MIGUEL LAGO MONÓLOGO HUMORÍSTICO -
DOMINGO 8, 22:00 H
CENTRO SOCIAL DO MAR

Miguel Lago chega ao FICBUEU co espectáculo ‘Miguel Lago, en directo’, no que introduce novidades tanto no texto como na escenografía e que, como de costume, será calquera cousa menos politicamente correcto, pese ao que a indumentaria do seu alter ego poida suxerir. Franqueza, sarcasmo e catarse combinaranse sobre o escenario do Centro Social do Mar, amosando unha maneira moi particular de ver o mundo.

O cómico vigués colabora na actualidade con Todo es mentira, o magacín de tarde que Risto Mejide presenta en Cuatro, despois das súas aplaudidas aparicións en El club de la comedia, o Late motiv de Buenafuente ou La resistencia de Broncano, entre outros espazos televisivos e radiofónicos como Carne cruda. Como actor, alén dalgunha curtametraxe, vímolo en series como Las chicas del cable e Curso del 63. Sobre as táboas, tras varias temporadas de éxito con ‘Soy un miserable’, nestes intres está de xira co show ‘Miguel Lago pone orden’, que na súa anterior etapa en Madrid pendurou o cartel de “aforo completo” en todas as funcións.

Entradas