O FICBUEU abre a convocatoria para a Sección Escolas Galegas da súa 19ª edición

Bueu, 26/05/2026 – Unha sección consolidada dentro do festival que busca poñer en valor o traballo audiovisual desenvolvido nos centros educativos galegos e apoiar as novas xeracións de cineastas.

A Sección Escolas Galegas está dirixida a centros de ensino, facultades e escolas de formación audiovisual con sede en Galicia e contará un ano máis con tres categorías competitivas: Educación Especial, Infantil e Primaria; Educación Secundaria; e Facultades e Escolas de Cinema Galegas.

As bases da convocatoria e o formulario de inscrición das curtametraxes xa están dispoñibles na páxina web do festival, e pódese acceder premendo aquí. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2026.

Poderán participar todas aquelas obras audiovisuais realizadas durante os cursos 2024/2025 e 2025/2026 que non foran presentadas en edicións anteriores do certame. A temática das obras será libre. As curtametraxes realizadas por centros de Educación Especial, Infantil, Primaria e Secundaria poderán ter unha duración máxima de 20 minutos, mentres que as producións de Facultades e Escolas de Cinema poderán acadar os 30 minutos. Cada centro poderá presentar tantas obras como desexe. 

As obras finalistas coñeceranse ao longo do mes de agosto e serán proxectadas no marco do FICBUEU 2026, que celebrará a súa 19ª edición do 4 ao 19 de setembro en Bueu.

Os traballos seleccionados optarán aos seguintes premios:

  • Mellor Curtametraxe de Educación Especial, Infantil e Primaria: trofeo e formación audiovisual.
  • Mellor Curtametraxe de Educación Secundaria: trofeo e formación audiovisual.
  • Mellor Curtametraxe de Facultades e Escolas de Cinema Galegas: trofeo e formación audiovisual.

O xurado valorará especialmente a participación activa do alumnado en todas as fases do proceso creativo, así como a orixinalidade das propostas e o uso da linguaxe audiovisual. As curtametraxes gañadoras daranse a coñecer durante a Gala Escolas Galegas FICBUEU 2026, que terá lugar o 19 de setembro dentro da programación do festival.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.