Sección dedicada a aquelas obras en formato curtametraxe que forman parte da Historia do Cinema.

NOUVELLE VAGUE 3: TRABALLOS TARDÍOS - XOVES 12 ÁS 20:00 HORAS
UNE HISTORIE D´EAU UNHA HISTORIA DE AUGA JEAN-LUC GODARD E FRANÇOIS TRUFFAUT 1961 / FRANCIA / 12 MIN - Caroline Dim, Jean-Claude Brialy.

Unha rapaza atópase con que as rúas que rodean a súa casa están anegadas debido a unha prematura chegada da primavera que produce un intenso desxeo...

JANINE JANINE MAURICE PIALAT 1962 / FRANCIA / 17 MIN - Hubert Deschamps, Claude Berri, Evelyne Ker, Mouflette.

Dous homes unidos por unha recente amizade pasean pola cidade de noite reflexionando sobres as mulleres. Un, o máis desencantado, ten experiencia; mentres que o outro desexa casarse, ter fillos...

LA BOULÀNGERE DE MONCEAU A PANADEIRA DE MONCEAU ÉRIC ROHMER 1963 / FRANCIA / 22 MIN - Barbet Schroeder, Michèle Girardon, Claudine Soubrier, Michel Mardore, Fred Junk.

Un estudante de dereito séntese atraido pola moza Sylvie, coa que se cruza a miúdo pola rúa. Aconsellado por un amigo, forza un encontro fortuíto para abordala. Sylvie acepta a invitación, pero di ter présa e propón pospor a cita para outro día. Pasa o tempo, e mentres el intenta en van volver a ver á moza, coñece a outra rapariga, unha panadeira.

LE POULET O POLO CLAUDE BERRI 1963 / FRANCIA / 15 MIN - Jacques Marin, Viviane Bourdonneux, Martin Serre.

Unha familia visita unha granxa de polos. O fillo atrapa un polo e lévao para a casa. O pai pensa en comelo se este non pon ovos. Polo que o rapaz procura salvar ao polo de ser a cea familiar do domingo.

LES ENFANTS DÉSACCORDÉS OS RAPACES DESCONFORMES PHILIPPE GARREL 1964 / FRANCIA / 15 MIN - Christiane Pérez, Pascal Roy, Maurice Garrel, Marcel Domerc, Jean-Noël Roy.

Narra a historia dunha parella de rapaces, Pascal e Christiane, que deciden fuxir das súas casas. Para isto rouban un coche.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba