A sección Panorama define o complemento perfecto para as nosas seccións competitivas. É por iso que a posibilidade de seguir ampliando horizontes atopa aquí unha xanela máis á que asomarse. Dezasete novas oportunidades de alcance internacional que nos achegan a outras tantas historias imperecedoiras. Deste xeito, podemos seguir corroborando como o cinema se pode converter nunha fonte inesgotable de afondamento sobre o mundo, mais tamén unha importante ferramenta para coñecernos a nós mesmos.

 

PANORAMA 5 - VENRES 13 ÁS 17:00 HORAS
LE BOUT DE LA PISTE PISTAS SOPHIE THOUVENIN 2019 / FRANCIA / 20 MIN - Gémi Diallo, Antoine Chappey, Saabo Balde, Idrissa Diabaté, Alexandre Carrière, Omar Djankado.

Lala é a única rapaza dun grupo de catro xoves atletas de medio fondo de Malí. As súas visas están a punto de expirar. Coa axuda do seu adestrador, Loïc, teñen unha última oportunidade para impresionar a un cazatalentos e cumprir o seu soño de unirse a un club de atletismo francés.

THE ROLE O PAPEL FARNOOSH SAMADI 2018 / IRÁN-ITALIA / 11 MIN - Mina Sadati, Babak Hamidian, Amirreza Ranjbaran, Diana Dehgahan, Babak Karimi.

Unha muller acompaña ao seu home a unha audición. O que alí sucede, lévaa a tomar unha decisión importante...

LOCKDOWN BLOQUEO CELINE HELD, LOGAN GEORGE 2019 / EEUU / 12 MIN - Allegra Leguizamo, Sarah Lynne.

Loitando contra os sentimentos pola súa mellor amiga, Marie, de 14 años, pon en escena un plan case perfecto.

LES ÎLES DE BRISSOGNE AS ILLAS DE BRISSOGNE JULIETTE RICCABONI 2018 / SUÍZA-ITALIA / 24 MIN - Daphne Scoccia, Alessio Gallo.

Na zona de descanso chamada Illas Brissogne, Aurora, protexida polo seu irmán Angiolino, prostitúese nos camións e aforra diñeiro para comezar unha nova vida noutro lugar.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba