Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • Nove curtametraxes pasan á final da Sección Escolas Galegas do FICBUEU 2021 •
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Novas do festival

← Volver

Nove curtametraxes pasan á final da Sección Escolas Galegas do FICBUEU 2021

FICBUEU

  • Recibíronse 77 traballos, a metade de centros de Secundaria.

Nove curtametraxes realizadas en centros educativos integran a Sección Escolas Galegas do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, da que sairán os títulos gañadores das tres categorías nas que se subdivide este apartado do certame que busca promover os novos valores do audiovisual. Presentáronse un total de 77 traballos, dos que 38 foron realizados por alumnado de Secundaria. O equipo seleccionador destacou a gran variedade e calidade das obras recibidas, que abranguían distintos xéneros, como documental, animación, videoclip, ficción, etc. As curtas finalistas son as seguintes:

Mellor Curtametraxe de Educación Especial, Infantil e Primaria

Dona Landra no río revolto – CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu)
Heroes enmascarados – CEIP do Carballal (Marín)
O misterio do bolso – CEIP A Guía (Moaña)

Mellor Curtametraxe de Educación Secundaria

E se chove que chova! – IES María Soliño (Cangas)
Miss each other before we need – IES As Barxas (Moaña)
Monte vivo – IES Félix Muriel (Rianxo)

Mellor Curtametraxe de Escolas de Imaxe e Facultades

Golden boy – IES Audiovisual de Vigo
Night keeper – Escola de Imaxe e Son de Vigo
O que queda de nós – Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (UVigo)

O xurado da Sección Escolas Galegas, que se reúne hoxe en Bueu para visionar as curtas seleccionadas, está integrado polo director e produtor Pablo Cacheda, a artista multidisciplinar Lara Alonso e a profesora Sara Pena. As obras gañadoras anunciaranse o 19 de setembro na gala escolar do FICBUEU 2021, na que colaboran Kalandraka e a Fundación Novas.

O mesmo xurado escollerá tamén a Mellor Curtametraxe de Escolas Internacionais, premio ao que optan as seguintes obras:

The de facto martyr suite, Justine de Gasquet (Suíza)
Helfer, Anna Szöllösi (Hungría)
Finis Terrae, Tommaso Frangini (Italia)
Hiljaisuus, Saara Hakkarainen (Finlandia)
O black hole!, Renee Zhan (Reino Unido)
Coffin, Yuanqing Cai, Houzhi Huang, Mikolaj Janiw, Nathan Crabot, Mandimby Lebon e Theo Tran Ngoc (Francia)

  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu celebra o día máis curto do ano con proxeccións de curtametraxes

    O mércores 21 de decembro, o FICBUEU programará de balde dúas sesións no Centro Social do Mar de Bueu, unha para público familiar e outra para o adulto O mércores 21, solsticio de inverno e día con menos luminosidade, era a data máis sinalada da chamada Saturnalia, unha festividade romana na que se celebraba o […]

    07/12/2022
  • Ábrese o prazo para presentar obras ao 16º Festival Internacional de Cinema de Bueu

    A recepción prolongarase ata o 15 de marzo ás 14:00h e os traballos seleccionados proxectaranse no FICBUEU 2023 do 9 ao 23 de setembro Bueu, 15 de decembro de 2022. O FICBUEU vén de abrir o prazo para a presentación de obras á 16º edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu (Pontevedra), que se […]

    05/12/2022
  • O FICBUEU achega as prácticas da EOC e o IIEC a Oporto

    Severiano Casalderrey, autor del Cuaderno FICBUEU#3, presentará su contenido al público luso El pasado 16 de noviembre comenzó el Porto/Post/Doc, festival que tiene lugar en Oporto (Portugal) y que dedica su programación al mundo del documental. Con origen en 2014, el certamen ofrece en esta nueva edición una programación de hasta 11 días en la […]

    21/11/2022