Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • O FICBUEU ofrece nove seccións cinematográficas e múltiples actividades •

Novas do festival

← Volver

O FICBUEU ofrece nove seccións cinematográficas e múltiples actividades

FICBUEU

  • Proxeccións para a rapazada, aulas maxistrais, faladoiros, música ou radio en directo forman parte do programa desta 14ª edición.

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se celebra do 10 ao 19 de setembro, retoma a estrutura e os contidos previos á pandemia con nove seccións cinematográficas e múltiples actividades paralelas, que van desde conferencias e coloquios ata concertos e radio en directo. No entanto, o evento manterá nesta 14ª edición todas as medidas de seguridade fronte a Covid-19 contempladas na normativa vixente.

As proxeccións da Sección Internacional, que constitúen o tronco central do programa, desenvolveranse do luns 13 ao venres 17 con dous pases, ás 20 e ás 22 horas, conformados por títulos diferentes e cun faladoiro entre ambos os dous dinamizado por persoas expertas. No entanto, o FICBUEU 2021 dará comezo o venres 10 de setembro ás 19.15 horas coa actuación en exteriores do dúo de versións ‘Two in the mirror’, previa ao acto inaugural que se celebrará ás 20 horas no Centro Social do Mar, onde ás 22 horas se proxectará o filme de apertura, Un blues para Teherán, coa participación do seu director, Javier Tolentino.

O sábado 11 e o domingo 12 haberá senllas palestras matinais a partir das 11:30 horas, unha sobre a cartelería de cine a cargo do estudio Barfutura, responsable da imaxe de Julieta ou Las chicas del cable, e outra sobre stop motion coa model maker Sonia Iglesias, quen traballou con Tim Burton. Xa pola tarde, na primeira fin de semana proxectarase ás 20 horas a Sección Experimental e ás 22 horas a Panorama. Con anterioridade, ás 18 horas o sábado volverá o programa radiofónico Carne Cruda, e o domingo presentarase a webserie de animación Cacola.

O luns 13 de setembro, a actividade dará comezo ás 16:30 horas coa presentación do segundo dos Cadernos FICBUEU, centrado desta volta nas curtas da National Film Board of Canada, para dar paso ás 18 horas á Sección Carta Branca, comisariada polo produtor de animación da NFB Marc Bertrand. Os títulos da produtora pública canadense centrarán a Sección Retrospectiva, que se estenderá durante os catro días seguintes ás 17:30 horas. Ademais, o martes 14 ás 18 horas terá lugar unha mesa redonda en liña sobre o financiamento dos festivais de cinema con representantes Clermont-Ferrand (Francia), Morelia (México) e Xixón.

A última fin de semana do FICBUEU 2021 arrincará o sábado 18 ás 11 horas co ‘Encontro con Alfonso Agra’, actor que recibirá o Premio Cinema Galego. En paralelo, o Museo Massó acollerá a unha mesa sobre a comunicación nos certames cinematográficos auspiciada por Proxecta, coordinadora galega de festivais de cinema. Media hora máis tarde, proxectaranse curtas para toda a familia no marco da Sección Minific, que darán paso ao concerto da sesión vermú.

Xa pola tarde, ás 17 e ás 19 horas haberá pase dobre da Sección Galicia R, con coloquio posterior coas e cos cineastas, mentres que ás 21 horas se desenvolverá a Sección España e o seu correspondente debate. O domingo 19 estará centrado nas entregas de premios e na rapazada, que ás 10:30 horas protagonizará a Gala Escolas Galegas e ás 13 horas gozará do obradoiro ‘As orixes do cine’, con imaxes e música en directo da man de Caspervek. A partir das 17 horas, as actuacións musicais ao aire libre darán paso á Gala de Clausura do FICBUEU 2021, que comeza ás 19 horas, mentres que ás 21:30 horas se proxecta o filme de peche Sole.

Pases para alumnado de centros educativos, obradoiros de guión e rodaxe con colectivos profesionais, o mercado da curtametraxe ou a ruta de tapas son outras das actividades que se desenvolverán no marco do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. O evento conta coa colaboración de diversas entidades, entre as que destacan o Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra a través da marca #riasbaixasfilmfest, a Agadic da Xunta de Galicia e o ICAA.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido