O FICBUEU reforza a súa colaboración con colectivos sociais no fomento da igualdade

Bueu, 22/05/2026 – O vindeiro venres, 29 de maio, o Festival Internacional de Cinema de Bueu volverá colaborar con AMBIENTA, a Mostra de Cinema LGTBIQ+ de Pontevedra. O FICBUEU farase cargo, un ano máis, da sesión de peche da mostra coa programación de Ambienta en Curta, unha selección de curtametraxes que, desde unha ollada crítica e diversa, denuncia as desigualdades e problemáticas que afectan o colectivo LGTBIQ+  Un crisol de puntos de vista que dá conta da pluralidade existente dentro do propio colectivo.

AMBIENTA nace para visibilizar a mellor produción audiovisual, galega e internacional, sobre a realidade LGBTIQA+. É unha mostra que reivindica un cinema de calidade que recolla as vidas, os corpos e os afectos de todas as persoas, sen excepción, ao tempo que constrúe un espazo de encontro, cultura e socialización arredor do cinema e da diversidade.

Este ano programamos para esta sesión os seguintes filmes:

ALGO NOVO QUE CONTAR, Paula Pereira
(Galicia, 2025, 20 min. VO)
Xoana pasa o verán cunhas amigas. Entre elas está Emma, unha rapaza coa que comeza a explorar algo máis ca unha amizade. Porén, Xoana nunca tivo relacións sexuais e a idea de dar ese paso xéralle medo e inseguridade.

HELLO STRANGER (Ola, descoñecide), Amélie Hardy
(Canadá, 2024, 16 min. VOSG)
Cooper Josephine loita co seu proceso de transición. Na procura da súa identidade, enfróntase ás expectativas familiares e aos prexuízos sociais nun camiño cara a si mesma.

BLOOMER (O espertar), Jimmy Zwedberg
(Suecia, 2025, 13 min. VOSG)
Pascal filma unha banda xuvenil nun skatepark e, pouco a pouco, nace unha atracción mutua entre el e Joel. Mais a situación complícase cando Pascal descobre que Joel ten só dezaseis anos.

O FICBUEU leva anos colaborando activamente con colectivos e iniciativas que promoven a igualdade. Desde a Asociación FICBUEU contribuímos tamén a este labor a través de decisións como a de formar un equipo integrado maioritariamente por mulleres. Ademais, empregamos unha linguaxe inclusiva e non discriminatoria en todas as nosas comunicacións e desenvolvemos actividades específicas que poñen estes valores no centro da programación.

Dentro desta liña de traballo, o pasado mes de marzo o FICBUEU programou, en colaboración co Cineclube Entrecortiñas, unha sesión especial para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora no auditorio da Illa de Arousa. A sesión reuniu cinco curtametraxes dirixidas por mulleres de diferentes partes do mundo: Rose, de Annika Mayer; Rapaza de fábrica, de Selma Cervantes; Anansi, de Aude N’Guessan Forget; Vlekkeloos, de Emma Branderhorst; e Shadows, de Rand Beiruty.

Cinco miradas, cinco historias e unha mesma forza: a creatividade e a resistencia das mulleres a través do cinema.

Ademais, o festival prepara tamén unha nova colaboración con POLARI, organización comprometida coa igualdade e coa preservación dos dereitos individuais e colectivos na Illa de Arousa. O Día do Orgullo LGTBIQA+, o 28 de xuño, celebrarase cunha sesión especial de curtametraxes no Auditorio da Illa de Arousa ás 20:30 h.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.