Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • Os Cadernos FICBUEU chegan ao Festival Internacional de Cine Independiente de Elche •
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Novas do festival

← Volver

Os Cadernos FICBUEU chegan ao Festival Internacional de Cine Independiente de Elche

FICBUEU

Severiano Casalderrey presenta os dous ensaios publicados ata o momento nun dos festivais con máis percorrido da península.

Tralo coloquio, a programación incluíu unha proxección dalgunhas das mellores curtas galegas que pasaron polo FICBUEU.

O FICBUEU estivo presente durante a celebración do 45º Festival Internacional de Cine Independiente de Elche en calidade de festival convidado. Foi da man de Severiano Casalderrey, autor dos Cadernos e un dos responsables da programación do FICBUEU, quen achegou o formato curto ata terras alacantinas durante a xornada do día 7 de xullo, na véspera do inicio da edición de 2022 que finalizará o día 22 do mesmo mes.

Cartel da 45ª edición do Festival Internacional de Cine Independiente de Elche

Alí, Casalderrey tivo a oportunidade de presentar o proxecto Cadernos FICBUEU nun interesante coloquio que comezou ás 20:00 horas e que rematou coa proxección dalgunhas das curtametraxes galegas máis destacadas que pasaron polo FICBUEU, como poden ser ‘Homeless Home’ de Alberto Vázquez, ‘Carne’ de Camila Kater, ‘Augas Abisais’ de Xacio Baño, ‘Xoves de Comadres’ de Noemi Chantada e ‘Matria’ de Álvaro Gago.

Durante a conferencia falouse da situación e do contexto do cinema galego e profundizouse en diversos períodos da historia da curtametraxe, especialmente na Nouvelle Vague francesa e na National Film Board of Canada, protagonistas dos dous libros publicados ata o momento por parte do festival bueuense.

Coloquio da Sección Galicia R durante o FICBUEU 2020, no que se proxectaron ‘Carne‘ de Camila Kater e ‘Xoves de Comadres‘ de Noemi Chantada

O proxecto Cadernos FICBUEU naceu no ano 2020 e é o froito de todo o traballo de selección e de investigación que se realiza para a Sección Retrospectiva do FICBUEU, para a que é preciso facer un amplo traballo de documentación, así como visionar un importante número de pezas.

Na edición deste 2022 presentarase o ‘Caderno FICBUEU#3’, adicado ao Instituto de Investigadores e Experiencias Cinematográficas (IIEC) e á posterior Escola Oficial de Cinematografía (EOC), centrándose por primeira vez no cinema español e facendo fincapé no período que vai dende 1947 ata 1976.

As dúas primeiras obras pódense atopar na tenda en liña do FICBUEU para todas e todos os interesados, mentres que o terceiro dos cadernos estará dispoñible logo da súa presentación oficial.

  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu celebra o día máis curto do ano con proxeccións de curtametraxes

    O mércores 21 de decembro, o FICBUEU programará de balde dúas sesións no Centro Social do Mar de Bueu, unha para público familiar e outra para o adulto O mércores 21, solsticio de inverno e día con menos luminosidade, era a data máis sinalada da chamada Saturnalia, unha festividade romana na que se celebraba o […]

    07/12/2022
  • Ábrese o prazo para presentar obras ao 16º Festival Internacional de Cinema de Bueu

    A recepción prolongarase ata o 15 de marzo ás 14:00h e os traballos seleccionados proxectaranse no FICBUEU 2023 do 9 ao 23 de setembro Bueu, 15 de decembro de 2022. O FICBUEU vén de abrir o prazo para a presentación de obras á 16º edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu (Pontevedra), que se […]

    05/12/2022
  • O FICBUEU achega as prácticas da EOC e o IIEC a Oporto

    Severiano Casalderrey, autor del Cuaderno FICBUEU#3, presentará su contenido al público luso El pasado 16 de noviembre comenzó el Porto/Post/Doc, festival que tiene lugar en Oporto (Portugal) y que dedica su programación al mundo del documental. Con origen en 2014, el certamen ofrece en esta nueva edición una programación de hasta 11 días en la […]

    21/11/2022