN
.FIC2022CompetitivasInternacional


MULAQAT / TORMENTA DE AREA
SEEMAB GUL - 2021 / PAKISTÁN
Zara, unha colexiala de Karachi (Paquistán), comparte un sensual vídeo de baile co seu noivo virtual, que logo a chantaxea. Atrapada entre o seu comportamento manipulador e o desexo de experimentar o amor nos seus propios termos, Zara busca a forza para rexeitar os confíns dunha sociedade patriarcal.
.FIC2022CompetitivasInternacional
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas


NA MEMORIA DA TÚA ESPOSA
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2019 / ESPAÑA
Adela é unha muller de setenta e un anos que vive nun pobo abandonado do rural galego. A maxia do lugar envolve a poboación anciá que se encontra illada por completo do mundo exterior. Ela, que dedicou toda a súa vida ao seu marido, familia e fogar, atópase nunha situación de desconcerto tras perder aquilo ao que dedicou toda a súa vida. Esta, agora, é unha continua rutina entre ir a igrexa e o cemiterio a visitar a tumba do seu marido, mantendo o rol co que viviu dende sempre. Non sabe ser se non é para alguén máis.
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas
SHADY EL-HAMUS - 2017 / PAÍSES BAIXOS
.FIC2018CompetitivasInternacional


NACHTSCHADE / SOMBRA NOCTURNA
SHADY EL-HAMUS - 2017 / PAÍSES BAIXOS
Tarik, un neno de 11 anos, axuda ao seu pai a transportar inmigrantes ilegais aos Países Baixos. Despois dun accidente, Tarik obtén o recoñecemento que sempre quixo do seu pai, mais a un prezo elevado.
.FIC2018CompetitivasInternacional
NIKI LINDROTH VON BAHR - 2019 / SUECIA
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés


NÅGOTT ATT MINNAS / ALGO PARA LEMBRAR
NIKI LINDROTH VON BAHR - 2019 / SUECIA
Unha nana antes dun gran desastre. Dúas pombas visitan un zoolóxico sen animais, un caracol toma a tensión no médico, no laboratorio do CERN algo saiu terriblemente mal. Seis momentos da nosa era, como seis recordos do mundo que deixamos atrás.
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés
ERIK SCHMITT - 2013 / ALEMAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés


NASHORN IM GALOPP / RINOCERONTE AO GALOPE
ERIK SCHMITT - 2013 / ALEMAÑA
Bruno deambula por Berlín buscando a alma da cidade. Guiado pola súa curiosidade, unha estimulante imaxinación e as súas extravagantes reflexións sobre a realidade, móstranos o que hai máis alá da superficie.
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés
JAKUB JIRÁSEK - 2019 / REPÚBLICA CHECA
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC


NEBÁT SE NIČEHO / NON SEXAS COBARDE
JAKUB JIRÁSEK - 2019 / REPÚBLICA CHECA
Bailar e o parkour xa non están de moda. A educación primaria ofrece agora clases de youtuber. Pero por que os nenos só teñen como subscritores aos seus pais e compañeiros de clase? Dúas mellores amigas, Kate e Rachel, deciden facer un vídeo que o cambie todo. Como din os seus profesores: os seguidores non crecen nas árbores, se queres ser famoso non sexas cobarde.
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC
CLAUDIA COSTAFREDA - 2017 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasGaliciaPalmarés


NÉBOA
CLAUDIA COSTAFREDA - 2017 / ESPAÑA
Telma decide viaxar a Galicia coa intención de devolver a Desiderio, o can que herdou tras o recente falecemento do seu pai.
.FIC2017CompetitivasGaliciaPalmarés
LORNA NICKSON BROWN - 2020 / REINO UNIDO
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


NED & ME / NED E MAIS EU
LORNA NICKSON BROWN - 2020 / REINO UNIDO
Un ancián coñece a unha moza nun café, e o trato que teñen alterará as súas vidas para sempre. Unha exploración da complexidade das transaccións humanas.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
FARNOOSH SAMADI - 2017 / IRÁN - ITALIA
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés


NEGAH / MIRADA
FARNOOSH SAMADI - 2017 / IRÁN - ITALIA
Á volta do traballo, unha muller é testemuña de algo que ocorre nun autobús e debe decidir se o revela ou non.
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés
MARÍA FLORENCIA ÁLVAREZ - 2010 / ARXENTINA
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés


NENA
MARÍA FLORENCIA ÁLVAREZ - 2010 / ARXENTINA
Nena ten 13 anos. Fíxose alta dun día para o outro e o seu corpo volveuse torpe. Pasa as tardes na praza. Acubíllase na súa actitude pero non logra escapar á hostilidade do mundo, que cae sobre unha meniña soa, cada tarde.
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés
ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO - EISV. CE MARCOTE - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas


NIGHT KEEPER / GARDIÁNS DA NOITE
ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO - EISV. CE MARCOTE - 2020 / ESPAÑA
Dous gardiáns da noite deambulan polo bosque. Mentres xogan entre as árbores, un deles pérdese. A súa misión será reencontrarse.
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas
DAVID VALERO - 2007 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés


NIÑOS QUE NUNCA EXISTIERON / NENOS QUE NUNCA EXISTIRON
DAVID VALERO - 2007 / ESPAÑA
Nalgún lugar onde a sangue mestúrase coa terra, a infancia ten nome de soldado.
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés
UGO SANZ - 2007 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacional


NO ES UNA BUENA IDEA / NON É UNHA BOA IDEA
UGO SANZ - 2007 / ESPAÑA
Hoxe é un día moi importante para María e necesita sentir en todo momento ao seu pai xunto a ela para afrontalo con valentía.
.FIC2008CompetitivasInternacional
JOAN GRATZ - 2020 / ESTADOS UNIDOS
.FIC2021ExperimentalParalelas


NO LEADERS PLEASE / NADA DE LÍDERES, POR FAVOR
JOAN GRATZ - 2020 / ESTADOS UNIDOS
Nada de líderes, por favor está baseado nun poema de Charles Bukowski.
As pinturas de Basquiat, Banksy, Haring e A Weiwei representan o tema da invención e reinvención.
.FIC2021ExperimentalParalelas
LAURA JOU - 2015 / ESPAÑA
.FIC2016Paralelas


NO ME QUITES / NON ME DEIXES
LAURA JOU - 2015 / ESPAÑA
Laura e Luís. Dous personaxes sumidos nunha contradición: ela quere volver con el mais atácao e aborréceo; el non quere volver con ela, porén, aí está, na súa casa e a se quitar a chaqueta... A historia dun desamor na que unha muller confunde o desexo coa necesidade de encher un baleiro infinito.
.FIC2016Paralelas
MOÏA JOBIN-PARÉ - 2019 / CANADÁ
.FIC2021Carta Branca-Marc BertrandParalelas


NO OBJECTS / SEN OBXECTOS
MOÏA JOBIN-PARÉ - 2019 / CANADÁ
Combinando técnicas manuais con tecnoloxías dixitais e analóxicas, No Objects transfigura as formas de expresión, convertendo fotografías en gravados e sons en movementos. Unha oda ao tacto na que cada xesto se amplía e a imaxe pode escoitarse.
.FIC2021Carta Branca-Marc BertrandParalelas
ELHAM TOROGHI - 2016 / IRÁN
.FIC2018ParalelasXuvenil


NOBODY / NINGUÉN
ELHAM TOROGHI - 2016 / IRÁN
Un gato branco vive nunha cidade de xente negra. Ninguén lle presta atención porque é diferente.
.FIC2018ParalelasXuvenil
PEDRO PERALTA - 2020 / PORTUGAL
.FIC2021PanoramaParalelas


NOITE PERPÉTUA / NOCHE PERPETUA
PEDRO PERALTA - 2020 / PORTUGAL
Castuera, España, abril de 1939. Durante a noite aparecen dous gardas falanxistas á porta da casa onde Paz se refuxia coa súa familia. Solicitan a súa presenza na comisaría. Paz entende de inmediato a fatalidade desta visita.
.FIC2021PanoramaParalelas
CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


NON TES PREZO
CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN - 2022 / ESPAÑA
Videoclip en defensa da identidade propia.
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
VADIM LASCA - 2015 / VENEZUELA
.FIC2016Paralelas


NORMAL
VADIM LASCA - 2015 / VENEZUELA
Durante as revoltas acontecidas en Caracas en xaneiro de 2014, Alejandra, unha moza opositora participante dos disturbios, mentres fuxe da garda nacional, chega a casa de Fabricio, un mozo que apoia o goberno de Venezuela, e co que no pasado tivo unha relación sentimental falida polas mesmas diferenzas políticas.
.FIC2016Paralelas
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN E ESCOLA AUDIOVISUAL DE VIGO - 2019 / Traballo de fin de grao
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC


NORTE
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN E ESCOLA AUDIOVISUAL DE VIGO - 2019 / Traballo de fin de grao
Un home desorientado é atopado no bosque por unha muller que o leva a unha abadía. Alí descubrirá que alén do bosque hai unha terra maldita chamada Saturnia.
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC
PHIL SHEERIN - 2014 / REINO UNIDO
.FIC2016CompetitivasInternacional


NORTH / NORTE
PHIL SHEERIN - 2014 / REINO UNIDO
Aaron vive nunha granxa. No momento no que a súa nai ten intención de deixar de vivir, Aaron ten dificultades para facerse escoitar.
.FIC2016CompetitivasInternacional
MEREIKE ENGELHARDT - 2020 / FRANCIA
.FIC2021CompetitivasInternacional


NOS LIONS / AVE DO PARAÍSO
MEREIKE ENGELHARDT - 2020 / FRANCIA
Nadia ama a Julien e Julien ama a Nadia. Hoxe, ela vai deixar a súa vida e a súa familia para casar con el. Aínda que esta non é unha voda ordinaria. Unha vez que están xuntos, nada pode detelos.
.FIC2021CompetitivasInternacional
YORDAN PETKOV, EDDY SCHWARTZ - 2020 / BULGARIA, BÉLXICA, FRANCIA
.FIC2021PanoramaParalelas


NOSHTNA SMYANA / TURNO DE NOITE
YORDAN PETKOV, EDDY SCHWARTZ - 2020 / BULGARIA, BÉLXICA, FRANCIA
Solteiro, desempregado e sen nada que perder, Anton empeza a traballar nunha mina de carbón ilegal. Cando o seu compañeiro queda soterrado nun accidente, Anton debe atopar un reemplazo. Hristo, de 20 anos, parece unha boa opción, ata que Anton descobre o seu segredo mellor gardado.
.FIC2021PanoramaParalelas
KATERYNA NAUMENKO - 2009 / UCRAÍNA
.FIC2011CompetitivasInternacional


NOT SCARED / SEN MEDO
KATERYNA NAUMENKO - 2009 / UCRAÍNA
Dous irmáns soñan con ter unha motocicleta. Esfórzanse moito por conseguila montando un pequeno negocio, pero o único que reciben son burlas dos seus amigos. Un día coñecen a Valera, quen lles convida a un campionato de motocrós. Durante o mesmo, acontece un terrible accidente e os mozos vense obrigados a madurar de súpeto.
.FIC2011CompetitivasInternacional
RENÉ JODOIN - 1966 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


NOTES ON A TRIANGLE / NOTAS SOBRE UN TRIÁNGULO
RENÉ JODOIN - 1966 / CANADÁ
Nesta curtametraxe de animación, o triángulo alcanza a distinción de bailarín principal nun ballet xeométrico. O triángulo desprégase nunhas trescentas transformacións, dividíndose e subdividíndose con elegancia e simetría ao ritmo da música de vals.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
MICHELLE KRANOT, URI KRANOT - 2017 / DINAMARCA - FRANCIA
.FIC2018CompetitivasInternacional


NOTHING HAPPENS / NON PASA REN
MICHELLE KRANOT, URI KRANOT - 2017 / DINAMARCA - FRANCIA
Vai un frío de morte nos suburbios da cidade. Mais algunha xente estase a reunir. Agardamos a que algo ocorra, pero non acontece nada…
.FIC2018CompetitivasInternacional
RAÚL GARCÍA - 2009 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacional


NOUTURNIO DE CELANOVA
RAÚL GARCÍA - 2009 / ESPAÑA
Baseada no poema “Nocturnio” de Manuel Curros Enríquez, relata a historia dun vello que ten que abandonar o seu fogar para ir polo mundo a pedir. Pode ser que algún día atopes a ese vello no camiño.
.FIC2010CompetitivasInternacional
CEIP DE CAIÓN - 2018 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas


NOVAMENTE FELIZ
CEIP DE CAIÓN - 2018 / ESPAÑA
Tras unha complicación médica do seu avó, unha adolescente cunha vida complicada vese obrigada a mudarse cuns vellos amigos da familia.
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas
CHARLIE MANTON - 2019 / REINO UNIDO
.FIC2019CompetitivasInternacional


NOVEMBER 1ST / UN DE NOVEMBRO
CHARLIE MANTON - 2019 / REINO UNIDO
Unha nai e a súa filla atravesan o estado para presenciar unha execución longamente agardada.
.FIC2019CompetitivasInternacional
LUKAS SCHRANK - 2015 / AUSTRALIA - REINO UNIDO
.FIC2017CompetitivasInternacional


NOWHERE LINE: VOICES FROM MANUS ISLAND / VOCES DESCOÑECIDAS DESDE A ILLA MANUS
LUKAS SCHRANK - 2015 / AUSTRALIA - REINO UNIDO
Unha curtametraxe animada narrada por dous homes que buscan asilo, retidos no centro de detención da illa Manus, en Australia. Relatan as perigosas viaxes que lles levaron á illa e as lembranzas da revolta que desencadearon.
.FIC2017CompetitivasInternacional
GUILLERMO MADURGA - 2015 / ESPAÑA
.FIC2016Paralelas


NOWHERELAND
GUILLERMO MADURGA - 2015 / ESPAÑA
Onde irías se puideses ir a calquera lugar? Nowhereland é unha viaxe pola imaxinación dunha parella que soña con escapar e compartir a súa intimidade lonxe do mundo que lles rodea.
.FIC2016Paralelas
TOM NOAKES - 2018 / AUSTRALIA
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés


NURSERY RHYMES / NANAS
TOM NOAKES - 2018 / AUSTRALIA
Ao lado dunha estrada rural, un estraño encontro cun metalhead dá un xiro profundo.
.FIC2019CompetitivasInternacionalPalmarés
PAUL WENNINGER - 2021 / AUSTRIA
.FIC2021ExperimentalParalelas


O
PAUL WENNINGER - 2021 / AUSTRIA
Un diálogo entre unha cámara, un intérprete e o espazo que os rodea.
.FIC2021ExperimentalParalelas
RENEE ZHAN - 2020 / REINO UNIDO
.FIC2021CompetitivasEscolas Internacionais


O BLACK HOLE! / O BURACO NEGRO!
RENEE ZHAN - 2020 / REINO UNIDO
Unha muller que non pode soportar o paso do tempo convértese a si mesma nun buraco negro. Mil anos inmutables pasan a través da súa cálida e negra aperta ata que, finalmente, a Singularidade esperta no seu interior.
.FIC2021CompetitivasEscolas Internacionais
IES PONTEPEDRIÑA - 2020 / 2º Bacharelato
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC


O CABALO DE ALBERTE MERLO
IES PONTEPEDRIÑA - 2020 / 2º Bacharelato
Alberte Merlo mantivo durante moitos anos a típica relación humano-cabalo con Cheval, ata que un día este último botou a falar e dende entón… non parou. Os altibaixos de dita relación e, sobre todo, o conflito entre a norma oficial e a reintegracionista do galego, conformarán a trama desta peculiar comedia de humor absurdo.
.FIC2020CompetitivasEscolas GalegasminiFIC
ANDRÉ MARQUES - 2008 / PORTUGAL - ROMANÍA
.FIC2016ParalelasRetrospectiva


O LAGO
ANDRÉ MARQUES - 2008 / PORTUGAL - ROMANÍA
Dous amigos embárcanse nunha viaxe a través do lago, a través deles mesmos.
.FIC2016ParalelasRetrospectiva
IES CACHEIRAS - 2018 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


O MEU MELLOR INIMIGO
IES CACHEIRAS - 2018 / ESPAÑA
Todos temos medos.
.FIC2019CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
CEIP A GUÍA - 2021 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas


O MISTERIO DO BOLSO
CEIP A GUÍA - 2021 / ESPAÑA
Unha historia na que se relata un misterio acontecido no CEIP A Guía de Moaña.
Na investigación do caso ten gran relevancia o labor da policía, de superheroes como Spiderman e Spidergirl e dos Supercaracoliños e Supercaracoliñas que tratarán de descubrir quen levou o bolso da directora do centro.
.FIC2021CompetitivasEscolas Galegas
LUCÍA ESTÉVEZ - 2021 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasGalicia


O NIÑO DOS PAXAROS
LUCÍA ESTÉVEZ - 2021 / ESPAÑA
Os gorrións fanse oco entre a maquinaria, nos tubos de escape, nos motores abertos ou nos asentos dos coches da terceira planta. Cando escoitan abrir o gran portalón á primeira hora da mañá, voan rápido para entrar. Hoxe o taller é un lugar seguro para eles, do mesmo xeito que o foi para o meu pai nos anos 80.
.FIC2022CompetitivasGalicia
JORGE MORAIS - 2007-2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


O PINTOR DE CEOS
JORGE MORAIS - 2007-2008 / ESPAÑA
Dende a escuridade duns acantilados perdidos, un pintor maníaco axudante investigan incansables na busca dun remedio contra as incesantes treboadas. O mar e os anos van devorando pouco a pouco a casa na que habitan, onde ruxe unha caldeira encantada, e rebulen pantasmas atormentadas, que os guiarán na súa loita á procura da luz.
.FIC2009CompetitivasInternacional
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2021 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


O QUE QUEDA DE NÓS
UNIVERSIDADE DE VIGO: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN - 2021 / ESPAÑA
Unha rapaza e a súa nai sempre saen xuntas a cazar. Ela desfruta e é moi boa coas armas, pero a nai pensa que aínda non está lista. Un día de batida perden os cans e todo comeza a complicarse.
.FIC2021CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
DANIEL SOARES - 2021 / PORTUGAL
.FIC2022CompetitivasInternacional


O QUE RESTA
DANIEL SOARES - 2021 / PORTUGAL
Emilio é un agricultor de toda a vida de máis de oitenta anos que vive só na súa granxa abandonada. Todos os seus achegados desapareceron. Só queda un animal. Hoxe é o día en que decide vendelo.
.FIC2022CompetitivasInternacional
CPI CABO DA AREA - 2018 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


O SEGREDO DO BOSQUE
CPI CABO DA AREA - 2018 / ESPAÑA
A película fala do namoramento entre un esquío e un peto, comentado por varios animais da contorna.
.FIC2018CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
VIRGINIA CURIÁ, TOMÁS CONDE - 2009 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés


O SOLDADIÑO DE CHUMBO
VIRGINIA CURIÁ, TOMÁS CONDE - 2009 / ESPAÑA
O Soldadiño de Chumbo chega a un museo de xoguetes e namórase dunha elegante bailarina. O Cigarrón de trapo, que tamén está namorado desta, tentará evitar que os protagonistas estean xuntos. O Soldadiño de Chumbo é unha actualización do conto de Andersen no que se fai unha revisión das personalidades dos personaxes. Unha reflexión acerca da procura do amor desexado e os seres queridos.
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés
LUIS DA MATTA ALMEIDA, JULIO VANZELER - 2012 / ESPAÑA
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés


O XIGANTE
LUIS DA MATTA ALMEIDA, JULIO VANZELER - 2012 / ESPAÑA
Un xigante leva unha nena no seu corazón. O seu corazón é como unha gran ventá dende onde a nena descobre e entende o mundo en que vivimos... Un día, ela terá que irse.
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés
FABIEN MEYRAN, OTALIA CAUSSÉ, GEOFFROY COLLIN, LOUISE GRARDEL, ANTOINE MARCHAND, ROBIN MERLE - 2019 / FRANCIA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


O28
FABIEN MEYRAN, OTALIA CAUSSÉ, GEOFFROY COLLIN, LOUISE GRARDEL, ANTOINE MARCHAND, ROBIN MERLE - 2019 / FRANCIA
En Lisboa, un matrimonio está a piques de viaxar no lendario tranvía número 28. Pero como reaccionas cando os freos deixan de funcionar e te embarcas nunca carreira vetixinosa… cun bebé a bordo?
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
THOMAS SCOHY, KEVIN ZONNEN - 2016 / FRANCIA
.FIC2017ComediaParalelas


OFF / APAGADO
THOMAS SCOHY, KEVIN ZONNEN - 2016 / FRANCIA
Un home séntese intrigado por un interruptor que descobre tras un armario, e non descansa até achar para que sirve, pero... cal será a consecuencia?
.FIC2017ComediaParalelas
EMMA DE SWAEF, MARC JAMES ROELS - 2011 / BÉLXICA - FRANCIA - HOLANDA
.FIC2013CompetitivasInternacional


OH WILLY
EMMA DE SWAEF, MARC JAMES ROELS - 2011 / BÉLXICA - FRANCIA - HOLANDA
Ao morrer a súa nai, Willy regresa á comunidade de naturistas na que creceu. Como se sente melancólico fronte aos seus recordos, Willy decide fuxir cara o bosque.
.FIC2013CompetitivasInternacional
NATALIA MATEO - 2012 / ESPAÑA
.FIC2012CompetitivasInternacional


OJOS QUE NO VEN / OLLOS QUE NON VEN
NATALIA MATEO - 2012 / ESPAÑA
Todas as familias gardan segredos e mentiras; e todo o mundo se formula algunha vez soltalo todo. Pero cando facelo? como? un a un? de golpe nunha reunión familiar? Hoxe, o día de Noiteboa, non parece o mellor momento. En Noiteboa hai que gozar, porque vén Papa Noel, porque hai nenos. Esta noite os segredos son a voces e a mentira flota no ambiente. Pero aínda así, que máis dá unha pequena mentira máis, será a última. Mañá, si, mañá xa llo contamos todo. De momento, avoa, Feliz Nadal.
.FIC2012CompetitivasInternacional
KAUR KOKK - 2013 / ESTONIA
.FIC2015CompetitivasInternacional


OLGA
KAUR KOKK - 2013 / ESTONIA
Olga é garda dun aparcadoiro e pasa os seus monótonos días varrendo a neve entre os coches. Outra persoa solitaria e adicta ao casino, Joel, achega variedade aos seus días. A medida que a neve se amontoa, os problemas comezan a acumularse. No medio dunha crise persoal, o tempo empeora e Olga enfróntase a unha elección.
.FIC2015CompetitivasInternacional
ARIANE LABED - 2019 / FRANCIA
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés


OLLA / OLLA
ARIANE LABED - 2019 / FRANCIA
Olla contesta a un anuncio nunha páxina web de citas para mulleres de Europa do Leste. Múdase con Piere, que vive coa súa nai, pero nada vai como esperaba.
.FIC2020CompetitivasInternacionalPalmarés
MICHAEL WAHRMANN - 2011 / BRASIL - URUGUAI
.FIC2013CompetitivasInternacional


OMA
MICHAEL WAHRMANN - 2011 / BRASIL - URUGUAI
Ela fala alemán, eu falo español. Ela non me escoita, eu non a entendo.
.FIC2013CompetitivasInternacional
ZBIGNIEW CZAPLA - 2021 / POLONIA
.FIC2021ExperimentalParalelas


ON TIME / A TEMPO
ZBIGNIEW CZAPLA - 2021 / POLONIA
O que só é actual e o que é universal: unha intensa experiencia de viaxe a través do tempo e o espazo.
.FIC2021ExperimentalParalelas
PAU CAMARASA - 2009 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


ONA
PAU CAMARASA - 2009 / ESPAÑA
Unha breve historia sobre o desexo.
.FIC2009CompetitivasInternacional
DANI CORNES - 2020 / ESPAÑA
.FIC2020CompetitivasGalicia


ONDE DORMEN AS GAIVOTAS
DANI CORNES - 2020 / ESPAÑA
Nun futuro afectado polo quentamento global, a bióloga Amelia chega a un arquipélago nunha misión de recoñecemento. Illada do mundo, a súa única compañía é a voz de Control no seu oído. Todo semella ir ben, pero o tempo pasa, as tensións aumentan, e comezan a discutir.
.FIC2020CompetitivasGalicia
EMMA BRANDERHORST - 2019 / HOLANDA
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC



ONDERHUIDS / BAIXO A PEL
EMMA BRANDERHORST - 2019 / HOLANDA
A amizade entre tres rapazas que fan natación sincronizada vese ameazada por tensións e envexas . O desexo de encaixar destrúeo todo.
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC
EMMA BRANDERHORST - 2019 / HOLANDA
.FIC2020CompetitivasEscolas Internacionais



ONDERHUIDS / BAIXO A PEL
EMMA BRANDERHORST - 2019 / HOLANDA
A amizade entre tres rapazas que fan natación sincronizada vese ameazada por tensións e envexas . O desexo de encaixar destrúeo todo.
.FIC2020CompetitivasEscolas Internacionais
AQSA ALTAF - 2017/ EE.UU.
.FIC2018CompetitivasInternacional


ONE SMALL STEP / UN PEQUENO PASO
AQSA ALTAF - 2017/ EE.UU.
Unha historia sobre unha nena de 11 anos de Compton, California, que soña con ser astronauta mentres tenta concilialo coa realidade das súas circunstancias.
.FIC2018CompetitivasInternacional
TEEMU NIUKKANEN - 2019 / FINLANDIA
.FIC2020ComediaParalelas


ONKO SULLA NÄLKÄ? / TES FAME?
TEEMU NIUKKANEN - 2019 / FINLANDIA
Unha nai solteira esfórzase por conectar co seu fillo adoptado adolescente, que pensa que é gai. Preocupada de que homes maiores na rede poidan aproveitarse do vulneráble rapaz, decide tomar ela mesma medidas para guialo neste periodo de autodescubrimiento arranxándolle unha cita.
.FIC2020ComediaParalelas
DAVID VALERO - 2019 / ESPAÑA
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC


ORQUESTA LOS BENGALAS / ORQUESTRA OS BENGALAS
DAVID VALERO - 2019 / ESPAÑA
“Los Bengalas”, unha orquestra formada por catro amigos xubilados, leva 30 anos tocando nas festas dos pobos. Pero este ano algo cambiou.
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC
ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasGalicia


OS CORPOS
ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN - 2020 / ESPAÑA
Na provincia de Ourense festéxase cada ano unha das formas máis antigas de Entroido. Ao longo de varios días celébranse folións, farrapadas, corredoiros e baixadas con felos, cigarróns, pantallas e peliqueiros. Os singulares festexos, alumeados con fachos e acompañados do estrondo de tambores, fílmanse de modo envolvente neste documental.
.FIC2021CompetitivasGalicia
CEIP PLURILINGÜE A PEDRA - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


OSO ATRAPABOLBORETAS
CEIP PLURILINGÜE A PEDRA - 2022 / ESPAÑA
Esta é a historia dun oso ao que lle encanta recoller obxectos estraños das árbores do bosque. Un día atopa un ganapán, e con el rescata ás bolboretas que de cando en vez caen ao lago. Pero, cando é o oso o que cae ao lago... Quen o rescatará?
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
TOMER ESHED - 2016 / ALEMAÑA
.FIC2017InfantilParalelasXuvenil


OUR WONDERFUL NATURE THE COMMON CHAMELEON / A NOSA MARABILLOSA NATUREZA: O CAMALEÓN COMÚN
TOMER ESHED - 2016 / ALEMAÑA
Esta curta amosa os hábitos de alimentación do camaleón común dunha forma nunca antes vista.
.FIC2017InfantilParalelasXuvenil
SARAH CHALEK - 2017 / FRANCIA
.FIC2018InfantilParalelas


OUTDOORS / FORA
SARAH CHALEK - 2017 / FRANCIA
Unha muller moi maior adentrarase na cidade despois de que o seu paxariño sexa liberado pola nena que vive no piso veciño.
.FIC2018InfantilParalelas
DELPHINE GRELET - 2016 / FRANCIA
.FIC2017Paralelas


OXYMORE / OXÍMORO
DELPHINE GRELET - 2016 / FRANCIA
Despois de varios anos, os familiares dun enfermo fan declaración dos seus sentimentos.
.FIC2017Paralelas
VICA ZAGREBA - 2016 / FRANCIA
.FIC2017CompetitivasInternacional


PA FUERA / PARA FÓRA
VICA ZAGREBA - 2016 / FRANCIA
Stella e as súas tres fillas están incomunicadas co mundo exterior desde que viven con Corto. Farían calquera cousa por un segundo de liberdade!
.FIC2017CompetitivasInternacional
SAMIR KARAHODA - 2021 / KOSOVO
.FIC2022CompetitivasInternacional


PA VEND / DESPRAZADO
SAMIR KARAHODA - 2021 / KOSOVO
No Kosovo da posguerra, impulsados pola ambición de manter vivo o seu amado deporte, dous xogadores locais vagan dun escuro lugar a outro levando consigo a única posesión do club: as súas mesas.
.FIC2022CompetitivasInternacional
NELY REGUERA - 2009 / ESPAÑA
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés


PABLO
NELY REGUERA - 2009 / ESPAÑA
Unha familia tenta recuperar a normalidade.
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés
SANTIAGO BOU - 2013 / ARXENTINA - FRANCIA
.FIC2014CompetitivasInternacional


PADRE / PAI
SANTIAGO BOU - 2013 / ARXENTINA - FRANCIA
Día tras día, a filla dun militar dedícase a atender ao seu pai enfermo. A ditadura chega á súa fin en Arxentina, pero non na vida desta muller.
.FIC2014CompetitivasInternacional
RYAN GILLIS - 2014 / EE.UU.
.FIC2016Paralelas


PALM ROT / PALMEIRO PODRE
RYAN GILLIS - 2014 / EE.UU.
Un vello fumigador chamado Bill descobre unha caixa chea de estraños escaravellos nos Everglades de Florida. Coa intención de pescudar a súa misteriosa aparición, Bill leva a caixa no seu aerodeslizador. Mais descobre que os escaravellos teñen os seus propios plans.
.FIC2016Paralelas
ERIKA SÁNCHEZ - 2020 / ESPAÑA
.FIC2020CompetitivasEspaña


PANTERES / PANTERAS
ERIKA SÁNCHEZ - 2020 / ESPAÑA
Teñen cicatrices, sobrepeso, están embarazadas, afeitadas ou tatuadas. No vestiario, Joana estuda as condicóns físicas doutras mulleres e logo de si mesma frente ao espello. Pódese modular o teu propio corpo? O teu xénero? A túa feminidade? «Break Free» está escrito na súa camiseta. É a hora da emancipación.
.FIC2020CompetitivasEspaña
ANYA RU, MASHA RUMYANTSEVA - 2021 / ITALIA-RUSIA
.FIC2022InfantilminiFICParalelas


PAPA IS BIG, I AM SMALL / PAPÁ É GRANDE, EU SON PEQUENA
ANYA RU, MASHA RUMYANTSEVA - 2021 / ITALIA-RUSIA
Unha breve e tenra historia sobre unha nena que despide ao seu pai mariñeiro nunha viaxe lonxana. A súa imaxinación infantil alegrará a longa espera.
.FIC2022InfantilminiFICParalelas
EVELYN LAMBART - 1970 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


PARADISE LOST / O PARAÍSO PERDIDO
EVELYN LAMBART - 1970 / CANADÁ
Un chamamento a favor do dereito de tódolos seres vivos a un medio ambiente limpo e non contaminado. Cun gran colorido e un intricado movemento animado, o filme mostra paxaros, bolboretas e outras criaturas do bosque que sucumben á contaminación do aire causada polas invencións humanas.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
ÁLVARO ROBLÈS, JOSÉ PRATS - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas


UMBRELLAS / PARAUGAS
ÁLVARO ROBLÈS, JOSÉ PRATS - 2020 / ESPAÑA
Nunha terra lonxana onde a chuvia non cesa, Kyna, de seis anos, pasa os seus días xogando despreocupadamente baixo a protectora “barba paraugas” do seu pai, Din. Unha noite, a querida cadela de Kyna, Nana, desaparece. Para atopala, Kyna embarcarase nunha aventura de autodescubrimento na que se enfrontará ao seu maior temor, a choiva.
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas
JULES DE NIVERVILLE - 2020 / CANADÁ
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas


PARLE MOI / FÁLAME
JULES DE NIVERVILLE - 2020 / CANADÁ
Parle Moi é un filme sobre non encaixar. A curta segue a unha contorsionista e a un zancudo na súa vida cotiá, e serve como un recordatorio para que nunca teñas medo de deixar que o que fas, sexa unha expresión de quen es.
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas
TALKHON HAMZAVI - 2012 / SUÍZA
.FIC2014CompetitivasInternacional


PARVANEH
TALKHON HAMZAVI - 2012 / SUÍZA
Moza inmigrante afgá, Parvaneh, espera a concesión de asilo nun albergue dos Alpes suízos. Cando se decata do mal estado de saúde do seu pai, viaxa a Zürich para enviar algún diñeiro á súa familia. Como non ten pasaporte, élle imposible efectuar unha transferencia sen axuda doutra persoa.
.FIC2014CompetitivasInternacional
NORMAN MCLAREN - 1968 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


PAS DE DEUX / DÚO
NORMAN MCLAREN - 1968 / CANADÁ
Esta curtametraxe de Norman McLaren é un estudo cinematográfico da coreografía en ballet. Un escenario negro coas figuras dos bailaríns Margaret Mercier e Vincent Warren a contraluz crean un efecto onírico e hipnótico.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
ONUR YAGIZ - 2013 / FRANCIA
.FIC2013CompetitivasInternacional


PATIKA / CAMIÑO
ONUR YAGIZ - 2013 / FRANCIA
Todas as mañás, Yachar, de dez anos, percorre o mesmo camiño co seu pai polo campo. Como só teñen unha bicicleta, teñen que ir facendo quendas. Quendas que os separan.
.FIC2013CompetitivasInternacional
VIBEKE BRYLD - 2015 / DINAMARCA
.FIC2016PanoramaParalelas


PEBBLES AT YOUR DOOR / PELOUROS Á TÚA PORTA
VIBEKE BRYLD - 2015 / DINAMARCA
Harmonia vive feliz en Corea do Norte. Pouco a pouco descubrirá que o que a rodea é un paraíso ficticio e deberá enfrontarse á elección de vivir nun paraíso roto ou iniciar un camiño descoñecido e solitario cara outro lugar.
.FIC2016PanoramaParalelas
IES AUDIOVISUAL DE VIGO - 2019 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


PEGASO 650
IES AUDIOVISUAL DE VIGO - 2019 / ESPAÑA
O Colexio Vista Alegre de Vigo voltaba o 10 de abril de 1979 dunha excursión a Madrid, cando na ponte sobre o Río Órbigo, en Santa Cristina de la Polvorosa, sufriu un accidente. Só 9 nenos e un soldado sobreviviron. Diferentes persoas contarannos como foron os días posteriores e como se recorda actualmente.
.FIC2019CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
SHANE ATKINSON - 2012 / EE.UU.
.FIC2013.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarésParalelas


PENNY DREADFUL
SHANE ATKINSON - 2012 / EE.UU.
Un ladrón novato involúcrase nunha trama de rescate e remata secuestrando a rapaza equivocada.
.FIC2013.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarésParalelas
CHRISTOPH LAUENSTEIN - 2021 / ALEMAÑA
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


PEOPLE IN MOTION / XENTE EN MOVEMENTO
CHRISTOPH LAUENSTEIN - 2021 / ALEMAÑA
Nunha terra sen luz, a repentina aparición dun obxecto iluminado causa conmoción entre os habitantes. Unha peculiar parábola sobre os erros do comportamento humano.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
LUCRÈCE ANDREAE - 2017 / FRANCIA
.FIC2018PanoramaParalelas


PÉPÉ LE MORSE / AVÓ MORSA
LUCRÈCE ANDREAE - 2017 / FRANCIA
Nunha praia ventosa e nubrada, a avoa está rezando, a nai está berrando, as irmás pasan de todo, Lucas está só. O avó era un tipo raro, agora está morto.
.FIC2018PanoramaParalelas
JORGE LÓPEZ NAVARRETE - 2013 / ESPAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacional


PEQUEÑO BLOQUE DE CEMENTO CON PELO ALBOROTADO CONTENIENDO EL MAR
JORGE LÓPEZ NAVARRETE - 2013 / ESPAÑA
Un can e unha egua emprenden unha viaxe xuntos. A cada paso do camiño, as súas diferenzas póñense de manifesto inevitablemente. Pero o profundo coñecemento mutuo xerado polo tempo compartido pode traducirse, de pronto, nun momento luminoso entre os dous.
.FIC2015CompetitivasInternacional
LOFTI ACHOUR - 2014 / TUNISIA - FRANCIA
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés


PÉRE / PAI
LOFTI ACHOUR - 2014 / TUNISIA - FRANCIA
Hedi é un taxista que se gaña a vida en Tunisia capital. Unha noite tócalle levar ó hospital a unha moza embarazada que está a punto de dar a luz. Este breve encontro provocará unha serie de acontecementos inesperados, tráxicos e xocosos, que cambiarán as vidas dos protagonistas.
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés
DUSTIN DEFA - 2014 / EE.UU.
.FIC2014CompetitivasInternacional


PERSON TO PERSON / DE PERSOA A PERSOA
DUSTIN DEFA - 2014 / EE.UU.
A mañá despois dunha noite de festa, un home espértase e descobre unha estraña no seu piso. Pásase o resto do día tratando de convencela para que se vaia.
.FIC2014CompetitivasInternacional
HAMMUDI AL-RAHMOUN - 2016 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasEspaña


PETRONA
HAMMUDI AL-RAHMOUN - 2016 / ESPAÑA
Petrona é a historia dunha heroína cotiá nun país onde ser muller, indíxena e rural, condénate irremediablemente á pobreza e á exclusión social.
.FIC2017CompetitivasEspaña
ALEJANDRO DE VEGA - 2015 / ESPAÑA
.FIC2016ComediaParalelas


PIEL CANELA / PEL CANELA
ALEJANDRO DE VEGA - 2015 / ESPAÑA
Para recuperar a confianza da súa moza, Manuel terá que facer algo desesperado.
.FIC2016ComediaParalelas
JURE PAVLOVIC - 2015 / CROACIA
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


PIKNIK / PÍCNIC
JURE PAVLOVIC - 2015 / CROACIA
Saraxevo, hora punta. Emir, un mozo de 15 anos, acompañado por un traballador social, vai camiño de se reunir co seu pai, Safet, para un pícnic de fin de semana en Igman, un centro penitenciario semiaberto. Por mor do tráfico intenso chegan tarde...
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
MARCO GIANFREDA - 2011 / ITALIA
.FIC2011CompetitivasInternacional


PIZZANGRILLO
MARCO GIANFREDA - 2011 / ITALIA
Canso de vivir, Ettore (65 anos), tenta cada día atopar a coraxe para tirarse o canal co seu vello motocarro. Cando o seu neto Luca (10 anos) descubre o seu propósito, decide seguilo en segredo.
.FIC2011CompetitivasInternacional
COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PLACERES - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas


PLACERES NEWS
COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PLACERES - 2017 / ESPAÑA
Varios acontecementos ocorren en Lourizán e no Colexio de Placeres. Lucía e Pedro informan de cales son as novas que deben saber os telespectadores para non perderse nada do que acontece no lugar.
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas
ALICE DOUARD - 2019 / FRANCIA
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC


PLEIN OUEST / OESTE COMPLETO
ALICE DOUARD - 2019 / FRANCIA
Mathilde, de nove anos, pasa o derradeiro día das súas vacacións de verán na costa co seu grupo de amigos. O seu pai interpreta erroneamente un dos seus xogos.
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC
KATERINA KARHANKOVA - 2017 / REPÚBLICA CHECA
.FIC2018InfantilParalelas


PLODY MRAKU / AS FROITAS DAS NUBES
KATERINA KARHANKOVA - 2017 / REPÚBLICA CHECA
O medo que teñen do bosque os animais non lles permite saír do prado a buscar máis comida. Mais para Furry o bosque só esperta a súa curiosidade.
.FIC2018InfantilParalelas
HELENA GIRÓN & SAMUEL DELGADO - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasGalicia


PLUS ULTRA
HELENA GIRÓN & SAMUEL DELGADO - 2017 / ESPAÑA
Plus Ultra é o lema do estado español. Con el animábase os navegantes a conquistar novas terras esquecendo a advertencia da mitoloxía grega: Non Terrae Plus Ultra (Non existe terra máis alá).
.FIC2018CompetitivasGalicia
GUILLAUME AUBERVAL, LÉA DOZOUL, SIMON GOMEZ, TIMOTHÉ HEK, HUGO LAGRANGE, ANTOINE LAROYE, DAVID LASHCARI - 2016 / FRANCIA
.FIC2017ParalelasXuvenil


POILUS / PELUDOS
GUILLAUME AUBERVAL, LÉA DOZOUL, SIMON GOMEZ, TIMOTHÉ HEK, HUGO LAGRANGE, ANTOINE LAROYE, DAVID LASHCARI - 2016 / FRANCIA
Nas trincheiras francesas reina a calma. Os peludos están a espera de saír ao campo de batalla e, entre eles, atópase a lebre Ferdinand, que está a tocar a harmónica. Reciben un sinal en forma de asubío e comeza o ataque. Porén, será en terra de ninguén onde se encontre por primeira vez co seu principal inimigo: unha criatura arrepiante.
.FIC2017ParalelasXuvenil
TOÑO CHOUZA - 2009 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés


POR LA MAÑANA / POLA MAÑA
TOÑO CHOUZA - 2009 / ESPAÑA
Unha parella de mozos amañece facendo o amor. Sen embargo....
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés
KONSTANTINOS ANTONOPOULOS - 2019 / GRECIA
.FIC2020CompetitivasInternacional


POSTCARDS FROM THE END OF THE WORLD / POSTAIS DESDE A FIN DO MUNDO
KONSTANTINOS ANTONOPOULOS - 2019 / GRECIA
Atrapados nunhas aburridas vacacións familiares, Dimitra, Dimitris e as súas dúas fillas terán que atopar unha forma de escapar dunha illa no Mediterráneo cando a fin do mundo chega inesperadamente.
.FIC2020CompetitivasInternacional
JULIEN GRANDE - 2016 / BÉLXICA
.FIC2017InfantilParalelas


POUR UNE POIGNEE DE GIROLLES / POR UNHA MANCHEA DE CANTARELOS
JULIEN GRANDE - 2016 / BÉLXICA
Un día épico para un apañador de cogomelos.
.FIC2017InfantilParalelas
ALEXANDRE STEIGER - 2017 / FRANCIA
.FIC2018PanoramaParalelas


POURQUOI J’AI ÈCRIT LA BIBLE / POR QUÉ ESCRIBÍN A BIBLIA
ALEXANDRE STEIGER - 2017 / FRANCIA
Francis, un septuaxenario excéntrico, escribiu un libro hai moitos anos. Un día o seu fillo pídello para lelo. Pouco despois de levalo para casa, a súa vida tornarase máis estraña.
.FIC2018PanoramaParalelas
MARTIN SMATANA - 2019 / REPÚBLICA CHECA-ESLOVAQUIA-POLONIA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


POUŠTĔT DRAKA / A COMETA
MARTIN SMATANA - 2019 / REPÚBLICA CHECA-ESLOVAQUIA-POLONIA
O verán está chegando ao seu fin e a froita medra madura nas árbores. O avó dálle ao seu neto unha cometa. O neno salta no aire e o avó cólleo. As follas das árbores caen e o avó vólvese débil. Un vento de outono transpórtao ata un ceo cheo de nubes. Logo chega o inverno, e despois a primavera. Unha brisa quente reúneos de novo. Un conto sobre lembrar aos que xa non están.
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
ANDRÈ TURPIN, ANAÏS BARBEAU-LAVALETTE - 2014 / CANADÁ
.FIC2015CompetitivasInternacional


PRENDS-MOI / CÓLLEME
ANDRÈ TURPIN, ANAÏS BARBEAU-LAVALETTE - 2014 / CANADÁ
Un enfermeiro que traballa nun centro para persoas con minusvalía enfróntase aos seus principios cando é requirido para realizar unha tarefa en particular
.FIC2015CompetitivasInternacional
NATURAL ARPAJOU - 2015 / PARAGUAI - ARXENTINA
.FIC2016Paralelas


PRINCESAS
NATURAL ARPAJOU - 2015 / PARAGUAI - ARXENTINA
A unha nena néganlle a súa identidade por unha cuestión de clase social.
.FIC2016Paralelas
RATI TSITELADZE - 2018 / XEORXIA
.FIC2019CompetitivasExperimental


PRISONER OF SOCIETY / PRISIONEIRO DA SOCIEDADE
RATI TSITELADZE - 2018 / XEORXIA
Que significa ser un estraño no teu propio fogar e país? Prisioneiro da Sociedade é unha viaxe íntima ao mundo e á mente dunha moza transexual, que estivo encerrada aparte do mundo exterior durante a última década.
.FIC2019CompetitivasExperimental
IES TERRA DE TRASANCOS - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


PSICOLOGÍA SEMANAL
IES TERRA DE TRASANCOS - 2022 / ESPAÑA
Os días da semana teñen a súa propia vida pero non todos están moi contentos con ela.
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
LARRY KETANG, LIAM WHITE - 2021 / REINO UNIDO
.FIC2022CompetitivasInternacional


PUNCH-DRUNK / GROGUI
LARRY KETANG, LIAM WHITE - 2021 / REINO UNIDO
Nun café de Marsella, a vida dun home tambaléase cando o seu xantar é interrompido por un un estraño parlanchín.
.FIC2022CompetitivasInternacional
REMI MAZET - 2015 / FRANCIA
.FIC2016PanoramaParalelas


PUNK À CHIEN / PERROFLAUTA
REMI MAZET - 2015 / FRANCIA
Joey, un mozo de dezaoito anos, e a súa cadela Hyonas, recorren Francia. Un día Hyonas sofre un tropezo que cambiará as súas vidas.
.FIC2016PanoramaParalelas
CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas GalegasPalmarés


QUE VAN DICIR DE NÓS
CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL - 2022 / ESPAÑA
O que puido ser e non foi; unha historia de amor entre dúas rapazas. Intentar encaixar dentro dunha sociedade conservadora e intentar protexerse do que dirán da xente lévaas a non poder ser nada máis que amigas.
.FIC2022CompetitivasEscolas GalegasPalmarés
JEAN-JULIEN COLLETTE - 2003 / BÉLXICA
.FIC2008CompetitivasInternacional


QUIÉN QUIERE CARGARSE A ROBERTO SANTINI? / QUEN QUERE CARGARSE A ROBERTO SANTINI?
JEAN-JULIEN COLLETTE - 2003 / BÉLXICA
O voo 623 procedente de Berlín ten 15 min. de atraso. Tempo suficiente para que un novo home de negocios reformúlese unha parte da súa vida. No mesmo aeroporto, Joseph Conrad, un vagabundo cun turbio pasado, parece obsesionado por este misterioso voo.
.FIC2008CompetitivasInternacional
MATT RICHARDS - 2014 / AUSTRALIA
.FIC2016CompetitivasInternacional


RABBIT / COELLO
MATT RICHARDS - 2014 / AUSTRALIA
Un adolescente vulnerable e apesarado carga cun tráxico segredo que mudará a súa vida de vez.
.FIC2016CompetitivasInternacional
THOMAS GOLETZ - 2019 / ESPAÑA
.FIC2020InfantilminiFICParalelas


RAINBOW FRIENDS / AMIGOS DO ARCO DA VELLA
THOMAS GOLETZ - 2019 / ESPAÑA
Wollywell, a ovella negra, quere facer novos amigos, pero as ovellas brancas non están dispostas a coñecelo e isto entristece a Wollywell. Diddl idea un plan para animalo, levándoo a unha divertida e colorida aventura onde todos aprenderán unha valiosa lección sobre a tolerancia.
.FIC2020InfantilminiFICParalelas
JIE WENG - 2018 / CHINA
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas


RAY’S GREAT ESCAPE / A GRAN ESCAPADA DE RAY
JIE WENG - 2018 / CHINA
Ray é un pequeno monstro que vive no bordo dun volcán a piques de estoupar. Un día, canso de tantos terremotos, decide marchar. Cargado con todas as súas pertenzas verase inmerso nunha gran aventura na procura dun novo fogar.
.FIC2021miniFICO meu primer festivalParalelas
DAVID VICTORI - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés


REACCIÓN
DAVID VICTORI - 2008 / ESPAÑA
¿Cando é momento de axudar a alguén?
.FIC2009CompetitivasInternacionalPalmarés
MICHAEL SHANKS - 2019 / AUSTRALIA
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC


REBOOTED / NOVA VERSIÓN
MICHAEL SHANKS - 2019 / AUSTRALIA
Un esqueleto de stop motion, outrora un formidable vilán na pantalla grande pero que agora ten problemas para atopar traballo, vai tomar medidas drásticas cando descobre que van facer unha nova versión do filme para o que foi creado.
.FIC2020Curtas en familiaminiFIC
PIER-PHILIPPE CHEVIGNY - 2019 / CANADÁ
.FIC2020CompetitivasInternacional


RECRUE / RECRUTA
PIER-PHILIPPE CHEVIGNY - 2019 / CANADÁ
2022. Quebec recibe un fluxo sen precedentes de inmigrantes ilegais entrando no país a través dos bosques da fronteira cos Estados Unidos. Grupos radicais gañan seguidores a medida que os cidadáns comezan a estar fartos da xestión do goberno desta crise. Alex, de seis anos, ignora como o mundo cambia ao seu arredor. As patrullas que o seu pai lidera con simpatizantes da extrema dereita son outra oportunidade máis para xogar ao escondite. Esta mañá todo vai cobrar sentido.
.FIC2020CompetitivasInternacional
JUAN CARLOS MOSTAZA - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021CompetitivasEspaña



REFLEJO / REFLEXO
JUAN CARLOS MOSTAZA - 2020 / ESPAÑA
Clara é unha nena de 9 anos cunha visión distorsionada da realidade. Caerá nun pozo do que só poderá saír con esforzo e a axuda das persoas que a rodean.
.FIC2021CompetitivasEspaña
JUAN CARLOS MOSTAZA - 2020 / ESPAÑA
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil



REFLEJO / REFLEXO
JUAN CARLOS MOSTAZA - 2020 / ESPAÑA
Clara é unha nena de 9 anos cunha visión distorsionada da realidade. Caerá nun pozo do que só poderá saír con esforzo e a axuda das persoas que a rodean.
.FIC2021miniFICParalelasXuvenil
IES AS BARXAS - 2017 / ESPAÑA
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas


REGALA SORRISOS
IES AS BARXAS - 2017 / ESPAÑA
Curtametraxe de animación sobre a doazón de órganos
.FIC2018CompetitivasEscolas Galegas
CEIP DO CARBALLAL DE MARÍN - 2018 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas


REGUEIFANDO EN MARÍN
CEIP DO CARBALLAL DE MARÍN - 2018 / ESPAÑA
Videoclip con letra e música orixinal no que dúas bandas discuten sobre o acento cantarín dos habitantes de Marín para finalmente rir xuntos e xuntas
.FIC2019CompetitivasEscolas Galegas
GÜCLÜ YAMAN - 2011 / TURQUÍA - ALEMAÑA
.FIC2011CompetitivasInternacional


REISE OHNE RÜCKKEHR / VIAXE SEN RETORNO
GÜCLÜ YAMAN - 2011 / TURQUÍA - ALEMAÑA
Aamir quería informar á policía que a súa chaqueta foi roubada. Pero todo é diferente ó que imaxinaba. A súa viaxe comezou.
.FIC2011CompetitivasInternacional
JEAN-FRANÇOIS RAVAGNAN - 2015 / BÉLXICA
.FIC2016PanoramaParalelas


RENAÎTRE / RENACER
JEAN-FRANÇOIS RAVAGNAN - 2015 / BÉLXICA
Sarah, unha moza de orixe africano que vive en Bélxica, parte cara Tunisia sen o coñecemento da súa familia. Quere ver por derradeira vez o home que ama.
.FIC2016PanoramaParalelas
JON GARAÑO, JOSE MARI GOENAGA - 2016 / ESPAÑA
.FIC2017CompetitivasEspaña


RENOVABLE
JON GARAÑO, JOSE MARI GOENAGA - 2016 / ESPAÑA
Anos despois da súa ruptura, Tania e Josean reencóntranse nun congreso de enerxías renovables. Ela ten moito que contarlle.
.FIC2017CompetitivasEspaña
JACQUES ROZIER - 1956 / FRANCIA
.FIC2019ParalelasRetrospectiva


RENTRÉE DES CLASSES / VOLTAR Á ESCOLA
JACQUES ROZIER - 1956 / FRANCIA
Nun pequeno pobo da Provenza, durante o primeiro día de clases, un neno tira a súa mochila ao río por unha aposta. A súa recuperación levarao a unha emocionante aventura.
.FIC2019ParalelasRetrospectiva
ANTOINE GIORGINI - 2015 / FRANCIA - BÉLXICA
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés


RÉPLIQUE / RÉPLICA
ANTOINE GIORGINI - 2015 / FRANCIA - BÉLXICA
Hoxe Tony vai pasar unha proba no conservatorio de arte dramático. Mais Steven, o seu mellor amigo, e quen lle ía axudar na réplica, non veu.
.FIC2016CompetitivasInternacionalPalmarés
OLGA OSORIO - 2015 / ESPAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacional


RESTART
OLGA OSORIO - 2015 / ESPAÑA
Andrea está atrapada nun bucle temporal. Logrará rompelo?
.FIC2015CompetitivasInternacional
THOMAS KRUITHOF - 2013 / FRANCIA
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés


RÉTENTION / RETENCIÓN
THOMAS KRUITHOF - 2013 / FRANCIA
Mathilde traballa nun centro de detención, onde axuda aos inmigrantes ilegais a exercer os seus dereitos. Ao chegar Yuri, un ucraíno sen papeis, Mathilde fará todo o posible para salvalo da deportación. Pero o tempo vaise...
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés
KAVEH MAZAHERI - 2017 / IRÁN
.FIC2018PanoramaParalelas


RETOUCH / RETOCAR
KAVEH MAZAHERI - 2017 / IRÁN
O marido de Maryam morreu diante dos seus ollos. Ao principio tratou de axudarlle, pero logo só quedou mirando.
.FIC2018PanoramaParalelas
FABIO GRASSADONIA, ANTONIO PIAZZA - 2009 / ITALIA
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés


RITA
FABIO GRASSADONIA, ANTONIO PIAZZA - 2009 / ITALIA
Rita ten dez anos e é cega de nacemento. O seu claustrofóbico mundo verase sacudido de súpeto por un mozo que fuxindo, ferido e aterrorizado busca refuxio no seu fogar. O enigmático encontro fará que Rita experimente un momento de liberdade
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés
SIRI MELCHIOR - 2014 / DINAMARCA - REINO UNIDO
.FIC2019O meu primer festivalParalelas


RITA & CROCODILE / RITA E O CROCODILO
SIRI MELCHIOR - 2014 / DINAMARCA - REINO UNIDO
Rita e o seu fiel amigo o crocodilo descobren a importancia de permanecer unidos ante a adversidade.
.FIC2019O meu primer festivalParalelas
ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasGaliciaPalmarés


ROMPENTE
ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN - 2022 / ESPAÑA
Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.
.FIC2022CompetitivasGaliciaPalmarés
(LA)HORDE - 2020 / FRANCIA
.FIC2021ExperimentalParalelas


ROOM WITH A VIEW / HABITACIÓN CON VISTAS
(LA)HORDE - 2020 / FRANCIA
Neste vídeo musical do álbum epónimo de Rone, (LA)HORDE segue explorando maneiras de protestar e rebelarse a través da danza. O vídeo e a captura de movemento permiten representar o inimaxinable, para cuestionar con máis violencia e estrañeza as relacións físicas co grupo a través dos posibles colapsos. Rodado xusto antes do peche dos cines, é como a última gran festa antes do apocalipse.
.FIC2021ExperimentalParalelas
CLAUDE JUTRA - 1966 / CANADÁ
.FIC2021ParalelasRetrospectiva


ROULI-ROULANT / XOGUETE DO DEMO
CLAUDE JUTRA - 1966 / CANADÁ
Dedicado a «todas as vítimas da intolerancia», esta película retrata o nacemento do skateboarding en Montreal. Unha nova actividade reprobada por adultos e policías e que daba aos máis novos unha excitante sensación de velocidade e de liberdade. Rouli-Roulant, a primeira película feita sobre este deporte, capta a euforia de mozos e mozas pasándoo en grande mentres rodan costa abaixo sen freos.
.FIC2021ParalelasRetrospectiva
FLURIN GIGER - 2016 / SUÍZA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


RUAH
FLURIN GIGER - 2016 / SUÍZA
Nove personaxes, catro historias, unha situación. Como actuar sabendo que algo grande, algo irreversible, algo do que non podes fuxir nin facer fronte, está a piques de acontecer. Algo máis grande ca calquera cousa que o ser humano experimentara antes.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
ERENTIA BEDEKER - 2020 / SUDÁFRICA
.FIC2021InfantilminiFICParalelas


RUBY & ROACH / RUBY E ROACH
ERENTIA BEDEKER - 2020 / SUDÁFRICA
Dous xoguetes á venda, cruelmente rexeitados polos consumidores porque son diferentes, fan unha atrevida escapada e rematan nun lugar un pouco inesperado pero dalgunha maneira marabilloso…
.FIC2021InfantilminiFICParalelas
MARC REIXACH - 2008 / ESPAÑA
.FIC2009CompetitivasInternacional


RUNNERS
MARC REIXACH - 2008 / ESPAÑA
David é un rapaz de 16 anos que se nega a aceptar o destino que a vida reservou para a súa nai.
.FIC2009CompetitivasInternacional
CHRISTOPHE M. SABER - 2017 / SUÍZA - FRANCIA
.FIC2018CompetitivasInternacional


SACRILÈGE / SACRILEXIO
CHRISTOPHE M. SABER - 2017 / SUÍZA - FRANCIA
Co xurdir do rumor de que puidera ter roubado cartos da mesquita, Saoud enfróntase ás violentas acusacións que poñen en perigo o seu lugar na súa comunidade.
.FIC2018CompetitivasInternacional
CAROLINE DETOURNAY & PAULINA PISAREK - 2017 / FRANCIA
.FIC2018PanoramaParalelas


SAINT DÉSIR / SANTO DESEXO
CAROLINE DETOURNAY & PAULINA PISAREK - 2017 / FRANCIA
Charlotte e Jeremy son dous adolescentes que se coñecen preto de Lisieux un verán. Aquí o aburrimento atrae a morte, a morte atopa o amor, o amor choca co medo, o medo transfórmase en desexo e a paixón conquista sobre a razón.
.FIC2018PanoramaParalelas
JULES COMES - 2017 / BÉLXICA
.FIC2018PanoramaParalelas


SAINT HUBERT / SAN HUBERTO
JULES COMES - 2017 / BÉLXICA
Durante unha procura nunha reserva natural, a policía ten un choque co gardamontes local. O conflito vai de mal en peor cando o gardamontes toma medidas drásticas contra os intrusos.
.FIC2018PanoramaParalelas
CRA AMENCER. ESCOLA SAN PAIO. - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


SALVAR A CARBALLEIRA
CRA AMENCER. ESCOLA SAN PAIO. - 2022 / ESPAÑA
Os pequenos trasnos bosqueiros deciden pedir axuda aos nenos máis valentes do pobo xa que están perdendo a súa maxia bosqueira porque neste lugar xa non hai risas, nin troula… A carballeira pouco a pouco vai esmorecendo.
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
DAVID CASALS - 2007 / ESPAÑA
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés


SALVAR EL MUNDO / SALVAR O MUNDO
DAVID CASALS - 2007 / ESPAÑA
Richard é un mozo executivo que un día decide deixar o seu traballo, deixar a súa moza e a súa familia, e centrarse nun obxectivo moito mais serio como é o de salvar o mundo, aínda que dunha maneira moi particular.
.FIC2008CompetitivasInternacionalPalmarés
HANNIBAL MAHÉ - 2015 / FRANCIA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


SAMEDI / SÁBADO
HANNIBAL MAHÉ - 2015 / FRANCIA
Manu foxe de Juvie. Fóra, ninguén lle presta atención.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
JULIA OCKER - 2018 / ALEMAÑA
.FIC2019InfantilParalelas


SCHAF / OVELLAS
JULIA OCKER - 2018 / ALEMAÑA
O año salta dunha aventura arriscada á seguinte. O rabaño xamais se arriscaría!
.FIC2019InfantilParalelas
JALAL SAEDPANAH - 2011 / IRÁN
.FIC2012CompetitivasInternacional


SEDAYE BARAN / O SON DA CHUVIA
JALAL SAEDPANAH - 2011 / IRÁN
Yadi é o fabricante de gaiolas e vive só na súa cabana, enriba dunha azotea. El adestra paxaros. Ao mozo Mongolia gústanlle os paxaros de Yadi, pero este afástao dos paxaros. Finalmente, un día el queda encerrado na súa cabana.
.FIC2012CompetitivasInternacional
ROBERTO VALLE - 2016 / ESPAÑA
.FIC2017InfantilParalelas


SEGUNDITO / SEGUNDIÑO
ROBERTO VALLE - 2016 / ESPAÑA
Son as dez da noite. Unha familia séntase na mesa: é a hora de cear.
.FIC2017InfantilParalelas
RAQUEL FELGUEIRAS - 2016 / PORTUGAL
.FIC2017Paralelas


SENDAS
RAQUEL FELGUEIRAS - 2016 / PORTUGAL
Como escapar e sobrevivir a experiencias traumáticas? Unha muller e dous irmáns dannos dúas narrativas paralelas das súas viaxes emotivas e rexeneradoras.
.FIC2017Paralelas
CIFP IMAXE E SON. A CORUÑA - 2022 / ESPAÑA
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas


SEPARADOS POR UNHA BARREIRA
CIFP IMAXE E SON. A CORUÑA - 2022 / ESPAÑA
Curtametraxe de animación realizada para a ONG Infancia Solidaria. Céntrase no seu labor de axuda quirúrxica para nenos de países en vías de desenvolvemento.
.FIC2022CompetitivasEscolas Galegas
EMRE KOCA - 2010 / ALEMAÑA
.FIC2011CompetitivasInternacional


SEPPI & HIAS
EMRE KOCA - 2010 / ALEMAÑA
Dous pequenos trastes, Seppi, un neno turco de 9 anos e o seu mellor amigo, Hias, da mesma idade, divírtense facendo bromas á xente dun pequeno e altivo pobo bávaro. "Seppi & Hias": unha amizade que cruza os límites culturais e relixiosos.
.FIC2011CompetitivasInternacional
MOLY KANE - 2020 / FRANCIA
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


SËR BI / AS TEAS BRANCAS
MOLY KANE - 2020 / FRANCIA
Mañá, Zuzana vai casar. Agora cada minuto conta para borrar o seu pasado e converterse na muller que esperan que sexa.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
XACIO BAÑO - 2014 / ESPAÑA
.FIC2015CompetitivasInternacional


SER E VOLTAR
XACIO BAÑO - 2014 / ESPAÑA
Un novo (?) cineasta regresa á casa dos seus avós para facerlles un vídeo-retrato. Diso vai o cine, non si?.
.FIC2015CompetitivasInternacional
MAX HATTLER - 2019 / CHINA-HONG KONG
.FIC2020CompetitivasExperimental


SERIAL PARALLELS / PARALELOS EN SERIE
MAX HATTLER - 2019 / CHINA-HONG KONG
Esta animación experimental aproxímase á contorna urbana de Hong Kong desde a perspectiva conceptual do celuloide e aplicando técnicas de animación á imaxe fotográfica. A distintiva paisaxe arquitectónica de edificios que eclipsan o horizonte reimaxínase como carretes de película paralelos: paralelos en serie.
.FIC2020CompetitivasExperimental
JUST PHILIPPOT - 2015 / FRANCIA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


SES SOUFFLES / SOPRO
JUST PHILIPPOT - 2015 / FRANCIA
Lizon acaba de asistir ao aniversario da súa amiga Marie. Os amigos ao redor da torta, as velas para soprar, o desexo que se fará realidade. Está entusiasmada, tanto, que polo seu noveno aniversario Lizon quere o mesmo. Un aniversario cunha torta, velas e amigos na súa casa: o coche.
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
L. REZAN YESILBAS - 2012 / TURQUÍA
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés


SESSIZ-BÉ DENG / SILENCIOSO
L. REZAN YESILBAS - 2012 / TURQUÍA
1984: Zeynep, que vive en Diyarbakir cos seus tres fillos, quere visitar o seu esposo no cárcere. Zeynep só fala a súa lingua materna, o kurdo, non obstante só permítese falar en turco en prisión, polo que é incapaz de pronunciar unha soa palabra.
.FIC2013CompetitivasInternacionalPalmarés
KATARINA REŠEK - 2020 / ESLOVENIA
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


SESTRE / IRMÁS
KATARINA REŠEK - 2020 / ESLOVENIA
Tres mellores amigas, virxes xuramentadas, métense nunha pelexa cos mozos do lugar. Cando as cousas se poñen feas, son salvadas por unha moza transexual.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
MARIJA APCEVSKA - 2021 / MACEDONIA - SERBIA
.FIC2022CompetitivasInternacional


SEVEREN POL / POLO NORTE
MARIJA APCEVSKA - 2021 / MACEDONIA - SERBIA
Campo brumoso, vestiario abarrotado. Margo non pertence a ningún dos dous. Talvez se perde a súa virxindade, finalmente atopará o seu lugar.
.FIC2022CompetitivasInternacional
MICHAELA MIHÀLY, DAVID STUMPF - 2019 / REPÚBLICA CHECA-ESLOVAQUIA-FRANCIA
.FIC2020ComediaParalelas


SH_T HAPPENS / ECHE O QUE HAI
MICHAELA MIHÀLY, DAVID STUMPF - 2019 / REPÚBLICA CHECA-ESLOVAQUIA-FRANCIA
Un vixiante canso de todo, a súa muller frustrada e un cervo totalmente depresivo. A súa mutua desesperación lévaos a eventos absurdos porque… éche o que hai.
.FIC2020ComediaParalelas
GABRIEL RAZMADZE - 2012 / FRANCIA - XEORXIA
.FIC2013CompetitivasInternacional


SHAVI TUTA / O MORAL NEGRO
GABRIEL RAZMADZE - 2012 / FRANCIA - XEORXIA
Na cidade mineira de Chiatura (Xeorxia), dous adolescentes pasan un día xuntos, lonxe das súas vidas cotiás.
.FIC2013CompetitivasInternacional
QIU YANG - 2019 / CHINA-FRANCIA
.FIC2020CompetitivasInternacional


SHE RUNS / ELA CORRE
QIU YANG - 2019 / CHINA-FRANCIA
Nun inverno chino coma calquera outro, YU, unha estudante de secundaria dunha cidade pequena, tentará deixar o seu equipo de aerobic.
.FIC2020CompetitivasInternacional
JULIEN DAVID - 2020 / FRANCIA
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas


SHLOMO ET LE RABBIN / SHLOMO E O RABINO
JULIEN DAVID - 2020 / FRANCIA
Inverno de 1895, nun pequeno pobo ucraniano, o granxeiro Shlomo está agardando o seu décimo fillo. Presa do pánico corre a xunto do seu rabino buscando un consello e descobre que na vida, como na física, todo é relativo.
.FIC2021Curtas en familiaminiFICParalelas
SANDER JOON - 2022 / ESTONIA
.FIC2022miniFICParalelasXuvenil


SIERRA
SANDER JOON - 2022 / ESTONIA
Un pai e o seu fillo están a perder a carreira popular. Para gañar, o mozo convértese nun pneumático de coche. Inspirada na infancia do director, Sierra introdúcenos no surrealista mundo das carreiras de coches.
.FIC2022miniFICParalelasXuvenil
ANCA MIRUNA LAZARESCU - 2011 / ALEMAÑA - ROMANÍA
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés


SILENT RIVER / RÍO SILENCIOSO
ANCA MIRUNA LAZARESCU - 2011 / ALEMAÑA - ROMANÍA
Romania, 1986: Gregor e Vali queren escaparse. Ambos se necesitan o un ao outro, aínda que hai unha desconfianza mutua. Unha noite Gregor atopa a confirmación ás súas dúbidas. Ao final a única esperanza é fuxir.
.FIC2011CompetitivasInternacionalPalmarés
ZARA DWINGER - 2017 / PAÍSES BAIXOS
.FIC2018CompetitivasInternacional


SIRENE / SEREA
ZARA DWINGER - 2017 / PAÍSES BAIXOS
No seu interior, un rapaz de quince anos séntese diferente aos demais rapaces da súa contorna. Cando fai amizade cunha rapaza, comeza a enredarse máis e máis na súa confusión.
.FIC2018CompetitivasInternacional
GUY NATTIV - 2018 / EE.UU.
.FIC2019CompetitivasInternacional


SKIN / PEL
GUY NATTIV - 2018 / EE.UU.
Nun pequeno supermercado dun pobo de obreiros, un home negro sorrille a un neno branco de 10 anos ao outro lado do corredor da caixa. Este momento inocuo empurra a dúas bandas a unha guerra desapiadada que remata cunha chocante repercusión.
.FIC2019CompetitivasInternacional
JERRY CARLSSON - 2017 / SUECIA
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés


SKUGGDJUR / ANIMAIS NA SOMBRA
JERRY CARLSSON - 2017 / SUECIA
Marall vai a unha festa cos seus pais. Ela parece ser a única que pode ver a sombra roldando no interior da casa.
.FIC2018CompetitivasInternacionalPalmarés
FILIPE MELO - 2020 / 2018 / PORTUGAL - EE.UU.
.FIC2019PanoramaParalelas


SLEEPWALK / SONÁMBULO
FILIPE MELO - 2020 / 2018 / PORTUGAL - EE.UU.
Un home marcha de viaxe por unha ración de pastel de mazá.
.FIC2019PanoramaParalelas
ANABEL CASO - 2017 / MÉXICO
.FIC2017Paralelas


SOFÍA
ANABEL CASO - 2017 / MÉXICO
O encontro erótico de Sofía cun descoñecido nunha gasolineira no medio da nada marcará o fi n da súa inocencia e o inicio da súa puberdade.
.FIC2017Paralelas
CAIT LYN ADAMSON - 2017 / REINO UNIDO
.FIC2018PanoramaParalelas


SOME GIRLS / ALGUNHAS RAPAZAS
CAIT LYN ADAMSON - 2017 / REINO UNIDO
Mina é una adolescente tímida tentando aceptar a súa sexualidade, mentres establece amizade con Lana, unha rapaza do seu colexio. Mina déixase levar pola emoción da rebelión e a experimentación, que culminarán unha noite que as rapazas saen de marcha.
.FIC2018PanoramaParalelas
CHANRADO SOK, KONGKEA VANN - 2021 / CAMBOXA
.FIC2022CompetitivasInternacional


SOMLENG REATREY / O SON DA NOITE
CHANRADO SOK, KONGKEA VANN - 2021 / CAMBOXA
Vibol e o seu irmán Kea venden fideos nun carro motorizado todas as noites nas rúas de Phnom Penh. A miúdo enfróntanse ás molestas ameazas de gánsteres e ladróns, aínda que estas mesmas persoas sexan os seus únicos clientes. Mentres a cidade crece ao seu redor, consideran os seus inestables ingresos e imaxinan un futuro diferente.
.FIC2022CompetitivasInternacional
THEO MONTOYA - 2020 / COLOMBIA, ARXENTINA
.FIC2021CompetitivasInternacional


SON OF SODOM / FILLO DE SODOM
THEO MONTOYA - 2020 / COLOMBIA, ARXENTINA
En agosto de 2017, elixín a Camilo Najar, coñecido como "Fillo de Sodom" nas redes sociais, para que fora o protagonista da miña primeira longametraxe. O filme afondaba na súa vida, a súa sexualidade, a súa relación coas drogas e o futuro que vía para si mesmo. Unha semana despois, aos vinte e un anos, morreu dunha sobredose de heroína. Quen era o "Fillo de Sodom"?
.FIC2021CompetitivasInternacional
FRANCISCO REGUEIRO - 1962 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


SOR ANGELINA, VIRGEN / SOR ANGELINA, VIRXE
FRANCISCO REGUEIRO - 1962 / ESPAÑA
Sor Angelina volta a casa apenas vintecatro horas. É o reencontro cos seus pais, as súas irmás, as súas antigas amigas e algunhas vivencias que prefire non lembrar.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
MAXIME VOIDEY & VICTOR DUFAYAD - 2017 / FRANCIA
.FIC2018InfantilParalelas


SOUS PRESSION / BAIXO PRESIÓN
MAXIME VOIDEY & VICTOR DUFAYAD - 2017 / FRANCIA
Un pequeno astronauta chega a un planeta para colonizalo. Mais descubrirá que este planeta ten algo especial.
.FIC2018InfantilParalelas
MARIO GÓMEZ MARTÍN - 1967 / ESPAÑA
.FIC2022ParalelasRetrospectiva


SOY LEYENDA / SON LENDA
MARIO GÓMEZ MARTÍN - 1967 / ESPAÑA
A historia de Robert Neville, o único supervivinte dun virus que exterminou parte da raza humana convertindo ao resto en vampiros.
.FIC2022ParalelasRetrospectiva
KHRIS CEMBE - 2018 / ESPAÑA
.FIC2019CompetitivasGalicia


SOY UNA TUMBA / SON UNHA TUMBA
KHRIS CEMBE - 2018 / ESPAÑA
Como de costume, un neno observa escondido ao seu pai descargar tabaco de contrabando no medio da noite. Pero esta noite non é tabaco.
.FIC2019CompetitivasGalicia
MARINUS GROOTHOF - 2011 / HOLANDA
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés


SPIEGELINGEN / REFLEXO
MARINUS GROOTHOF - 2011 / HOLANDA
Entra ás agachadas no que parece ser un edificio baleiro, un lugar deserto onde el se enfronta a si mesmo dun xeito cada vez máis perigoso.
.FIC2012CompetitivasInternacionalPalmarés
ARTHUR CHAYS - 2022 / FRANCIA
.FIC2022Curtas en familiaminiFICParalelas


SPOON / CULLER
ARTHUR CHAYS - 2022 / FRANCIA
Escapar da vida cotiá é moi sinxelo: necesitas motivación, unha escaleira e unha culler. Pero é realmente tan fácil?
.FIC2022Curtas en familiaminiFICParalelas
SARA KERN - 2016 / ESLOVENIA - AUSTRIA - CROACIA
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés


SREČNO, ORLO! / BOA SORTE, ORLO!
SARA KERN - 2016 / ESLOVENIA - AUSTRIA - CROACIA
Despois dun suceso dramático, Orlo, de sete anos, mira os seus pais consumirse pola tristeza. Nun intento de facelos felices e recompoñer a familia de novo, fai algo inesperado...
.FIC2017CompetitivasInternacionalPalmarés
MAYA VITKOVA - 2010 / BULGARIA
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés


STANKA SE PRIBIRA VKASHTI / STANKA VOLVE A CASA
MAYA VITKOVA - 2010 / BULGARIA
Cando Stanka Atanasova, unha muller anciá e doente, entra no seu bloque de pisos, descobre que o ascensor está avariado. Stanka ten que usar as escaleiras ata o noveno piso, e o que para a maioría de nós sería unha simple tarefa, para ela convértese nun desafío.
.FIC2010CompetitivasInternacionalPalmarés
JOSEMA ROIG - 2014 / EE.UU.
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés


STARMAN
JOSEMA ROIG - 2014 / EE.UU.
Wyatt Star, motorista de capa caída enfróntase aos seus erros do pasado para volver ser a lenda que un día foi.
.FIC2015CompetitivasInternacionalPalmarés
THĒODORE JANVIER, FANNY PAOLI, EMMA GACH, ANABELLE DAVID, JULIE VALENTIN, CLAIRE ROBERT - 2021 / FRANCIA
.FIC2022InfantilminiFICParalelas


STEP BY STEP / PASO A PASO
THĒODORE JANVIER, FANNY PAOLI, EMMA GACH, ANABELLE DAVID, JULIE VALENTIN, CLAIRE ROBERT - 2021 / FRANCIA
Unha pequena bota de choiva espértase na beira dun río. Na súa viaxe polo bosque superará calquera obstáculo para atopar o camiño de volta a casa. No camiño enfróntase a moitos acontecementos que a farán crecer.
.FIC2022InfantilminiFICParalelas
LEONARDO VAN DIJL - 2020 / BÉLXICA
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés


STEPHANIE
LEONARDO VAN DIJL - 2020 / BÉLXICA
Tras gañar o seu primeiro título internacional, unha ximnasta de 11 anos experimenta tanto novas presións como un novo grao de conciencia de si mesma. Canto máis recoñecemento obtén, máis se dá conta de que o xogo non fixo máis que comezar.
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés
GEORGI M. UNKOVSKI - 2019 / MACEDONIA
.FIC2020ComediaParalelas


STICKER / ADHESIVO
GEORGI M. UNKOVSKI - 2019 / MACEDONIA
Tras non conseguir renovar os papeis do seu coche, Dejan cae nunha trampa burocrática que pon a proba a súa determinación para ser un pai responsable.
.FIC2020ComediaParalelas
SOPHY ROMVARI - 2020 / CANADÁ
.FIC2021CompetitivasInternacionalPalmarés