Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • A Residencia FICBUEU premia con 15.000€ a produción dun dos proxectos participantes 
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Novas do festival

← Volver

A Residencia FICBUEU premia con 15.000€ a produción dun dos proxectos participantes 

FICBUEU

Sismes” de Jordi Sanz Angrill é o guión gañador desta primeira edición do programa

Bueu, 7 de decembro 2023 — O Festival Internacional de Cinema de Bueu segue a desenvolver iniciativas máis aló do certame que favorecen non só a visibilización e posta en valor do formato curtametraxe senón que promoven tamén a súa creación e desenvolvemento.

Promoción da curtametraxe

Con este obxectivo, en outubro de 2023 a organización levou a cabo un novo proxecto, a I Residencia FICBUEU, que é xa unha das principais actividades que desenvolve. O programa acolleu durante unha semana na Illa de Ons a catro cineastas cuxos proxectos de curtametraxe foron seleccionados entre máis de 100 propostas. As galegas Alicia Úbeda e Ángela Andrada, o canario Pablo Vilas e o catalán Jordi Sanz Angrill, foron as e os participantes nesta primeira edición destinada á mellora dos seus proxectos.

Coa finalidade de acompañar a unha das curtametraxes en todo o seu proceso de creación, o festival incluíu nas bases da I Residencia FICBUEU un premio á produción dos guións participantes valorado en 15.000€. Logo da estancia na illa bueuense, as e os residentes tiveron a ocasión de aplicar o aprendido nas numerosas titorías e formacións específicas impartidas por profesionais, terminando de reescribir os seus proxectos. Foi durante o mes de novembro cando o a organización analizou cada unha das propostas e a súa evolución para tomar unha decisión final na que tamén participou Isabel Peña, guionista e titora durante a residencia. 

Jordi Sanz Angrill
Imaxe do proxecto gañador

Sismes, primer proxecto gañador da Residencia FICBUEU

A organización anunciou hoxe a resolución do premio da súa primeira edición da Residencia FICBUEU, que foi escollido entre os catro proxectos participantes e que recaeu en Sismes, de Jordi Sanz Angrill e coguionizado xunto a David Junyent. 

Sismes é a historia de Mila (35) que, meses despois da misteriosa partida do seu ex marido, regresa á illa volcánica onde fixeran a súa lúa de mel – que ela gravou cunha cámara de video- e obsesiónase en gravarse a ela mesma para recrear os supostos contraplanos das imaxes da viaxe, nas que só parece o seu ex marido. A protagonista busca así non só revivir o seu pasado, senón unir e manipular estas imaxes de tempos distintos para crear un novo relato, un novo recordo. 

O proxecto, que segundo o seu creador supón “unha exploración sobre a maleabilidade e os mecanismos dos recordos e a memoria”, será producido pola produtora galega Nortecatro Cinema e a catalana Shoji Films durante o ano 2024. 

O FICBUEU en 2024

Nestes momentos a organización atópase traballando xa na 17ª do Festival Internacional de Cinema de Bueu e na seguinte edición da Residencia FICBUEU, que terán lugar en setembro e outubro de 2024 respectivamente. A convocatoria de participación no certame de curtametraxes abrirá no vindeiro mes de decembro e estenderáse ata abril, mentres que as incricións na residencia poderán facerse en primavera. 

Alén do certame e do programa formativo, o FICBUEU traballa durante todo o ano en achegar a curtametraxe ao público xeral, as cativas e cativos ou a colectivos en risco de exclusión tanto na súa contorna como a través de colaboracións internacionais.  

  • Un total de 40 centros participan este curso no programa ‘Cinema con perspectiva’

    A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou o pasado mes a resolución de centros seleccionados para participar este curso no programa Cinema con perspectiva, desenvolvido en colaboración coa asociación cultural FICBUEU. O programa, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento […]

    22/02/2024
  • As mellores curtas neerlandesas no FICBUEU

    O venres 12 de xaneiro chega a Bueu o Premio Internacional do Público do Shortcutz Amsterdam Bueu. 4/01/2023 – Shortcutz Amsterdam é unha das principais plataformas dos Países Baixos para o talento emerxente do cinema neerlandés, brindando oportunidades de exhibición, conectando cunha audiencia nacional e internacional e facilitando as relacións entre profesionais da industria. Cada […]

    03/01/2024
  • A Residencia FICBUEU recibe o apoio do Ministerio de Cultura

    A primeira edición do programa de mellora de guións de curtametraxe é un dos proxectos beneficiarios das axudas para a acción e promoción cultural. Bueu, 14 de decembro de 2023 – A dirección xeral das industrias culturais, propiedade intelectual e cooperación, dependente do Ministerio de Cultura, publicou hoxe a resolución definitiva das axudas para a […]

    14/12/2023
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Skip to content