A sección Panorama define o complemento perfecto para as nosas seccións competitivas. É por iso que a posibilidade de seguir ampliando horizontes atopa aquí unha xanela máis á que asomarse. Dezasete novas oportunidades de alcance internacional que nos achegan a outras tantas historias imperecedoiras. Deste xeito, podemos seguir corroborando como o cinema se pode converter nunha fonte inesgotable de afondamento sobre o mundo, mais tamén unha importante ferramenta para coñecernos a nós mesmos.

 

PANORAMA 4 - XOVES 12 ÁS 17:00 HORAS
DAR BEYN NO MEDIO ALIYAR RASTI 2018 / IRÁN / 25 MIN - Neda Jebraeili, Saber Abar, Soheila Salehi, Sajad Afsharian.

Estase a levar a cabo unha investigación sobre a escena dun crime. Unha moza é obrigada a recrear os acontecementos que levaron á tráxica morte do seu mozo para un detective e o seu axudante. Ela sostén que foi un accidente e que é inocente, pero el sospeita que non o foi.

BEAUTIFUL LOSER BONITO PERDEDOR MAXIME ROY 2018 / FRANCIA / 25 MIN - François Créton, Roméo Créton, Romane Bohringer, Youssef Hajdi.

Michel é un ex-punk que pasa a metade da súa vida no seu garaxe e a outra metade no seu piso, un soto convertido. Con Leo, o seu fillo adolescente, fan todo tipo de diabruras á vez que tratan de coidar do bebé que Michel acaba de ter con Hélène, a súa ex muller. Non fai falla dicir que os seus anos de drogas e alcohol non o deixaron indemne.

SLEEPWALK SONÁMBULO FILIPE MELO 2018 / PORTUGAL-EEUU / 15 MIN - Greg Lucey, Durant Mcleod, Joy Green.

Un home marcha de viaxe por unha ración de pastel de mazá.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba