Palmarés da 18ª edición do FICBUEU

Bueu, 14/09/2025 – O FICBUEU anunciou o Palmarés da súa 18ª edición nunha entrega de premios que estivo amenizada pola música en directo de André Soaxe e Martiño Malleiro Díaz.

O Xurado Oficial, de carácter internacional e encargado de entregar o Primeiro Premio, o Premio á Mellor Curtametraxe Galega e o Premio á Mellor Curtametraxe Española estivo formado pola productora e xestora cultural Beatriz Hernández, o cineasta e docente Eloy Domínguez Serén e o programador Massimo Ianetti.

As Xurado Descubertas compúxose pola xestora cultural e programadora María Juárez, a compositora musical e deseñadora Elba Fernández e o cineasta, crítico e tradutor Xavier Montoriol. Os tres escolleron o premio á Mellor Curtametraxe Descubertas, á Mellor Curtametraxe de GZ_00 e á Mellor Curtametraxe de Escolas de Cinema Internacionais.

As películas premiadas e as xustificacións dos xurados son as seguintes: 

> Primeiro premio: THE EGGREGORES’ THEORY de ANDREA GATOPOULOS.

Unha obra que absorbe pola súa ousada orixinalidade e impresionante resonancia, dando forma a un universo de visións espectrais e monstruosas onde as palabras adquiren un peso perigoso. Un filme que explora unha nova tecnoloxía para un novo tipo de imaxe.

Nesta categoría, o xurado decidiu concederlle unha mención especial a PERCEBES, DE ALEXANDRA RAMIRES E LAURA GONÇALVES. Unha reflexión poética e conmovedora entre o artístico e o comunitario, que realiza un vívido retrato documental en acuarela.

> Premio mellor curtametraxe galega: ABELLÓN de FON CORTIZO.

Unha obra sobre sentidos, sensacións e sentimentos. Que ten a capacidade de incorporar a audiodescripción como elemento narrativo, sumerxindo ao espectador nunha relación innovadora coas imaxes. Un filme que comparte unha experiencia visual a través dunha percepción non visual, accesible a todo o público.

> Premio mellor curtametraxe española: CAMPOLIVAR de ALICIA MONCHOLÍ.

A directora realiza unha viaxe incómoda que fuxe da nostalxia a través da utilización simbólica dun espazo familiar e cinematográfico. Esta obra abre unha xanela a un episodio doloroso da infancia.

Unha película honesta, íntima e valente que fragmenta a realidade entre arquivos legais e xogos infantís.

> Premio do público: O, de RÚNAR RÚNARSSON

> Premio á mellor curtametraxe Descubertas: ON HOLD de DELIA HESS.

Pola súa forma de condensar nunha imaxe poética unha situación cotiá de espera e mergullarnos con sinxeleza nun ritmo propio.

> Premio á mellor curtametraxe GZ_00: ALGO NOVO QUE CONTAR de PAULA PEREIRA.

Por facer da escoita unha ferramenta narrativa que potencia o relato e por xerar unha intimidade coa forma de filmar os seus personaxes.

> Premio á mellor curtametraxe de Escolas de Cinema Internacionais: CROW MAN de YOHANN ABDELNOUR.

Pola complexidade das emocións que reflicte nun curto espazo de tempo, encapsulando negación, rabia, tristeza e aceptación a través dun trato tenso e cunha forma delicada.

> Premio á mellor curtametraxe de Escolas de Cinema Galegas: PRAZA DO PUNTO de AIRA PORTOS REY.

Pola súa exquisita proposta estética e polo orixinal uso da montaxe que dan como resultado unha peza documental innovadora.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.