Sección dedicada a aquelas obras en formato curtametraxe que forman parte da Historia do Cinema.

NOUVELLE VAGUE 4: FILMES-EPISODIO - VENRES 13 ÁS 20:00 HORAS
LA LUXURE A LUXURIA JACQUES DEMY 1962 / FRANCIA / 14 MIN - Jean-Louis Trintignant, Laurent Terzieff, Jean Desailly, Micheline Presle, Nicole Berger.

Paul e Bernard están buscando nas reproducións do “Xardín das delícias” de Hieronymus Bosch (o Bosco), unha definición da luxuria. Bernard rememora a súa infancia, cando confundía a luxuria co luxo.
Episodio do filme Les sept péchés capitaux, onde sete directores toman os pecados capitais como motivo para desenvolver diferentes historias.

ANTOINE ET COLETTE ANTOINE E COLETTE FRANÇOIS TRUFFAUT 1961 / FRANCIA / 29 MIN - Jean-Pierre Léaud, Marie-France Pisier, Jean-François Adam, Patrick Auffay, François Darbon, Pierre Schaeffer, Rosy Varte.

Antoine ten case 20 anos, reside nun hotel e traballa para a Phillips empaquetando discos; adora a música. Durante un concerto, coñece a unha rapaza da súa idade, Colette, e namórase por primeira vez.
Episodio inicial do filme L'amour à vingt ans, o que supón o segundo filme en torno á personaxe de Antoine Doinel tras Les 400 coups.

L´HOMME QUI VENDIT LA TOUR EIFFEL O HOME QUE VENDEU A TORRE EIFFEL CLAUDE CHABROL 1964 / FRANCIA / 20 MIN - Jean-Pierre Cassel, Francis Blanche, Catherine Deneuve, Jean-Louis Maury, Sacha Briquet, Philomène Toulouse, Michel Charrel, Marcel Gassouk.

Un home ten unha avaría no coche diante da residencia dun rico alemán obsesionado coa Torre Eiffel. Este anúncialle que o Estado quere vendela a prezo de chatarra, e convídao a París a participar na poxa.
Episodio de Les Plus Belles Escroqueries du monde, filme que recrea distintas estafas reais acontecidas nalgunhas das principais cidades do planeta.

LES VEUVES DE 15 ANS AS VIÚVAS DE 15 ANOS JEAN ROUCH 1965 / FRANCIA / 26 MIN - Nadine Ballot, Marie France De Chabaneix, Michel Aracheguesne, Véronique Duval, Marc Kalinoski, Didier Léon, Maurice Pialat.

Marie-France e Véronique son dúas estudantes parisinas que gozan dun estilo de vida sen preocupacións. Protexidas pola familia e os amigos, tan só se preocupan por acadar o amor e a felicidade.
Titulada inicialmente “Marie-France et Véronique”, como parte do filme colectivo La fleur del'âge ou Les adolescents, adquire unha nova vida como curtametraxe independente.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba