O MiniFIC pecha a 19ª edición do FICBUEU 

Bueu, 23/09/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) pechou o sábado pasado a súa 19ª edición cunha última xornada do MiniFIC, dedicada ao público infantil, xuvenil e familiar e marcada pola celebración esta mañá da Gala Escolas Galegas.

Durante a gala déronse a coñecer os traballos premiados nas dúas categorías educativas. O segredo da Mangallona, do CEIP de Ardán, recibiu o premio á Mellor curtametraxe de Educación Especial, Infantil e Primaria, mentres que Toda a verdade?, do IES Río Miño, foi recoñecida como Mellor curtametraxe de Educación Secundaria.

A Gala Escolas Galegas, organizada co apoio de Kalandraka, estivo conducida pola escritora e editora Olalla González, acompañada polos debuxos e a animación en directo do artista plástico Marc Taeger e pola música de Martín, Carmen e Juan Sánchez Paz.

A xornada continuou cos obradoiros de cartelaría de cinema de Alouette Machine, o concerto de Pakolas e a sesión Curtas en Familia, coa que se puxo o punto final á programación desta edición.

O MiniFIC completou unha semana na que preto de 1.700 alumnos e alumnas de doce centros educativos da contorna participaron nas proxeccións escolares organizadas polo festival no Auditorio do Centro Social do Mar, cunha selección internacional de curtametraxes acompañadas de materiais didácticos.

Con esta programación destinada ás xeracións máis novas, o FICBUEU pon o broche a unha edición que comezou o pasado 4 de setembro e que combinou competición internacional, encontros con cineastas, actividades formativas e propostas para diferentes públicos.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.