MERCADO III MERCADO DA CURTAMETRAXE -
DO MARTES 10 AO SÁBADO 14
MUSEO MASSÓ

Co obxectivo de fomentar a distribución, exhibición e promoción das curtametraxes, o FICBUEU organiza o III Mercado da Curtametraxe, un espazo ao que poderán acceder -previa acreditación- profesionais, empresas, institucións e entidades pertencentes a industria cinematográfica e audiovisual. As persoas inscritas, como potenciais favorecedoras das películas de curta duración, terán acceso ás máis de 2.000 obras presentadas á actual edición do festival, podendo visionalas e obter o contacto dos autores e distribuidores daquelas que sexan do seu interese.

O Mercado será un espazo de encontro e simbiose, onde os creadores poderán amosar o seu traballo e os profesionais terán acceso a unha ampla mostra das últimas curtametraxes realizadas ao redor do mundo. O Museo Massó acollerá esta actividade nunha das súas salas, que estará operativa do 10 ao 14 de setembro cun horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas. As acreditacións poden solicitarse no enderezo prensa@ficbueu.com.