O FICBUEU abre a convocatoria de recepción de obras e presenta a súa 18ª edición.

Bueu, 24/01/2025 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu ten aberta a convocatoria de recepción de curtametraxes ata o 20 de abril. Como cada ano, o FICBUEU acollerá unha exquisita selección de obras chegadas de todo o mundo.

Alén das proxeccións, o FICBUEU seguirá convidando ao público a participar en coloquios, encontros e actividades relacionadas coa sétima arte, entre as que destacará a programación das IV Xornadas Cinematográficas. Haberá tamén música, obradoiros ou unha nova edición da Ruta de tapas 5 Estrelas. A partir do 15 de setembro, volverá o MINIFIC e con el todo un programa de actividades para a cativada e os centros de ensino.

Presentamos a imaxe desta nova edición do festival, inspirada na temática que abordaremos a través da Sección Retrospectiva, o exilio e a imaxe. As proxeccións da Retrospectiva irán acompañadas da presentación e publicación do Caderno FICBUEU #6 “Imaxes do exilio / Exilios da imaxe”, elaborado polo investigador e docente José Manuel Mouriño que explorará a figura do exilio desde a súa dimensión visual.

A identidade visual da 18ª edición é unha pintura de Remedios Varo, tratada co uso da textura de mapa de calor e movemento, facendo alusión á deslocalización como motor creativo e estético.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.