O Festival Internacional de Cinema de Bueu celebra o día máis curto do ano con proxeccións de curtametraxes

O mércores 21 de decembro, o FICBUEU programará de balde dúas sesións no Centro Social do Mar de Bueu, unha para público familiar e outra para o adulto

O mércores 21, solsticio de inverno e día con menos luminosidade, era a data máis sinalada da chamada Saturnalia, unha festividade romana na que se celebraba o fin dos días máis curtos do ano, e que acabou derivando no actual Nadal.

O FICBUEU retoma este decembro unha actividade que xa levara en cabo en anos anteriores e na que propoñen sesións de proxeccións para todas as idades no Centro Social de Bueu. A iniciativa contribúe á difusión do formato curtametraxe e do cinema galego e internacional, sumándose aos obxectivos da campaña “El día más corto” que promove a Coordinadora Nacional del Cortometraje.

Público no día máis curto co FICBUEU en 2016
O día máis curto co FICBUEU (2016)

As proxeccións, con entrada de balde, realizaránse ás 18:00h (sesión curtas en familia) e ás 20:00h (sesión para personas adultas), incluíndo curtametraxes de todo tipo onde primará o ton humorístico e festivo:

Sesión familiar – 18:00h – Centro Social do Mar 

The best orchestra in the world – Henning Backhaus (Australia, 13 min)

Brotar – Montse Piñeiro e Rubén Abad (España, Galicia, 3 min)

Merry, grandmas – Natalia Mirzoyan (Rusia, 8 min)

The little thief – Nicole Vanden Broeck (Reino Unido, 3 min) 

The bear who swallowed a fly – Pascale Hecquet (Bélxica, Francia, 7min)

Mondo domino – Suki (Francia, 6 min)

Carolina e o corvo de ás brancas – CEIP do Hío (7 min)

Oso atrapabolboretas – CEIP A Pedra (5min)


Sesión adulta – 20:00h – Centro Social do Mar 

Handbook for a privileged european woman – Alma Buddecke (Alemania, 10 min, +12)

The adventures of Gloria Scott – Matija Pisacic e Tvrtko Raspolic (Croacia – Serbia, 15 min)

Ficciones – Alejandra Kikidis e Teo Planell (España, Madrid, 15 min, todos os públicos)

Reality – David Fidalgo Omil (España, Galicia, 8 min, +13)

Ascenso – Juanjo Giménez (España, Cataluña, 15 min, +12)

Para asistir ao evento só será preciso retirar o convite no despacho de billetes do Centro Social do Mar que estará aberto unha hora antes do evento.

A organización ofrecerá ademais chocolate quente ao público que presente a súa entrada.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.