A coprodución franco-chinesa ‘Fleur de pavot’ gaña a Ánfora de Ouro
FICBUEU- Olla fíxose coa Ánfora de Prata, The present acadou o Premio do Público, Ca nostra foi a mellor curta española e Carne a galega.
A coprodución franco-chinesa Fleur de pavot, de Baer Xiao, proclamouse gañadora do 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu ao facerse coa Ánfora de Ouro, así como co premio á Mellor fotografía. A Ánfora de Prata foi para a francesa Olla, dirixida por Ariane Labed, que levou ademais o premio a Mellor vestiario. O apreciado Premio do Público recaeu sobre a cinta palestina The present, de Farah Nabulsi, mentres que o Premio R á mellor curtametraxe galega foi para Carne, de Camila Kater, e o Premio Fundación Novas a mellor curtametraxe española gañouno Ca nostra, de Laia Foguet. O galardón para a Mellor curtametraxe experimental obtívoo Genius loci, do francés Adrien Merigeau.
En canto aos recoñecementos técnicos e artísticos, o Premio CREA á mellor dirección recaeu no lituano Laurynas Bareiša por Atkūrimas. Dous galardóns mereceu outra obra francesa, Massacre, de Maïté Sonnet, polo Mellor guión e a Mellor montaxe, e outro par a sueca Något att minnas, os de Mellor dirección artística e Mellor música. Moi aplaudidos foron os premios a Mellor actor para Øyvind Brandtzæg polo seu papel en The Manila lover (Noruega/Filipinas), e Mellor actriz para Svetlana Barandich, protagonista de Anna (Ucraína/Reino Unido/Israel). O Mellor son gañouno a curta grega All the fires the fire e o Mellor maquillaxe e peiteado a coprodución albano-francesa The van.
PALMARÉS FICBUEU 2020
Ánfora de ouro: Fleur de pavot (Francia/China), de Baer Xiao.
Ánfora de prata: Olla (Francia), de Ariane Labed.
Premio do público: The present (Palestina), de Farah Nabulsi.
Premio R á mellor curtametraxe galega: Carne, de Camila Kater.
Premio Fundación Novas á mellor curtametraxe española: Ca nostra, de Laia Foguet.
Premio á mellor curtametraxe experimental: Genius loci (Francia), de Adrien Merigeau.
Premio CREA á mellor dirección: Atkūrimas (Lituania), de Laurynas Bareiša.
Mellor guión: Maïté Sonnet por Massacre (Francia).
Mellor actriz: Svetlana Barandich por Anna (Ucraína/Reino Unido/Israel).
Mellor actor: Øyvind Brandtzæg por The Manila Lover (Noruega/Filipinas).
Mellor fotografía: Noé Bach por Fleur de pavot.
Mellor dirección artística: Nikki Von Lindroth por Något att minnas (Suecia).
Mellor montaxe: Marylou Vergez por Massacre.
Mellor son: Leandros Ntounis por All the Fires the Fire (Grecia).
Mellor música: Hans Appelqvist por Något att minnas (Suecia).
Mellor vestiario: Marine Peyraud por Olla.
Mellor maquillaxe/peiteado: Sarah Pariset e Wilfried Pirrin por The Van (Francia/Albania).
PALMARÉS SECCIÓN ESCOLAS
Educación especial, infantil e primaria: É o meu aniversario, CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu).
Educación secundaria: Vida furtiva, IES Terra de Trasancos (Narón).
Facultades e escolas de imaxe: Fermata, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Pontevedra).
Escolas internacionais: Avant notre heure de Chloé Terren, La Fémis (Francia).