Bueu, 11/06/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) foi recoñecido pola Academia de Cine como festival calificador para os Premios Goya nas categorías de Mellor Curtametraxe de Ficción, Mellor Curtametraxe Documental e Mellor Curtametraxe de Animación.
A inclusión do certame na listaxe oficial de festivais calificadores supón un importante paso adiante na súa traxectoria un aval á súa aposta constante pola excelencia na programación e a promoción do formato curto ao longo de dezaoito edicións.
Este recoñecemento avala a calidade e o rigor da programación do festival, consolidando o FICBUEU como unha cita de referencia para cineastas, produtoras e profesionais do sector audiovisual. A partir de agora, as curtametraxes que participen na sección oficial do certame poderán ser consideradas no proceso de inscrición e valoración para os Premios Goya nas categorías correspondentes. Ademais, o Primeiro Premio contará cunha consideración específica dentro deste procedemento.
O equipo do FICBUEU recibiu a noticia con enorme satisfacción. Trátase dun respaldo á labor realizada durante todos estes anos e que afianza o festival como un dos máis destacados do panorama estatal no ámbito da curtametraxe.
Este recoñecemento chega ás portas da 19ª edición do festival, que se celebrará do 4 ao 19 de setembro en Bueu e volverá reunir unha ampla selección das mellores curtametraxes nacionais e internacionais.



