A sección Panorama define o complemento perfecto para as nosas seccións competitivas. É por iso que a posibilidade de seguir ampliando horizontes atopa aquí unha xanela máis á que asomarse. Dezasete novas oportunidades de alcance internacional que nos achegan a outras tantas historias imperecedoiras. Deste xeito, podemos seguir corroborando como o cinema se pode converter nunha fonte inesgotable de afondamento sobre o mundo, mais tamén unha importante ferramenta para coñecernos a nós mesmos.

 

PANORAMA 3 - MÉRCORES 11 ÁS 17:00 HORAS
LA DUCASSE LA DUCASSE MARGAUX ELOUAGARI 2018 / FRANCIA / 20 MIN - Daurine Morlighem, Cypriane Gardin, Dylan Binsse, Pierre Desprez, Toni Di Giulio, Sasha de Bassoff, Martine Delannoy, Bérengère Devred.

Hoxe é o día tan esperado da inauguración de La Ducasse. Finalmente vai pasar algo na vida de Shanna, Anaïs e os seus amigos.

THREE STORIES INSIDE A RENTAL VAN TRES HISTORIAS DENTRO DUNHA FURGONETA ALUGADA LEWIS ATTEY 2019 / AUSTRALIA / 15 MIN - Matt Whitty, Anni Finsterer, Alice Qin, Naomi Zhou, Brendan Bacon, Dan Wood.

A vida dunha furgoneta de aluguer branca cóntase en tres partes a través das diferentes persoas que a usan.

GUAXUMA GUAXUMA NARA NORMANDE 2018 / BRASIL-FRANCIA / 14 MIN - Nara Normande.

Eu e Tayra medramos xuntas na praia de Guaxuma. Éramos inseparables. O sopro do mar tráeme moi boas lembranzas.

LA SOURCE A FONTE YATONI ROY CANTU 2018 / SUÍZA / 17 MIN - Elsa Thebault, Isabelle Vesseron.

No medio da escuridade dun chalé do século pasado, entre as gretas e a sucidade dun espello vello, aparece alguén. É Lisbeth. Avanza en bata con precaución, tratando de non espertar a Ana, que aínda dorme. Ante o seu reflexo, destapa o seu ombro. A pel está agretada, escurecida e ensangrentada. Volveu a enfermidade.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba