PREMIO CINEMA GALEGO FICBUEU 2019 Luis Zahera -

Luis Zahera

Nado en Santiago de Compostela, Luis Zahera entrou nos fogares galegos a finais dos anos 90 como o mítico taberneiro “Petróleo” de Mareas vivas e a día de hoxe conta cun amplo percorrido en televisión, teatro e cine, onde interpretou a memorables secundarios. Concursante, Celda 211 ou Que dios nos perdone son algunhas das longametraxes que inclúe o seu currículum, aínda que no último ano cómpre destacar o seu papel maxistral na película El reino, de Rodrigo Sorogoyen, que lle valeu un Goya ao mellor actor de reparto. Ten pendente de estrea asemade Mientras dure la guerra, filme dirixido por Alejandro Amenábar. No entanto, non deixou de traballar en series de éxito, como Sin tetas no hay paraíso ou a recente Vivir sin permiso.