O FICBUEU estrea en aberto o documental A Roiba, un refuxio en Beluso, na súa canle de YouTube

Bueu, 21/11/2025 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) publicou na súa canle oficial de YouTube o  documental A Roiba, un refuxio en Beluso, dirixido por Jaime Olmedo. A curtametraxe afonda na historia e no significado desta singular construción deseñada polo arquitecto Ramón Vázquez Molezún en 1967 sobre as ruínas dunha antiga fábrica de salazón no Concello de Bueu.

O filme amosa como, neste refuxio familiar de verán, Molezún combinou o seu dominio da arquitectura moderna cunha faceta máis artesanal, dando lugar a unha das súas obras máis emblemáticas e a unha peza chave da arquitectura do século XX.

A Roiba, un refuxio en Beluso, dirixida por Jaime Olmedo

Con esta publicación, o FICBUEU reafirma o seu compromiso coa curtametraxe e coa divulgación cultural e acceso aberto aos seus contidos. O documental permanecerá dispoñible de forma permanente na Canle FICBUEU, enriquecendo o seu repositorio audiovisual co obxectivo de promover a súa consulta e divulgación.

Este proxecto contou co apoio da Deputación de Pontevedra a través das axudas a publicacións para Patrimonio Documental e Bibliográfico.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.