O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames. 

As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film Festival (ESSF), o Shortcutz Amsterdam, o Adriatic Film Festival e o Lens Dans de Barcelona e poderán verse no Centro Social do Mar o sábado 30 ás 21:00 nunha única sesión para a que xa están as entradas dispoñibles na tenda online do FICBUEU. 

En representación do certame escosés, Edimburgh Short Film Festival (ESSF), proxectarase a curta “Broono” (2024, 21 min). Un filme dirixido por Gerald Lepkowski que conta a inesperada historia de amizade de un rapaz de 11 anos co matón do seu barrio na Glasgow dos anos 70. O Shortcutz Amsterdam propón nesta ocasión a curta inspirada nunha historia real, “Free fall” (2021, 19 min) de Emmanuel Tenenbaum, coa que coñecemos a Tom, un mozo operador nun barco de Londres que co impacto do primeiro avión no World Trade Center decide levar a cabo a operación financieira más importante da súa vida. 

Dende Italia chega “Dreaming Boy” de Davide Vigore, curta coming-of-age proposta polo Adriatic Film Festival coa que acompañaremos a Pietro no inicio do seu camiño cara a madurez. O director estará presente na proxección para introducir o seu filme e realizar un encontro posterior co público. 

Esta primeira noite de festivais contará tamén coa presenza dunha peza proposta polo festival especializado en videodanza, Lens Dans que ten lugar en Barcelona e Bruxelas. O filme “Soma” (2023, 10 mins) será o que complete a sesión. Dirixido polo colectivo Kwam Collective “Soma” explora o mito contemporáneo sobre a xénese do corpo humano. A medida que se desenvolve a narrativa libre e onírica, distintos personaxes atravesan experiencias corporais viscerais de amor, encantamento, dor e morte.
A actividade forma parte do programa de colaboracións do FICBUEU grazas ao cal levan a cabo diferentes eventos e proxeccións ao longo de todo o ano. Recentemente foi o festival bueuense o que achegou curtas da súa pasada edición a Edimburgo, Italia ou Barcelona, entre outras cidades. A “Noite dos festivais” será unha das últimas colaboracións de 2024, de cara a 2025 o FICBUEU xa ten pechadas varias datas con certames nacionais e internacionais e segue traballando no desenvolvemento deste programa.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.