Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos •

Novas do festival

← Volver

O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

FICBUEU

Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu. 

Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes varias das súas colaboracións nacionais e internacionais. 

Así, a pasado fin de semana o certame bueuense levu ata Edimburgo as curtas “Habitar” de Anxos Fazáns e “Frialdad” de Andrea Sánchez. Ambas curtas estiveron presentes na Sección Oficial do FICBUEU 2024, levando “Habitar” o premio á mellor curtametraxe galega deste ano. A súa presenza na cidade escocesa foi fruto da colaboración do FICBUEU co Edinburgh Short Film Festival (ESFF) que convidou un ano máis á organización de varios festivais europeos a formar parte da seu programa no European Film Festivals Showcase. Outros dos festivais presentes neste evento foron o Adriatic Film Festival, festival italiano que se celebra cada ano en Francavilla al mare (Chieti), o Shortcutz Amsterdam que forma parte da rede Shortcutz que desenvolve eventos en numerosas cidades e o Budapest Short film Festival, un certame con xa 20 anos de traxectoria. 

A seguinte cita das colaboracións do FICBUEU terá lugar en Barcelona o día 8 de novembro. Nesta ocasión, convidado polo Lens Dans Festival, o FICBUEU proxectará a curta “A Room with a View”, creada polo colectivo (LA) Horde en colaboración co Ballet National de Marseille e o músico Rone. Esta obra, que se proxectou na Sección Descubertas do FICBUEU 2021, formará parte do peche deste festival dedicado exclusivamente á videodanza.

Con todo, estas non serán as últimas colaboración do FICBUEU no 2024 xa que a finais de novembro a organización celebrá en Bueu un encontro no que o público poderá gozar de diferentes filmes propostos por outros certames.

  • O FICBUEU abre a convocatoria de recepción de obras e presenta a súa 18ª edición.

    24/01/2025, Bueu. O Festival Internacional de Cinema de Bueu ten aberta a convocatoria de recepción de curtametraxes ata o 20 de abril. Como cada ano, o FICBUEU acollerá unha exquisita selección de obras chegadas de todo o mundo. Alén das proxeccións, o FICBUEU seguirá convidando ao público a participar en coloquios, encontros e actividades relacionadas […]

    2025-01-24
  • BUEU escolle a Mellor Curtametraxe Holandesa

    Bueu, 10/ 01/ 2025 – Shortcutz Amsterdam invita un ano máis ao público do FICBUEU a participar na elección da curtametraxe holandesa favorita do público. Shortcutz Amsterdam é un movemento internacional de curtametraxes que se converteu nunha das maiores plataformas dos Países Baixos para o cinema neerlandés. Esta plataforma brinda oportunidades de exhibición e conecta audiencias […]

    2025-01-10
  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.