Sección dedicada a aquelas obras en formato curtametraxe que forman parte da Historia do Cinema.

NOUVELLE VAGUE 2: CONSOLIDACIÓN - MÉRCORES 11 ÁS 20:00 HORAS
BLUE JEANS VAQUEIROS JACQUES ROZIER 1958 / FRANCIA / 22 MIN - Rene Ferro, Francis De Peretti, Elisabeth Klar, Laure Coretti.

Narra os intentos de flirteo de dous raparigos coas súas scooters na costa de Cannes.

TOUS LES GARÇONS S´APPELLENT PATRICK (CHARLOTTE ET VÉRONIQUE) TODOS OS RAPAZES CHÁMANSE PATRICK (CHARLOTTE E VÉRONIQUE) JEAN-LUC GODARD 1959 / FRANCIA / 20 MIN - Anne Collette, Nicole Berger, Jean-Claude Brialy.

Charlotte e Véronique coñeceron cada unha a un rapaz encantador; ao ser amigas confíanse o nome e coincidentemente ambos se chaman Patrick. Será que ese é un nome moi común ou hai máis coincidencias nesta historia?

VERONIQUE ET SON CANCRE VERONIQUE E O SEU ZOQUETE ÉRIC ROHMER 1958 / FRANCIA / 19 MIN - Nicole Berger, Stella Dassas, Alain Delrieu.

Unha titora, contratada pola nai dun neno vago e indisciplinado, responde ás preguntas aparentemente sinxelas deste.

CHARLOTTE ET SON JULES CHARLOTTE E O SEU JULES JEAN-LUC GODARD 1960 / FRANCIA / 13 MIN - ean-Paul Belmondo, Anne Collette, Gérard Blain.

Un home recibe a visita da súa ex moza e intenta reconquistala. Claro que el non sabe que ela só volveu a buscar o seu cepillo de dentes.

LES FIANCÉS DU PONT MAC DONALD OS PROMETIDOS DA PONTE MAC DONALD AGNÈS VARDA 1961 / FRANCIA / 5 MIN - Jean-Luc Godard, Anna Karina, Sami Frey, Jean-Claude Brialy, Eddie Constantine, Danièle Delorme, Yves Robert.

Nesta divertida parodia do cine mudo, un rapaz ve a vida en negro cando se pon os lentes de sol, mais todo se arranxa cando as quita.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba