A sección Panorama define o complemento perfecto para as nosas seccións competitivas. É por iso que a posibilidade de seguir ampliando horizontes atopa aquí unha xanela máis á que asomarse. Dezasete novas oportunidades de alcance internacional que nos achegan a outras tantas historias imperecedoiras. Deste xeito, podemos seguir corroborando como o cinema se pode converter nunha fonte inesgotable de afondamento sobre o mundo, mais tamén unha importante ferramenta para coñecernos a nós mesmos.

 

Luns 10 ás 18:00h
ABU ADNAN O PAI DE ADNAN Sylvia Le Fanu 2017 / DINAMARCA / 25 min. - Salim Assi, Jihad Assi, Mette Alvang, Adam Brix.

Sayid, un médico refuxiado de Siria, acaba de recibir un permiso de residencia danés. Ao mesmo tempo que ten que aprender un novo idioma, enfróntase ao desafío de manter o respecto do seu fillo, nunha situación na que a asimilación de Adnan parece ir máis rápido que a súa.

SOME GIRLS ALGUNHAS RAPAZAS Cait Lyn Adamson 2017 / REINO UNIDO / 19 min. - Katy Liza Reece, Beth Marie, Kate Lassman Long.

Mina é una adolescente tímida tentando aceptar a súa sexualidade, mentres establece amizade con Lana, unha rapaza do seu colexio. Mina déixase levar pola emoción da rebelión e a experimentación, que culminarán unha noite que as rapazas saen de marcha.

SAINT DÉSIR SANTO DESEXO Caroline Detournay 2017 / FRANCIA / 28 min. - Charlotte Michaux, Donatien Suner.

Charlotte e Jeremy son dous adolescentes que se coñecen preto de Lisieux un verán. Aquí o aburrimento atrae a morte, a morte atopa o amor, o amor choca co medo, o medo transfórmase en desexo e a paixón conquista sobre a razón.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba