Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu proxectará 128 filmes •
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Novas do festival

← Volver

O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu proxectará 128 filmes

FICBUEU

  • O Centro Social do Mar acollerá máis de trinta sesións de cinema do 10 ao 19 de setembro.
  • O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu vén de publicar a selección de obras para a súa 14ª edición, logo de recibir preto de 2.062 propostas e de visionar a maiores centos de filmes suxeridos polo equipo seleccionador. Entre o 10 e o 19 de setembro proxectaranse no Centro Social do Mar un total de 128 títulos procedentes de máis de 30 países, ofrecendo deste xeito unha ampla panorámica do mellor cinema mundial en formato curto.

    O principal apartado do certame é a Sección Internacional, que se compón de 24 curtas das que seis están producidas ou coproducidas por Francia, poñendo de relevo a fortaleza da cinematografía gala. Séguenlle Estados Unidos, con catro participacións, e Canadá, con tres, aínda que tamén estarán presentes Asia, África e Latinoamérica. Así mesmo, mantense o número de directoras, pois volvemos atopar unha decena. En canto aos xéneros, destaca o documental, nunha cuarta parte das cintas. Nas temáticas percíbese unha gran variedade, pero segue pesando o cinema social e destaca tamén a busca da identidade: de xénero, relixiosa, etc.

    A Sección Experimental amplíase este ano ata os trece títulos, mentres que o apartado Galicia R contará con seis e España con cinco. Os capítulos competitivos péchanse coa Sección Escolas, que reúne un total de 15 filmes entre escolas de cinema internacionais e centros de ensino galegos dos distintos niveis educativos, que terán a súa propia entrega de premios.

    En canto aos apartados non competitivos, retómase a Sección Panorama, onde se amosarán dez das mellores curtas que non chegaron a entrar a concurso pero que recibiron unha alta valoración por parte do comité de selección. Haberá tamén unha nova Retrospectiva, centrada desta volta en 25 títulos da National Film Board of Canada (NFB), a maior produtora de carácter público do mundo. O FICBUEU 2021 ofrecerá ademais como novidade unha Carta Branca, sesión comisariada neste caso por Marc Bertrand, que leva máis de dúas décadas producindo cintas de animación na NFB. As seccións paralelas completaranse co Minific, que se divide en curtas familiares, cativas, infantís e xuvenís, as tres últimas para centros escolares.

    En total, serán máis de trinta sesións de cine no Centro Social do Mar, onde se garantirán as necesarias medidas de seguridade perante a Covid-19. As proxeccións combinaranse con múltiples actividades como concertos, obradoiros ou charlas, das que iremos dando conta na nova web www.ficbueu.com. O FICBUEU 2021 conta coa colaboración de diversas entidades, entre as que destacan Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e ICAA.

    • Un total de 40 centros participan este curso no programa ‘Cinema con perspectiva’

      A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou o pasado mes a resolución de centros seleccionados para participar este curso no programa Cinema con perspectiva, desenvolvido en colaboración coa asociación cultural FICBUEU. O programa, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento […]

      22/02/2024
    • As mellores curtas neerlandesas no FICBUEU

      O venres 12 de xaneiro chega a Bueu o Premio Internacional do Público do Shortcutz Amsterdam Bueu. 4/01/2023 – Shortcutz Amsterdam é unha das principais plataformas dos Países Baixos para o talento emerxente do cinema neerlandés, brindando oportunidades de exhibición, conectando cunha audiencia nacional e internacional e facilitando as relacións entre profesionais da industria. Cada […]

      03/01/2024
    • A Residencia FICBUEU recibe o apoio do Ministerio de Cultura

      A primeira edición do programa de mellora de guións de curtametraxe é un dos proxectos beneficiarios das axudas para a acción e promoción cultural. Bueu, 14 de decembro de 2023 – A dirección xeral das industrias culturais, propiedade intelectual e cooperación, dependente do Ministerio de Cultura, publicou hoxe a resolución definitiva das axudas para a […]

      14/12/2023
    O teu carriño 0
    Non hai produtos na cesta!
    Continuar comprando
    0
    Skip to content