O FICBUEU pechou un ano consolidando a súa proxección internacional e o apoio ao cinema galego

Bueu, 9/02/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) pechou o ano cun balance marcado pola consolidación da súa relación co sector profesional e pola continuidade das accións orientadas á circulación internacional das obras a través da participación directa en festivais e colaboracións con axentes culturais de distintos territorios.

Dando continuidade ao traballo desenvolvido durante o primeiro semestre, o festival mantivo ao longo do ano unha liña de acción centrada na creación de espazos de intercambio co sector audiovisual estatal e internacional, reforzando o seu papel como plataforma activa máis aló das datas da súa celebración anual.

Este conxunto de accións desevolvidas ao longo do ano tivo como obxectivo reforzar a visibilidade exterior do festival como proxecto especializado na curtametraxe, favorecer o intercambio profesional con outros certames e institucións culturais e contribuír á circulación do cinema galego e estatal en contextos internacionais.

Entre estas accións destaca a presenza de María Ruiz-Falcó como membro do xurado no Tramway Film Festival (Polonia), ademais da súa participación nun encontro co público do festival con motivo do foco histórico dedicado ao Novo Cinema Galego, comisariado por Manuel Pena. No ámbito internacional, o festival estivo tamén presente no Chaktomusk Short Film Festival – CSFF (Camboxa), coa participación de Manuel Pena como membro do xurado internacional.

María Ruiz-Falcó participou ademais nas xornadas Crear Pontes, organizadas pola Deputación de Pontevedra, formando parte da mesa de experiencias Residencias como plataforma de profesionalización e desenvolvemento; un espazo dirixido a profesionais da creación, da xestión cultural e da investigación, centrado na análise das residencias artísticas como motores de innovación, colaboración e transformación cultural e social. 

Alén do desenvolvemento do festival, o FICBUEU desenvolveu ao longo do pasado ano distintas accións no ámbito da formación profesional, participando en mesas redondas sobre o sector audiovisual, impartindo clases maxistrais sobre programación cinematográfica ou colaborando como avaliador en concursos de curtametraxes universitarias, reforzando así o seu papel como axente activo na formación e profesionalización do audiovisual galego. Neste contexto, Manuel Pena, codirector do FICBUEU, participou nun encontro co estudantado da Universidade de Vigo a través dunha clase maxistral centrada na programación en festivais cinematográficos, na que se abordaron os procesos de selección dos filmes e o deseño das actividades que conforman a programación do festival ao longo de todo o ano. Ademais, María Ruiz-Falcó, codirectora do festival, formou parte do xurado encargado de escoller a curtametraxe gañadora do premio A Canteira Fcom-Augal, dirixido a recoñecer a mellor obra realizada polo alumnado da Facultade de Comunicación no último curso académico.

No ámbito local, e en colaboración co Concello de Bueu, o FICBUEU desenvolveu tamén o proxecto Bueu en Imaxes, unha iniciativa orientada á recompilación de fotografías antigas do municipio para a creación dun arquivo fotográfico municipal que preserve e poña en valor a memoria colectiva da vila. Así mesmo, ao longo do ano realizáronse diferentes proxeccións cinematográficas dirixidas á veciñanza.

Con este conxunto de accións, o FICBUEU consolida unha liña de traballo baseada na colaboración co sector profesional, na creación de redes e na proxección internacional do cinema do país, reforzando o seu papel como axente cultural activo máis aló das datas da súa celebración. Este percorrido reafirma o festival como unha plataforma de encontro, intercambio e difusión do cinema contemporáneo e como un axente cultural de referencia no ámbito da curtametraxe, cunha capacidade real para xerar circulación e visibilidade internacional, promover o intercambio profesional e producir un impacto social sostido ao longo de todo o ano.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.