Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • Os realizadores Jaime Rosales e Rodrigo Cortés, as críticas Daniela Urzola e Belit Lago ou o escritor Juan Gómez-Jurado, no FICBUEU •

Novas do festival

← Volver

Os realizadores Jaime Rosales e Rodrigo Cortés, as críticas Daniela Urzola e Belit Lago ou o escritor Juan Gómez-Jurado, no FICBUEU

FICBUEU
  • O certame buenense adica este ano as súas «Xornadas Cinematógraficas» a reflexionar sobre a pegada do contexto político de cada época no cinema
  • Os integrantes dos podcast «Todopoderosos» e «Aquí hai dragones» manterán dous encontros co público o domingo 8 de setembro
  • Membros do podcast «La escóbula de la brújula» participarán virtualmente nunha mesa redonda no evento

08.08.24. BUEU. Como impacta no cinema o contexto político no que se fai? Ese é o tema sobre o que tratarán este ano as «Xornadas Cinematográficas» do Festival Internacional de Cinema de Bueu. Celebraranse o sábado 7 de setembro, o primeiro día completo de actividades do FICBUEU na súa edición de 2024. Nesa primeira fin de semana do Festival, o público do evento poderá asistir a coloquios, presentacións de libros ou encontros, físicos e virtuais, cos integrantes de tres dos podcasts sobre cinema e cultura máis seguidos en España.

As «Xornadas Cinematográficas», que o FICBUEU inclúe na súa programación por terceiro ano consecutivo, son un espazo de reflexión e pensamento sobre sobre o cinema. Participan cineastas, ensaístas, ou profesionais de diferentes oficios do sector audiovisual. Cada ano, dedícanse a un tema. Na décimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu abordarán a relación, as relacións, entre cinema e política. 

«Se realista: fai o imposible!» 

Se realista: fai o imposible! A frase, un dos lemas do movemento estudantil dos anos 60s e acuñada polo filósofo Ernst Bloch, dá título á clase maxistral coa que comenzarán as «Xornadas Cinematográficas». Correrá a cargo de Camil Ungureanu, profesor de Filosofía política da Univesitat Pompeu Fabra de Barcelona. 

Ungureanu ten entre as súas liñas de investigación e reflexión as relacións entre o cinema e a política. E sobre iso impartirá a clase maxistral no FICBUEU. A continuación, as críticas Daniela Urzola e Belit Lago profundarán no tema no seguinte conversatorio das «Xornadas Cinematográficas», titulado Trauma e reconstrución.

Ese mesmo sábado, xa pola tarde, será a quenda dun dos grandes realizadores que participan este ano no FICBUEU. Jaime Rosales manterá un conversatorio co crítico de cinema Xavier Montoriol. Será despois de que parte do equipo do podcast «La escóbula de la brújula» participe nunha mesa redonda virtual cos asistentes ao Festival para falar sobre Arte e propaganda. O cinema de entreguerras.

O domingo, en clave podcast

O realizador Rodrigo Cortés, o escritor Juan Gómez-Jurado e o guionista e comunicador Arturo González Campos integran dous dos podcasts máis interesantes da esfera da cultura en España: «Todopoderosos» e o irreverente «Aquí hay dragones». Tamén coñecidos todos eles polas súas carreiras no cinema, a literatura, ou o audiovisual, respectivamente, volven sumarse ao FICBUEU. Será o domingo 8 de setembro ás 12 horas. Falarán sobre o cambio que supuxo para o cinema e a realización de películas a incorporación do son. Máis tarde, ás 17 horas, asinarán libros nun evento ao que se pode acceder de balde logo de retirar o correspondente convite no despacho de billetes.

González Campos, Cortés e Gómez-Jurado xa participaran en 2018 no Festival Internacional de Cinema de Bueu. A súa presentación, no Centro Social do Mar, no que se realizan todas as actividades presenciais do FICBUEU, rexistrou naquela ocasión un cheo total. A presentación foi moi ben valorada polo público asistente.

A participación de divulgadoras e estudosas da sétima arte e o audiovisual complétaa o encontro que o público do FICBUEU terá coa profesora Nieves Febrer. Ela fixo o Caderno #5 do Festival, que aborda a  figura do creador do cinema experimental estadounidense, Jonas Mekas. Presentarao o sábado 14 de setembro, no que se programa a sección «Retrospectiva», dedicada a Mekas.

  • O FICBUEU pon o foco mañá no impacto do contexto político na historia do cine

    Encontros con profesionais do sector audiovisual achegarán ao público do Festival o papel das películas como ferramenta de propaganda ou reflexo da sociedade de cada época O FICBUEU recuperará unha das películas menos coñecidas do realizador Francis Ford Coppola, The Conversation, para pechar o programa das «III Xornadas Cinematográficas». Estreado en 1974, e con Gene […]

    2024-09-06
  • Comeza a décimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu

    As relacións entre cinema e política, a película «The Conversation». de Coppola, na gran pantalla, a sección oficial ou a competición entre as curtas de novas autoras e autores galegos, entre as actividades programadas 05.09.24. BUEU. O FICUEU comeza mañá venres coas estre das curtas co-producidas a Asociación FICBUEU, a elaboración de la alfombra floral por la Asociación Cunchas […]

    2024-09-05
  • O cartel da XVII edición do FICBUEU suma 15 estreas internacionais e unha completa programación de actividades

    O festival arrincará o vindeiro venres coa proxección dos curtos da Asociación FICBUEU, a creación dunha alfombra floral e o concerto do grupo indie Sr. Chinarro 30.08.24. BUEU. A piques de cumprir a maioría de idade (este ano chega á súa décimo séptima edición), o Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBUEU, preparou un completo programa […]

    2024-08-30
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Skip to content