O Festival Internacional de Cinema de Bueu abre a convocatoria para unha nova edición da Residencia FICBUEU.

Bueu, 15/04/2025 – O 15 de abril abre a convocatoria para a recepción de proxectos. A través desta convocatoria, seleccionaranse cinco curtametraxes que participarán neste programa formativo e que terá lugar do 15 ao 21 de outubro.

Un ano máis, a Illa de Ons acollerá ás persoas seleccionadas na III Residencia FICBUEU ofrecéndolles un ambiente e contorna natural óptima para creación e desenvolvemento dos seus proxectos.

O programa formativo combina titorías individuais, mesas de guión e formacións específicas, todas elas impartidas por recoñecidas profesionais do sector audiovisual. Esta estrutura busca, ademáis de fortalecer os proxectos, a adquisición de ferramentas e recursos que potencien unha perspectiva interdisciplinar do proceso de produción.

O obxectivo principal é crear un espazo de traballo dedicado ao tratamento integral dos proxectos de curtametraxe na súa etapa de desenvolvemento, acompañándoos e asesorándoos ao longo de todo o proceso.

As cinco persoas seleccionadas para a III Residencia FICBUEU, ademais de estar acreditadas para poder participar en todas as actividades da 18ª Edición do FICBUEU, recibirán un premio de 1.500 € co obxectivo de axudar a costear a fase de desenvolvemento do proxecto.

O FICBUEU aposta pola consolidación desta iniciativa, que se suma a unha ampla programación de actividades impulsadas polo equipo ao longo de todo o ano.

As obras poderán enviarse ata o 30 de maio. As bases completas da convocatoria poden consultarse aquí.

A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e está financiada polo Ministerio de Cultura.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.