A sección Panorama define o complemento perfecto para as nosas seccións competitivas. É por iso que a posibilidade de seguir ampliando horizontes atopa aquí unha xanela máis á que asomarse. Dezasete novas oportunidades de alcance internacional que nos achegan a outras tantas historias imperecedoiras. Deste xeito, podemos seguir corroborando como o cinema se pode converter nunha fonte inesgotable de afondamento sobre o mundo, mais tamén unha importante ferramenta para coñecernos a nós mesmos.

 

PANORAMA 2 - MARTES 10 ÁS 17:00 HORAS
ENTRE LES LIGNES ENTRE AS LIÑAS FRÉDÉRIC FARRUCCI 2018 / FRANCIA / 19 MIN - Avram Ion, Trayko Atanasov, Jennifer Ion, Béatrice Serban, Lazar Serban.

Francia, finais do verán. Cinco mozos carteiristas vagan pola cidade. Un deles, Stefan, está intentando aprender a ler francés.

YULIA & JULIET YULIA E JULIET ZARA DWINGER 2018 / PAÍSES BAIXOS / 12 MIN - Sara Luna Zoric, Dylan Jongejans, Dionne Verwey, Agnes Montecinos Muñoz, Jaike Belfor, Nadja Hüpsher, Lidija Zelović, Issa de Jong, Sjaan Flikweert, Suzan Boogaerdt, Daan Westra.

Yulia e Juliet, ambas de 16 anos, están encerradas nun centro de detención xuvenil. A pesar das súas circunstancias, senten que poden enfrontar calquera cousa xuntas. Están namoradas unha da outra. Nada pode facerlles dano cando están xuntas.

EL VERANO DEL LEÓN ELÉCTRICO O VERÁN DO LEÓN ELÉCTRICO DIEGO CÉSPEDES 2018 / CHILE / 20 MIN - Lan Fa Salas, Gaspar Santibáñez, Roxana Naranjo.

Escondidos nunha casa afastada da cidade, Alonso acompaña á súa irmá, Daniela, quen espera converterse na sétima esposa do León, un profeta que (din) dá electricidade.

LE MANS 1955 LE MANS 1955 QUENTIN BAILLEAUX 2018 / FRANCIA / 15 MIN -

As 24 horas de Le Mans, 1955. 300.000 espectadores observan dende as bancadas. Son as 6 da tarde cando o coche de Pierre Levegh se mete nas gradas dos espectadores, dispersando á multitude cas pezas quentes do motor do seu coche. É unha traxedia que custará máis de 80 vidas. E non obstante, a carreira continúa. En Mercedes, un amigo e copiloto de Pierre Levegh está listo para tomar o relevo. O seu nome é John Fitch.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba