A sección Panorama define o complemento perfecto para as nosas seccións competitivas. É por iso que a posibilidade de seguir ampliando horizontes atopa aquí unha xanela máis á que asomarse. Dezasete novas oportunidades de alcance internacional que nos achegan a outras tantas historias imperecedoiras. Deste xeito, podemos seguir corroborando como o cinema se pode converter nunha fonte inesgotable de afondamento sobre o mundo, mais tamén unha importante ferramenta para coñecernos a nós mesmos.

Lisa dá refuxio a unha familia somalí, mentres que esperan pola notificación do servizo aos estranxeiros. Na casa de Lisa, dous mundos encóntranse. Entre a benevolencia, o silencio e a dificultade para comunicarse medran a dúbida e a ansiedade.

Un adolescente intenta desentrañar os seus recordos dunha misteriosa praga, o desenmascaramento do seu pai e das pequenas criaturas que hai dentro de todos nós.

A primeira vista, esta é a historia do verdadeiro prezo dunha vitoria.
Consulta aquí el programa completo del festival
