Bueu, 20/08/2025 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu ofrecerá dúas sesións gratuítas na Praia de Bueu (Banda do Río), onde se proxectarán algunhas das mellores curtametraxes das súas últimas edicións.
As proxeccións estarán organizadas en dúas sesións: unha con filmes recomendados para todos os públicos, a partir das 22:00 horas; e unha segunda, ás 23:00 horas, na que se exhibirán curtametraxes destinadas a maiores de 16 anos.

As organizadoras suxiren ao público que leve cadeiras, mantas, toallas ou outros elementos para acomodarse comodamente durante os pases de curtas no areal.
O Festival Internacional de Cinema de Bueu prepárase para acollervos na súa 18ª edición. Será unha oportunidade única para gozar das últimas novidades do mellor cinema de autor a través dunha coidada selección de curtametraxes.
Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.



